Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
essay about why i didnt do my homework now
Indispensables
Donde ...
Guia
URBANISMO PARTICIPATIVO08-04-2008
A LOUGA, (artigo 4 : velar para que a actividade urbanística se desenrole promovendo a máis ampla participación social, garantindo os dereitos de información e iniciativa dos particulares, e asegurando en todo caso a participación dos cidadáns e as asociacións por estes constituídas para a defensa dos seus intereses e valores), os programas dos partidos, o acordo de goberno asinado en Cangas (Un concello aberto, participativo e transparente../Potenciarase a participación cidadán...), dan a impresión que van por un lado e a realidade por outro.
A interesante idea, presente no programa do BNG, de desenrolar a Axenda Local 21, que podería poñer en discusión pública todo o relativo á preservación do medio ambiente e da calidade de vida, case un ano despois das eleccións, parece que non foi máis que algo que no programa quedaba moi ben.
Houbo unha xuntanza do Consello Sectorial de Urbanismo, no que se solicitaron suxerencias das asociacións antes do 15 de decembro, coa idea de que Consultora Galega elaborara un preavance para expoñer de novo diante do Consello sectorial antes da elaboración do avance definitivo. Non se escoita falar de ese preavance, nin hai acceso á acta daquela xuntanza, nin hai convocada outra. Máis ben, a prensa anda a remexer na auga como se non lle gustase que baixara limpa. A páxina da ACE desapareceu e as do PSOE e BNG non existen.
As discusións (e os insultos, iso semella inevitable) parece que só caben no DelMorrazo, nos plenos non se trata muito do tema e só porque os do Foro Social o meten en rogos e preguntas. Non é o tema clave para o futuro de Cangas? Non podería haber unha web na que se fora mostrando todo para que os Poubas, Velázquez, Rodeiriñas, Puentes e Calzadas, Juan Lago etc, etc, non foran metendo a culler por detrás?
666


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: URBANISMO PARTICIPATIVO08-04-2008
Totalmente dacordo. Información e participación cidadá.
morrazo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados