Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://blowjobzz.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
TEORÍAS SOBRE MASSÓ09-04-2008
Haz click para ampliar ¿Qué pensades que está a pasar?

¿Comezarán as obras?

¿Virán armados?

¿Están ultimando detalles como a cor dos amarres ou o tecido das banderolas?

¿Agardarán polo Plan Xeral?

¿Que papel xogan os políticos cangueses?

¿Que empresarios están detrás das empresas?

¿Cal é o papel da Xunta?

¿Por qué a Autoridade Portuaria de Vigo comete tamañas ilegalidades en Cangas?

¿Qué ten que facer o Concello ante iso?

¿Cómo é que ninguén saca este tema nos plenos municipais?

¿Qué empresarios e de qué empresas teñen tamaña man na Autoridade Portuaria de Vigo?

¿Qué políticos, e de qué empresas teñen intereses en Cangas?

+€€€suma e segue+€€€


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ09-04-2008
Resumiendo:

BNG :Sí al puerto y a la urbanización.
PSOE :Sí al puerto y la urbanización depende de cuanto les "unten"
ACE : Entre la espada y la pared (Foro y BNG-PSOE)
Terra Galega Cangas : No al puerto y no a la urbanización.
PP : Sí al puerto y a la urbanización.

Ostias ,que raro BNG=PP
Con Z de Zutabe.
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ09-04-2008
Se supón que a postura do Foro é non ao porto e non á urbanización, e ACE prometía no seu programa un Massó PUBLICO, ¿como pode ser que agora esté entre o si e o non?
con a de alucinado
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ09-04-2008
bueno, entón resumindo:
BNG=SI
PSOE=SI
PP=SI
esto quere dicir que, como todos estes grupos politicos son representates do pobo de cangas. A maioría do pobo de cangas, quere que Massó vaia a adiante
entón, porque estan a paralizar Massó unha pequena minoría. a caso teñen eles mais forza que todo un pobo?
progreso
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ09-04-2008
Oh, qué duro é!, era tan agradábel ter o sorriso posto e tentar facer o mellor para o teu pobo!. Pero non, estás nun partido, e tes unha obediencia e un escalafón, se te rebelas non medras, é a lei do partido... E Quintana di..., tamén podería ser Touriño, e eles saben, son os que teñen a visión do conxunto, de canto pesa Caixanova, Caixagalicia, Audasa, Pescanova...O idealismo ten un límite, xa se sabe que unha cousa é o que prometes coa túa mellor intención e o que se pode facer logo. Co ben que se estaba co sorriso!
...
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ09-04-2008
Unha matización ao do "progreso", que manía de equiparar o ladrillo co progreso!!.
Os votantes do BNG cando foron votar pensaban que os seus dirixentes se opoñían ao proxecto Foster, non é por nada...
E se o porto deportivo non está feito non é só por a oposición dunha "pequena minoría", o problema de Marina Atlántica é que non o ten todo claro, ou pensas que doutro xeito non estaría feito??.
¿que entendemos por progreso???
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ09-04-2008
para progreso - ti pensas que o de masso e progreso para cangas ou e unha maniobra especuladora para uns poucos que pagaremos todos os cangues
Jamauko con K
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ09-04-2008
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=7793
eivas
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ09-04-2008
Nas 32 páxinas do seu detallado programa electoral en Cangas, no referente a planeamento urbanístico aparecen as seguintes frases:
(..levar a Cangas por un camiño totalmente diferente ao que trae dende o 1999)
(...forzando os investimentos doutras administracións.)
(A dotación de instalacións deportivas, zonas de esparcimento..)
(Aproveitamento dos espazos de interes ecolóxico como espazos públicos..)
A preservación, conservación, rehabilitación e posta en valor do patrimonio historico-artístico e etnográfico.)
(..protección de recursos medioambientais-rios, ria, areas de valor ecolóxico-..)
(...que a Axenda 21 do concello de Cangas teña todas as garantías de participación..)
(.. protexer e por en valor todo o noso patrimonio..)
(Aplicar a Ordenanza de Ornato co obxectivo de acadar que todas as fachadas dos edificios estean en bo estado, limpas e coidadas.)
(Incrementar e protexer as zonas de uso público..)
Que bonito todo..
fraude electoral
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ09-04-2008
Agardemos ao avance. Polo de agora a parcicipación cidadá non existe pero démoslles unha marxe máis ate a presenación do avance.
Tarta Massó, especialidade Canguesa.
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ09-04-2008
De que programa electoral falas?
???
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ09-04-2008
Hostias progreso!! Nas eleccións municipais, tanto BNG, PSOE e ACE prometeron ao pobo de Cangas que si votaban por eles non permitirían esa desfeita en Massó, e estes tres representan a maioría do pobo de Cangas, (pero con esa promesa) si agora algún deles se desmarcan do prometido considero que están no goberno municipal de xeito fraudulento e consecuentemente non sería lexitimo que continuasen, éo seu deber e irse e convocar eleccións de novo, e si isto non se fai así, entón teremos que botalos ( con B por si algún se despista) e niso non hai problema, xa temos experiencia. SAÚDOS
EL CAMPESINO
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ09-04-2008
Perdoade que me esquecera, (como nisto parece que a legalidade non se ten en conta) Ademais debese respectar as leis, e aquí coido que presuntamente temos entre outros delitos o de prevaricación, que supoñen sentencias de sete anos de cadea, so falta que se celebren os xuízos, e saian as correspondentes sentencias.
Coido que se están a demorar para darlles tempo a costruir "A LAMA 2", xa que na actual non caben todos.
EL CAMPESINO
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ10-04-2008
Aquí moito bla, bla, bla, pero que traballe Rita!
Zutabe
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ10-04-2008
bla bla bla e ti que fas e que dis. o que di este de arrib non non e serto ou que
con o de ostia
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ10-04-2008
De qué falas Z? A xente normalmente ten o seu traballo, e se non traballa ou non o fai ben, non gaña carto ou o botan. Para os políticos DEBERÍA ser igual, o seu traballo é cumprir o seu programa electoral, e os votantes teñen todo o dereito do mundo de esixirlles que traballen para logralo. Verdade Clara que todas esas bonitas frases estaban no teu programa?
fraude electoral
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ10-04-2008
Programa ACE

1.-Desenvolvemento dunha democracia real baseada na participación cidadá. A opinión dos veciños e veciñas vai ser decisiva na acción do goberno. Recoñecemento das parroquias a tódolos efectos legais e operativos.
2.-Elaboración dun PXOM ó servicio das cidadás e dos cidadáns de Cangas e non dos depredadores e especuladores inmobiliarios. Un PXOM que paralice de vez as desfeitas proxectadas nos convenios de Aldán e Massó, que aproe o Concello cara un desenvolvemento natural e sustentable e que deteña a venda de edificabilidade que hipoteca o futuro e a calidade de vida. Un PXOM que aposta pola calidade ambiental da nosa riqueza natural: ría, montes, ríos, praias, zonas verdes, espazos públicos e a recuperación dos montes de Aldán para uso e disfrute dos veciños/as como lexítimos donos.
3.- Acceso ó servizo de saneamento, abastecemento e alumeado para toda a cidadanía, proceso que debe ir acompañado da municipalización destes servizos. Creación de zonas de acceso libre a internet na vila e nas parroquias. Potenciamento do transporte público tanto marítimo como terrestre poñendo en marcha unha liña circular que mellore mesmo a mobilidade das persoas maiores e discapacitadas.
4.- Apoio á creación do Hospital Comarcal e esixencia de melloras inmediatas no servizo sanitario actual: ampliación das especialidades e do servizo de rehabilitación no Centro de Saúde de Cangas, reformas e acondicionamento dos Consultorios do Hío e máis Aldán.
5.- Protección da Mancomunidade do Morrazo para prestar servizos comarcais, fronte os intentos de inxerencia e control dende a Área Metropolitana de Vigo. Mellora do vergoñento sistema de recollida e tratamento do lixo, reorientado ó tratamento dos RSU cara criterios máis ecolóxicos e sustentables. Idéntico criterio respecto da depuración e tratamento das augas residuais. Promoción das enerxías alternativas e renovables, e da ecoconstrucción.
6.- Creación dun programa de atención, mellora e promoción dos Centro Públicos de Ensino, que permita acadar - tanto coa xestión diante doutras Administracións, como dende a acción directa do Concello - a extensión da rede de comedores escolares, a mellora dos centros, a eliminación de barreiras, a renovación de material. Co noso compromiso de priorización da actuación nesta área.
7.- Potenciación da Cultura e das Artes como un ben público ó servizo de todos/as nós. Creación dunha Casa da Música para acoller actividade do ensino nesta materia e dunha Escola Municipal de Artes Escénicas. Artellamento dun programa cutural estable e de calidade que abranga distintas expresións artísticas (música, teatro, danza, exposicións…) e que se extenda ata as parroquias. Creación de centros socio-culturais nas parroquias.
8.- Defensa do Patrimonio natural, paisaxístico e histórico-artístico e creación dun Plan de Protección do Patrimonio e a elaboración urxente dunha Listaxe de Bens Patrimoniais a Protexer. Defensa decidida e ampliación das áreas protexidas, paralización da política de recheos indiscriminados e impulso do uso do noso medio natural para a creación de riqueza e emprego, combinando rexeneración e respecto polo medio co seu aproveitamento racional.
Garantir que o futuro de Massó e do Salgueirón sexa de carácter público, ó servizo do pobo de Cangas, ben a través da negociación ou mesmo da expropiación.
9.- Desenvolvemento de iniciativas de empregos e de políticas sociais con atención ás persoas e colectivos máis desfavorecidos, e apoiando ós sectores económicos autóctonos (pesca de baixura, agricultura ecolóxiva, nova política forestal e pequeno comercio). Políticas concretas e decididas na defensa dos dereitos das Mulleres, con medidas como a creación dunha oficina de atención e asesoramento laboral e social; da Mocidade, elaborando un Plan de Captación Profesional axeitado a realidade socio-económica cangueira; recuperación das naves de Ojea; iniciativas para albergar actividades de interese para a xente nova e dos colectivos de inmigrantes, mediante o artellamento de políticas que fomenten a comunicación intercultural e gargantan o acceso ós servizos en pé de igualdade.
10.- Desenvolvemento dunha política de vivendas de promoción pública seria, realista, clara e planificada, que beneficie ós sectores máis desfavorecidos e con máis necesidades, e contemplando tamén unha promoción propia nas parroquias.
11.- Potenciación da actividade deportiva en tódolos seus niveis (escolar, afeccionado, federado…) e especialidades: creación de melloras e instalacións deportivas con extensión a tódalas parroquias, racionalizando o seu uso. Planificación contando cos centros de ensino e entidades deportivas.
12.- En Facenda terá prioridade a Auditoría das contas municipais debido ás graves irregularidades existentes, promovendo unha política fiscal xusta e equitativa baseada nunha xestión eficaz e centralizada, como pode se-la creación dun único recibo, beneficiando ós sectores económicos máis desfavorecidos, e aplicando un plan de actuación que mellore a economía do Concello. Revisión de oficío do Catastro de Rústica polos graves erros e problemas - legais e económicos - que se lle están a ocasionar ós veciños/as.
Compromiso do carácter aberto e participativo deste programa para poder melloralo coas aportacións e propostas veciñais.
Precisamente porque a túa opinión conta, engadimos as vosas propostas debido a súa viabilidade e ó seu carácter acertado:
13.- Creación no Concello dun Servizo de Normalización Lingúística para fomenta-lo uso e para a preservación do idioma galego.
14.- Estuda-la viabilidade da instalación do servizo de Rede sen fíos (WIFI) para tódolos cangueiros e cangueiras.
Seguide colaborando este programa faise CON VÓS E PARA VÓS.

programa ACE
10-04-2008
ENSINO E POLÍTICA EDUCATIVA


A educación é un ben social que se debe garantir por igual a todos os galegos e galegas.Se ben a educación é principalmente responsabilidade do Governo Galego e corresponde-lle á Xunta a sua planificación e financiamento, os Concellos teñen un papel moi importante que desempeñar como administración que está máis próxima á cidadanía.O BNG defende que os Concellos e o conxunto da sociedade sexan escoitados e tomen parte na ordenación e planificación educativas.

SISTEMA EDUCATIVO E PAPEL DOS CONCELLOS

O BNG reclamará da Xunta de Galiza a gratuidade do material escolar. Namentras ésta non se produza, adicará unha partida anual do orzamento municipal para axudas ao estudo, destinadas a compensar as necesidades das familias máis desfavorecidas.

Mantimento dos centros educativos
-O governo municipal do BNG investirá no mantimento dos centros de ensino que lle corresponden por Lei, co fin de paliar as caréncias que a Xunta non asuma.É necesario instar á Conselleria de Educación a estabelecer un convénio co Concello para actuar de xeito coordinado na mellora e mantimento dos centros, organizando conxuntamente a mellora das infraestruturas educativas.
-O governo municipal do BNG potenciará a eliminación de barreiras arquitectónicas para facilitar o acceso aos centros de ensino dos nenos e nenas con dificultades.

Servizos complementares: transporte e comedores escolares

Tanto os comedores escolares coma o transporte son servizos que, por unha banda , contribuen a unha mellora da calidade do ensino público e , pola outra, dan satisfación ás demandas existentes e axudan a compatibilizar a vida familiar e a vida laboral.
-O governo municipal do BNG reclamará á Xunta de Galiza unha mellora do transporte escolar para adecuá-lo ás necesidades existentes, incluindo a Educación Infantil e urxindo a presenza de acompañante en todos os autocares.
Asimesmo,esixirá da Xunta de Galiza que o transporte escolar funcione para garantir a asisténcia de alunos e alunas ás actividades complementares organizadas polos centros educativos.
-O governo municipal do BNG porá toda a sua colaboración para que nos centros públicos nos que sexa necesário funcione o comedor escolar.

Actividades complementares e extra-escolares

Estas actividades contarán co apoio do Concello, facilitando-lle aos centros de ensino as instalacións municipais, meios e recursos coa finalidade de que sexan ofertadas por todos os centros de ensino e sen discriminación ao conxunto do alunado.

REDE DE CENTROS E COLABORACIÓN DO CONCELLO NA POLÍTICA EDUCATIVA

Ensino obrigatorio

O Governo municipal do BNG demandará da Xunta de Galiza:
-Unha rede de centros axeitada ás condicións demográficas, xeográficas e sócio.económicas do Concello.
-Esixirá do Governo Galego o cumprimento dos requisitos que deben reunir os centros para impartir as diferentes etapas educativas.

Ensino Post-obrigatorio

O BNG defenderá unha oferta completa e equilibrada no Concello e Comarca de Bacharelatos.
Polo que respeita aos Ciclos Formativos de Formación Profisional, o BNG demandará da Consellaria de Educación a ampliación nos centros públicos dos ciclos formativos de grao médio e superior relacionados co desenvolvimento económico da Comarca.



Formación ocupacional e programas de garantía social

Para atender ás necesidades formativas e de inserción social e laboral dos alunos e alunas que rematen a escolaridade obrigatória sen obter a titulación correspondente, o governo municipal promoverá a coordinación e contribuirá ao desenvolvimento de escolas obradoiro, cursos de formación ocupacional, programas de garantia social ou programas de iniciación profesional, previstos na nova Lei de Calidade co fin de atender a demanda existente no Concello.

Educación de Persoas Adultas

O governo municipal prestará a máxima colaboración para facilitar o acceso das persoas adultas á educación e á cultura. Con este fin demandará-se da Consellaria de Educación un Centro específico para Adultos.

Educación Musical

O governo municipal prestará atención á formación cultural e artística potenciando a criación de Escolas de Danza,Teatro, Artes Plásticas e Audiovisual amáis de mellorar e dotar de medios ao Conservatorio de Música do Morrazo e á Escola Municipal de Música.

PARTICIPACIÓN NA POLÍTICA EDUCATIVA

É obxectivo principal do BNG fomentar e propiciar un modelo educativo participativo para conseguir unha relación e comunicación fluída entre a comunidade escolar e o Concello.
Neste camiño de participación da Comunidade na vida do Concello, o BNG desenvolverá as seguintes iniciativas:
-Potenciación do Consello Escolar municipal, coma órgao de participación dos diferentes sectores que poden aportar o seu ponto de vista para a mellora do ensino público.
-Participación activa nos Consellos Escolares dos centros educativos.
-Relación fluída e diálogo constante coas ANPAS
-Estabelecimento de convénios para que as instalacións dos Centros de Ensino poidan ser utilizados fóra do horário lectivo por asociacións veciñais, culturais, deportivas, etc. Asimesmo facilitara a utilización por parte dos Centros de Ensino das instalacións municipais.






MULLER


Unha sociedade, para ser autenticamente igualitária, democrática, participativa e xusta, ten que contar con todos os seus membros en igualdade de condicións. O BNG ten como obxectivo o logro dunha sociedade construída por e para todas e todos, na que se dea unha participación total das mulleres en pé de igualdade cos homes tanto na vida política, económica, social , cultural coma nos proceso de toma de decisións. As mulleres teñen moito que dicer e que aportar na procura dun concello e dunha vila mellor.

CONCELLARIA DA MULLER

O BNG , consciente de que a igualdade de dereito é unha condición necesária pero non suficiente para conseguir a igualdade real de oportunidades, segue a considerar necesária a unha Concellaria da Muller que se encargue de marcar as liñas de actuación, coordenar e executar a política para as mulleres do Concello de Cangas, co obxectivo de fomentar e propiciar o asociacionismo feminino e a sua participación en todos os ámbitos da sociedade.

Educación

Os obxectivos que se plantexan neste campo son:
-Sensibilizar ao profesorado e á comunidade escolar no seu conxunto, non princípios de igualdade de oportunidades e na non discriminación por razóns de xénero.
-Fomentar a corresponsabilidade de todos os membros da família no traballo doméstico mediante un programa dirixido á povoación escolar.

As actuacións a contemplar son:
-Colaboración coa área de educación para a elaboración de materiais didácticos e de orientación pedagóxica que eliminen formas de sexismo e introduzan a educación en igualdade de xénero como tema transversal no ensino.
-Realización de actividades en colaboración cos centros de ensino sobre programas de coeducación, linguaxe non sexista, publicidade etc.
-Realización de cursos tendentes á erradicación do analfabetismo feminino.

Cultura

Actuacións:
-Promover o coñecimento e investigación sobre personalidades femininas relevantes.
-Difusión de obras de mulleres relevantes ou de colectivos de mulleres.
-Promover a formación e participación das mulleres na vida cultural e artística.

Emprego

Tendo en conta que a taxa feminina de paro na Comarca e no Concello de Cangas é moi elevada, é preciso adoptar medidas tendentes a mellorar as condicións laborais das mulleres, facilitando e promocionando o seu acceso ao mundo do traballo.
Desenvolveran-se as seguintes actuacións:
-Realización de campañas de información e sensibilización sobre a necesidade de promover a igualdade de oportunidades para as mulleres na vida profisional.
-Promover a ampliación e mellora dos recursos asistenciais e sociais: Servicios de axuda a domicilio e criación de centros de día e Servicios Comunitarios (comedores, transporte escolar...)
-Promover a formación de cooperativas de mulleres
-Fomentar o empresariado feminino
-Fomentar a participación das mulleres nos cursos organizados polo Concello
-Programas de formación ocupacional desenvolvidos desde a área de Promoción Económica e do Emprego.

Saúde

-Desenvolveran-se programas de educación para a saúde nos que se contemplen aspectos específicos das mulleres.
-Realizaran-se talleres de auto-estima, relaxación,auto-exploración, menopausa,etc.
-Desenvolveran-se programas de información sobre prevención e detección temperá de enfermidades e sobre hábitos de vida saudábel en colaboración cos centros de sáude.
-Fomentaran-se campañas dirixidas á mocidade en xeral sobre trastornos alimentários:anoréxia,bulímia, etc.
-Reclamara-se do SERGAS que asuma a prestación de servizos específicos de saúde a todas as mulleres.

Loita contra a violencia de xénero

O Concello organizará campañas e actividades cara a previr a violencia de xénero, asi coma obradoiros de formación sobre autodefensa (lexislación, denúncias, defensa física...)
O Concello prestara-lle ás víctimas un servizo de asesoramento , axuda e intermediación diante doutras administracións.

CENTRO DE INFORMACIÓN MUNICIPAL

O asesoramento, a información e a atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero, a prevención da violencia e todos os aspectos relativos á formación e inserción laboral das mulleres serán os principais obxectivos deste Centro.

CASA DE ACOLLIDA

É necesario facer un estudo das necesidades e dos recursos existentes e valorar, segundo os resultados, a necesidade de equipamentos para o acollimento de mulleres vítimas de maos tratos, ben no modelo dunha Casa de Acollida que poderia ser comarcal, ou ben na necesidade doutros modelos como poden ser pisos tutelados ou pisos de 2ª estáncia, que deberían ser competéncia da Xunta de Galiza.
Asimesmo, desde o Concello facilitará-se-lle ás vítimas de maos tratos o asesoramento necesário e esixirá-se da Consellaria de Família, Muller e Xuventude o acollemento das mesmas.
Tamén se demandará da Xunta de Galiza cámbios no baremo de adxudicación de vivenda sociais para posibilitar o acceso ás mulleres que sufran situacións de violéncia ou a famílias monoparentais e dara-se información á Policia Local sobre Protocolos de Atención ás Mulleres.

PARTICIPACIÓN DAS MULLERES NA VIDA MUNICIPAL

Creara-se o Consello Municipal da Muller, no que estarán representadas as asociacións de mulleres do Concello, asociacións de amas de Casa, as Secretarias da Muller dos Sindicatos, Asociacións de Veciños a través das Vocalías da muller, representantes da Mocidade etc.
MOCIDADE



A Mocidade é un colectivo social cunhas características e unhas necesidades próprias que o fai merecedor dunha atención específica por parte da administración.
Os concellos deben oferecer un espazo aberto á participación deste colectivo na vida política, económica, social e cultural,promover, pois,a participación activa e directa da mocidade en todos estes ámbitos revela-se como un obxectivo fundamental de calquer acción política.
En acadar estes obxectivos consistirá o traballo de governo do BNG durante os vindeiros anos.

RECURSOS

O Departamento de Mocidade terá un orzamento próprio, cuxa estrutura será consensuada coas entidades e asociacións xuvenís a través dos seus organismos de participación.
No tocante a equipamentos para a mocidade, o governo municipal do BNG promoverá as seguintes actuacións:
-Casa da Mocidade:Debe servir como espazo físico das actividades e iniciativas da mocidade, como espazo público de tempo libre e lecer, como centro de encontro e como ponto de información xuvenil.
-Centros socioculturais:En cada un dos centros socioculturais das parroquias haberá un área xoven que actue como espazo de encontro, ponto de información , centro de actividades,etc.

PARTICIPACIÓN SOCIAL E FOMENTO DO ASOCIACIONISMO

Consello Municipal da Mocidade

Constituirá-se o Consello Municipal da Mocidade. O seu principal obxectivo será o fomento do asociacionismo xuvenil e da colaboración, cooperación e intercámbio de experiéncias entre as asociacións.





Consellos de Barrio e Parroquia

Os consellos territoriais contarán con unha vocalia de mocidade, que será a encargada de coordinar a aplicación na parróquia ou barrio dos programas
municipais , asi como de promover a organización de actividades e a implicación da mocidade ne diferentes áreas de actuación.

Fomento do asociacionismo

O governo municipal desenvolverá, en coordenación co Consello Municipal da Mocidade , un programa de fomento do asociacionismo no que se incluan, entre outras, as seguintes actuacións:
-Elaboración dun censo municipal de asociacións xuvenís.
-Realización de programas de formación de cadros directivos e técnicos de asociacións xuvenís.
-Favorecer o intercámbio de experiéncias e a cooperación entre asociacións a través do Consello Municipal da mocidade.

Fomento do voluntariado

Promoverá-se a participación da mocidade en labores de voluntariado social, proporcionando formación acaida e prestando atención específica a actuacións relacionadas coa conservación e defensa do patrimonio natural e cultural.

ACTUACIÓNS SECTORIAIS

Información

O Concello impulsará unha política informativa que teña como destinatário a mocidade.Desenvolverá-se un programa de información e asesoramento, do que formarán parte a Oficina Municipal de Información Xuvenil e os Pontos de Información Xuvenil.
A OMIX desenvolverá entre outras as seguintes actuacións:
-Campañas informativas sobre asociacionismo, consumo, meio ambiente, actividades de lecer...
-Organización, en colaboración co Consello Local da Mocidade, de cursos, xornadas sobre temas de interese par a mocidade:asociacionismo, actividades de ocio, técnicas de estudo, orientación escolar e laboral...
-Edición dun Boletín Informativo Xuvenil en soporte dixital e impreso.

Ensino: Adecuación da oferta educativa regrada ás necesidades socio-laborais do concello e da comarca,tal como aparece recollido no programa de ensino e política educativa.

Formación e fomento do emprego:
-Desenvolvimento da escola-obradoiro, realizando actividades formativas e de inserción laboral ligadas á recuperación do património natural e cultural, mellora de entornos urbanos e actividades relacionadas co mar.
-Programas de garantia social para xoves maiores de 16 anos.
-Desenvolvimento de iniciativas locais de emprego que permitan a contratación de traballadores xoves apra realizar labores de recuperación do patrimonio, servizos sociais, animación sociocultural,etc.
-Contratación polo concello de xoves titulados en práticas, co obxecto de colaborar na sua integración laboral.
-Apoio institucional á promoción de experiéncias empresariais protagonizadas por xoves.

Vivenda

No marco da política municipal de vivenda, realizarán-se os máximos esforzos de xestión para facilitar o acceso da mocidade a unha vivenda digna.

Actividade deportiva, sociocultural e de lecer

Con carácter xeral, desenvolverán-se as seguintes liñas de actuación:

a)Actividades deportivas:oferta ampla e variada de actividades físico-deportivas, escolas deportivas, áreas de xogo, actividades na natureza...

b)Actividades socioculturais:
-Criación de espazos, circuitos e experiéncias de mostra-exibición da criación xoven.
-Desenvolvimento de programas de actividades socioculturais descentralizadas en barrios e parroquias.
-Inclusión na programación cultural municipal de espectáculos dirixidos ao público xuvenil.

c)Tempo de lecer:
-Favoreceranse as actividades de ócio saudábel mediante un Programa de Ocupación do Tempo Libre(Noites Vivas)
-Organización de programas lúdico –festivos en determinadas épocas do ano(periodos vacacionais) e nas festas do verán.





































POLITICA SOCIAL


Para o BNG os servizos sociais son un dereito fundamental de toda a povoación. O BNG levará a cabo unha política social que poténcie os servizos Sociais Comunitários dirixidos ao conxunto da povoación, promovendo asimesmo a igualdade social, combatendo a marxinación e procurando a inserción sócio-económica dos colectivos máis desfavorecidos.Asimesmo dará especial importáncia á prevención, á detección de necesidades e á participación da sociedade na búsqueda de solucións aos problemas sociais.

Concellaria de Servizos Sociais

Esta Concellaria terá coma obxectivo a coordenación e aplicación de toda a política social do Concello.Ao mesmo tempo será a encargada das relacións coas institucións públicas e privadas, coas organizacións económicas e sociais e coas organizacións de carácter non guvernamental.
Para que as políticas sociais elaboradas polo governo municipal cheguen a toda a povoación dun xeito coordinado e non compartimentado, o BNG criará unha macro-área de Promoción do Benestar que estará formada por diferentes áreas municipais (promoción económica, ensino, mocidade, cultura,saude,etc.)

Planificación e recursos da área de servícios sociais

-Elaboración dun Plano xeral de Servizos Sociais
-Posta en marcha do Consello Municipal de Servizos Sociais, órgao de participación social na planificación e execución da política de Servizos Sociais.
-Financiamento que permita atender as principais demandas e necesidades sociais. O BNG esixirá da Xunta de Galiza o incremento das subvencións, ao mesmo tempo, xestionarán-se subvencións da Deputación Provincial, do Governo do Estado e da Unión Europea. O BNG tentará que se estabelezan convénios estábeis que garantan a continuidade e estabilidade dos programas e do seu financiamento.

ACTUACIÓNS DE GOVERNO DO BNG NA ÁREA DE SERVIZOS SOCIAIS

Programa de información , orientación e asesoramento:A información canalizará-se desde o Centro de Benestar Social e a través dos órgaos de participación cidadá:asociacións veciñais, entidades sociais, Consellos Territoriais, Consello Municipal de Servizos Sociais...

Programa de Familia e Convivéncia

-Servicio de Axuda á Domicilio:Potenciación do servizo para incrementar a autonomia das persoas maiores ou con deficiencias, facilitando que poidan seguer vivindo no seu domicilio o maior tempo posible,axundándolles a realizar as tarefas e actividades que non pooidan facer por si soas e tratando de diminuir-lle os problemas de soidade e aillamento.
-Programa de acollimento familiar
-Programa de aloxamento en centros.Solicitar da Xunta de Galiza a criación de residéncias de diminuídos, 3º idade, centros de acollida,etc.
-Solicitará-se da Xunta o aumento de prazas de garderia.
-Programa de aloxamento provisional para casos de emerxéncia.
-Programa de educadores sociais e educadores de família
-Posta en marcha dun espacio de encontro que vertebre e apoie ás asociacións de Axuda Mútua (Asociacións de discapacitados, de enfermos de Alzheimer e outras demencias,de afectados de cancro...)
-Programas de prevención , asistencia e reabilitación de drogodependientes

Programas para persoas discapacitadas

Cangas ten na actualidade un sinfín de barreiras que impiden que minusválidos, persoas maiores e persoas que nalgun momento da vida ven a sua mobilidade reducida , poidan facer unha vida normal.
Para paliar esta situación, o governo do BNG emprendeá as seguintes actuacións:
-Realizar un informe técnico sobre o estado de accesibilidade e adaptación de espazos e edifícios públicos.
-Confeccionar unha ordenanza para evitar e suprimir as barreiras na via pública, edifícios e meios de transporte, na que se dispoña a obrigatoriedade da sua aplicación en todos os proxectos de obras, tanto se os executa o Concello como entidades particulares, e a adaptación paulatina á normativa das construcións xa existentes.
-Estabelecer convénios co INSERSO e coa Fundación ONCE para a habilitación de transporte público ao que poidan acceder as cadeiras de rodas.

Por parte do governo do BNG apoiarán-se ás asociacións de minusválidos e o Concello colaborará nas iniciativas empresariais promovidas por estas, fomentando as actuacións en matéria de autoemprego e economia social.
Cumprirá-se na oferta pública de emprego do Concello a reserva legal do 3% para que sexan as prazas cubertas por persoas con discapacidade.

Programa para menores

O governo municipal do BNG promoverá as seguintes accións.
-Programas e actuacións cara á protección da infáncia relacionados cos maus tratos, abusos,etc.
-Impulsar a coordenación entre todas as Administracións con competéncias en menores.
-Facilitar bolsas de estudo para os nenos e nenas sen recursos para libros, comedores, actividades extra-escolares,etc.

Programa para persoas maiores

O Governo municipal impulsará as seguintes actuacións:

-Promover a participación activa das persoas maiores na vida da comunidade e impulsar as relacións interxeracionais como fonte de enriquecimento mútuo.
-Fomentar prácticas deportivas e culturais entre os maiores, facilitando por parte do Concello os equipamentos e programas máis axeitados.
-Potenciar o Programa de Axuda a Domicílio.
-Desenvolver programas e pontos de información e asesoramento ás famílias con persoas maiores afetadas por discapacidades, tanto físicas coma psíquicas (Alzheimer, demencias...)
-Promover a xestión de pisos compartidos e pisos tutelados
-Promover e incentivar o voluntariado na atención aos maiores.
-Fomentar a formación e profesionalización do persoal adicado á atención dos maiores: asistentes sociais, animadores sócio-culturais, axuda a domicílio,etc.
-Demandar da Xunta de Galiza:
*Prazas de residéncia para asistidos
*Centro de Dia para enfermos de Alzheimer e outras deméncias: Este centro serviria de apoio ás familias, ao tempo qu daría unha atención especializada a enfermos que aminoraria os tremendos efectos destas enfermidades.
DEPORTE


As actividades físico-deportivas,entendidas nun sentido amplo, adquiriron nos últimos tempos unha grande releváncia social, até o ponto que son consideradas un elemento esencial para o desenvolvimento integral das persoas e para a consecución duns maiores niveis de calidade de vida e benestar.

Liñas de actuación

Organización
Nestes momentos, o IMD non está cumprindo satisfactoriamente os fins para os que foi criado,convertiuse nun organismo sen vida, sen debate. A razón desta situación é que ao governo do PP non lle interesou nunca que funcionase como un auténtico foro de discusión e de planificación da política deportiva municipal.
Compre, polo tanto , levar a cabo unha profunda reestruturación do organigrama municipal de deportes, que permita facer moito máis eficaz a xestión e que ao mesmo tempo sirva como revulsivo para poñer en prática unha conceición nova do deporte, moito máis ambiciosa que a que existiu ata agora.
Para acadar estes obxetivos, é necesario contar coas persoas, cos recursos materiais e cun plan de finanzamento que debe estar perfectamente deseñado e recollido no orzamento anual do Concello
Dentro desta reorganización , incluen-se as seguintes medidas:

A-Reorganizar, impulsar e dinamizar o IMD, órgao de deseño e execución da política deportiva municipal.
B-Criación dun equipa de profesionais especializados na xestión e planificación do deporte.
C-Especial atención para os disminuidos físicos e psíquicos desenrolando un plano específico de actividades e eventos deportivos.
D-Definir unha metodoloxía ou modelo de xestión das actividades físico-deportivas cun obxetivo estratéxico: ningunha persoa que o desexe, pode quedar privada da realización dalgunha actividade deportiva no Concello de Cangas.
E-Criación do Consello Municipal de Deportes, órgao de participación social na política deportiva, integrado polos vocais de deportes dos Consellos parroquiais e pola representación das entidades deportivas de ámbito xeral.
F-Creación de Escolas Deportivas Municipais con especial atención ás parroquias.
G-Fomentar o deporte FEMININO de base.


Xestión
Para lograr a máxima eficácia da xestión e a máxima rendabilidade social dos recursos existentes, impulsará-se:
-Criación dunha Fundación “CANGAS-DEPORTE” para apoio do deporte base.
-A colaboración e coordinación con outras áreas municipais.
-A cooperación no marco comarcal ou da Área Metropolitana para a realización de programas e actividades conxuntas.
-A colaboración con outras institucións e organismos.

Infraestructuras
En liñas xerais, pode-se falar da existéncia dun déficit de instalacións, ainda que esta afirmación non se pode xeneralizar porque hai que diferenciar a situación na vila, en xeral, coa problemática específica das parróquias.

A vila presenta a seguinte situación:
-Saturación dos pavillóns polideportivos municipais
-Estado de semiabandono das escasa instalacións descubertas existentes como é o caso das pistas do Keniata.
-Caréncia de espazos urbanos de ócio e xogo ao aire libre.

Polo que respeita ao rural, a infraestrutura deportiva é mínima, cando non totalmente inexistente. Ademais,ali onde hai instalación deportivas escolares, teñen un aproveitamento escaso fóra do horário das clases.

Principais liñas de actuación

Dentro do obxectivo xeral de mellora da oferta, tanto no que se refire a equipamentos convencionais como a novos espazos para o desenvolvimento de actividades de lecer recriativas e deportivas,traballará-se nas seguintes direccións.
-Actuacións sobre o meio ambiente urbano que permitan a criación de espazos para o xogo e a actividade físico-deportiva, con especial atención ás zonas urbanas máis saturadas.
-Xestión de terreos nas parróquias do rural para a construción de instalacións deportivas e áreas de lecer.
-Optimización de recursos:Convénios con entidades e institucións propietárias de instalacións deportivas para a optimización do seu uso: campo de fútbol, pavillóns escolares...
-Atención á conservación e mellora dos equipamentos existentes.
-Criación de roteiros e fomento do uso das paraxes naturais como espazos para a actividade física, deportiva e recriativa.
-Dotación progresiva de instalacións e espazos para a prática de modalidades deportivas novas ou de crecente demanda.
-Criación de espazos para a prática de xogos e deportes tradicionais, en colaboración cos Consellos de Parroquia e as Xuntas de Montes.
-Estudo dun convénio entre o Concello-Deputación-Secretaria Xeral-Co






























SANIDADE E CONSUMO


O BNG considera a saúde como unha prioridade social e , coma tal, debe reflectir-se en todas e cada unha das actividades que se promoven desde o Concello.Para o BNG a saúde debe entender-se en sentido amplo, abranguendo aspectos tan fundamentais para o benestar dos cidadáns e cidadán como son a calidade de vida e un meio ambiente saudábel.

PLANIFICACIÓN SANITÁRIA MUNICIPAL

A actuación municipal debe orientar-se á realización dunha política que redunde na mellora da calidade de vida e da saude meio ambiental, abranguendo aspectos como o abastecemento de água potábel, o saneamento e a depuración, a recollida e tratamento do lixo, a mellora dos mercados públicos, a adopción de programas que incidan na redución da contaminación atmosférica e acústica e , en colaboración con outras Administracións, no control das condicións hixiénico-sanitárias dos estabelecementos adicados á elaboración, almacenaxe, transporte e distribución dos alimentos.

Mercados Públicos

O BNG traballará na mellora das condicións sanitárias dos mercados públicos así como no control e inspección do seu funcionamento de cara a garantir un servicio de calidade.

Actividades molestas, nocivas e perigosas

O Concello fará cumprir, dentro das suas competéncias, o Regulamento de Actividades Molestas, Nocivas e Perigosas.
Asimesmo, o Concello desenvolverá un programa específico que garanta as condicións de seguridade e hixiene nos locais públicos de concentración humana.







MELLORA DA ASISTENCIA SANITARIA

Ainda que a calidade da atención sanitária non é responsabilidade do Concello, desde a Administración Municipal non se pode ser insensíbel ás deficiencias existentes neste campo.
En consecuéncia, o Concello solicitará dos poderes públicos :

-A dotación para a Comarca do Morrazo dunha área de hospitalización que traballe en coordinación cos hospitais de referencia.Este hospital de media-longa estancia estaría adicado á atención de pacientes crónicos, enfermos paliativos e socio-sanitarios en espera de prazas en residencias.

-A criación dun servizo de hospitalización a domicilio (HADO) que achegaría a atención hospitalaria ao propio domicilio do usuario cando o tratamento ou atención que precise non requira do seu ingreso nun centro clínico.

-A ampliación das especialidades con persoal sanitário suficiente para atender á demanda existente.

-A dotación dunha ambulancia medicalizada (UVI Móbil) para mellorar a xestión dos traslados aos hospitais de referencia.

CONSUMO

O Concello promoverá políticas que colaboren na defensa e protección dos lexítimos intereses dos consumidores,tais como:

-Estimular o movimento asociativo dos consumidores

-Apoiar, impulsar e promover campañas na defensa do consumo responsábel e sustentábel. Asi como programas de formación en matéria de consumo para optimizar as decisións de compra ou contratación de bens e servizos.







CULTURA


Facer de Cangas un Concello vivo, aberto, dinámico e criativo a través da Cultura

O BNG acredita nunha cultura plural e diversa, nunha cultura ao servizo da formación e da transformación social,nunha cultura integral e integradora, que ten que construir-se desde abaixo co protagonismo dos axentes sociais, coa participación activa da cidadania.Unha cultura entendida non de maneira restritiva (programación de espectáculos culturais nos que o público é simple espectador) senón como un complexo e rico sistema de comunicación e interacción social, aberto a todos os públicos e todas as idades, e que fomente a constitución dunha cidadania crítica, participativa e solidária.
Desde esta perspectiva o governo municipal do BNG impulsará decididamente as seguintes liñas de actuación:
-O fomento da cultura de base mediante programacións de carácter integral que contemplen a difusión cultural tanto no ámbito sectorial (teatro, música e danza, arte, literatura, audiovisual...) como no territorial (vila, aldeas e parroquias) e no xeracional (infáncia, mocidade, terceira idade...)
-A atención permanente á formación cultural e ao fomento da criación e da expresión artística, mediante programas dirixidos á povoación infantil e xuvenil que potencien a criatividade, a sensibilidade,o coñecimento do pais e da sua história, e o compromiso cos valores próprios dunha sociedade democrática.
-A recuperación e promoción das festas en xeral como espazos de encontro e de disfrute pleno do espazo urbano e de festas tradicionais e populares (Antroido, San Xoan, Romerias...)como manifestacións da memória e da identidade colectiva e tmén como espazos de encontro e de expresion do espírito vivo,activo e participativo da sociedade.


Promoción e proxección de Cangas através da cultura


O governo municipal promoverá a especialización cultural de Cangas mediante o desenvolvimento de proxectos innovadores e diferenciados nos eidos do teatro, a música , o libro, a arte ou o audiovisual, proxectos dirixidos á cidadania de Cangas e da sua área de influéncia mais con unha forte potencialidade como focos de atracción de participantes doutros entornos e como foros de proxección externa da imaxe e da identidade do concello.Exemplos deste enfoque témo-los en eventos como, A Mostra de Teatro Cómico-Festiva ,o Festival de Jazz, O Salón do Libro Infantil e Xuvenil, a Feira de Artesania, o Certame de Bandas...
Ademais destes proxectos xa plenamente consolidados, o governo municipal do BNG porá en marcha propostas vinculadas á arte, á literatura, ao património cultural e natural, e á comunicación e as novas tecnoloxías. Asimesmo potenciará a programación cultural e festivo do verán como un dos eixos de promoción e dinamización económica da cidade.

A PARTICIPACIÓN NA PROGRAMACIÓN E NA XESTIÓN CULTURAL

O governo municipal do BNG impulsará a participación cidadá mediante:
-a criación de mecanismos que permitan a participación efectiva da cidadania na toma de decisións e na xestión cultural:Consello Municipal da Cultura
-O fortalecimento do tecido asociativo cultural e da sua autonomia.

Consello Municipal de Cultura

Potenciará-se o CMC como órgao de participación social na elaboración, xestión e seguimento da programación cultural do Concello.

ESPAZOS E EQUIPAMENTO PARA A CULTURA

Desde unha concepción da cultura como ben público e como património colectivo, fai-se necesário actuar a tres niveis:
-Promover a cultura nos cenários tradicionais (auditorio, casa da cultura, centros cívicos das parroquias...)
-Potenciar o uso dos espazos públicos como cenários da actividade cultural e de lecer como garantia de prevaléncia do público entendido como espacio comun da cidadania,como lugar de encontro, de comunicación e de participación.

-Promover a conservación do património culltural e natural como lugar de desenvolvimento da cultura, da educación e do lecer, garantindo o acceso ao seu coñecimento e disfrute polo conxunto da cidadania.


Centros culturais e equipamentos públicos

Auditorio e Casa da Cultura

Tanto o Auditorio como a Casa da Cultura constituen os dous principais centros culturais urbanos, nos que se desenvolverá unha parte importante da programación municipal.Como centros dinamizadores da cultura local, deben contar con recursos para atender as propostas do movemento asociativo e garantir o desenvolvemento das actividades

Centros culturais non municipais

O governo municipal fará os máximos esforzos de xestión para que os centros públicos de ensino poidan ser utilizados para fins sociais e culturais fóra do horario escolar.

Novos centros culturais

Na medida en que sexa economicamente asumíbel a sua financiación, promoverá-se a criación de espazos culturais temáticos adicados ás novas tecnoloxías, ao mundo do libro e a divulgación etnográfica.

Asimesmo o BNG seguirá a defender o proxecto de criación dun Museo na antiga Casa do Concello.

Ademais o governo municipal creará un Fondo de Material de Apoio para levar a cabo a actividade cultural: palco cuberto, proxector, pantalla, equipo de luz e son...

PROGRAMACIÓNS TEMÁTICAS

Libro e animación á leitura
O BNG desenvolverá as seguintes propostas relacionadas co libro e a leitura:
-Organización de programas específicos:potenciación de programacións especiais como os certames escolares.
-Potenciación de programacións especiais como o Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
-Cooperación con todos os sectores, nomeadamente libreiros e editores, para potenciar as actividades sobre o libro (Feiras do Libro, celebración do Día do Libro e do Día das Letras Galegas, etc...)
Promoción do teatro
Creación dun Plano municipal de promoción do teatro que ha de contemplar, entre outros, os seguintes níveis:
Formación teatral
Aínda que os destinatários preferentes sexan a povoación infantil e xuvenil, debe-se promover o traballo formativo dirixido a outros grupos xeracionais a través de asociacións contituídas (veciñais, amas de casa, ANPAS...) e de Centro de 3ª Idade.
Teatro Afeccionado
Coordenación e colaboración do Concello coa actual estrutura de teatro afeccionado existente.
O marco de relación incluirá as seguintes posibilidades de colaboración:
-Organización de cursos
-Cesión de equipos e infraestructura
-Cesión de espazos de ensaio e representación
-Apoio económico para a celebración da Mostra de Teatro Afeccionado e para o desenvolvimento de Circuitos Teatrais nas parróquias e en Concellos viciños.

Música e danza
Desenvolverá-se un programa de actuación global sobre a base da actividade e a experiencia que teñen as entidades deste ámbito:asociacións, centros educativos, Escola Municipal de Música, Conservatorio...

Este program de actuación inclúe un apartado de Formación,de Promoción (Música e danza tradicional, folk, Música clásica, Corais, Bandas de Música, Jazz...) e de Actividades de difusión (Circuítos musicais, Concertos didácticos e Programación de espectáculos musicais e de danza nos centros culturais, nas prazas e noutros recintos)

Artes plásticas e audiovisual
En relación coas artes plásticas, inserirán-se as seguintes iniciativas:
-Organización de cursos de pintura, gravado, cerámica...
-Programas didácticos de achegamento ao mundo da expresión artística dirixidos aos diferentes niveis educativos.
-Criación do programa “Arte no Morrazo” entendido como un proxecto de documentación e divulgación da obra de artistas relacionados coa nosa comarca.

Polo que atinxe ás exposicións, o governo municipal colaborará con todas as institucións e entidades públicas e privadas, co obxectivo de racionalizar ao máximo os espazos disponíbeis e mellorar as canles de promoción deste tipo de actividades.

En relación co audiovisual desenvolverán-se programacións estábeis relacionadas coa fotografía, o cine e o vídeo,organizarán-se cursos e obradoiros, exposicións, actividades de difusión cinematográfica en colaboración co Cineclube e outras entidades (ciclos temáticos,cine na rua...)

CULTURA E FESTA

O governo municipal intensificará a promoción, diversificación e difusión da programación festivo-cultural, atendendo ás características particulares de cada un dos eventos.

Ciclo de Nadal e Reis
Trata-se dunha programación cultural e festiva dirixida preferentemente aos máis pequenos que incluirá unha ampla gama de actividades na vila e nas parroquias:cinema, teatro, obradoiros, música, animación á lectura, contacontos, xogos, cabalgata...

Entroido
Promocionará-se respeitando e potenciando a sua personalidade, fomentando a participación cidadá nas actividades e procurando unha maior implicación do sector do comércio e hostelaria na sua organización e financiación.

Noite de San Xoan
Tráta-se dunha festa tradicional que debemos potenciar e consolidar ata convertí-la nun referente para o noso entorno

Programación cultural e festiva do verán
Constiue o núcleo máis potente da programación cultural e de lecer polo que é preciso apostar decididamente pola sua potenciación e promoción, presentando-a como un atractivo conxunto de eventos e festivais e realizando unha promoción de cada unha das propostas mantendo a sua identidade: Romerias,Festival de Jazz, Feira do Humor, Concertos de Verán...



URBANISMO E MEIO AMBIENTE


PLANEAMENTO URBANISTICO

O BNG comprometese a levar a Cangas por un camiño totalmente diferente ao que trae dende o 1999, camiño que saque ao noso Concello da falla de perspectivas e da desfeita urbanística e meioambiental na que se atopa;debemos acadar que Cangas sexa o referente indiscutíbel en calidade de vida e calidade urbana e que as infraestruturas e servizos sexan as que necesitamos, forzando os investimentos doutras Administracións.
Para o BNG está moi clara a importancia do PXOM neste proxecto de cambio;un PXOM que responda ás ncesidades de todo o Concello e fixe os parámetros de calidade que todos e todas desexamos para o noso futuro.
Os criterios e condicións que o BNG entende que debe satisfacer o PXOM son:

INTEGRACIÓN NA ÁREA METROPOLITANA

O Concelo de Cangas está inserido nunha Área Territorial , esta é unha realidade incuestioná bel desde o ponto de vista xeográfico, económico e social. Nengunha vila, concello nen cidade desta Área, pode afrontar as cuestións nodais da Ordenación do Territorio nen elaborar un proxecto de futuro económico, social e medioambiental por separado, sen ter en conta toda a complexa realidade terrritorial na que estamos inseridos.A sua potenciación só depende da vontade política dos governos saídos das vindeiras Eleicións e, en particular, de que governe o BNG, que é a única forza que cre neste proxecto trascendental para o noso futuro.

A maioría das infraestruturas e dos servizos poden e deben beneficiar-se desta acción mancomunada, ben porque é imposíbel facé-las por separado, ben porque se optimizan recursos actuando coordenadamente, participando todos os Concellos afectados no seu deseño e evolución futura, sen localismos esteris.
Entre estas infraestruturas e servizos teriamos:
-O saneamento da Ría de Vigo
-O subministro de água potábel
-A configuración axeitada do Mapa Escolar
-A configuración axeitada da Rede Sanitaria
-As actuacións en Potenciación Económica en todos os ámbitos e sectores.
-O sistema de Portos que dan servizo á nosa Área.
-A ubicación axeitada da actividade industrial e comercial especializada co seu sistema de Polígonos e Zonas industriais e comerciais.
-O transporte Público Urbano e de Ría...

En consecuencia o PXOM de Cangas debe recoller estes plantexamentos.

TRATAMENTO ESPECÍFICO DO RURAL

Para o futuro PXOM deberán-se analisar as características de cada parróquia e de cada un dos seus núcleos nos seus aspectos de dinámica demográfica, equipamentos, etc e, en función desta análise, definir unha ordenación própria de cada parróquia cos obxectivos de vertebrá-las, dotá-las dos equipamentos necesários e preservar e pór en valor as suas potencialidades produtivas, patrimoniais e medioambientais.

En particular, novo PXOM deberá contemplar as seguintes medidas:
-A criación dunha rede de comunicacións axeitada mediante a ampliación das actuais e/ou apertura de novos camiños, pistas e estradas, trazadas en relación ás necesidades e funcións actuais do território, e coa amplitude suficiente tanto para as necesidades actuais como par as previstas no futuro.
-A dotación de beirarruas e /ou terreos de servizos (sumidoiros, luz, teléfono, auga) naquelas zonas onde a sección transversal da rua e /ou a densidade de povoación o faga conveniente e necesário.
-A dotación de instalacións deportivas, zonas de esparcimento, casas da Cultura e/ou parroquiais, e outras instalacións de uso comunitario.
-Aproveitamento dos espazos de interese ecolóxico como espazos públicos, de actividade económica e de mellora da calidade de vida.
-A preservación,conservación,reabilitación e posta en valor do património histórico-artístico e etnográfico.
-A explotación racional dos montes, tanto comunais como privados asi como o seu uso social de esparcimento e lecer.
-O fomento do aproveitamento actual, ou futuro, do solo para actividades agrícolas, e a sua protección do deterioro medioambiental que poidese imposibilitar a sua rendabilidade.
-A dotación dos servizos básicos:água, sumidoiros, alumeado, accesos, transporte público...




PLANEAMENTO URBANÍSTICO E MEIO AMBIENTE

A forte imbricación entre urbanismo e meio ambiente debe reflectir-se no PXOM a través da definición de protección de recursos medioambientais relevantes (rios, ria, áreas de valor ecolóxico...), critérios xerais de actuación e usos (edificación adaptada ao entorno,restrición dacompatibilidade de usos, ordenanzas de todo tipo de antenas etc.), estudo pormenorizado dos usos do solo e das suas potencialidades produtivas tradicionais e futuras, etc..

ELABORACIÓN DA AXENDA 21 LOCAL
A AXENDA 21 é o instrumento de xestión, control e participación na política medioambiental máis importante de que se pode dotar a Administración Local. A sua elaboración é, polo tanto, un grande reto par aun Concello governado polo BNG, reto ao que se dedicarán todos os esforzos necesários e todos os recursos disponíbeis.
Os seus ámbitos de actuación son os seguintes: calidade urban, ciclo da água, contaminación ambiental e acústica, tratamento de residuos, espazos naturais, patrimonio eco-xeográfico, enerxia, educación ambiental...
Co obxectivo de que a Axenda 21 do Concello de Cangas teña todas as garantias de participación, osinstrumentos de xestión adecuados e afortaleza adminstrtiva que necesita para ser eficaz, a sua elaboración incluirá-se dentro do novo PXOM.

VALORACIÓN DO NOSO PATRIMONIO

O Centro Histórico

O Centro Histórico é o principal signo identificador da vila e da nosa memoria histórica,polo que merece ser tratado dun xeito específico cara a sua preservación e posta en valor.
Para conquerir este obxectivo, dende o governo municipal debemos:
-Peonalización consensuada con todas as Asociacións do Centro Histórico.
-Dotación de pavimentos e servizos repeituosos co carácter do Centro Histórico
-Eliminación de pavimentos inaxeitados como asfaltados, beirarruas de plaqueta,etc. sustituindo-os por materiais nobres como a pedra.
-Proceso de rehabilitación en progresión ascendente.
-Diversificación de usos no Centro histórico, tanto polo aumento do seu atractivo como residéncia e comércio como polas medidas que se adoptarán na limitación de locais de lecer.
-Recuperación de edificios emblemáticos.
-Soterramento do cableado nas ruas que se vaian rehabilitando e dotando de servizos.

Outro patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e etnográfico
Existen,espalladas por todo o noso território, construccións que pola sua importáncia histórica, arquitectónica, artística ou etnográfica son fundamentais para coñecermos a xénese e evolución do noso Concello.Aparte do seu valor educativo e revelador da identidade colectiva, o património pode e debe ser, debidamente utilizado, un reclamo turístico de primeira magnitude.
Conxugando estes dous factores, o BNG introducirá no novo PXOM a axeitada protección de todos estes elementos, tratará-se de protexer e pór en valor todo o noso patimónio, non só o máis tradicional:cruceiros, castros, edifícios singulares, senón tamén outras construccións como núcleos rurais conservados, construcións de certa época, determinados camiños, pontes, lavadoiros,etc.

O BNG avanzará e potenciará un Museo Etnográfico que dea a coñecer as condicións de vida e traballo do noso pasado.Dentro deste proxecto global de valorización do concello e da nosa história, cumpres seguir recurperndo e manter en activo os muiños de água e outras construcións análogas alí onde sexa posíbel.

MELLORA DA CALIDADE URBANA

A calidade do entorno urbano ou rural é un factor deterninante na calidade de vida.
Liñas de actuación
Para avanzar na consecución de espazos colectivos de máis calidade tanto no rural coma no urbano, o BNG impulsará desde o governo municipal políticas dirixidas a:
-Facilitar a mobilidade pola vila, dando preferéncia aos peóns e outras formas de utilización da rua frente ao transporte mecanizado individual.
-Mellorar até acadar níveis óptimos tanto en deseño, en mobiliário urbano,e calidade execución como no seu coidado e limpeza.
-Aplicar a Ordenanza de Ornato co obxectivo de acadar que todas as fachadas dos edifícios estexan en bo estado, limpas e coidadas.
-Avanzar no control do nível de ruido, utilizando todos os instrumentos normativos, de xestion e disciplinários necesarios para lograr estes obxectivos.
-Incrementar e protexer as zonas de uso público, convivéncia e lecer, que inciden directamente na clidade de vida e son unha necisdade urxente:prazas, ruas, parques,xardíns, equipamentos colectivos...
-Suprimir as barreiras arquitectónicas e sensoriais.
-Continuar a mellora e renovación da rede de alumeado público tanto na vila como no rural, cos criterios de aforro enerxético, eficiéncia lumínica e calidade técnica e estética.

TRATAMENTO DE INFRAESTRUCTURAS VIARIAS

-Elaboración dun Plano Director da Rede Viaria Comarcal
-Mellora e limpeza das estradas, camiños e viais.
-Apertura de novos viais e actualización do proxecto de vial de circunvalación.

EQUIPAMENTOS

O novo PXOM debe prever os instrumentos de planemento e xestión efectiva e realizábel que permita que nun prazo meio de tempo exista unha nova xeración de equipamentos comunitarios máis capaces, máis integrados e modernos que permitan dar un gran salto na calidade de vida de todos os cangueses e canguesas ( instalacións portuarias,museos,piscina,instalacións culturais e deportivas,residencia da 3ª idade...)


PLAN DE RESIDUOS SÓLIDOS

Para o BNG é básico retomar o Plan de Residuos Sólidos do Morrazo, tal como foi inicialmente concibido, baseando a xestión nos principios de reducción en orixe, recuperación e reciclaxe e adoptando como elemento básico do sistema a compostaxe dos residuos orgánicos.
Ademais de responder a unha xestión ambiental progresista e acorde coa lexislación europea, a AXENDA 21 e mesmo o Plan Nacional de Residuos Sólidos o proxecto orixinal significa para o Morrazo:

-Reducir ou cancelar a dependencia do Morrazo con respecto ao Plan SOGAMA.
-Reducir os custes do tratamennto dos residuos
-Oferecer un servizo de recollida e tratamento de maior calidade e cunha maior implicación social.

Para conquerir estes obxectivos compre realizar:

-Un estudo riguroso da situación do Complexo Medioambiental do Morrazo e das posibilidades operativas actuais.
-Introducir as melloras necesarias en maquinaria e instalacións que garantan a optimización do proceso de compostaxe,xestionando para elo novos investimentos a través de subvencións autonómicas, da Deputación ou de fondo europeos.
-Renegociar co Concello de Marín a sua adhesión ao proxecto mancomunado.
-Reiniciar campañas de información e concienciación.

O tratamento dos residuos urbanos debería complementarse coas seguintes actuacións:

-Posta en marcha de puntos limpos en cada un dos concellos para a almacenaxe e eliminación de voluminosos, metais,madeira,etc.
-Deseño dun sistema de fácil acceso para a recollida de escombros de obra par barrios e parroquias.
-Promover a posta en marcha dun vertedoiro de escombros que serva como punto de almacenaxe, selección , reciclado e eliminación dos materiais de obra.

No referido ao servizo de recollida domiciliaria, o BNG impulsará as seguintes medidas:
-Renegociar coa empresa concesionaria as condicións técnicas e económicas do servicio para propiciar unha reducción de custes e a adaptación do servicio ás determinacións do Plan de RSU do Morrazo.
-Reclamar o cumplimento estricto do prego de condicións no referido a recollida diaria, limpeza de contedores, xestion de vidro e papel-cartón etc.
-Xestionar a ampliación das rotas do servizo de recollida, esixindo da empresa que se dote dos meios técnico que lle permitan o acceso ás vivendas.

No tocante á xestión económica do servizo, o BNG propón:
-Impulsar a xestión económica mancomunada, dende os criterios de equilibrio presupostario, transparencia e corresponsabilidade Mancomunidade-Concellos.
-Promover un estudo rigoroso sobre producción de residuos e custes de tratamento que pemita a elaboración dunha ordenanza fiscal equitaviva e adecuada á nosa comarca.


ABASTECIMENTO DE ÁGUA Á POBOACIÓN

O abastecimento de água potábel é un servizo público básico que debe chegar en condicións adecuadas á povoación.Cumpre , pois, completar a rede de suministro.

Co obxectivo de incidir na necesidade de reducir o consumo de água, e facer que este sexa máis eficaz, realizarán-se campañas de motivación social.Nestas fará-se fincapé na necesidae de ter un gasto máis racional dos recursos naturais, tanto no consumo doméstico como en outros usos (rego,baño,usos recriativos...)

En canto ao control sanitário, realizarán-se campañas periódicas de control que garantan a potabilidade da água de consumo humano e a calidade das águas das fontes do concello.

SANEAMENTO

Para o BNG é unha prioridade conseguir unha solución o máis acaída posíbel ao tratamento dos resíduos líquidos, eliminando os vertidos directos aos distintos cauces sen tratamento previo.
Cumpre completar a depuración de águas residuais, logrando, a curto prazo, a conexión de todos os vertidos urbanos á depuradora.
Esixirá-se a depuración de todos os vertidos industriais que van parar á ria e aos rios sen receber o tratamento adecuado, e en moitos casos sen nengún.
-Establecerán-se campañas peródicas de control co obxectivo de detectar os vertidos incontrolados, adoptando as medidas necesárias para a sua eliminación, asi como as medidas disciplinarias ás que houber lugar.


PROGRAMA BNG
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ10-04-2008
ACORDO DE GOBERNO
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA-PSOE
ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS
PROGRAMA DE PRINCIPIOS BÁSICOS
Tódalas forzas que integran o Goberno do Concello de Cangas, Grupos Municipais de BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA-PSOE e ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS, aceptan e defenden os seguintes principios básicos coa súa conseguinte aplicación na vindeira lexislatura municipal:
1.-Un goberno municipal que recoñece os principios democráticos para acadar calquera obxectivo político. Un goberno pensando nas necesidades cotiás de tódalas e tódolos cidadáns e os seus colectivos.
2.-Un concello aberto, participativo e transparente no que o seu principal obxectivo será incrementa-la calidade de vida e o benestar social e material.
3.-Un desenvolvemento harmónico e humanizado, ben conectado ás parroquias e ó rural, primando tódolos servizos públicos: transporte, espazos verdes, prazas, centros culturais e deportivos, centros para os maiores e mocidade, bibliotecas… A tal fin implantarase unha política transparente e profesional.
4.-Aprobación dun PXOM de consenso para os cidadáns e para Cangas, sen atender intereses espúrios. Neste senso estudaranse os informes técnico-xurídicos previos da súa situación.
5.-Unha actuación sobre o medio ambiente urbano e rural, conservacionista e ó mesmo tempo xeradora de riqueza e emprego.
6.-Un concello limpo e ordenado no que disfrutaremos todos e todas, que sexa motivo de orgullo para o pobo e, ó mesmo tempo, fonte de reclamo para o sector turístico.
7.-Defensa de conservación e mellora no noso patrimonio cultural e histórico-artístico.
8.-Desenvolvemento dunha auditoria interna, de carácte económico, urbanístico e dalgunhas actuacións en materia de persoal.
9.-É decidida a aposta dos Grupos de Goberno Municipal de face-los cidadáns e cidadás protagonistas da transformación de Cangas á que todos e todas aspiramos. O Concello estará aberto para todas e todos. Potenciarase a participación cidadá e a figura de Defensor do Cidadán. Apostamos tamén por un Concello con alto dinamismo social e cultural e cunha dimensión integradora, así como un compromiso de recoñecemento das Parroquias.
10.-Potenciaremos concellerías máis activas, así como a redistribución doutras, que conxuntamente cos Consellos Sectoriais e novos organismos, conformarán un tecido de implicación e participación na actividade municipal.
COMPROMISOS DE ACORDO
1.- O Goberno Local desenvolverá unha política de ordenación territorial e planificación urbanística, destinadas ó desenvolvemento sustentable, equilibrio territorial, urbanismo racional e debida protección do ambiente, da paisaxe e do litoral. Neste senso comprometémonos a que dende o Concello adaptarémo-lo PXOM á nova lexislación, facendo unha reserva de solo para vivenda de promoción púbica, como mínimo, do 40%.
2.- O Goberno Municipal comprométese a non realizar modificacións puntuais das normas nas áreas de Massó-Salgueirón e a decidi-lo uso e clasificación do solo para esta zona no momento de aborda-lo PXOM.
3.- Partindo da consideración de que os Convenios Urbanístico de Massó e Aldán están anulados, o Goberno Municipal oponse á instalación do porto deportivo tal como está plantexado pola Autoridade Portuaria. O PXOM definirá os usos e clasificacións do solo nesta zona.
4.- O Goberno Municipal comprométese a pular por acadar unha Área de Hospitalización Comarcal, dotación dun Centro de Especialidades e dun Equipamento Hospitalario que conte con ciruxía ambulatoria, unidade de curta estancia e área de hospitalización para enfermos crónicos.
Ó mesmo tempo apostaremos pola pertenza a un Hospital Público de referenza.
5.- Apoio institucional á reclamación dos montes en man común por parte da veciñanza de Aldán.

RESPONSABILIDADES
ALCALDÍA: Bloque Nacionalista Galego

1ª TENENCIA DE ALCALDÍA: Partido Socialista de Galicia-PSOE
2ª TENENCIA DE ALCALDÍA: Alternativa Canguesa de Esquerdas
3ª TENENCIA DE ALCALDÍA: Bloque Nacionalista Galego
ÁREAS DE GOBERNO E RESPONSABILIDADES

ALCALDÍA
Bloque Nacionalista Galego

OBRAS, SERVIZOS e SANIDADE
Partido Socialista de Galicia-PSOE

URBANISMO e VIVENDA
Alternativa Canguesa de Esquerdas

IGUALDADE e BENESTAR
Bloque Nacionalista Galego

DEPORTES
Partido Socialista de Galicia-PSOE

DESENVOLVEMENTO LOCAL e PROMOCIÓN ECONÓMICA
Bloque Nacionalista Galego

TRÁFICO e SEGURIDADE
Partido Socialista de Galicia-PSOE

MEDIO AMBIENTE, MAR e TRANSPORTE
Partido Socialista de Galicia-PSOE

CULTURA e EDUCACIÓN
Alternativa Canguesa de Esquerdas

TURISMO
Bloque Nacionalista Galego

PERSOAL e RÉXIME INTERIOR
Alternativa Canguesa de Esquerdas

FACENDA e PATRIMONIO
Bloque Nacionalista Galego

XUVENTUDE e VOLUNTARIADO
Bloque Nacionalista Galego
PLENO ORDINARIO:
Periodicidade: mensual
Día e Hora: último venres de cada mes ás 20:00 horas.
XUNTA LOCAL DE GOBERNO:
• Estará composta por 7 membros + Alcaldía: dous polo Bloque Nacionalista Galego, tres polo Partido Socialista de Galicia-PSOE e dous pola Alternativa Canguesa de Esquerdas.
• Día e Hora: os martes ás 20:00 horas.
COMISIÓNS INFORMATIVAS
Constituiranse 7 Comisións Informativas, compostas cada unha delas 11 membros e distribuídas por Organización Política do seguinte xeito:
• PARTIDO POPULAR: 4 membros
• BLOQUE NACIONALISTA GALEGO: 3 membros
• PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA-PSOE: 2 membros
• ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS: 2 membros
DENOMINACIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS
1.- OBRAS, SERVIZOS, SANIDADE, MEDIO AMBIENTE e MAR.
2.- FACENDA, DESENVOLVEMENTO LOCAL e TURISMO.
3.- IGUALDADE, BENESTAR e MOCIDADE.
4.- PERSOAL, RÉXIME INTERIOR, TRÁFICO e SEGURIDADE.
5.- CULTURA, DEPORTE e EDUCACIÓN.
6.- URBANISMO e VIVENDA.
7.- COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS.

COORDENACIÓN E CORRESPONSABILIDADE NA ACCIÓN DE GOBERNO
1.- Os concelleiros/as delegados/as gozarán de plena autonomía na xestión das súas competencias, sempre baixo a supervisión da Alcaldía que dirixe o Goberno e a Administración Municipal.
2.- Calquera modificación do organigrama establecido no Pacto, que supoña a reasignación ou atribución de delegacións dunha forza a outra deberá ser tratada e valorada no consenso das tres forzas políticas asinantes do pacto.
3.- A fin de coordenar e consensua-las propostas do Equipo de Goberno, a Alcaldía, xuntamente coas portavocías dos tres Grupos Políticos, establecerá os mecanismos de valoración e seguimento da acción municipal.
4.- As forzas políticas asinantes do presente acordo comprométense diante da cidadanía de Cangas a non establecer acordos ou pactos con outras formacións á marxe deste, a asumir con lealdade e corresponsabilidade as decisións emanadas dos órganos de goberno deste Concello, así como de face-los esforzos necesarios para mante-la unidade de acción nun goberno progresista.

Os abaixo asinantes en nome e representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG), do Grupo Municipal do Partido Socialista de Galicia-PSOE (PsdeG-PSOE) e do Grupo Municipal da Alternativa Cangueira de Esquerdas (ACE) asumímo-lo presente ACORDO en Cangas, a 15 de xuño de 2007.

Clara Millán González Héctor Otero Paredes Mariano Abalo Costa
BNG PsdeG-PSOE ACE


ACORDO DE GOBERNO
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ10-04-2008
aqui tamén hai muito blablabla..
Quen ten o programa do PSdeG-PSOE en Cangas?
f.e.
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ10-04-2008
"bla bla bla e ti que fas e que dis. o que di este de arrib non non e serto ou que", que susceptible. jajajajajaja O de bla, bla, bla, amigo, vai por todos non polo de arriba que a ese con chama-la atención xa lle chega, aquí polo xeral todo o mundo "raja" pero logo a hora da verdade, non fai máis que raña-los huevos. O que fago eu seino eu, e namais.
"De qué falas Z? A xente normalmente ten o seu traballo", e que pasa que non hai persoas no Foro que traballan e fan un esforzo que nin os cans? Iso é unha escusa barata.
Con H de hostia
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ10-04-2008
Neno vai outro pouquiño de relax que se che mira un pouco estresao he. A realidade é a que é, agora a ver que podemos facer os de a pé para que non nos jodan o salgueirón
CON O DE HOSTIÓN
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ10-04-2008
O que ti dighas, pero o que "podemos facer os de a pé" está ben claro, ir ó Salgueirón e deixarse de ir de salvapatrias, que hai moito bocazas.
Zutabe
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ10-04-2008


hostia. (Del lat. hostia). f. Hoja redonda y delgada de pan ácimo, que se consagra en la misa y con la que se comulga. || 2. Cosa que se ofrece en sacrificio. || 3. vulg. malson. Golpe, trastazo, bofetada. || mala ~. f. vulg. malson. Mala intención. || a toda ~. loc. adv. vulg. malson. A toda velocidad. || de la ~. loc. adj. vulg. malson. Muy grande o extraordinario. Se ha comprado un coche de la hostia. || hostia, u hostias. interjs. vulgs. Denotan sorpresa, asombro, admiración, etc. || la ~. loc. adv. vulg. malson. la leche. || ser alguien o algo la ~. fr. vulg. Ser extraordinario.

AGORA SEN H
ostra. (Del lat. ostrĕa). f. ostra.

E agora eu, polo que vexo cando o "ilustrado" di mentiras, os borregos din "beeeeee"
E cando alguén que non e o "ilustrado" di verdades demostrables, os borregos quérenlle trabar.
Pois este eu problema que temos co salgueirón, que se adueñaron da loita os revolucionarios do chiquito ribeiro, e así nos vai.
EL CAMPESINO
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ10-04-2008
certamente Campesino, ese é o problema engadido que temos co Salgueirón, e así nos vai.
F%-
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ11-04-2008
Que mentiras? que te convenceron para que votaras que? jajajajajajajajajajajajajajajajajaja Que andaban a pintar un golfiño? si que vas moito por Massó, non fisgón? Anda segue a raña-los ghuevos tras do ordenador, palanquín.
Laura Ingels
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ11-04-2008
Laura Ingels? teño moi claro que ti de muller non tes nada, hai que ser moi intelixente para ser muller. Ti tan so ergs un asqueroso covarde, e si non estas de acordo, propóñoche o seguinte, eu teño amigos que se poden entrevistar con amigos teus (si tes algún, que o dubido) E DESPOIS DE FACER AS COMPROBACIÓNS NECESARIAS, de que ti ergs quen firma como Laura Ingels i eu que son EL CAMPESINO, podémonos entrevistar a solas, sen testemuñas ti mais eu, e logo un de nos voltara a casa polo seu pe, éo outro a providencia dirá. Si non aceptas ergs un covarde e así te vou tratar a partir de agora. COVARDE
EL CAMPESINO
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ11-04-2008
Esta semana nas súas pantallas... Duelo al sol! jajajajaja Que mentiras Jhon Wayne? Covarde é aquel que fala, fala, fala, volve a falar, minte, e minte outra vez, sen poder demostrar o que di. "Ergs", outra homenaxe a Bono? jajajajajaja. Os meus amigos non están para as túas chorradas friki, que deveces por coñecerme? non me extrana co triste que debe se-la túa vida... Outra cousiña, acepto encantada papán, como vai se-lo duelo, teño que ir a cabalo?.
Laura Ingels
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ11-04-2008
E para as túas manías persecutorias mellor pasamos á segunda páxina que a xente non esta aquí para os teus desvaríos, pesao! Ou queres que o foro sexa a túa telenovela particular?
Pasión de ghavilanes
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ11-04-2008
Primeiro Laura Ingels, es un asco es tan miserable que te ocultas ante un nome de muller, non escapes, covarde asqueroso, miserable, rastrexo, despoxo da sociedade, estou a falar en serio, non soporto aos miserables, disfruto con eliminar a escoira da sociedade, es un despoxo humano, moitos se enfrontan a min, pero con argumentos, e cando non os comparto, discrepo pero con respecto, pero ti es unha basura un covarde que desexo eliminar desta sociedade, e eliminando as basuras e covardes coma ti, o mundo pouco a pouco será mellor, estou a falar en serio COVARDE, QUERO QUE RENDAS POLAS OFENSAS FEITAS,covarde asqueroso enfróntate a min de home a home e si non cala e escóndete como a alimaña que es. (miserable o de "ergs" ten un sentido que ti pola túa incapacidade mental es incapaz de entender) COVARDE aceita o recto e se un home por unha vez na túa asquerosa vida, tes a oportunidade de rematar con un chisco de dignidade. BASURA.
EL CAMPESINO
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ11-04-2008
Xa che dixen que na segunda páxina que a xente non ten porque aguantar as túas frustracións!
EL PROTAGHONISTA
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ11-04-2008
Dáme a impresión de que aquí hai UN auténtico profesional no arte de desviar a atención sobre o tema en cuestión.
Por qué os partidos non cumpren nin os seus programas nin os seus acordos?
fraude electoral
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ11-04-2008
¿ir ó Salgueirón e deixarse de ir de Salvapatrias? ¿con iso garantimos que non se regale o Salgueirón? ¿quédaste tí tranquiliño so con facer iso? é importante pero penso que non suficiente. ¿Algunha suxerencia máis para os de a pé?
E outra cousiña, o de salvapatrias vaiche que nin pintao que sempre estás a botar por fora de canto fas ti pero non especificas exactamente en qué consisten as túas fazañas, Robin, guapo.
Con R de Zutabe
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ11-04-2008
En primeiro lugar nós só escribimos como Zutabe non como "Z de Zutabe", co que non discordamos de todo, así que as vosas chorradas pásamonolas polo forro dos collóns.
Que ir o Salgueirón non é suficiente? Aaaaa, entón porque se leva dous anos alí? Por ghusto? jajajajajaja, se non fose por estar a para-las obras directamente iso xa estaba feito ghuapetón, que aquí o que prima é a política de feitos consumados! E quen está alí Superman ou xente de a pé? Escusas de mal paghador chámaselle a iso!
Que que máis se fai? Pois tódalas medidas legais tomadas, partiron do Foro e ACE ou a FPG no seu momento, salvapatrias!, iso é o que se fai! Amais de que hai máis de un encausado, e aposto os collóns a que ti non estás no medio.
A que ti te refires a ir a manifestarte dous días e quedar de super radikal? Pois ti tranquiliño que xa volven as mobilizacións, polo de pronto xa hai unha en Vigo. Repito a xente que vai a Massó tamén traballa e ten cousas que facer coma ti, que non fas máis que esbardallar! Tódolos xoves hai reunión do Foro, pero curiosamente alí só está o Foro, e vós que tan interesados estades... jajajajajajajaja Pódese saber cando botamos por fóra do que facemos ou non? Iso dásevos mellor a algúns, nós o que facemos facémolo por convencemento non para quedar de superghuais cos amigos. Sabes que podes facer? Comprar un autocolante do Foro, que vale 50 céntimos ou a vontade, tamén hai unha conta para donativos; que as multas hai que paghalas! e así xa fa-lo teu bo acto do día, logo segues a largar.
Zutabe
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ11-04-2008
Pero bueno chaval, de onde sacas ti que os que discrepamos con vos non somos do foro.Precisamente unha das cousas coas que non estamos de acordo e conque vos con unha significación política moi clara, estades a dominar o "FORO" E XA ESTAMOS HASTA OS GHUEVOS DE VOS. Estades a dominar descaradamente ao foro, ou pasades a segundo plano, ou irémonos pouco a pouco desligándonos xa que non estamos dispostos a que se nos manipule politicamente como ata agora.
Mira rapaz non che contesto ao demais, porque ti mesmo te califícas.
A propósito de onde sacas ti que hai representación do partido TERRA GALEGA en Cangas. TI ou es tonto ou entrenas para gañar o concurso, mentres o teu xefe se organiza para a mordida. (coma sempre presuntamente).
A joderse tocan.
EL CAMPESINO
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ12-04-2008
E a rifa pra cando?
ddddde
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ12-04-2008
Pregúntalle a EL CAMPESINO, que non ves que é un fervoroso activista do Foro, tenno que saber por collóns, non si? Jajajajajajajaja
La vida es una tombola, tom, tom, tómbola...
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ12-04-2008
Tal como dicías noutra: "SI NON CHE GUSTA O QUE ESCRIBO, NON O LEAS E "PASA".
Subscribimos as túas palabras e non é que non nos gusten e que nos abuuuuuuuuuuuuuuurrren.
A chupala miña flower! jajajajajajajjajaja
Zutabe
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ12-04-2008
Estaba cantado, non se expropia Massó, pero quedamos ben.
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008041100_18_215386__OMorrazo-gobierno-recurre-credito-venta-parcelas-para-lograr-millones-inversion
Seguimos teimando un pouquiño mais, non sea que nos boten a gorrazos.

Corrupción en MIAMI en versión Canguesa?
EL CAMPESINO
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ12-04-2008
MIAMI VICE

THE CANGAS CONNECTION
EL CAMPESINO
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ14-04-2008
e si sodes tan estupendos Zutabe e El Campesino, activistas do Foro que te cagas por la pernecha, contádenos que vai pasar QUE VAI FACER URBANISMO E O CONCELLO PARA PARAR ESTA DESFEITA
DEIXÁDEVOS DE MAMONADAS
RE: TEORÍAS SOBRE MASSÓ14-04-2008
Se tanto che interesa tes reunións do Foro tódolos xoves, que o que non se entera é porque non quere, e do Concello, pois vas ós plenos e acabas antes.
Zutabe
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados