Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://mag-tabiiro.com/mujer-soltera-blanca-busca-online/
Indispensables
Donde ...
Guia
O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS08-02-2008
Haz click para ampliar O Foro Social de Cangas leva xa dende a reunión cos portavoces a principios de decembro agardando por un posicionamento claro dos grupos políticos presentes no concello sobre a recuperación do Salgueirón.
Mentres tanto se fala dunha "folla de ruta" de negociación coa empresa que pretende beneficiarse dunha recualificación no Salgueirón e mesmo esta empresa ameaza con iniciar as obras do porto deportivo o 24 de Marzo.
Resulta incomprensible que case un ano despois de acceder á alcaldía, o equipo de goberno aínda non teña unha postura clara respecto do tema do Salgueirón. Tanto a Autoridade Portuaria como certos sectores do equipo de goberno dan a impresión de estar a dilatar as respostas respecto do porto deportivo á espera de que transcorran as eleccións do vindeiro mes de marzo para que as súas decisións non podan ser castigadas pola vía do voto.
O tripartito comprometeuse publicamente a iniciar conversas internas para consensuar unha postura respecto ao futuro do Salgueirón. A primeira reunión sería, supostamente esta semana. Moi grave resulta a falta de pronunciamento sobre o porto deportivo, contra o que antes se manifestaron en contra, xa que, lembremos, non está paralizado só por un grupo de veciños senón pola falta dun respaldo legal ao proxecto.
O Salgueirón é só un expoñente máis, aínda que moi significativo, dunha maneira de facer política que a poboación rexeitou repetidamente e sen embargo, tenta voltar unha e outra vez.
Cangas parece sufrir a maldición de ter que soportar periodicamente gobernos personalistas, autoritarios e opacos, que serven a intereses particulares, pechan o dialogo social e, en vez de pensar na poboación e en facer que os impostos dos cangueses e canguesas revertan en adecuados servizos para Cangas, se poñen ao servizo de intereses alleos, particulares ou políticos.
Anxo Quintana visitou Cangas antes das eleccións á Xunta, solicitándolle aos colectivos o voto coa promesa de que se o BNG chegaba ao goberno, Cangas non tería que sufrir máis o urbanismo depredador que representaba o Plan Xeral de Sotelo.
O tempo pasou, xa non están nin Fraga nin Sotelo, e o BNG comparte poder, pero as perspectivas non melloraron muito e as ameazas seguen presentes. A especulación e o mangoneo urbanístico continúan, os poderosos seguen a campar ás súas anchas, e o modelo de desenvolvemento prima ós seus intereses e esquece ao cidadán da rúa.
Ante esta situación, reflexada en Cangas no caso do Salgueirón ou no abraiante desprezo na unidade de actuación nº 5 da cacarexada lei dos 500 metros, o Foro Social ven de decidir iniciar un calendario de mobilizacións que informe á poboación do xeito en que está a ser gobernada, e lle mostre aos políticos que están onde están grazas aos votos da xente da rúa, que apostou por un cambio real no xeito de gobernar, e que os seus salarios e os investimentos que controlan saen dos bolsos desa mesma xente e, polo tanto, teñen a obriga de cumprir seus programas e promesas.
O vindeiro 17 de Febreiro convócase, xunto a Rede Galiza Non Se Vende, da que o Foro Social forma parte, unha manifestación en Compostela contra a destrución do territorio, en contra do urbanismo salvaxe, o plan de acuicultura, o de portos deportivos, a destrución do medio rural ou outros muitos ataques que esta a sufrir noso territorio, sempre para obter beneficios particulares.
Haberá distintas asembleas en Cangas que puideran rematar nunha manifestación que defenda unha solución racional e pública para O Salgueirón e a elaboración dun verdadeiramente novo Plan Xeral feito por e para os cangueses e canguesas.
Cangas a 8 de febreiro 2008
FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO
>> Ampliar datos Foro Social Pola Defensa do Pobo


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS08-02-2008
Parabéns polo comunicado e avante coas mobilizacións.
Esta ben que nomeedes a unidade de actuación número 5 á que só ACE tivo a ben posicionarse en contra, igual que co tema do Salgueirón.
Zutabe
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS08-02-2008
adiante coa Loita contra a especulacion
jamakuko
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS08-02-2008
noraboa e adiante!
s
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS09-02-2008
No monopolio Mac Donal do noso amigo Pérez falta a urbanización Mar dá Pedra enriba de Massó,
¿é descoido ou é que as especulacións propias non contan?
ZAPA
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS09-02-2008
xa nin sequera intentades rebater nada?
Só vos quedan as calumnias anónimas?
rr
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS09-02-2008
a la mierda el Bloque, para hacer la misma política en el pp pagan mejor
Begoña
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS09-02-2008
Quen ten a desvergonza de dicir que son calumnias?.
ZAPA
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS09-02-2008
En primeiro lugar es tan limitadiño como para falar do Foro Social só en termos de Tiago Pérez, que ovbiamente non é o único membro deste colectivo. Tanto é así que o propio BNG forma parte del. Jajajajajajajaja
En segundo lugar, se o que dis é certo vaite manifestar diante das obras esas, non tes máis. E se é ilegal vai o xulgado, GZ.
Zutabe
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS09-02-2008
A desvergonza a tes ti, e máis envexa, desequilibrio mental , rabia, maldade e ignorancia profunda. Os edificios de que falas, enriba de Massó, están feitos na unidade de actuación nº 9, que sempre foi residencial, nunca houbo recualificación algunha, nin ten nada que agochar, especuladores son as pantasmas que tes na cachola, ou pode ser que os amos aos que serves ou o desexo frustrado que ten túa mente enferma. Vai rañala.
Ubaldino, my love
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS09-02-2008
envexa, desequilibrio mental , rabia, maldade e ignorancia profunda, frustrado mente enferma.
Cantos insultos por dicir unha vedade como un templo?.
É certo que Tiago perez VENDE terreos " residenciais" aos especuladores e con iso facilita a construción de tres edificios destinados á venda de pisos de alto standing diante de Massó a prezos só para estranxeiros. Todo iso pasándose polo forro a ideoloxía do Cangas non se vende, do Galiza non se vende, non á especulación, vivenda digna para todos e mais.

O Portavoz do Foro padece de contradición profunda ou nos esta tomando por tolos?, pregúntome que é o que non se vende en Cangas? os terreos dos outros?
Isto mal que pese ao resto do Foro é unha verdade que todo o pobo coñece, e
este home figura como portavoz do Foro cos petos sucios da especulación.
Entón?
agora a insultarme por opinar que resulta moi democrático
ZAPA
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS09-02-2008
Repetimos porque como es cortiño de entendemento haicho que dicir dúas veces coma mínimo:

En primeiro lugar es tan limitadiño como para falar do Foro Social só en termos de Tiago Pérez, que obviamente non é o único membro deste colectivo. Tanto é así que O PROPIO BNG FORMA PARTE DEL. Jajajajajajajaja
En segundo lugar, se o que dis é certo vaite manifestar diante das obras esas, non tes máis. E se é ilegal vai o xulgado, GZ.
Zutabe
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS09-02-2008
Por se o pasaches por altona outra denuncia, aquí tes unha das perlas do líder espiritual do BNG, lease Anxo Quintana:

"Hai moitos empresarios que se empezan a dar conta de que o nacionalismo poder ser un bo instrumento político"
E tantoooo, que llo digan a Clara!!!

Non nos fagas falar...
Zutabe
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS10-02-2008
Xa á rañaches, vítima?. Pobre vítima que só esta opinando libremente!
Especulación é mercar barato, recualificar fraudulentamente e vender multiplicando o prezo de compra. Nos terreos de que falas non pasou nada diso, nin hai petos emporcados, ti es o que non sabes máis que emporcar o ar que che rodea.
E as contradicións onde están é na túa mente, atacando a todo o traballo feito polo Foro para evitar que se repartan Cangas entre catro harpías coma ti, pero indo de inocente e democrático.
Se esta a falar de corrupción e ilegalidades moi serias, de traizón aos propios votantes e de utilización indebida de cartos públicos, e boa parte diso está xa nos xulgados. Se ti tes algo máis que botar merda, faino.
Ubaldino, my love
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS10-02-2008
E de destrución da natureza e do sustento dos demais, de apropiación de espazos públicos, de caciqueo, atentados a saúde pública, destrución do patrimonio, contaminación...Quintana, Touriño, Sotelo, Fernando Blanco, Dolores Villarino, Manuel Vázquez, Abel Caballero, Jose Luis Mendez, Julio Gayoso, Freijeiro, Villar Mir, Louzán, Feijoo, o Millán de Moaña... e muitos, demasiados, máis, CULPABLES
ti tamén, Clara?
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS10-02-2008
jajajaja
como se os va la el pepino
Loro
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS10-02-2008
Se non tes nada que dicir, non demostres a túa "intelixencia" en vano, fai favor.
Pelícano
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS10-02-2008
cos petos sucios da especulación? estás como unha putacabra colega, vai denuncialo!! e se tes collóns? da a cara e mostra toda esa envexa i ese veneno
a carroña coma ti se regala pa que a leven de Cangas
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS10-02-2008
BAZUUUUUUUUUUURA! TEVIÁ PONÉ DOVELANEGRAAA ZAPAAAAAAAAAADELCARAHOOOO
LA BRUJA LOLA
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS10-02-2008
Jajajaja
Como rio dás respostas destes tarados,
Non sabedes facer outra cousa que insultar?
¡Impresionante!, ¡que capacidade de dialogo!

Merluzos reunidos en operación rescate do polbo Galego
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
Argumentos hainos, a cuestión é que hai que saber ler:

"Os edificios de que falas, enriba de Massó, están feitos na unidade de actuación nº 9, que sempre foi residencial, nunca houbo recalificación algunha, nin ten nada que agochar".

"Especulación é mercar barato, recalificar fraudulentamente é vender multiplicando o prezo de compra. Nos terreos dos que falas non pasou nada diso, nin hai petos emporcados, ti es o que non sabes máis que emporcar o ar que che rodea.
E as contradicións onde están é na túa mente, atacando a todo o traballo feito polo Foro para evitar que se repartan Cangas entre catro harpías coma ti, pero indo de inocente e democrático.
Se esta a falar de corrupción e ilegalidades moi serias, de traizón aos propios votantes e de utilización indebida de cartos públicos, e boa parte diso está xa nos xulgados".

E pola nosa parte volvemos ó mesmo:
Vaite manifestar diante das obras esas, non tes máis, o carallo que para iso hai que ter convencemento e crer nas cousas, a diferenza é que ese si é o caso dos integrantes do Foro Social... Polo carallo ías estar ti o pé do canón durante dous anos xa!. E se é ilegal vai o xulgado, que para iso está.

Como estamos nun "estado de dereito", e como es tan democrático, es ti quen debe argumentar e probar as túas acusacións ponzoñosas, é un dereito básico que se lle esquece a alguén tan sumamente constitucional coma ti..., non vaia ser que se che volva en contra non?
Zutabe
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
Ultimamente andamos moi esquencedizos...
Unha cuestión básica que nos tes que explicar así por en riba..., como se pode ser tan simple como para caer nunha contradición en solo dúas frases, e amais seguidas? Para que o entendas mellor ímoscho destacar vale?

"Como rio dás respostas destes TARADOS,
Non sabedes facer outra cousa que INSULTAR?"

Jajajajajajajajajjajajajajajajajajajajajaja... Non se pode ira a misa e replicando! Jajajajajajajajjajaajajja
Zutabe
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
Zutabe, xa que esas tan documentado, explícanos a orixe das leiras
REPUBLICANO
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
jjjaaa! a orixe das leiras, o adn e a fotocopia compulsada da partida de nacemento.
Acaso é a primeira familia que vende unha finca? Mirade onde se especula realmente e non intentedes desvia-la atención MEKETREFES SEN RAÍCES
vexovighovexocangas
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
Xa, o fillo de Ubaldino dirá o mesmo no 2030.
VIGHES
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
diosss....como podes facer semellante comparación. Tes unha teima personal que ademáis apesta a facha. A envexa é moi mala colega
veneno que tu me dabas
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
E logo Pérez comprou chan industrial baratiño e pretende conseguir chan residencial? . Para manipular á xente vighes, hai que ter un mínimo de intelixencia.
Ós que ladran seu rencor polas esquinas
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
..!!...?
Envexa?
non dáche para mais ou intelecto ?
a envexa a teñes ti polo que se mira: Juajua no pensamento!
VIGHES
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
uuuuuy ese jallejo que falas canta a rata de alcantarilla, se te ve el plumero y cualquier día te lo cortan de cuajo
punto de mira
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
Canta paixón levanta ese pérez mírase que non podes deixar de pensar nel, chámallo e queda con el a tomar algho que nunca se sabe ;-) jajajee
canta fame hai no mundo...
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
Veleno no sangue hai neste foro, só tres violentos.
Dous e unha galiña e desde Mos despedímonos, que apestades.
Ao dito que por Cangas cheira a kk
VIGHES
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
Chuli, se te va mucho. más que utulizar recursos públicos en tonterías, hazte ver lo de tu cabecita por el bien de los que te rodean. Es patético este show y ya todo dios te ha calao, no hagas más el ridículo
parasitaxe industrial
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
Ves como cantas? penosa.
te lo has perdido beibe.
jaaaaaaaaa!
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
mira quien era el VIGHES, la loca de siempre.
Brighada Móbil do Rebullón
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
¿A tola esa da que falades é a ex de perez non? esa tía está zumbada
MEIRA
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
estais como cabras,
busca busca cocococococo.
Juajuajuajua
como videntes o tenedes fodido juajuajaua
VIGHES
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
a desquiciada esa de andorra
*/*
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
para o tarote xa te temos a ti VIGHES chupa, chupa no chupete
VEXO VIGHO
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
juajuajua
busca busca cococococo
frio, frio
VIGHES
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
Non hai nada que buscar, vighés, sexas quen sexas careces de argumentos.
Buscar na merda
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
vigues xa non che interesa o da especulación ou que ?quedaches nas pedras?
cangas
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
Se por imaxinar ou que ou fillo de Ubaldino dirá non ano 2030 sacádesme vos cans, unha identidade nova e aínda por riba unha lea co Perez, que esperades?
isto é peor que un psiquiatrico, Ou dito isto cheira a Kk estades doentes mentais.
VIGHES
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
cala ghafotas
punto
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
Este tipo é un troll con ghana de música e "sobrada argumentación". Máis alá diso, xa cho comentaron, pero contigo hai que ser insistente e traballar por repetición...

O fillo de Ubaldino en 2030 estará falando de que recalificaron para el solo industrial, coa oposición dos veciños e apropiándose de terreo público, aínda que quizais ti non poidas comprender estas sutilezas, non?

E agora volvemos outra vez ó mesmo:
Como estamos nun "estado de dereito", e como es tan democrático, es ti quen debe argumentar e probar as túas acusacións ponzoñosas, é un dereito básico que se lle esquece a alguén tan sumamente constitucional coma ti..., non vaia ser que se che volva en contra non?

Este o que quere é desvia-la atención, doutras cousas
máis complicadas de tragar para a súa Ilustrísima... como, por exemplo, que volvan as mobilizacións. Gustaralle entón sair na foto a Hillary Millán?
Zutabe
RE: O FORO SOCIAL DE CANGAS PREPARA UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS11-02-2008
A Hillary hai que avisala con tempo para os posados, mira que ben lle quedou o do bosque. Neste caso ten que consultar co seu estlista a ver que faja enteriza lle da aguantado mellor esa cara que se lle cae de vergoña
Te lo Juro Por Massó!
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados