Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://assignment-expert.com/weird-short-stories-creative-writing/
Indispensables
Donde ...
Guia
O POBO é SABIO28-03-2008
Facía tempo que non viña por aquí e hoxe din un repaso e vin que hai quen utiliza como argumento inapelable o tópico de que "o pobo é sabio".
1983 Moaña sale dun goberno de coalición Bloque- Unidade Galega que deu moi bo resultado, o pobo dalle a maioría absoluta ó Bloque e anula a Unidade Galega que fora quen fixera o maior esforzo de xestión nos catro anos. Comenza o afundimento de Moaña coa maioría do Bloque, afundimento que seguirá cos gobernos do Psoe para acabar de rematala nun soberbio acto de sabuduriá popular co goberno Bng-Psoe de 1995 a 1999 (por certo un goberno especialmente desastroso, un camiño que está seguindo o actual).
Hai exemplos desa nefasta sabiduría popular no noso entorno, ou, indo un pouco máis alá, nas sucesivas maiorías absolutas de Fraga ou no máximo alarde de sabiduría popular que foi a elección democrática de Hitler.
Silencio


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O POBO é SABIO28-03-2008
Xa apareceu o sabiote do silencio. Non sei se o pobo é sabio pero nunha democracia é soberano. Se non che gusta a democracia (a nosa é imperfecta e podíase mellorar) vaite pa cuba que che vai gustar moito. Esas ideas que asoman son un pouco antidemócratas. As decisións do pobo poden ser idiotas para ti e para min, ou moi boas pero sexan como sexan hai q respetalas.
silencio roto
RE: O POBO é SABIO28-03-2008
Vaia comparacion nos fas amigo, Hitler co alcalde, pois si que tes ti idea de carallo. Pa dicir tonterias mellor non digas nada. no merece nin ler esta trapallada tua. Por certo da maioría do PP non dis nada? porque esa si que foiche das boas
Omed
RE: O POBO é SABIO30-03-2008
Home SILENCIO eu non estou seguro porque 1983 quedame moi lonxe, pero tiña entendido, (creo que hai un artigo na voz que falaba do tema,) que nese ano Mendez puido ser alcalde de Moaña, e por un pacto a nivel de galiza o seu partido non gobernou Moaña. Xa digo que falo de oidas. Se alguén mo podese aclarar agradeceríallo.
Pero o que se refire en comparar a Hitler co Alcalde creo que é totalmente desafortunada porque en físico pero sobor de todo en actitudes aseméllase máis ó teu lider Cósmico: Ansar, podes leer algúns artigos de cando era mozo e a verdade e que é flipante ver defender á Constitución a un home que cando xoven e xa militante de AP (actual PP) criticaba furibundamente a Constitución, cando agora parecía que era invento deles. En fin... sen palavras
veciño
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados