Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://watersoftener-reviews.net/
Indispensables
Donde ...
Guia
POLÍTICA DA XUNTA CON MOAÑA02-02-2008
Escribo neste foro para denunciar o marxinamento que fai a Xunta sobre a nosa vila tan fermosa como é Moaña, xa que parece que todo o que ninguén quere no Morrazo tócanos a nós:
Primeiro temos que esperar cinco catro anos para que comezasen as obras da piscina municipal, e mentres en Cangas xa facían unha de dous vasos e cun diseño ultramoderno.
De seguido amplian o cemiterio de Moaña e véndense a metade das plazas a xente doutro municipio, cousa que é inxusta, xa que iso foi pagado polo pobo de Moaña.
Logo entéraste de que fan a vía rápida por intereses que non nos afectan a nós, xa que, ¿acaso facíalle falta a Moaña a Vía Rápida? ¡NON!, ademáis nin sequera fixeron un desvío a o centro urbán, tendo a estrada po-551 a apenas 100 metros do desvío da ameixoada.
Ademáis por último xa neste ano a Xunta proclama facer entre Cangas e Bueu un parque industrial de 1´2 millóns de metros cadrados e estou máis que seguro que o de Moaña nun espazo que non afecta a ninguén e xa case mercado todo o terreo nin o deixan facer ¿por qué?, porque a Xunta pasa de nós, excepto cando tense que repartir a merda no morrazo, como a subestación eléctrica, que tocaralle a Moaña, sabendo que Nós non temos proxectado no plan Xeral unha población de 50.000 habitantes.
E aínda máis preocupante estou seguro que nun futuro cando haxa que facer hospital no morrazo, nin sequera o fagan en Moaña tendo os terreos mellor conectados a Vía Rápida e con menos desnivel no Morrazo, ademáis de seres os máis amplos, case o dobre cós de Cangas.
Eu proclamo a xente de Moaña para que crea no seu pobo, e que pense que Moaña pódese converter na vila máis fermosa de todas. Protestade no axuntamento ante todas estas cousas por favor, fagamos unha Moaña que non só dependa dos demáis, senón cunha vida propia e intensa, na que sexamos un pobo de encontro.
Defensor do pobo


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados