Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Click Here
Indispensables
Donde ...
Guia
A GARDA CIVIL TOMARá OS DATOS AOS COCHES QUE LEVEN AUTOCOLANTES GZ27-03-2008
A Garda Civil tomará os datos aos coches que leven autocolantes GZ
[GZnación / Redacción / 26 Mar 08]
A Garda Civil recibiu polo menos un curso de formación no que se relacionaría aos condutores dos automóbiles con autocolantes GZ ou ‘Denantes mortos que escravos’ co ‘Movimiento de Liberación Nacional Gallego’. A plataforma 'Movemento polos Dereitos Civís' tivo acceso a este documento interno da forza de seguridade, o cal foi remitido a este xornal.

Este colectivo asegura que en tales documentos, propios de polo menos un curso de formación interna, relaciónase ‘MOVIMENTO DE LIBERACION NACIONAL GALEGO’ á Coordenadora de Asambleas de Estudantes da USC, a Galiza non se Vende, a PRES.O.S., ou a A Marcha Mundial De Mulleres, entre outros colectivos.

Devandito curso, sempre segundo as informacións facilitadas por este colectivo en defensa das liberdades no noso país, tería sido impartido na provincia de Pontevedra. No mesmo, a Garda Civil tería feito especial fincapé no que consideran “o segundo maior problema de terrorismo do España” e que centran nas siglas ‘MLNG’ (como remitimos, ‘Movimiento de Liberación Nacional Gallego’).

O informe

Na primeira páxina destes documentos de formación para os axentes despregados no territorio de Galiza aparece un autocolante GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella no centro ou mesmo o escudo deseñado por Castelao coa frase ‘Denantes mortos que escravos’ como elementos propios dese MLNG. É dicir, que nesta primeira páxina do documento existe, para os ‘investigadores policiais’ unha vinculación real entre a xente que leva nos seus automóbiles estes autocolantes co feito de pertencer a esa entidade á que fan referencia unha e outra vez coo MLNG.

Noutras partes do devandito informe de instrución, a Garda Civil considera campos de actuación do MLNG a colectivos feministas, ecoloxistas, de estudantes, partidos políticos e mesmo sindicatos.

Relación de vinculacións entre o MNLG e colectivos (segundo a GC):

- PRE.S.O.S
- CEIVAR
- AMI,
- BRIGA
- ADIANTE
- COORDINADORA DE ASEMBLEAS DE ESTUDANTES DA USC
- AGIR
- GREI
- EI
- NOS-UP
- FPG
- CUT
- GALIZA NON SE VENDE
- MULLERES NACIONALISTAS GALEGAS
- MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
- FAZENDO MEMORIA HISTÓRICA
- AGRUPACIÓN DE MONTAÑA AUGAS LIMPAS
- ERVA
- QUERCUS
- SCD CONDADO
- A.C. CALEIDOSCOPIO

... entre outras. Ademais, destaca o Movemento polos Dereitos Civís, cada unha das asociacións e colectivos aparece nestes documentos representado cos seus correspondentes logotipos ou sinais de marca para “facilitar o recoñecemento por parte dos axentes”.

Locais sociais e culturais

No que parece ser unha ‘cruzada’ por parte das forzas de seguridade españolas, non se libran de constar nestes documentos centros sociais de toda Galiza. A pregunta é saber por que, que razón teñen os autores deste informe para instrución de axentes no “segundo maior problema de terrorismo en España” para citar centros como a ‘Baiuca vermelha’, ‘O Fresco’ e a ‘Casa da Triga’ de Ponteareas; o ‘Social Cultura Deportiva Condado’, a ‘Santa Sede’ e ‘O noso Eido’ de Salvaterra, ‘o Fervedoiro’ de Cuntis, ‘A Tiradoura’ de Cangas, ‘A Revira’ de Pontevedra, ‘a Revolvía’, A ‘Cova dos Ratos’, o ‘Caleidoscopio’ e a ‘Faísca’ de Vigo e ‘A formiga’ de Redondela.

todos somos terroristas!!!!!


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: A GARDA CIVIL TOMARá OS DATOS AOS COCHES QUE LEVEN AUTOCOLANTES GZ27-03-2008
si se deicaran a detener a asesinos que andan en busca y captura y luego matan a niñas en vez de andar jodiendo a la gente otro gallo les cantaria
jamakuko
RE: A GARDA CIVIL TOMARá OS DATOS AOS COCHES QUE LEVEN AUTOCOLANTES GZ27-03-2008
esta noticia esta colgada en esta web:
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=7541
eu
RE: A GARDA CIVIL TOMARá OS DATOS AOS COCHES QUE LEVEN AUTOCOLANTES GZ27-03-2008
quédome con:

Que vai supoñer levar un autocolante GZ, ou de Castelao, ou coa bandeira nacionalista… a partir de agora? Ou reunirse na Faísca ou na Tiradoura? O caso é que, facendo público este informe, o MpDC asegura ver clarexadas as “recentes queixas recibidas” polas forzas de seguridade previos ás eleccións do pasado nove de marzo, nos que, din, había denuncias que remitían a unha suposta identificación sistemática de cidadáns que pegaban autocolantes “de ideoloxía nacionalista no seu coche e obviando aos demais”.

máis novas en: http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=7560
s
RE: A GARDA CIVIL TOMARá OS DATOS AOS COCHES QUE LEVEN AUTOCOLANTES GZ27-03-2008
Non teño dúbidas que o responsable disto e o actual goberno, que xa leva catro anos a mandar e agora teñen outros catro por diante.
Pero o P.S.O.E. non e un partido progresista de esquerdas, tolerante, moderno, defensor das liberdades tanto colectivas coma individuais, loitador en contra das inxustizas?
VOTA P.S.O.E.
E os seus “coleguiñas” de goberno non teñen nada que dicir?
VOTA B.N.G.
Cando deixaremos de padecer esta amnesia colectiva?
GUARDA CIVICO
RE: A GARDA CIVIL TOMARá OS DATOS AOS COCHES QUE LEVEN AUTOCOLANTES GZ28-03-2008
a tiradoura...? si home si, y el C.A.K . (Colectivo de Abuelas por el Kalasnikov), no te jiba...
lucia lapiedra
RE: A GARDA CIVIL TOMARá OS DATOS AOS COCHES QUE LEVEN AUTOCOLANTES GZ28-03-2008
O grupo parlamentario do BNG denunciou na Cámara Galega a "existencia de documentos internos da Garda Civil que inclúen simboloxía galega como elemento 'sospeitoso' a controlar e perseguir"

www.galiciae.com/nova/8662.html?lang=gl
corta waki
RE: A GARDA CIVIL TOMARá OS DATOS AOS COCHES QUE LEVEN AUTOCOLANTES GZ28-03-2008
seguramente se levas unha pegatina no coche da falanje inda che fan a ola, hai moito flipado, e despois enchense a boca o falar da democracia...........
que lles dean
RE: A GARDA CIVIL TOMARá OS DATOS AOS COCHES QUE LEVEN AUTOCOLANTES GZ28-03-2008
pero eso en la guardia civil es normal, que esparais de estos , digo mas conoceis algun GUARDIA CIVIL inteligente, no hablo en broma eh.
..yo no...
eu non son español
RE: A GARDA CIVIL TOMARá OS DATOS AOS COCHES QUE LEVEN AUTOCOLANTES GZ05-04-2008
aqui cada un entende a noticia por onde lle da a gana, que se investigue iso non implica que todos seamos parte de ese grupo, no é mais cunha vía de investigación pola que tirar xa que no medio de moita xente de ideas nacionalistas totalmente lexítimas que defenden as súas ideas dentro da legalidade temos outros que qeren coller o camiño rápido e convertense en radicais que se desenteneden de esa legalidade. O problema e o de sempre, para poder atopar a un que esta mal hai que molestar un cento que esta ben pero por iso non se vulneran dereitos nin se mete ninguén na vida dos outros.
tocalle o carallo
RE: A GARDA CIVIL TOMARá OS DATOS AOS COCHES QUE LEVEN AUTOCOLANTES GZ05-04-2008
jamakuko lo tuyo me deja sin palabras, como mezclas cosas sin tener ni idea de lo que hablas, que tendra que ver lo de mari luz con esto. no lees los periodicos, no escuchas las noticias, como va a actuar la policia o la guardia civil si la orden de detención no ha salido del juzgado, si no se la han comunicado. Como coño va a saber ellos que hay que detener a nadie si todo el proceso se a realizado en un juzgado y no han dado cuenta a la policía o guardia, que quieres que vayan por la calle y ala tu detenido,por lo que sea igual suena la flauta y hoy nos llega un auto del juzgado para detenerte. Piensa e informate antes de hablar.
tocalle o carallo
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados