Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://abista-web.com/rencontres-femmes-29/
Indispensables
Donde ...
Guia
PXOM DE MOAñA15-03-2008
Vexo que estase a falar do pxom de moaña e vexo tamén duas posturas una a favor que divaga con opinions subxetivas como as de Anonimous e outra en contra con datos obxetivos.
Pois ben eu que son de moaña e mási concreto da Quintela opino que Alberto razoa coa lóxica dos datos que o propio Pxom manexa, polo que gostariame opinar sobre o que se esta a falar en particular co que di Anonimous pois non e certo o que afirma sen máis.
O Pxom non está proxectado para vinte anos, non hai no Pxom ninguna alusión a dito prazo, e tampouco é certo que o Pxom limita a construcción no solo urbanizable delimitado, como tampouco é certo que primeiro haia que desenrolar o solo urbano non consolidado e si non Anonimous botale una ollada ao estudio económico do Pxom.
En canto ao que dis sobre as normas subsidiarias de planeamento de Moaña de hai 11 anos e que non foron desenroladas, quero decirte duas cosas primeiro naquel tempo non houberon recalificacións de chan salvaxes como as deste Pxom e foron e son normas urbanísticas racionais e sostibles, soamente existiou unha actuación urbanística claramente especulativa e de pelotazo urbanístico da que ti certamente non falas e que ó dia de hoxe non está desenrolada, te falo da urbanización e o campo de golf de Domaio, da que o equipo redactor das normas subsidiarias anteriores a este Pxom calificou como non desexadas e que non debería darse nunca máis. O Pxom aprobado vai a desenrolar proxectos especulativos e pelotazos urbanísticos como o do campo de golf, si a Xnta non o impide sendo coherente co urbanismo sostible que fala públicamente.
Ti dis que a xente de Moaña tivo que emigrar a Cangas e a outros lados porque en Moaña non se construía, mira non me fagas reir co esas parvadas. Se a xente de Moaña emigrou a Cangas ou a outro lugar sería por outros motivos e non pola falla de vivendas e lembrote o que decía Alberto e o Pxom das 7.785 vivendas existentes en Moaña na época que ti dis non se construía 1.203 estaban baleiras é dicir un 15,27%.
O colmo do absurdo agora é que o Pxom garantiza , non os vinte nin cincuenta senón aos cen anos próximos haia solo urbanizable e o auditorio máis fermoso do Morrazo gracias as urbanizacións do Con e do Rosal. Dame a impresión de ter intereses nas empresas de Jose Luis Alvarez Souto e de Gabriel Piñeiro, pois o de incondicional de Euloxio non cola.
Por un urbanismo sostibel, racional e respetuoso co medio NON ao Pxom de Moaña.
Veciña de Quintela
veciña de quintela


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PXOM DE MOAñA17-03-2008
Tocas bastante de oido, As normas subsidiarias municipais que tan vehementemente defendes,incluian entre outras perlas o atentado ecolóxico, ambiental e urbanístico que supón a urbanización anexa o campo de golf. Esas normas subsidiarias foron revisadas e aprobadas no ano 1996, e en contra do que dis , foron modificadas puntualmente en 5 ocasións, ningunha delas no período de 2003-2007.
Mao
RE: PXOM DE MOAñA18-03-2008
Grazas Mao, iso é certo e creo que o pasaches por alto, máis da metade do chan do PXOM tamén estaba proxectado nas normas subsidarias que creo que non as miraches ben.
Tamén creo que deberías de sair da casa e ver que o Rosal ou o proxecto da urbanización da Xunquiera non son pelotazos urbanísticos xa que pretenden dar a vila zonas verdes e dotacións, e non consumir chan dunha maneira aberrante, como no barrio do Real, que todos sabemos que iso si foi desenrolo non sostible, e un auténtico pelotazo para a vila, diso é do que se encarga o PXOM, de non crear outros barrios do Real.
Ademáis en canto as vivendas vacías cabe recordar que se non se venden é porque a xente non merca vivendas vellas ou moi deterioradas, e é certo, no Rosal están ocupadas o 95% das vivendas, que só hai que ver os balcóns.
Anonimous
RE: PXOM DE MOAñA19-03-2008
O Plan é importante para todos, e como ben se comenta, o modelo a seguir é o rosal non o real; isto é o que non lle gusta a algúns políticos, que ata piden que se bote abaixo o pxom nun pleno porque eles non participaron,e logo, en petit comité, din que "a razón é que para que ós constructores lles compense ceder tanto espacio verde e urbanizar plazas tan grandes coma as do rosal , hai que dar mais edificabilidade, mais pisos" "os constructores están queimados". O que hai é que deixar as cousas ben clariñas, e o plan servirá para iso, e deixarse de especulacións e caralladas. E todo aquilo que non se pudo facer ben, de seguro que a Xerencia de Urbanismo o ha de correxir, sen manganchadas políticas municipais. Xa o veredes
Verde
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados