Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
creative writing essays about belonging
Indispensables
Donde ...
Guia
DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA08-04-2008
Bravo, bravo bravo polo sr Millán, bueno e o sr Euloxia non estivo mal. Pero ver como se lle deixou falar a toda a xente e o PP ata o final despois das barbaridades que se dixeron (sen educación en moitos momentos) ten un valor engadido, pero o mellor foi ver como cando lle tocou o turno de falar a Millán a gran maioría dos peperos marcharon, berrando por suposto, mentres o noso alcalde seguía falando e dando unha lección de democracia. Señores do PP a ver se vos metedes no coco que en Moaña estades mais sos que nunca. E agora que será o proximo????
O SINIOR AFRANIO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA08-04-2008
O do Sr. Euloxio foi un guiño o Sr. Millan, que busca plaza para as proximas eleccions, pois o seu "partido" ten os dias xa contados.
Por outro lado, o comportamento da xente claro que foi exemplar, pois se quen estivera gobernando fora o PP, estou mais que convencido que isto non remataría asi, pois os bloqueiros xa terían reventado o pleno. Quen de verdade deu exemplo de democracia e de dialogo foron as persoas que se foron, xa que non estaban de acordo co que ali se acordaba.
Morrazo
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA08-04-2008
Ha,ha,ha,ha...Morrazo, non tes remedio. Antes verémoste a ti dicindo algo con sentido que a Euloxio no BNG ou PSOE.Mira que es terquiño.Como analista político non tes prezo. No tocante ó pleno de onte non creo que o comportamento da xente fose exemplar. En canto comezou o alcalde a falar liscaron máis da metade...ese é o seu carácter democrático? Como van ter unha idea do asunto catastral se se negan a escoitar a todas as partes? Aquí escoitamos o que nos convén.
valery lobanovsky
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA08-04-2008
Totalmente de acordo co valery, ¿a que forron? a escoitar o monólogo do rachador? , aquilo foi un circo, pasaron 20 a soltar as tonterías de turno, e o final, cando o alcalde ía dar a version do goberno, van e marchan . Claro so lles vale a versión da súa parte, senón igual se termina o lio, e non lle compensa deixar de sair nos medios ó señor Fervenza.
Pois nada. Agora a ver que pasa.
Clarom
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA08-04-2008
exemplo de dialogo e democracia, despois de falar e dar a túa versión, levantarse e irse, ha, ha, ha, viva a razón
Pedreira
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA08-04-2008
Dende logo hai que darlle a razón a aquel refrán castelán que dí "no hay mayor sordo que el que no quiere escuchar". ¿Quén non quere escoitar? Pois os que só escoitan o que lles interesa e non escoitar á parte contraria, érguense dos seus asientos e se van... Certamente unha actitude moi democrática... non vaia a ser que os outros teñan un chisquiño de verdade e empecen a xurdir dúbidas na conciencia... (que sí, que a teñen... aínda que por desgracia manipulada... si é que iso de "la verdad os hará libres..." é máis profundo do que pensamos...)
Eu son o que son
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA08-04-2008
Polo menos, tiveron a consideración de levantarse, marchar e deixar falar o alcalde. Dende logo si foran outros que estivernan na oposicion de seguro que terian "reventado" o pleno.
En referencia o Sr. Euloxio, que se retire que non ten remedio, xa pasou a historia de Moaña...
Morrazo
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA08-04-2008
Os outros tempos xa foron, e estes son os que son. Agora que deixen tranquila a xente e que s epoñana a arreglar as chanchulladas catastrais que teñen, pero o concello que non pague un duro, e as que lle meten casa d emenos, pois que lle metan o que ten realmente e que pague polo que ten, que algunha tan lista é que lle cobran de menos e ainda protesta que é culpa do Alcalde.
Tobe
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA08-04-2008
quero expresar a miña condicion de propietario dun piso en moaña, cunha cuota catastral de 100 euros ano. Pois ben despois de escoitar a xente que ten casas con terreos pagando a metade ca min....non me parece xusto....
esta claro que a revision e necesaria,eso si debense poñer mais medios para corrixir os erros existentes...
Quixera felicitar a Euloxio e a Inmo pola sua intervencion clarificadora da situacion ,inapelable por parte de ningun grupo e moi facil de entender a xente de a pé coma min.
Sen dúbida independentemente do seu voto(bng e psoe non merecen o seu voto en todala lexislatura) agradezolle a sua intervencion.
un saudo.
UN DO ROSAL
DEMOSTRACION DE SORDEIRA EN MOAÑA08-04-2008
Onte en Moaña quedou clara a incapacidade do mal chamado "alcalde" para escoitar os veciños.
Sabemos ben a capacidade dos partidarios seus para manipular a xente pero onte si foi un bo dia porque a xente agora sabe a manada do bloquiño e do psoiño que ai no axuntamento e canto toquen as eleccions pagaredes en votos o abuso o pobo de Moaña.
E para que o sepan o "alcaldillo" por chamarlle moito e os seus complices, a democracia e o poder do pobo.
Os que ata o de agora votamos esquerdas en Moaña, non queremos radicais nen prepotentes no axuntamento que pasan a palabra do pobo por onde lles peta, nen bloqueiros que queren a subida dos impostos do pobo.
Tempo o tempo.
Agora podedes seguir manipulando, e enganando, pero a xente que estivo onte no pleno e a que leu o faro de vigo de hoxe vera que os feitos son outros e que non queremos este "alcadillo" en Moaña.
Recordade ca todo porco lle chega o seu san martin.
Adeus e que o pasedes ben, porque xa me fartei de ler as vosas invencions, saudos desde Galicia España porque inda que vos non queirades e asi.
E cando sexan as elecions recordade o que fixestedes o pobo de Moaña, porque bloquiño e psoiño no axuntamento nunca mais.
Non a Manipulacion do acontecido no pleno
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA09-04-2008
Joer, hai algún por aquí que non mirou a graduación do viño antes de bebelo. Manipular? Quen? O Goberno ou a oposición? Porque o PP é un experto na materia, o único que está manipulando á xente e emporcando a vila cos seus panfletos ( seica que con poñer un nunha marquesiña non lles chega que a teñen que encher toda) e Fervenza e compañía. O dito, defendedes o indefendible. Así vos vai.
valery lobanovsky
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA09-04-2008
si estubieran los del pp gobernando ya estaban los antitisturbio a oxtias con la peña
hoy
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA09-04-2008
Decirlle o Sr. Alcalde que ata aqui chegamos. O meu voto no levan mais. Sintome o igual que moitos veciños e partidarios do BNG enganados e estafados, esta actitude que se esta a tomar non e nin moito menos a dun politico de esquerdas, isto se esta a convertir nunha dictadura pura e dura.
E o que nos faltaba a estas alturas é que o Sr. Euloxio viñera a votarlle a man por riba do lombo o Sr. alcalde. Que os movementos xa se ven vir de lonxe...
Moaña
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA09-04-2008
Estiven no pabellon, e penso coma vos, o meu voto non o levan mais, xamais pensei que bloque e psoe fixeran isto cos moañeses visto o visto e mellor o fervenza pois polo menos esta co pobo.
E unha vergoña, que conten cun voto menos.
Vilela
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA09-04-2008
Sí coma se vós votarades algunha vez polo BNG ou PSOE. É un bó xeito de manipular. A quen queredes enganar? Que Fervenza está co pobo? Fervenza está cos seus intereses. Ou se el fose alcalde ía botar atrás unha orde estatal levada adiante polo seu querido Cristóbal Montoro e o seu ídolo Aznar? Hai que ter cara.
valery lobanovsky
O PP FOI O UNICO QUE DIXO NON O CATASTRAZO ISO SI QUE VALE09-04-2008
Moañeses coidado, segun o bloque e o psoe hai unha orde estatal de madri so pos de moaña para que paguemos mais.
¿ou sera que o alcalde do bloque xunto cos do psoe queren recaudar mais, e os demais concellos que non lles afecta?
O pp defendeu os veciños no pleno dicindo non o catastrazo, e por iso señor fervenza do partido popular conte co meu voto, xente asi e a que fai falta en Moaña que nos defenda.
Veciño
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA09-04-2008
A verdad é que non saibas que a revisión catastral se fai en todas partes deste pais, e que ademáis é competencia do goberno... podo entendelo, entra dentro da normalidade. O de que imos pagar máis que noutras partes... en fin que se despois de todo o que se dixo (creo que ti seguiche o asunto en directo, non?)... en fin...
Que no no saiba o sr. Fervenza e máis os seus "servicios xurídicos" eso si que me parece lamentable... ou cínico (se o saben, que me parece que os tiros van máis desta banda)
Alucinado co comentario que me precede
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA09-04-2008
Vamos ver aprendices de fachas, vos o outro día non fochedes o pavillón de Reibón ou que? Queriades pleno en Reibón e o tivéchedes, Iso o faría o PP algún día????? Noooon creo, pero o máis cachondo é que só escoitachedes o que quisechedes escoitar, ou sexa, cando empezaron a falar BNG INMO PSOE vos levantáchedes e listo, ou sexa non queredes atender a explicacións, ibueno iso sería moito pedir a dereita. Cando vos meteredes na mollera que isto é unha democracia e que os vosos tempos ditatoriais xa pasaron. E outra cousa, no pavillón seríades sobre 800 persoas dos vosos ¿cantos votantes ten o PP de Moaña? E cantos ten a esquerda? reflexionade por quevos si que sodes unha minoría , alterada pero minoría. E a ver se aprendedes a manifestarvos, por que se so sodes capaces de reunir esa xente apaga e vámonos. E cuidadín por que a esquerda de Moaña está tendo moita paciencia con vos que vben sabedes que se temos que sair a rúa vos dobramos en número, ou sexa que calma e bos alimentos que vos quedan moitísimos anos na oposición, o menos que queirades dar un golpe de estado como no 36 que gañas non vos faltan. SAUDE E TERRA COMPAÑEIROS DA ESQUERDA
O SINIOR AFRANIO
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA09-04-2008
POis vos, fachitas, destes coa solución, ¿falades de democracia e elegancia política? pois dade exemplo, faltan tres aniños para que "deixedes de votar" a esquerda, daquela, no 2011, exercede o dereito o voto consecuentemente, nin o alcalde nin ninguén volo vai impedir. Non sei que é o que vos molesta, se vos "favorece" todo, canto mais follóns mais posibilidades de que o "cacique maior" chegue a alcalde e a poñer orde no concello. Pero cumpride as reglas que vos queredes facer respetar ¿vontade do pobo de Moaña?, se a vontade do PObo de MOaña fose que gobernase o PP, hai 1 ano sacaría polo menos 9 concelleiros, iso non o respetades, sacou 7, so 7, iso foi a vontade do pobo de mOaña, pero... agora queredes que 7 manden mais ca 10 (como pasou durante o periodo escuro, no que 1 mandou mais ca nadie).
POis ben, se tan buenas personas sodes, deixade que o goberno o faga ben ou mal, e dentro de 4 anos, na campaña podedes despotricar o que quirades. Iso si, cabe esperar tamen que a cousa non sexa tan doada, claro, o temor está en que en tres anos a cousa pode ir demasiado ben para MOaña, e non interesa nas filas peperianas, porque daquela xa nin diputado nin nada, e no lugar de 7 igual sacades 4.
Como dixo o Palito "se levanta a cabeza FRanco... que ben nos viña".
Bueno, pero como sei que nas molleras non vos colle a idea seguiredes "democraticamente" boicoteando plenos e comisións, e molestando o s veciños, polo ben dos millonarios e pensionistas capitalistas, e os de esquerdas, como somos comunistas e roxos (termos que non se usaban dende o finado paquiño en tono despectivo) somos os que lle queremos roubar o capital ós ricos.

Bueno, supoño que contínua o circo.
PD: Moi democrático tamen o detallazo, pidese un pleno no pabillon para escoitar a version do alcalde, para ver que opina a corporacion sobre unha moción, e xusto cando ía comezar a falar o Alcalde os interesados liscan despaboridos, non fose a ser que se enterasen de algo que non interesa, iso é espiritu democrático. Fromas de entenderlo supoño.
Calquera un
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA10-04-2008
Viva a Democracia do PP. Xa se celebrou o Pleno que querían, xa se abriron as portas do concello de novo, xa se intentaron reanudar as comisións informativas, pero todo quedou no intento, porque os "pacíficos" reventaron a comisión con cantos, gritos e sobre todo moitos insultos de todo tipo. Ata cando vamos a admitir que estes fascistas reventen a convivencia democrática, non será hora que a sociedade progresiste nos movilicemos en defensa das institucións e da legalidade democrática, e que desenmascaremos a estes que o seu íntimo desexo e dpoder volver os "paseos"
Mao
RE: DEMOSTRACION DE DEMOCRACIA EN MOAÑA10-04-2008
A verdade que estamos a dar pena en Moaña. O BNG está a convertir un problema do pobo nun circo politico. Vos pensades que a inmensa maioria dos votantes e simpatizantes do Bng está de acordo co catastrazo?. Eu estou mais que convencido que ninguen está de acordo, o problema e que teñen medo a manifestarse por non perxudicar o seu partido.
Estamos totalmente de acordo en que hai que regularizar o catastro en Moaña, o que non concordamos e da maneira que se están a fazer as cousas, impoñendo a lei do mais forte, e sin ter en conta a palabra do pobo de Moaña.
Sr. Millan, teña moito coidado co que está a fazer, pois o "pobo é sabio", y el que las hace las paga...
Morrazo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados