Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://dreamjb.net/best-essay-help-promo-code/
Indispensables
Donde ...
Guia
DENEGACION APROBACIóN DEFINITIVA PXOM MOAñA13-05-2008
Haz click para ampliar A irresponsabilidade do BNG, INMO, PP e PSOE de Moaña e a incompetencia de Artiplan empresa redactora do PXOM, (ao parecer máis interesados en satisfacer os intereses dos promotores inmobiliarios e dos especuladores que dos veciños) deu como resultado que o 06-05-08 a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, resolvera non outorgara a aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal,
A maioría dos argumentos expostos pola Consellería para denegar a aprobación definitiva do PXOM, coincide coas alegacións (73 folios) feitas en tempo e prazo, o 20 de decembro de 2005 por Luita Verde, na fase de exposición pública do PXOM, as mesmas que tardou 2 anos o concello en respostar para finalmente rexeitalas sen argumentación algunha, (achegamos fotocopia) cun escueto “desestimada” os 71 folios das nosas alegacións. Foi notorio o desprezo que os grupos políticos empregaron contra os centenares de veciños e outros colectivos críticos co modelo de urbanismo exposto no PXOM, rexeitando as súas alegacións co peregrino comentario de “non se acepta a alegación porque non xustifica suficientemente o solicitado”, cando o artigo 86.3 da Lei 30/1992 de 26 de novembro establece: La comparecencia en el trámite de información pública no otorga, por sí misma, la condición de interesado. No obstante, quienes presenten alegaciones u observaciones en este trámite tienen derecho a obtener de la Administración una respuesta razonada.
De patéticas e esperpénticas pódense considerar as valoracións dos políticos para restar importancia á denegación da aprobación definitiva do PXOM, aprobando inicial e provisoriamente na súa totalidade e “sen rechistar”, a ver o que colaba e sen importarlle os 2.800.000 m2 de chan que pretendían recalificar como residencial ou industrial, en solo actualmente rústico de protección agrícola, de costas, forestal e de espazos naturais, para darlle en 10 anos acollida a 13.772 vivendas o dobre da edificación actual, cando o propio PXOM recolle que das 7.785 existentes, 1.203 están valeiras Este PXOM non deixa de ser unha mostra máis do intento de marbellización da costa galega e o fiel reflexo de que para iso non hai cor política.
A denegación da aprobación definitiva do PXOM de Moaña ven demostrar institucionalmente que é claramente especulativo e insostible, pero non estamos de acordo en que simplemente se proceda á modificación das deficiencias senón que tal como alegamos daquela, debería procederse á anulación total do mesmo dado as modificación sustanciais que supón subsanar as deficiencias, procedendo en tal caso ó inicio dun novo PXOM que satisfaga, como primeira premisa, ós habitantes de Moaña e os seus intereses.
Tamén queremos lembrar que en novembro do 2007 a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible accedeu paradóxicamente a concederlle a este PXOM a “excepcionalidade” de someterse a lei 9/2006 de avaliación estratéxica ambiental, sen ter en conta a petición de desestimación solicitada en febreiro dese mesmo ano por Luita Verde, a Federación Ecoloxista Galega e a Coordinadora pola Defensa do Litoral do Morrazo, saltándose a lexislación en materia de procedemento administrativo e a ambiental, feito polo cal vai ser denunciado na UE.
luitaverde


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: DENEGACION APROBACIóN DEFINITIVA PXOM MOAñA13-05-2008
moi boa a foto como exemplo de urbanismo "respectuoso co medio".
protección de cauces
OS PISOS EN MOAÑA SON COMA CHICLE13-05-2008
Si temos en conta que a unidade de medida por vivenda en m2 que se estableceu para a redacción do PXOM de MOAÑA foi de 200 m2 por unidade. Resulta que a mín non me saen as contas, porque que eu saiba os pisos que se construyen neste pobo serán como os da maioría da xeografía galega, e dicir: predominio de dous dormitorios a razón de 100 m2 construidos contando xa cos servicios comúns, si descontamos as vivendas unifamiliares ailladas e adosadas o dato de crecimento real de vivendas establecidas no plan arredor de 13500 e falso e interesado, facendo os números correctos acercaríamonos perto das 15.500, tomando como base as distintas ORDENANZAS EDIFICATORIAS DO CHAN, si a 15500 ó multiplicamos por 3 persoas MOAÑA se convertiría nunha cidade de 46500 habitantes antes do ano 2015. Señores da Corporación, pensen que en SANTIAGO por fortuna saben sacar ratios de crecimento demográfico y este PLAN parece máis un contubernio destinado a facer caixa para ó Concello y para encherlle o fol a moitos especuladores advnedizos que para favorecer a calidade de vida de todo-los moañeses en xeral, ¿En dónde está reflexado no PXOM que vds. aprobaron, o raciocinio de crecimento, sostenibilidade ambiental, ecolóxico, e un largo etc?. SR. MILLAN, ¿En qué se diferencia a súa política urbanística da do PP (AZNAR) ?. Todo el territorio español es susceptible de urbanizar, mira que bién. Si vostede e toda a camarilla da corporación anterior lle fixeran caso as recomendacións expertas na materia, provintes da XUNTA, isto sería outro cantar, hala a redactar outro novo, se non tempo ó tempo.
nicanor o do tractor.
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados