Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Read Full Report
Indispensables
Donde ...
Guia
SOBRE A PROPOSTA DE POLíGONO INDUSTRIAL NA BREA.28-02-2008
Haz click para ampliar Sobre a proposta de polígono industrial na Brea.

Estes días foi noticia o informe de Xestur sobre as posíbeis ubicacións das zonas industrias e comercias en Marín, facendo fincapé na proposta de polígono para a Brea.
Somos conscientes que estamos ante o que podemos denominar “fume eleitoral” que tanto o PSOE como o BNG tentan vender como éxito dunha xestión inexistente, como así se evidenciou ao presentar a Consellaría do ramo as súas previsións para o Morrazo deixando fora a Marín.
Ainda que estamos ante unha nova promesa temos que valorar de xeito negativo a proposta de polígono para a Brea pola gran incidencia que podería ter nunha zona calificada rustica de protección agropecuaria polo propio Ministerio de Agricultura como así se recolle no proxecto de PXOM. Incidencia ambiental e habitacional.
Habitacional por que afecta a un número importante de persoas que viven na Brea e que van pasar a ter as súas casas ao lado dun polígono industrial cos perxuizos que iso supón de ruidos, aumento do tráfico, contaminación, etc., así como unha perda económica considerábel do valor das suas vivendas.
Ambiental xa que estamos nunha zona moi sensíbel xa que se pretende que o río Loira cruce polo medio do polígono, coa correspondente e casi segura posibilidade de vertidos que afectarían ao río e á praia.
Hai que lembrar que no informe da Consellaría de Medio Ambiente sobre o PXOM de Marín tamén se recolle a conca do Loira como unha zona ambiental catalogada de gran valor ambiental e paisaxístico.
E no mesmo PXOM di nun dos seus apartados :
Promover o espazo fluvial como corredor natural e reserva de biodiversidade: O río Loira contémplase como un amplo corredor natural que comunica as principais paisaxes naturais do municipio, o espazo forestal, o agrario e o litoral.
As recentes actuacións do concello de Marín coa atitude cómplice de Augas de Galicia, e concretamente desde a concellaría de Medio Ambiente, actuando salvaxemente no río Lameiriña deixan ben as claras a pouca preocupación que teñen polo medio e polos nosos ríos. Esta é unha máis da causas de preocupación á hora de colocar o polígono na Brea, xa que unhas administracións permisivas como as que temos van mirar para outro lado ante as agresións ao Loira.
Antes de facer unha nova actuación tan contundente consideramos necesario que se tiveran en contas as recomendacións que fixo a Consellaría de Medio Ambiente no seu informe sobre o PXOM. Non é que este administración se caracteríce pola súa preocupación polo medio, como xa ten demostrado anteriormente en Marín, pero este informe aínda que sexa de cara á galería fai unha recomendacións positivas.

 Contribuír a un entorno saudable, considerar a saúde dos habitantes á hora de clasificar o solo e emprazar as diferentes actividades, fomentar a participación cidadá na toma de decisións no Concello, favorecer a participación nos procesos de planificación urbanística e toma de decisións que máis afectan á cidadanía, contemplando a formación previa básica para unha mellor compresión da dinámica e finalidade dos procesos nos que participen.
Se o que se pretende e conservar o medio e utilizalo como reclamo turísitico non se pode instalar na zona máis turística de Marín, como é Seixo, un polígono industrial que vai incidir negativamente na paisaxe e no río Loira. Antes de levar adiante esta iniciativa pedimos aos nosos gobernantes unha maior reflexión sobre os pros e os contras, e que se teña en conta á opinión da cidadanía. Non se pode ubicar un polígono por capricho ou polos intereses de determinada organización política que como é público e notorio está sendo a principal promotora desta iniciativa.

Marín, 27 de febreiro de 2008.
>> Ampliar datos Colectivo Nacionalista de Marín


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados