Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
do your homework oq significa
Indispensables
Donde ...
Guia
VIADUCTO DE DOMAIO07-11-2005
Haz click para ampliar O viaducto foi alfaltado hai tempo, pero un pequeno erro provocou o deslizamento das vigas e consecuentemente eses enormes ocos que podes apreciar nas fotos que están na páxina web da Plataforma Contra a Vía Rápida. Na actualidade están intentado reparar tremenda chapuza.
un veciño preocupado


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: VIADUCTO DE DOMAIO07-11-2005
Eu non me fiaria destes viaductos, so tedes que mirar que a pesar de levar tempo feitos e asfaltados, os vehiculos dos obreiros e tecnicos, asi como os camions da obra cando pasan polos viaductos sempre van moi amodiño, sen superar os 20 km/h, isto dame que pensar que nin eles mismos se fian do que fixeron......
invitovos a observar os vehiculos dos obreiros o pasar polos viaductos.....preguntome eu, estara limitado a 20 km/h o paso polos viaductos, teran medo de que se pasan a mais velocidade se veña todo abaixo?
Os viaductos do tramo Cangues e o da Ameixoada, cos seus defectillos non deron grandes problemas, mentres os de Moaña coññecense graves deficiencias en todos, eu preguntome se tera algo que ver que foron empresas diferentes as que levaron a cavo ambos tramos, porque pode haber unha deficiencia puntual, pero seica en Moaña os tres viaductos teñen graves problemas de movemento dos vanos e dos piares dos viaductos....
Medo me da
RE: VIADUCTO DE DOMAIO09-11-2005
Esta é unha máis da gran obra que promoveu o PP na Xunta e que bendecíu o BNG e o PSOE (estes para máis fachendería piden unha autovía) no Morrazo.
Todo o demáis segue igual, uns protestan polas afeccións preto dos seus fogares (onde estaban antes das obras) e outros que se inaugure totalmente xa (só lles interesa o seu particular).
Hai uns meses na prensa local saíra publicado que os viaductos de Moaña estaban sendo construídos cunha técnica moderna que permitía aforrar tempo e máis tarde cando se produciron os primeiros problemas cos corrementos a nova conselleira de Obras Públicas declarou que esto era normal neste tipo de obras.
En Granada morreron cinco traballadores nas obras dunha autopista, desplomados na construcción dun viaducto, onde traballaban para unha UTE de empresas. No Morrazo houbo catro UTE e menos mal que non sucedeu o mesmo ata o de agora, pero isto non é para tomalo de broma.


NON MAIS ESTRADAS
RE: VIADUCTO DE DOMAIO09-11-2005
Non pasa nada hasta que pasa. Mirade o que pasou en Granada ..... ¿Os cartos e os intereses valen mais que as vidas humanas?
Mirade
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados