DO IMPOSTO POLA ENTRADA DE VEHíCULOS A TRAVES DE BEIRARRúAS.
01-11-2005
Do imposto pola entrada de vehículos a traves de beirarrúas.
Dende a AAVV de Meira queremos facer as seguintes consideracións acerca do imposto pola entrada de vehículos que ten o padrón en revisión nestes momentos.
Pensamos que é un imposto totalmente discriminatorio, que grava a aqueles veciños que -vivindo nas rúas principales do concello-, queren ter ordenado o acceso dos vehículos os garaxes, polos cales pagamos o correspondente IBI.
Destacar a penosa situación – en xeral- das beirarrúas da nosa parroquia.
Lembrar as cesións ou expropiacións feitas para conseguir os terreos para construir as beirarrúas, ou mesmo de onde sairon os cartos para construilas.
Destacar que o pago deste imposto non leva aparellado a instalación do vado.
Preguntar que pasa cos coches que estan “vivindo” nos recunchos que quedan entre as beirarrúas e os limites das propiedades.
Por todo isto temos que pedirlle o Sr. Alcalde a retirada do imposto pola entrada de vehículos, para o cal presentaremos a oportuna reclamación.