Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://catholic-singles-dating.com/marriage-not-dating-2resz/
Indispensables
Donde ...
Guia
ATESGA RESPONDE áS CRíTICAS24-03-2008
Haz click para ampliar A Asociación de Técnicos en Emerxencias Sanitarias de Galicia “ATESGA”, quere contestar ás “denuncias” escritas neste foro.

Despois de recibir varias comunicacións de socios/as nas que se nos pide que contestemos ás acusacións e insultos que se verten gratuitamente contra nós nesta páxina, queremos explicar moi gustosamente, os detalles aos que se fan referencia en tres fíos: “PELIGRO FLIPADOS SUELTOS”, “CONCEJAL DE JUVENTUD ORGANIZANDO UNA CONFERENCIA DE AMBULANCIAS”, e “DIRECTO XOVEN, AMBULANCIAS, DESPACHOS Y DEMÁS”.

Os pasados días 14, 15 e 16 de marzo, celebrouse no Concello de Cangas do Morrazo o II Congreso Internacional de Técnicos en Emerxencias – Galicia 2008. “O futuro da profesión”.
A preparación deste congreso comezou hai mais de nove meses, estando en principio pensado facelo en Vigo, cidade grande con boa infraestrutura, continuando así o camiño aberto na 1ª Xornada de Emerxencias, Urxencias e Catástrofes Cidade de Vigo, en marzo de 2002.
A maioría da Nova Directiva de ATESGA é de Vigo e arredores, polo que resultaba operativamente mais doado, pero o compañeiro Oscar Graña, despois de falar con diversos responsables do Concello de Cangas, propuxo a este Concello como lugar alternativo a Vigo, que ademais aportaría gustosamente a infraestrutura municipal axeitada para levar a cabo o congreso. A xunta directiva de ATESGA considerou moi boa a idea de facelo entón en Cangas, xa que tendo á nosa disposición as amplas instalacións do Auditorio Municipal poderíamos facer un congreso mais ambicioso con diferentes relatorios, cursos e obradoiros para os distintos profesionais asistentes de distintas profesións afíns: médicos/as, enfermeiras/os, auxiliares, técnicos/as, policías, bombeiros, de helicópteros, voluntarios de protección civil, da cruz vermella, bombeiros voluntarios e técnicos sanitarios de Portugal, etc.
Aproveitando a presenza de profesionais de Francia, Inglaterra, Portugal e de varias zonas do estado español, tamén preparamos unha exposición dos distintos uniformes de emerxencias.
E por ese mesmo motivo, se fixo tamén unha exposición de vehículos de emerxencias.
Tamén en outro andar do Auditorio, houbo unha exposición de fotografías e de carteis.
Os catro días anteriores ao comezo do Congreso, na Casa da Cultura se fixeron dous cursos básicos oficiais de reanimación cardiopulmonar e primeiros auxilios, (por técnicos-monitores acreditados pola SEMICYUC e a FPUS de Galicia-061) para a poboación en xeral.
O sábado 15 pola tarde se fixo un exercicio de coordinación e exhibición de rescate marítimo ao final do paseo de Rodeira.
O domingo 16 ás 13 horas se fixo un exercicio de coordinación entre os distintos equipos que quixeron participar, de simulación de accidente terrestre múltiple, na explanada de Portos de Galicia.
TODAS estas actividades organizadas por ATESGA, foron libres e gratuítas para a poboación en xeral, deixando claro que aos 14 obradoiros realizados os días do congreso so podían asistir os inscritos no congreso ata completar prazas, e o correspondente diploma oficial de asistir aos 11 relatorios do congreso so se lle daría aos inscritos no mesmo.
Para pagar o desprazamento, manutención e aloxamento dos poñentes e profesores, así como os distintos gastos que require unha infraestrutura destas características, ATESGA contou coas cotas de inscrición ao congreso e coa colaboración económica dunha vintena de empresas coas que estes meses nos puxemos en contacto, e varias Entidades Públicas (Emerxencias 112, Fundación 061 de Galicia, etc.)
A colaboración fundamental do Concello de Cangas foi a seguinte:
- Cesión das distintas salas do Auditorio Municipal para o congreso, relatorios, cursos, obradoiros, exposicións de uniformes, de fotografías e de carteis.
- Cesión da sala da Casa da Cultura para facer dous cursos gratuítos de reanimación cardiopulmonar e primeiros auxilios dúas horas en catro días (8 horas en total) para a poboación en xeral .
- Permiso para utilizar o aparcamento do Xardín do Señal para a exposición de vehículos de emerxencias.
- Colaboración da Concellería de Turismo e da Federación de hostaleiros para presentar unha oferta especial da hostalería aos asistentes ao congreso e visitantes da Vila de Cangas para o aloxamento e comidas durante eses tres días.
- Subvención da cartelería do congreso.
Colaboración por tanto de distintas Concellerías: Cultura, Turismo, Seguridade e Obras.
A colaboración da Concellería de Xuventude foi a cesión dunha sala para realizar varias reunións de preparación do Congreso e do simulacro de accidente do día 16, sempre sen molestar nin interromper ningunha actividade propia desa Concellería.

Nin nos estatutos nin nas asembleas desta asociación se decidiu nomear oficialmente a un voceiro da mesma, polo que este “cargo” o fai en cada momento o membro que decide a xunta directiva atendendo as circunstancias que así o requiran. No caso do congreso, debido a que Oscar Graña é de Cangas, é concelleiro, e coñece á prensa da zona, decidiuse que principalmente foxe el o que falara en nome de ATESGA. Os demais tiñamos outros cometidos nos que traballar. Nunca se nos pasou pola cabeza que isto puidera considerarse como algo negativo e prexudicial. E seguimos pensando igual. Hai que lembrar que Oscar é un técnico en emerxencias sanitarias, que é ese o seu traballo profesional, ademais é membro da xunta directiva de ATESGA, e está por tanto autorizado e capacitado para ser voceiro da mesma. O seu traballo como Concelleiro-Delegado de Xuventude e Voluntariado de Cangas, o exerce voluntariamente no seu tempo libre, como case tódolos demais concelleiros/as.

Con respecto a pequenos comentarios deste foro, aclaralos da seguinte maneira:
- A explanada do porto que se ocupou o domingo pola mañá para o simulacro, é titularidade de Portos de
Galicia, (que obviamente autorizou o evento), e non do Concello de Cangas.
- A propia Policía Local, que tivo que axudar para evitar que algúns vehículos entrasen no recinto para aparcar, non saían do seu asombro pola irracionalidade de varios condutores empeñados en entrar, en contra das indicacións do titular e propietario, Portos de Galicia, máxime sendo veciños da Vila que collen o coche para ir a mercar o xornal, vivindo a poucos metros de alí.
É posible que para algúns forasteiros fose algo máis molesto atopar aparcamento esa mañá, pero seguro que acabaron atopando sitio.
- A data inicial para o congreso, xa se fixara en setembro para o 7, 8 e 9 de marzo. E así se estaba preparando todo, ata que uns meses despois o presidente do goberno do Estado sinalou o día 9 como o das eleccións xerais. A única data próxima e sen actividades no Auditorio Municipal, era a que finalmente quedou. (Aclaro, por se acaso, que non é factible facer este tipo de congresos nas datas de eleccións: as forzas de seguridade e de emerxencias están en alerta, e polo tanto é imposible desprazar persoal e vehículos ou facer simulacros e exhibicións). Lamentamos moito que “arturo”, “tranqui colega”, e posiblemente algunha persoa mais, chegara tarde á procesión de Ramos, por non poder aparcar na explanada do porto.
- A Garda Civil foi convidada persoalmente con tempo suficiente. Os primeiros trámites que se fixeron conxuntamente dende o propio cuartel de Cangas, foron rexeitados nas instancias superiores, polo que ATESGA tivo que desprazarse á Subdelegación do Goberno para solicitar oficialmente a colaboración deste corpo, tendo tamén que contactar coa Xefatura Provincial e explicarlle con detalle o que pretendíamos. A resposta foi: NON.
- A Policía Nacional foi convidada oficialmente con tempo suficiente. Os primeiros trámites en Vigo foron rexeitados e trasladados a Pontevedra, que os remitiu a Coruña, onde se lle explicou con detalle o que pretendíamos. A resposta non chegou aínda.
(Persoalmente quero destacar que, despois de asistir a varias xornadas, congresos, exhibicións e simulacros por todo o Estado nos últimos anos, nunca vin que ningún corpo de seguridade non colaborase nos mesmos. {Galicia será diferente}).
- Por se non quedou claro aínda, a colaboración económica do Concello de Cangas, se limitou a subvencionar a impresión da cartelería, como fai con decenas de colectivos de toda índole durante todo o ano.
- Tódolos demais gastos, os asumiu ATESGA: co patrocinio dunha vintena de empresas, as inscricións ao congreso, e utilizando os ingresos propios das cotas anuais de socios (que asistiron gratis ao congreso), se é necesario.
- As “cuchipandas” que se mencionan neste foro ás que foron convidados tódolos poñentes de relatorios e obradoiros e os aloxamentos, manutención e viaxes dos mesmos, foron asumidos integramente por ATESGA, previa negociación cos responsables da hostalería, para encarecer o menos posible eses gastos.
- O “xantar de confraternidade” que se celebrou o día 15, no que quixeron participar 78 persoas, o pagou por anticipado cada un do seu peto, tal e como se indicaba tamén na inscrición ao congreso, exceptuando obviamente aos poñentes e convidados de ATESGA.
- Calquera evento que se organice onde sexa, é lóxico que para parte da poboación pase totalmente desapercibido. E incluso algúns se sintan molestos e ofendidos. Está claro que NUNCA choveu nin choverá a gusto de todos. (Por criticar, hai quen critica que se gasten cartos en facer unha biblioteca, por poñer un exemplo). Coa celebración deste congreso cos distintos profesionais en emerxencias (e non so dos flipados das ambulancias), pretendeuse dar a coñecer o traballo dos distintos equipos, intercambiar información, aprender e actualizar novas técnicas de traballo, etc., tal e como se encargaron de mostrar os distintos profesionais que impartiron os relatorios, os obradoiros e os cursos: médicos/as; enfermeiros/as; policías; bombeiros; UME do exército; técnicos de helicópteros; técnicos/as sanitarios de todo o Estado, Francia, Gran Bretaña e Portugal; fisioterapeutas, psicólogos, responsables da Administración, etc. Ademais, quixemos abrir este congreso á poboación con tódalas actividades antes xa mencionadas.
- Temos por tanto que agradecer á xente de Cangas en xeral a excelente hospitalidade demostrada cos congresistas neses días e o interese mostrado nas distintas actividades realizadas. Estamos xa preparando outro congreso para o vindeiro ano 2009. De tódolos xeitos, en vista do molesto que parece en este foro que resultou o mesmo, (e nos alegramos que tódalas queixas recibidas foran so de media ducia de persoas anónimas), non temos mais que recibir a comunicación oficial dos responsables municipais indicando que busquemos outro lugar, tendo en conta que xa hai varios concellos interesados en que fagamos alí o seguinte congreso.

Quero rematar dicindo que ATESGA é unha asociación profesional, sen ánimo de lucro, legalmente constituída. Se alguén considera que algún feito que a mesma levou a cabo constitúe un delito, por favor, que acuda aos tribunais de xustiza.

E, obviamente, os membros de ATESGA temos mais cousas que facer que participar en foros nos que se nos insulta gratuitamente, polo que queda claro que con esta intervención explicamos o que consideramos necesario por primeira e derradeira vez. Non obstante, eu estou á vosa disposición para aclarar persoalmente e sen insultos en nome de ATESGA o que queirades.
Uxío Figueroa Costas. Voceiro de ATESGA, técnico de emerxencias sanitarias e condutor na ambulancia do 061 de Cangas.

Agora, DE XEITO PERSOAL, quero manifestar o seguinte:
Levo mais de cinco anos traballando no 061 de Cangas, e dende hai algo mais de ano e medio Oscar Graña é o meu compañeiro de traballo habitual. Me une por tanto unha amizade persoal con el (e a súa familia), feito do que estou orgulloso, tanto polo excelente profesional que demostra ser diariamente cos doentes e accidentados que atendemos como pola boa e sensata persoa que é.
Ten como todos virtudes e defectos, pero estou ven seguro que non merece os constantes ataques, insultos e mentiras que algúns decides del. Por iso xa hai tempo que lle dixen a Oscar que non entre neste foro. Non paga a pena. Os que insultan, menten e critican destrutivamente por sistema non merecen ningún tipo de consideración. Quizais non estean capacitados para facer nada mais nin nada mellor. E senón, se teñen boas ideas, que queden con el no seu novo despacho, que el fala coas persoas ou colectivos que teñen algo que aportar. ¡¡Un concelleiro con despacho, que escándalo!!, ¡¡prevaricación con alevosía, seguro!! (habitación que está pegada ao tamén novo despacho da concelleira de deportes, dentro da Casa da Xuventude, nunha esquina da buardilla do último piso).
“Flipados” os hai en todas as profesións que existen no mundo. E “flipados das sereas” os hai en tódolos colectivos con sereas. Non por iso se nos ten que insultar a todos. Iso so define perfectamente a quen insulta.
A os que están preocupados porque nos ven contestar “nerviosos” neste foro, que non se preocupen. Temos nervios e tamén bo temple para atender o que nos mandan cando traballamos, e estamos acostumados a insultos, agresións e situacións peores, e seguimos actuando con profesionalidade. Polo tanto, se alguén quere contestar a esta nota, o convido a que me conteste persoalmente, cara a cara, tomando un café, e aclarar calquera dúbida que teña, xa que non teño intención de volver a entrar nesta páxina. Que non se preocupe, que si algún día/s ten a necesidade de precisar profesionalmente de nós, o trataremos a el e a súa familia coa mesma profesionalidade que a calquera persoa, aínda que nos insulte ou ameace porque non estea de acordo co que facemos ou non estea física ou psiquicamente en condicións. Estamos habituados.
A nosa base de descanso é en Longán. Cando estea de garda e non teña servizos, encantado de falar con calquera de vós.
Uxío Figueroa Costas. Ninonino Flipadísimo no 061 de Cangas do Morrazo. Un saúdo.
Uxío Figueroa Costas. Voceiro de ATESGA.


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

24-03-2008
El hecho de que un representante de ATESGA de una explicación pública, que por otra parte no tendría porqué dar, es razón más que suficiente para que las réplicas se hagan con un mínimo respeto.

El contenido original del mensaje ha sido borrado por el webmaster para eliminar insultos y/o descalificaciones.
Se ruega a los usuarios que, atendiendo a las normas del foro, expongan sus argumentos dentro de las más elementales normas de educación.
O raposo
RE: ATESGA RESPONDE áS CRíTICAS24-03-2008
Contentísimo de que fixerades o Congreso en Cangas. É bo para o pobo en xeral (imaxe) e para a hostelería e comercio en particular (riqueza para o pobo).
Pero non se trata de criticar o congreso nin os profesionais de emerxencias (que os haberá bos,malos e regulares, como en todo), senón O EXCESIVO PROTAGONISMO do Óscar Graña, que apareceu como factotum total do evento e case como inventor da "atención sanitaria" en xeral.
Eu non vin saír na prensa ao Pazos (Auditorio e Casa da Cultura), nin ao Héctor ou á Vilas (Obras, Tráfico), nin sequera á Giráldez (Turismo).
O problema, precisamente foi ese: O rapaz aproveitou que era concelleiro ao tempo que técnico para suplantar a todas as autoridades municipais e mesmo a todos/as os/as técnicos.
Este, como lle deixedes ou lle deixen, davos de lado a todos/as e ORGANIZA E PARTICIPA EL SO no próximo congreso . Se non, ao tempo!
Un saúdo agarimoso.
COCHENO
25-03-2008
Lo tuyo es obsesión con ese chaval, ... Editado por el webmaster ...
Haber si te enteras de que Oscar aparece como representante de ATESGA no como concelleiro.
Y que sepas que la alcadesa inauguro el congreso, la concejala de turismo entrego premios y presentó el congreso y Hector Otero y la concejala de policía se dieron un garbeo en barco de salvamento maritimo para poder ver el simulacro de cerca.
QUE NO TE ENTERAS
RE: ATESGA RESPONDE áS CRíTICAS25-03-2008
Pra "enterao" xa estás tí.
E se de paso te "enteras" un pouco máis sobre as normas básicas de ortografía e de educación, pois mellor que mellor!
A VER se te enteras ti!
COCHENO
RE: ATESGA RESPONDE áS CRíTICAS25-03-2008
Haber "Cocheno" que agora quérome entear eu ¿estas dicindo que quen non saiba escribir sen faltas de ortografía, non pode manifestar as súas opinións?pois seguindo por ese fío, enténdese que tampouco deben votar, polo tanto ti debes estar fora do censo electoral. Manda carallo! e tes o valor de dicir que votas a ACE, que futuro nos espera si conseguides gobernar este pobo nalgún día.
A pastar ouvellas! as leiras estan labradas.
RE: ATESGA RESPONDE áS CRíTICAS26-03-2008
A ver "enteado" (que supoño que quererá dicir "cuberto de tea ou de la de "ouvella"):

Eu non dixen en ningunha parte que para participar neste ou en calquera foro, ou para poder votar, haxa que saber escribir sen faltas de ortografía. O único que vos pido é un pouco de respecto (ás persoas e mais ao idioma).

O que vexo que vos fode é que se critique a un concelleiro (que como persoa pública está suxeita á crítica, como o están "os meus"). Por que vos custa tanto aturar as críticas? Porque como bos "sectarios" credes estar sempre en posesión da verdade.

Pois a foderse e a aturar, que para iso se está onde se está!

Saúdiña e a rañarse onde proa!
COCHENO
RE: ATESGA RESPONDE áS CRíTICAS26-03-2008
Tócate los guevos,agora somos nos os "sectarios" e ¿quen somos nós? ¡abre túa mente! ¡ábreme túa mente para que poda penetrar en ti. jajajajajajajaja
E os teus onde están?. Acaso gobernades soliños o país,comeza a conta atrás,e estades fora,pégate un "barrigazo".
A seguir coas ouvellas que che quedan
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados