Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://vikingsaaa.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
CLARI VAI TER QUE POñE-LO FRENO, QUE IGUAL RESVALA...06-02-2008
Haz click para ampliar Hai unhas semanas dicíamos que a sua Ilustrísima dona Clara, metía os fuciños e facía e desfacía en áreas que non lle tocaban; os beneguais do Foro botáronse a Cristo dicindo que era mentira.
Logo viu o da pataleta de Héctor máis a Concellería de Educación da Xunta a poñerlles as pilas, e a darnos a razón.
Agora, as ganas de protagonismo desta señorita, levaron a que se teña que redactar de novo o acordo de goberno, porque se non ela soiña non sabe que non se pode mete-los fuciños nas competencias do próximo...
>> Ampliar datos Zutabe


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CLARI VAI TER QUE POñE-LO FRENO, QUE IGUAL RESVALA...06-02-2008
A súa Ilustrísima barata con esaS mechas de pelukería cutre, esas mangas de juglar, esas botas tipo travelo! Clarita, como dí a outra, es unha hortera de bolera!! disfruta nena que che queda ben pouco, A VER QUE FAS DESPOIS CON ESES FUMES
HILLARY MILLÁN
RE: CLARI VAI TER QUE POñE-LO FRENO, QUE IGUAL RESVALA...06-02-2008
Que bo! Jajaja
Clarabolla
RE: CLARI VAI TER QUE POñE-LO FRENO, QUE IGUAL RESVALA...06-02-2008
Ela, no fondo, é boa rapaza. Pero quere vivir da política, e para iso ten que cumprir as ordes do que ten a man levantada, este páxaro que está a mandar ao carallo anos de loita e miles de votos progresistas para facer un partido de esmola social e pon-o-cú-ao-capital
Beiras, por qué?
RE: CLARI VAI TER QUE POñE-LO FRENO, QUE IGUAL RESVALA...06-02-2008
Pero se sodes catro mataos... a ver se mandades á peluquería a doña rogelia...
o que non pon o freno e o voso lider de papatoria en papatoria cos de caixanova no xantar de monica...el come gratis pero aos demáis saenos caro...
non sei se non se comerían peixe conxelado...como sempre andan con ese abogado de frigorificos, bueno, e de ace...e de todos...
hasta-el-foro...
RESPOSTA INSTITUCIONAL06-02-2008
Esta alcaldesa é de moito Glamour para Cangas e deberia terse presentado por Marbella, levándose con ela a Marnotes, Velázquez e Rodales con ela pa seguir indo de cenitas.
HASI
06-02-2008

Había nestes días atrás varios comentarios onde se dicía que o pacto de goberno do tripartito estaba colgado na paxina de ACE e máis na paxina deste foro. Eu tiven esa curiosidade e baixeino e vin que era certo que alí estaba pero para sorpresa miña foi que o papel donde se redactou dito pacto estaba en papel normal, cousa moi mal feita; este tipo de documentos hai que redactalos en papel de lixa porque se non os políticos de quenda limpan u cu con eles senón xa o estades vendo.

Rañolas
RE: CLARI VAI TER QUE POñE-LO FRENO, QUE IGUAL RESVALA...06-02-2008
Hasta el foro, non sei se lembras que con eses "catro mataos" ía Hillary Millán e Óliver Obama a manifestarse, porque lles saía rentable electoralmente, agora "si te he visto no me acuerdo", cojo Massó y lo vendo!.
Respecto ás vosas recorrentes chorradas do xantar, tes que saber que doña rojelia, aínda é hoxe que non comeu a costa miña nin túa, tes que ler máis os xornais, que pa que o diga o Faro...

Sóache isto de algo?:
"La regidora mantuvo ayer un encuentro con Ubaldino Rodríguez, gerente del grupo Atlántico y uno de los promotores, en el Club Financiero de Vigo. La regidora local ni desmintió ni confirmó el encuentro, simplemente se limitó a manifestar que no había ninguna noticia que comentar al respecto." Quen pagharía a comida?

Aceptao, a túa querida Clari di primeiro unha cousa e logo fai outra, e agora tedes que traghar. Pensades seriamente que somos parvos e non nos lembramos do que dicía antes de maio? Daquela parrafada do auditorio de que non ía permitir a "política do ladrillazo". Que morro tedes!
Sin tetas no hay paraiso...
RE: CLARI VAI TER QUE POñE-LO FRENO, QUE IGUAL RESVALA...07-02-2008
Beiras porque?, O deterioro do BNG vén de vello, non empezou con Quintana. O propio Beiras cando deixou de se-lo cabeza visible chegou a recoñecer que agora se daba conta de que todo ese tempo estivera a traballar pro español. Con todo, a agrupación non a deixou. Algúns nunca escarmentan. Lede o artigo que fala da mentalidade colonial dos rexionalistas estes:


http://www.frentepopulargalega.org/index.php?option=com_content&task=view&id=186&Itemid=1
Bolxevique
RE: CLARI VAI TER QUE POñE-LO FRENO, QUE IGUAL RESVALA...08-02-2008
Oh! estou abraiado! cantos argumentos de ppeso!
Que si mechitas, que si glamour, que si marbella...
A alcaldesa métese nos asuntos da súa incunvencia que son todos, polo ben da cidadanía Canguesa, non como Mariano que non se mete nin nos de urbanismo, que así nos vai. Nen os fociños nen a patiña nen o rabiño, bueno o rabiño quizais si.
E para persoas que meten os fociños onde non lles incumbe ahí temos a Valle-Inclan, digo a Romasanta que vai con Mariano representando ao departamento de urbanismo de Cangas as reunións coas administracións.
Por certo, vexo que os da esquerda da esquerda do nacionalismo verdadeiro entendedes moito de moda e vos preocupan estas cuestións.
Pois dicidelle a Mariano que a hixiene non vai reñida co nacionalismo e que pode lavar de cando en vez ese pantalón vaqueiros que leva cheos de lamparóns semana si e semana tamén e tirar de cando en vez ese polito de patatillas Lays, que é tan incongruente como para facer publicidade dunha multinacional desas que a el tanto lle gustán.
GZ
RE: CLARI VAI TER QUE POñE-LO FRENO, QUE IGUAL RESVALA...08-02-2008
Que Clara é unha hortera é unha evidencia, pero non é un argumento, tes razón. Aínda que nos persoalmente escachamos co comentario de Hillary Millán, para que negalo. Para argumentos de ppeso o teu das patatillas Lays que aínda por riba nin gracia tes, amais de dubidoso, fronte ó das mechas da outra que as vemos todos.
Chorradas a parte, iso de que a súa ilustrísima ten que mete-la gadoupa en todos lados, que o deixe para cando goberne con maioría absoluta, que aí todas as concellería son súas e como se quere cagarse nelas. Aínda que non debería tentar tanto á sorte que logo pásalle coma con Begoña.
Respecto o de que Mariano non fai nada en Urbanismo, iso é o que vos gustaría a vós que así xa non vos daba polo cú e xa estaba o porto feito!, pero mentres el este aí tedes que tragar bile!
No que dis de Romasanta, non vai como representante de Urbanismo, se non do Foro Social, ese co que vos íades manifestar fai un aniño, e principal artífice de que aínda podamos salva-lo Salgueirón.
PD: Queiras ou non queiras, dende uns anos pra aquí, o BNG é un partido de centro (dereita), que ata o seu líder non descarta pactar co PP, amais de xa ter pactado con CIU e PNV!.
Zutabe
RE: CLARI VAI TER QUE POñE-LO FRENO, QUE IGUAL RESVALA...08-02-2008
Ai, que se me esquecía GZ "esquerda da esquerda"!, vai te a manifestar a Reganosa!
Sabes o que significa ser de centro?, estar un día a esquerda e o outro á dereita! Jajajajajajajajajajajaja
Zutabe
RE: CLARI VAI TER QUE POñE-LO FRENO, QUE IGUAL RESVALA...08-02-2008
GZ, chic@, é doado de asumir. Repite canda min: SON DE CENTRO DEREITA E SOCI@ DE CiU E PNV!!
(E se te portas ben, papá hache mercar un iate para que vaias a massó)
linjeirón
RE: CLARI VAI TER QUE POñE-LO FRENO, QUE IGUAL RESVALA...08-02-2008
Para aclarar máis a que me refiro co de pactar co PP e o de centro (dereita) aí van unhas impactantes declaracións do líder espiritual do BNG, Don Anxo Quin-Tana señor de la Galaequia, o Bierzo, Eo- Navia e norte de Portugal...

Perla nº1:
Anxo Quintana, lánzase a conquista do voto galeguista do PPdeG, e con esa fin presenta a súa
formación como "unha forza tremendamente moderada" tanto na órbita nacionalista como na dialéctica esquerda dereita.

Nº2:
-"O BNG quere captar o voto de todos os galegos e é certo que hai un espazo galeguista de identificación co país que agora se sinte orfo de referencia".
En resumidas contas..., que é de "centro" e quere o boto da dereita tamén.

nº3:
"Hai moitos empresarios que se empezan a dar conta de que o nacionalismo poder ser un bo instrumento político"
E tantoooo, que llo digan a Clara!!!
Zutabe
RE: CLARI VAI TER QUE POñE-LO FRENO, QUE IGUAL RESVALA...09-02-2008
Perdón, que se me esqueceu esta:

"E entón, sería posible un goberno do BNG co PP?
-Non me gusta facer futuribles políticos."
Zutabe
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados