Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
PARQUE INFANTIL DE TIRAN17-05-2008
Acabo de ler hoxe mesmo no FARO DE VIGO, edición do MORRAZO, no seu espazo TRIBUNA LIBRE, a opiníon de Mucha Sotelo, e sinceramente sin estar ideóloxicamente perto dela, debo dicir que tén toda a razón do mundo, ademáis de ser veciña de Tirán é de vivir enfrente ó polémico PARQUE (que xa se fixo maís famoso co de CASTRELOS), está sendo víctima neste asunto de forma inxusta , insultada, é apedreada por algún elemento que lle falta un fervor e unhas areiñas de sal, é aquí non pasa nada. Deberían tomar cartas na cuestión de unha vez por todas os políticos que nos representan, pronunciándose de una maneira clara respeito de este problema que está xenerando enfrentamentos entre todolos veciños da parroquia. Porque a uns señores lles conveña usurpar unha entrada pasando por enriba de un ben de titularidade pública, os nosos mandatarios locais non poden mirar para outra parte, despachándos coa frase de qué é un problema entre veciños, i que ó tema e moi delicado, vergonza me daría como responsable municipal deixar chegar isto tan lexos, está clarísimo señores, a entrada da casa en cuestión sempre a tivo por donde á teñen os demáis veciños daquel quinteiro, andiven catro anos na escola de MANOLO O DE SILVERIA, e caguei na esterqueira que cagaban os demáis veciños do complexo, así que non anden dándolle voltas, o parque infantil mencionado, cando era eu pequeno chámabase a TORTA, e traballaban aquelas veigas que ahí había entre outras a difunta de CARME A CHASCA, a nai do NENO, así que non disfracedes un problema estrictamente de responsabilidad MUNICIPAL, cunha disputa entre veciños, por que non é certo, hai que mollarse SR PASTORIZA, é demostre que vd. non é tan demagogo como ó seu antecesor no cargo, que ese si que é da parroquia de TIRAN Barrio de Vilela. E a Asociación de Veciños ¿A qué está xogando? non hai con quen falar.........
O TRASNO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PARQUE INFANTIL DE TIRAN19-05-2008
Algúns veciños de Tirán xa empezamos a estar fartos de que só se fale de Tirán polo problema do parque.
Agora xa está medianamente atendido, hai unha pista ( sen rematar: falla pintado e arranxo do entorno) de xogos, as árbores podadas,...e son moitos os nenos pequenos que xa xogan nel...e moitos rapaces menos nenos xa aparecen por alí a votar as súas "pachanguitas"...
Empeza a ser un lugar de lecer utilizado a pesar dos que se empeñan en falar de problemas...que os hai...
Claro que hai un enfrontamento entre familias...o trasno que parece tan ben informado podería tamén dicir cantas denuncias cruzadas teñen plantexadas na policía local...que se me raias o coche, que si caga o teu can, que se o teu neno me insulta, ...que é isto se non?
E nestes asuntos penso que pouco pode facer Pastoriza...salvo rematar as obras de acondicionamento e que os nenos se animen a ir xogar masivamente...Esa é a mellor resposta social as diferencias persoais...
Porque despois dos rios de tinta eu ainda non vin que ningún anaco do parque fora cedido a ningún particular, ou sí?
Sexamos positivos. Tirán xa empeza a ter parque. En canto esté rematado teremos que invitar a todos a visitalo, é unha zona moi bonita e con moi boa xente.
Tirán é algo máis cunha disputa entre veciños...
FUCO
RE: PARQUE INFANTIL DE TIRAN19-05-2008
Parece mentira que por parte do goberno local, non se teña xa finiquitado este tema. Non será que estan xogando o gato e o rato, pois os propietarios de tal "entrada", lle tiñan ofrecido unha parcela o axuntamento a cambio desta entrada polo parque.
E mais, este Sr. da famosa entrada, penso que non e o mais indicado para pedir nada, e sobre todo para fazelo da maneira que o quer fazer. Se encargou durante moitos anos de denunciar, intimidar, coaccionar e pelexar con todos os veciños do arredor.
Señores, cada un ten o que se merece, ou neste caso o que cosechou...
Morrazo
RE: PARQUE INFANTIL DE TIRAN19-05-2008
Apreciado FUCO, eu non poño en dúbida as excelencias da obra que se está a facer no PARQUE DE TIRAN, nin os enfrentamentos que existen entre veciños, pero si convendrás conmigo que por parte dos responsables do AXUNTAMENTO nunca houbo unha posición clara respeito deste tema, tamén amolaría que se accedese a petición deste veciño para que se lle cedese a devandita entrada, sería ó resto. Porque se non un día calquera eu mesmo podería reclamar a titularidade de un ben público, e iso sería deixar coller folgos a máis de un veciño indocumentado que parecer ser que está moi mal asesorado, aparte dos líos que se poidan producir entre particulares, unha das misións dos nosos mandatarios públicos é tratar de sembrar a paz e ó entendimento entre os cidadáns, é o pronunciamento sobre o tema que nos ocupa, aínda non se produciu, máis vale tarde que nunca, ó que pasa é que hai que mollarse, porque todos sabemos que gobernar produce desgaste é si non ó queren facer así, outro para ó sitio. Saúdos a todos.
O TRASNO
RE: PARQUE INFANTIL DE TIRAN20-05-2008
Concordo contigo. Seica teñen papeis e datos dabondo para que tomen xa unha posición que non alimente máis especulacións sobre posibles dereitos ou reclamacións...E se non que alguén vaia o xulgado e listo. Pero namentres debemos apostar para que o parque sexa un lugar de lecer como xa está a ser e exisir o inmediato remate das reformas. Saúdos e viva Tirán.
FUCO
RE: PARQUE INFANTIL DE TIRAN20-05-2008
A verdade é que xa era hora de que lle votaran a man. E sobre todo o parque infantil que da pena, moitas veces non se pode nin levar os rapazes do cheo de herba que está. Para un parque que temos en todo o barrio, e está que da pena...
A verdad que o lugar esta centrico, e si estivera ben preparado e acondicionado podería ser un lugar de reunion e lecer para todo o barrio.
Para os politicos, xa vai sendo hora de que se mollen co noso barrio...
Morrazo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados