Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://9hdwallpapers.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
REPLANTEO NO SALGUEIRóN23-04-2008
Quixera saber que é exactamente un REPLANTEO, que permisos municipais se precisan para facer iso, canto tempo leva "REPLANTEARSE" un porto deportivo, por exemlo, e cal é o paso seguinte ó Replantexamento.
Moitas Grazas.
Paseante habitual


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: REPLANTEO NO SALGUEIRóN24-04-2008
Este goberno estase lucindo, está demostrando que valen máis as jabachadas dun tipo con cartos que a lei, os propios programas ou atender á vontade do pobo. Cómo é posible deixar replantexar unha obra ILEGAL?. Ilegal porque parte de chan rústico de protección de espazos naturais (non fai falla informe xurídico para saber iso). Ilegal porque non hai Plan de Usos aprobado nin Plan Especial acordado co concello (non fai falla informe xurídico para saber iso). Ilegal porque usurpa unha concesión da confraría (hai dous contenciosos resolvendo iso, non se lle pode dar para adiante á obra mentres non se resolvan). Ilegal porque a pretendida concesión se otorgóu sen facer caducar á anterior de fábrica de conservas e sen especificar a superficie que debe ocupar (hai denuncias en curso). Ilegal porque se fixo unha exposición pública ficticia e sen ter aínda o informe de impacto realizado (hai un secretario xeral denunciado por iso). Ilegal porque hai un terreo de dominio público inscrito no Rexistro de Propiedade como se fora unha propiedade privada (o documento esta aí para o que o queira mirar) E outras máis aínda.. NON MÁIS BOCHOS OU SOTELOS EN CANGAS.
alguén prevarica?
RE: REPLANTEO NO SALGUEIRóN24-04-2008
moi interesante isto que apuntas. Non se pode decir máis claro.
Replantexar unha ilegalidade
RE: REPLANTEO NO SALGUEIRóN24-04-2008
eu o que miro é que ace está facendo filigranas como pode para impedir o porto deportivo e o que conleva e os outros estanse a tocar o nabo. e cando se consiga paralizar definitivamente o proxecto ha de ser su ilustrísima a que leve os mérito aínda por riba de estar a favor. bueno, pero polo menos que non se faga que é o que importa.
ramonet
RE: REPLANTEO NO SALGUEIRóN24-04-2008
A estas alturas xa se sabe quen é quen. Sería ridículo que agora o bng viñese con outro discurso por que as súas accións son as que son.
Traballo intachable o dos veciños de Cangas agrupados no Foro.
O Plan Xeral porá a cada quen no seu lugar sen caretas posibles.
Domaio
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados