Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://adultmatchmaking.net/
Indispensables
Donde ...
Guia
¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?22-04-2008
Levamos un mes e pico sufrindo en MOaña as burradas dun Partido político, o Partido Popular, que despois das derrotas e a perda de apoio tanto a nivel municipal como Nacional, da bandazos a deriba pola dereita reaccionaria e mais irracional.
Hoxe lendo a Voz de Galicia, descubro que hai 6 pechados no concello en folga de fame, e que o que piden é que se celebre un pleno. Isto xa é o chiste que nos faltaba.
Eu xa non sei que é o que non entenden estes pobres diablos, porque ata un parvo é capaz de darse de conta de que xa perderon a lexitimidade e non teñen apoio para derrocar o goberno, que xa perderon, se acabó, xa podedes ir pa casa.
Esta xente debe ser amnesica; 1º- Nun pleno que s eiba a tratar o "problema", se lo cargan e o suspenden. 2º- Solicitan un pleno no pavillón. POis faise o pleno no pavillón, e cando fala o alcalde se levantan e se van, non esperan nin a votación da súa moción., e agora, volven co conto de que queren un pleno, ¿PARA QUÉ? non entenderon a votación?¿non lles chegou estar duas horas largando burradas contra o alcalde? ¿Non será o rachador que quere volver a actuar? ¿non entenden que houbo 1500 firmas para que isto se acabe? ¿e que non se dan conta de que xa fixeron todo o que podían para acabar co alcalde e non teñen o apoio da maioría? Son unha minoría de 600 persoas, ponlle que sexan mil cos que non foron a manifestación, pero é que en Moaña somos 19000, representan son un 5% dos veciños e queren impoñerse o outro 95% que xa estamos fartos de que afundan o nome de Moaña no fango por intereses partidistas e espúreos.

Vaianse pa casa e deixen traballar ós nosos representantes, agarden 3 anos mais, e entón voten o que consideren, pero respetade a Maioria, que isto xa é unha falta de respeto polos veciños e veciñas que exercemos o noso dereitos democráticos.
Ata cando?


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?22-04-2008
Está claro, tes toda a razón. Pero hai moita xente que non entende de razóns. Leín outro día que tiñan que facer unha plataforma antimpostos... Máis claro auga. A auga hai que pagala, e o os impostos, que a ningúen gustan, igual. E as mentiras, moitas quedan impunes, pero os que teñen conciencia algo lles roerá.
Redondo
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?22-04-2008
Estes "catro matados" son catro aburridos que como non teñen nada mellor que facer, fan folga de fame preparándose para a operación viquini, que polo que se ve nas fotos algún boa falta lle fai, e o dirixente do PP municipal está como quere con estes catro ignorantiños.
aburridos
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?22-04-2008
Tendes toda a razón. Paso hoxe por diante do concello e miro o camping que teñen alí montado. Pero isto que é? Como lle permitiron ó de urbaser acampar, agora camping completo, pero era un, estes son 4 tiendas. E logo non estaba prohibido acampar en Moaña???? Son tremendos estes jichos, eu propoño a tódolos moañeses que teñan que pagar a hacienda que fagan unha protesta e acampen en Pontevedra. Que é iso de ter que pagar impostos, onde se veu tal cousa, España seguro que vive cos impostos recadados en Moaña, e Millán, e Uxío, etcc Falando en serio, estes tipos da folga digo eu que non traballaran senón que fan ahí, e si non traballan de que viven, e si viven de pensións e axudas digo eu que será dos cartos de todos os cidadáns que aportamos a caixiña. E quereran estradas, e quereran xardíns, e tamen irán os bailongos para xubiletas da xunta, e ás merendolas que lles subvencionan. Pero de que imos, folga de fame por unha suba de impostos ante un concello que non ten competencia niso. Isto é un chiste, espero que alberto nuñez feijo coñeza o que está a dirixir o fervi en Moaña
moañesa
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?22-04-2008
por moito que vos joda os do bloque e demais rojeria, fan ben, teñen todolo dereito do mundo a encadearse, facer folga de famo ou o que queiran y vos si non queredes o voso. Moito nerviosismo hai nas filas do Bloque, parece que non lles gusta a sua propia medicina.
son de Moaña
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?22-04-2008
"os do bloque e demais rojería.." como soa á vella guardia de camisa azul...non credes???
retratos en sepia
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?22-04-2008
Habia una vez, chararararararán, un circo... Acérquense todos e todas, señores e señoras, nenos e nenas a ver o Gran Circo do PP, na gran carpa-tenda de campaña, situado no lugar de costume (Praza do Concelllo). Presentado polo "Gran Fervi", !O HOME MÁIS PEQUENO DO MUNDO¡, contaremos coa actuación do trapecista "O rachador", sempre anda na corda frouxa (coa cantidade de barbaridades, insolencias, faltadas e insultos que saen da súa boca, algún día ha cair), gran variedade de animias (por aquilo das animaladas que fan), e como non, o noso trio de paiasos, o Barbas, O Peluquín e o da viseira.
Reviricho
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?22-04-2008
Pero vamos a ver, o problema non era que o catastro aumentaba moito o valor das propiedades e polo tanto a xente íbase a arruinar, ou como dixo algún no pleno de Reibón iba a ter que pedir unha hipoteca para pagar a contribución? Digo esto porque acabo de ver a intervención na TVG dos folguistas, e non saio do meu asombro: A nai da presidenta o seu problema é que di que ten unha casa máis grande que a que lle recoñece o catastro (pois ben, que presente unha reclamación e que pague máis).O Faria o problema que parece ser que ten é que lle cobran 3 metros cadrados de almacen de máis, iso deben ser así como algúns centimos, pois vale si alguén está disposto a facer unha folga de fame por uns centimos, moi ben, alá él, eu son dos que defendo que cada un ten dereito a decidir cando e como pon fin a sua vida. O Vicente Verdeal a día de hoxe ainda non fun capaz de entenderlle cal é o seu problema, ¿Será qué ata agora non pagaba? e que os demáis moañeses pagábamos por él e uns cantos centos máis que non tiñan as casas dadas de alta no catastro, ou que pagaban por unha casa vella, e que agora teñen construidas verdadeiras mansións. E o Rachador? ¿Por qué protesta o Rachador? éste solo está para zafar o seu cú, historicamente en todo canto se meteu so foi para obter proveito¿ainda queda algún fillo/a,xenro/a que colocar na deputación ou organismos controlados polo PP?E a última pregunta por si alguén ma pode contestar:¿Dónde andan Fervenza, O venezolano, Nabor, e o resto dos caladiños concellais do PP? ¿Cómo é que non están solidarizándose cos folguistas e declarándose eles tamén en folga de fame? O fin e o cabo foron eles quen organizaron todo este sarao.
Mao
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?22-04-2008
O que ten delito é o servicio de documentación da telegaita, alguien debería explicarlle que non ten que haber un Pleno, sinon que xa houbo dous: Un en Quintela, reventado por estes "pacíficos" folguistas, e outro no pabellón de Reibón, donde cando empezaron a falar os que non lle dan a razón, marcharon entre insultos dirixidos a COrporación.
Para isto pago os meus impostos e manteño a un ente así?
A javiota esfameada
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?22-04-2008
Qué pasa aquí??? Unha de duas ou que todos os que escriben aquí son Bloquistas a morte ou son ricos e non lle doen os bolsillos.

Moito vos rides das manifestacións, das acampadas, das folgas de fame e demais actuacións de catro gatos, polo carallo mirades que si consiguen algo estes pobres incautos como vos dicides consiguenno para todo o pobo pero no, mellor rirnos deles e seguro que mais de un de vos si por obra do espíritu santo consiguen que o alcalde entre en razón e deixe de hipotecarnos coas subidas de tanto imposto seguro que mais de un apuntaredevos o tanto, dicindo que estabades apoiando dende o primer día.

A ver si por unha vez paradevos a pensar que estas seis persoas están loitando por todo o pobo e moaña, vergonza nos deberia dar que estes eses pobre seis persoas loitando por todos nos
unha de tantos
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?22-04-2008
PARA MAO: antes de falar de por que protesta cada un dos membros da plataforma por favor, entérate, si é que tanto che interesa a vida de cada un deles, vas e pregúntasllo que seguro que cho explican por que asegúroche que non é para nada o que ti dis, nada de nada, ningúen protesta por céntimos nin moito menos, para chamar idiota a alguén primeiro hai que mirarse o espello para ver si ti non serás mais ainda.

O que ti dis que protesta por uns céntimos, triplicaronlle o valor da súa vivenda, e é unha persoa que cobra unha xubilación como calquer paisano sin que che sobre demasiado a fin de mes.

De teatrero creo que non ten a vocación, así que si está loitando e por algo, e que che quede claro a ti e a todos está loitando por el pero si consigue algo loita tamén por ti e por min que estamos aquí escribindo en vez de estar apoiando.

unha de tantas
PARA UNHA DE TANTOS:22-04-2008
Non juapiña, non e que todos os que estamos aqui sexamos do bloque a morte, eu son do PP pero o que está afacer esa xente que di representarnos no concello dame vergonza allea. Os impostos ainda que moito nos foda temos que pagalos, se o meu piso fai vinte anos valia dez millons e agora vale 40 é normal que os impostos tamen suban e si non vai vender teu piso de fai vinte anos e xa miraras a ostia que che vai pegar facenda coas ganancias patrimoniais. E non son a única que pensa asi, e non me gusta pagar máis que tonta non son, pero o que están a plantexar estes pobres diaños e como pouco incongruente , non hai mais que mirar o que din na galega ¡ Unha queixase de que lle cobran por unha casa de 60 metros cando a súa ten 200 ????
Que convoquen unha manifestación pola convivencia pacífica dos veciños de Moaña e imos ver canta xente vai, e máis habian ir sin provocar nin insultar a nadie como fixeron estes que dis que andan a defender os nosos intereses e o que fan e deixarnos coma paletos na telejaita e foder o xardin do concello.
Millán: O xardin do concello e de todos os veciños ¿ Porqué consintes que esa xente acampe ahi ?
Farta de oir parvadas
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?22-04-2008
Estes son parvos, que se defendan eles mesmos, que presenten a súa reclamacion no catastro e que se deixen de martirios falsos e hipócritas.
E o da pensión... jaja, me rio yo, eu tamén coñezo algun que cobra unha pension de 700 euros, pero claro, non é o mesmo que cobres 700€ e teñas 4 pisos, que o que cobra 700€ e solo ten un chavolo.
Igual que non é igual a quen lle triplican a contribucion de 23€ ó ano a 80€, que o que lle sube de 120 a 150. ¿por que hai veciños meus que pagan 23€ por unha casa con eido, e eu pago 120€ por un piso sen eido? Que mo expliqne os da plataforma.
Sihom
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?22-04-2008
Por certo como vai o encerro? Hai que foderse coas pedazo tendas teñen estes señoritos, dijo eu que terán que pagar o catastro polas tendas non? e arranxar a herba que estropeen non?. Manda carallo isto xa non é un circo é un show. Cando se enteraran de que protestan sen razón ningunha. Se queren explicacións que vaian a xunto o alcalde e que escoiten, pero o de escoitar xa esta demostrado que non é o seu forte. Bueno que siga o show
O SINIOR AFRANIO
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?22-04-2008
Tengo un amigo de Asturias que me pregunta si cuando venga en Agosto puede acampar en la plaza del concello ..... ya le dije que como el alcalde y la policia local consienten y además queda al lado de la playa va a estar genial y supongo que no le pondran pegas.
julio
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?23-04-2008
Hemos hablado algunos militantes del PP de Moaña y estamos considerando la posibilidad de plantear a Fervenza y cia. una moción de censura por toda la que estan montando en Moaña con un erroneo planteamiento de una cuestión que debería abordarse a traves de los cauces politico-institucionales del Ayto. Es indignante para nuestro partido que monten semejantes algaradas y alteraciones de la convivencia vecinal, pues se esta demostrado que es una situacion enrocada que no conduce a nada. Sobre los calificativos que nos merecen los "martires" huelguistas.... nos los reservamos, pues su comportamiento ya denota cualquier cosa menospreciable.
En el PP de Moaña existe gente que no apoyamos bajo ningun concepto esta payasada propia de politicas de feriantes que menosprecian las instituciones y colocan a los vecinos al limite de una convivencia digna... exigimos que los huelguistas se marchen para casa... que por supuesto se alimenten no vaya a ser que tengamos mas pacientes en los sobrecargados hospitales del SERGAS, y que si tienen algo que reclamar lo hagan a traves del tramite de información publica del procedimiento de valoracion colectiva y eso si, sin renunciar a iniciativas politico-municipales con pleno respeto a la institucion local.
Moaña no se merece este esperpento... y por supuesto en el PP de Moaña tomamos nota de donde nos conduce la actitud farisea de Fervenza, quien parece que no ha aprendido nada de su paso por la vida parlamentaria en Santiago.
En conclusión, como he venido diciendo reiteradamente.... los "pajaros" huelguistas no representan a mucha gente del PP de Moaña, por mas que asi lo quiera Fervenza y su comparsa creada a su imagen y semejanza. Va siendo hora de poner los puntos sobre la íes y plantearle una alternativa seria para descabalgarlo de su poltrona moañesa al frente de los populares. En eso estamos y seguro que los vecinos nos lo agradecerán.... en aras de un partido moderno.
EURICO
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?23-04-2008
Eu non estou de acordo coa folga de fame, pero si que deberíamos unirnos un pouco mais o pobo de moaña.

¿ Algún dos que falades aquí fostes a delegación do catastro de Pontevedra para preguntar polo asunto? Eu si fun, e comentáronme que quen pide a revisíón para as nosas vivendas é o alcalde e quen encargou a unha empresa para que fixera os proyectos das casas tamén foi o concello, entón vamos a ver, por un lado si a empresa que fixo as revisións ten moitos moitos fallos por que iso tendes que reconocelo todos que os hai e moi grandes, si a empresa esa foi encargada polo concello o concello é o que ten que responder por eses erros, e dar un plazo lóxico para reclamación non como pasaba ata agora que se acababa o plazo e moita xente sen recibir a notificación, que esa é outra, como vamos reclamar os erros se non temos a notificación para comprobar si é certo ou non o que ven????
E por outra si o alcalde é o que pide a revisión cando a el lle peta, por que non contou cos veciños para ver que opinan? Por qué fixo todo a espaldas de nos? O mellor os veciños non consideran o mellor momento este para facer unha revisión das nosas vivendas coa consiguiente subida que nos vai vir.

E por certo que nos vai chegar a comunicación a todos, que hai xente que está moi engañada, pensa que por non recibir a notificaciòn non lle revisaron a sua vivenda e é mentira é para todas as vivendas de moaña, así que quen non teña a notificación que a reclame por que si non despois pasa o plazo de alegacións e teremos que pagar cada un o que nos marque ainda que esté mal.
Saudiños pa todos
caladiña
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?23-04-2008
Caladiña, ti es unha persoa sensata que fixeches o que tiñas que facer e informacheste onde o tiñas que facer. Tes toda a información e tes todo o dereito de enfadarte polas cousas que non che gustan.Pero é que entre esta xente que arma balbordo, non todos son coma ti e din burradas e estupideces sen senso e espallando desinformación por todo o pobo. Os "bloquistas" (eu ríome jajaja) que escribimos aquí non creo que estemos en contra de que a xente proteste, senón da intoxicación política que hai en todo esto, nas malas formas e na destrucción do normal funcionamento do concello. A ti pareche lóxico que hoxe eu vaia o concello a renovar o dni, i esta panda esté berreando e insultando á alcalde mentres os funcionarios tentan traballar, a policía dos dnis tenta traballar, mentres un grupo de rapaces están a intentar facer un exame cos gritos dunha jicha dicindo "dictador""sinvergüenza" cada vez que millán pasa por alí. Pareche lóxico que estén os esfameados e as súas familias álí de chachara e tirados no chan coma si levasesn un mes de folga de fame, e que teñan a baranda chea de auga, zumes e cafés coma se fose un bareto. Pareceche lóxico que pidan a gritos que se abrán as ventás cando están nun pasillo que non ten ventás, e se queren tomar o aire hai un cuberto estupendo na porta con concello. Repito, se se falasen as cousas con calma e ánimo de diálogo, se todos atopásemos que hai erros nestas revisións catastrais, se non houbese un político boitre detrás....eu creo que tódolos veciños de Moaña iríamos xuntos a manifestarnos onde competese para pedir que se fagan as cousas ben, pero insultar ós políticos que nos gobernan elixidos democraticamente non é a solución.
moañesa
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?23-04-2008
Parece que algo se va aclarando.No estoy de acuerdo con la actitud del p.p. pero algunos ya reconocen que fue el alcalde quien encargo la revision del catastro bien. A partir de ahi en vez de pedir manifestaciones,seguir insultandose no se podria volver al punto cero y comenzar a hablar.Creo que hemos llegado aun punto muy peligroso,
asombrado
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?24-04-2008
A ver si nos dejamos de ambigüedades y aclaramos las cosas. El Ayuntamiento no pide nada al catastro. Es el ministerio quien manda la socicitud (básicamente obligatoria) de la revisión catastral, el ayuntamiento sólo responde con una valoración de los valores catastrales (y si pensais que no es cierto, preguntar en el mismo catastro en Pontevedra).
Centremos las cosas. Esto es simplemente una movida de Fervenza, que piensa que a base de crispar a la gente va a conseguir desbancar al gobierno municipal del BNG-PSOE, y ganar puntos para seguir en su silla en el Parlamento Gallego, y no es así. Lo único que consigue es enfrentar a los vecinos de Moaña, creando situaciones tan desagradables como esta huelga de hambre de esa pobre gente. Recapaciten Srs. del PP y desmonten todo este tinglado (empezando por las tiendas de campaña que están quemando la hierba de la Plaza del Ayuntamiento).
Arroba
RE: ¿CANDO VAN ENTENDER QUE XA SE ACABOU?24-04-2008
Parece que Fervi y los Silencitos antan desparecidos en la movida, ¿donde estais? ¿por qué ya no apoyais a la plataforma en las concentraciones? ¿Por que nos tiene que representar el Rachador ? ¿Quien es el que manda? ¿ahora va a mandar el Rachador? Donde estas Fervi.
Lobaton
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados