Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
PROTECCIóN DE ESPAZOS NATURAIS07-05-2008
Haz click para ampliar A consellería de política territorial acaba de botar abaixo o parque industrial que o PXOM de Moaña proxectaba en terreos de Montes do Morrazo, argumentando que a clasificación que lles corresponde é a de solo rústico de protección de espazos naturais. A nova é boa, Montes do Morrazo, a Carballeira de Coiro, Area Brava ou Punta Balea teñen a mesma cualificación e é tan absurdo edificar neles, como verter entullos, como pretender construír un porto deportivo que parta deles.
Para a consellería de medio ambiente, en troques, estes espazos que pertencen ao Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia permanecen nun limbo sen protección, posto que non foron incorporados á Rede Natura. Numerosos grupos ecoloxistas, entre eles Greenpeace, Adega ou Verdegaia teñen solicitado ao conselleiro Atila Vázquez a incorporación destes espazos á Rede Natura e audiencia para tratar o tema, obtendo un sonoro silencio.
caride, ben!


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PROTECCIóN DE ESPAZOS NATURAIS07-05-2008
e quén vai a derrubar todas as casas ilegais de Couso e Vilanova?
*
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados