Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://www.elidur.de/
Indispensables
Donde ...
Guia
PERSEGUIDORES E PERSEGUIDOS25-04-2008
Publicado por unha marinenses no sue blog http://dornaretina.blogspot.com/

perseguidores e perseguidos
22 anos, case 23, e aínda non consigo que moita xente maior -galegofalante- se dirixa a min en galego. Fano en español, a lingua que lles aprenderon a usar pra ir ao médico, arregrar papeis ao notario, ou pra falarlle aos netos. Non o fan pensando en todo o que significa, non o fan pensando, sequera, sáelles automático. E só cando xa levas un bo cacho falando, salta algo no seu cerebro e voltan á lingua que lles é natural.
Este fenómeno non é exclusivo do galego. O profesor Matala, do que xa falei nalgunha ocasión, explicaba que a primeira colonización, a máis forte e perigosa e nai de todas as demais, era a lingüistica.
Para min, que non son lingüista e descoñezo as etapas de tal fenómeno, hai unha característica desta colonización (que ademais de idiomática é, pois, identitaria) que me parece a máis terrible de todas: o autoodio. O autoodio supón pensar que o que vén de fóra é moito mellor, e o de dentro ha quedar relegado ao pé do lume, ao uso doméstico e canto máis ao rural, mellor.


Hai máis ou menos un ano, se mal non lembro, estreábase Linguas cruzadas. Os españolfalantes do documental amosaban a súa admiración por aqueles que usaban o galego como vehículo. A miña experiencia persoal dime que non todo o mundo é así. Non se me borra da cabeza o rapaz aquel que un sábado pola noite, á saída dunha discoteca, me preguntou con desprezo por que falaba galego, se é que non sabía falar en castelán. No subconsciente de gran parte da poboación segue esta premisa do autoodio, de identificar o galego coa ignorancia, co non-saber, e o español coa lingua da cultura.
Así é, señores, non lles estou a falar de anécdotas do franquismo, de cando lles pegaban aos nosos pais por falar o español con seseo e gheada. Falo de min, nacida no 1985, a quen no seu primeiro día de prácticas nun xornal lle dixeron: oye, la próxima vez procura no escribir en gallego. Despois chegar a un medio público e poder facer novas no idioma no que falo, iso foi o paraíso. Non tanto falar cos compañeiros, porque tamén nos medios públicos e monolingües, o número de traballadores que falaban galego cos que topei resultou ser moi baixo.

GB e maila persecución
Sigo dende hai tempo as andainas de Galicia Bilingüe, pero sorpréndeme agora toda a polémica que se está levantando arredor da persecución lingüística do español. Parece que o gato e mailo rato cambiaron os papeis. Pregúntome de que persecución lingüística falan estas persoas. Non fai falla botar unha ollada ao que nos rodea pra ver que todo está en español: os medios de comunicación, os carteis, a educación. Falan do ensino. De que ensino están a falar? No meu instituto só daban clase en galego as profesoras de galego, e máis un de educación física. Falo de Marín, non dun instituto de Valladolid
Algunhas amigas que teño, españolas e monolingües, sorprendíanse cando me escoitaron dicir que fun unha privilexiada, porque Xornalismo é unha das poucas titulacións que hai no sistema galego onde tiven a meirande parte das materias na miña lingua. Míranme horrorizadas preguntando se non hai posibilidade de estudiar a carreira en español. E despois esgrimen argumentos do tipo de: a finalidade é comunicarse, e se tes que cambiar de idioma, cambias e xa está, que falar español non é tan malo. Ante esto, algo moito máis sinxelo: por que cambiar de idioma se a persoa que teño diante non amosa ningún tipo de interés por entender a miña lingua, nin por facer sentirse cómodo a un falante no seu propio idioma?
Haberá a quen lle poia parecer unha posición radical, seguramente. Non serei eu quen critique aos que falan español por facilitarlle a comprensión aos de fóra. Se non fose así, non coñecería a xente tan interesante no país dos vascos. Nunha ocasión atopei a unha rapaza euskaldune, que comezou a falarme en galego. Ademais, vivía en Catalunya, e estaba a aprender o catalán. Ninguén pode falar de liberdades lingüísticas diante de xente que fai tantos esforzos por comunicarse cos demais en cadanseus idiomas. Gustaríame saber cantas linguas coñecen aqueles que falan da persecución do español no estado.
Pero no caso que nos ocupa falamos dos de dentro, dos que naceron na terra, pero renegan do galego, que disque se senten perseguidos. Como dicía hai pouco Moreno Cabrera, o problema non é dos bilingúes, senón dos monolingües. Por que non falar galego, se é a lingua dos meus pais, dos meus avós, bisavós, e así ate perder a conta? Por que prohibirme utilizala en todos os ámbitos da miña vida, nos que está pleno o español? O perigo non se ve porque retroceda este último, senón porque avanza o galego. E iso produce, quizais, un medo. Un medo a ver tremer unha identidade cimentada sobre a supremacía lingüística, social e cultural sobre o outro, o diferente, con todo o pouso que isto foi deixando ao longo de xeracións. O ascenso do español para evitar que o galego, coa súa cruz de prexuízos enriba do lombo, se normalizase. Para uniformizar, ao máis puro estilo colonizador do século XIX.
Se o galego estivese na situación na que agora se atopan linguas coma o popoluca ou o baré, en territorio latinoamericano, non habería estas discusións, porque todos os españolfalantes pensarían que hai que defender os dereitos dos pobriños indíxenas. Como do que se fala é de que ter os mesmos dereitos, de achegar o galego a todos os eidos da vida, pública e privada, é cando aparece o medo.
Se o que queren é convertirse nunha minoría dentro do contexto galego, señores castellanoparlantes, vaian buscando outros argumentos. Porque aquí ninguén lles cre que o galego sexa o perseguidor de nada. Non nos queiran facer pensar que Patiño debuxou O home que falaba vegliota pensando en vostedes.
Para os galego parlantes, buscar a igualdade entre ambas liguas é, hoxe por hoxe, camiñar cara a unha utopía.
>> Ampliar datos gandalf


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PERSEGUIDORES E PERSEGUIDOS25-04-2008
Xa,nin eu vos creo a vos que o galego sexa o perseguido de ninguén,cada quen que fale como lle pete,cando che falan castelán¿a que os entendes?pois entón non vexo donde está o problema nada máis en que ti e 4 coma ti queren que todo o mundo fale o galego polos motivos que sexa,e repito,cada un fala o idioma que lle peta mentras nos entendamos,a ver si se vos mete na cachola.
divagacións mentais
RE: PERSEGUIDORES E PERSEGUIDOS25-04-2008
ben certo é o que se di nese artigo, o autoodio esta moi inculcado e non o fan porque eles queiran senon porque lles sae, porque así llo fixeron facer.. e é un feito moi triste, isto tamén ocorre nas entrevistas para a tvg nas que falan velliños e fanno nun castelan forzado porque así llo inculcaron ou preguntan, "se puede hablar en gallego?"
outro
RE: PERSEGUIDORES E PERSEGUIDOS25-04-2008
En Galicia en galego
Bolxevique
RE: PERSEGUIDORES E PERSEGUIDOS25-04-2008
Gandalf, en primer lugar me gustaria saber en que idioma hablas tu pues la verdad no se entiende ni lo que escribes, asi que mejor aclarate y aprende a escribir porque no se entiende
jajaja
RE: PERSEGUIDORES E PERSEGUIDOS25-04-2008
en Galicia en gallego¿en cual de ellos? en el de Mendez Ferrin o el que usa la tvg,o el mas moderno del grazas.
macabeo
RE: PERSEGUIDORES E PERSEGUIDOS26-04-2008
macabeo,e ti en cal falas o castellanglis no de "no me rayes, ou, no me jodas"
GALIZA NACION
RE: PERSEGUIDORES E PERSEGUIDOS26-04-2008
hablo en el que me enseñaron y educaron ,no el que me quieres tu imponer.
macabeo
RE: PERSEGUIDORES E PERSEGUIDOS27-04-2008
Totalmente de acordo co texto.

Sobre a actitude de rexeitamento que moitos galegos amosan coa nosa lingua, pois dicir que non hai nada do que se estrañar. Tende en conta que tantos anos de burla e desprezo contra o galego foron creando prexuízos así na sociedade.

Un saúdo.
Carlos R. Sobral
RE: PERSEGUIDORES E PERSEGUIDOS28-04-2008
No sabedes ou non queredes saber.Franco e a falange eran aliados de Hitler e son nazis igual.Aos galegos lles fixeron entender que ou educaban aos fillos en castellano ou ibase-lle complicar ter emprego e vida tranquila.Os falangistas mataron a muitos e quedaron con empregos e postos importantes nos gobernos.Quitaron o bigotiño e o saludo facha por medo ás democracias.
Antonio
RE: PERSEGUIDORES E PERSEGUIDOS28-04-2008
ixar sin argumentos aos vascos e caalans mais radicais.estes poñen todo tipo de trabas para publicar os comentarios.Menudos fachiñas.
Antonio
RE: PERSEGUIDORES E PERSEGUIDOS28-04-2008
Non deixan poñer o comentario.Os fachas actúan.Como os nazis.Por iso van atrás de Alonso.Para agarrarse a algo.Queren acabar con o galego.Por que é moi parecido a portugues.O vasco e o catalán non teñen saída pero se algún dia o galego se escribise igual que o portugues,os escritors galegos terian millons de lectores en todo o mundo e xa non serían siervos do Quijote.
Antonio
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados