Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://astralgrouponline.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
A XUNTA DANOS A RAZÓN15-10-2005

A conselleira de ordenación do territorio recoñeceu a existencia de anomalías e "cousas raras" na tramitación do porto deportivo de Massó, que se nos estaba a vender como un regalo caído do ceo para Cangas.

Tamén se estaba a calificar aos que se opoñen a construcción de este porto como "violentos e manipuladores".

A oposición a este porto é amplia, ao PSOE de Cangas non lle parece o momento de tramitalo, ao BNG non lle parece correcto o emprazamento e a Confraría ten plantexado desde fai tempo un contencioso, unha denuncia por delito ecolóxico e un recurso cando esa denuncia foi arquivada por un xuíz de Cangas.

Dende o Foro Social tamén levamos meses denunciando irregularidades na concesión e afeccións directas aos mariñeiros e o pobo de Cangas. Ante o estancamento das vías administrativas e xudiciais decidimos paralizar a obra para que os que pensan que Cangas é a súa propia leira non levaran a cabo unha vez mais a política de feitos consumados.

A Xunta danos a razón, pero non paraliza a obra. Prepara reunións, pero mentras tanto a constructora non quere parar.

Vos convocamos para unha asamblea informativa o domingo as seis da tarde na Alameda Vella para tentar atopar solucións a este problema que afecta directamente aos traballos encamiñados a dotar a Cangas de un novo plan Xeral de Urbanismo claro, transparente e no que se conte realmente cos cidadáns de Cangas.

ACUDE O DOMINGO AS SEIS A ALAMEDA VELLA
>> Ampliar datos Foro Social


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

QUEREMOS UN MASSó INDUSTRIAL E NON MARBELLí.10-11-2005
Con este título refírome a que estaría ben que levasen industrias para a zona de Massó, que non é tan difícil. Iso habería dar traballo a xente de Cangas, Moaña e Bueu. Pero o que non é normal é o que queren facer aí en plan Benidorm e que só vaidar choio a catro enchufados que vixiarán os iates.
Adrián
QUERMOS TRABAJO Y NO ESPECULACIóN.10-11-2005
A ver estos políticos nuetros a que se dedican. Quitando a Mariano Abalo ahí no hay más que inútiles. El problema de Massó es ejemplificante de lo que estoy diciendo. Al final a todos se nos ve el plumero. Que pasa con el Bloque? Cada vez camina más a la derecha, eso es lo que pasa.
Jonathan
EU DIREICHE O QUE PASA CO BLOQUE10-11-2005
Eses tipos non son máis ca un fato de bandullos agradecidos. Mirade como non protestan polo de que Ateplan redacte o novo plan xeral. Non é máis que porque esta empresa é a que llo redacta os de Moaña onde goberna o Bloque. Eu non sei onde imos ir parar con esta oposición.
Marisa
DEIXáDEVOS DE DISCUSIóNS E IMOS O QUE IMOS10-11-2005

Co Bloque xa sabemos o que hai. Eu antes sempre votaba por eles, enganado. E agora doume conta do que me dicían outros compañeiros. Se a FPG non estivese onde iría a parar esta vila...?
Pero agora só é mester consegui-la paralización definitiva de Massó. E o tempo xa poñerá a cada quen no seu sito.
Antón
ISO NOS PASA POR UN GOBERNO FACHA10-11-2005

Agora é cando nos lamentamos todos. Temos que impedir que se acometan as obras de Massó. O noso futuro como entidade poboacional está en xogo.
Óscar
E ó ACABAR O POLBO... QUE?14-11-2005
Penso que estiveron agardando a rematar a Polbo Ocean Race para lle meter man, novamente, o de Massó. Seguramente non lles interesaba un conflicto con ese teatro nautico aí. E agora é cando fai falla de verdade que acudamos a Massó.
Cangas non está á venda.
Matías
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados