Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://redtubesexonline.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
WWW.ARIANONSEVENDE.ORG14-01-2008
Haz click para ampliar vila do Morrazo, leva máis de dous anos resistindo pacífica pero firmemente, coa súa presencia diaria diante das máquinas, á construción do porto deportivo e a urbanización ilegal de Massó, no Salgueirón.

Dous anos tódolos días: é fácil dicilo pero o valor da súa constancia é difícil de medir.


Cando nas eleccións municipais do pasado maio foi derrotado o PP e substituído polo tripartito BNG, PSOE, ACE (opostos a tal actuación), moitos pensamos que a batalla rematara con ben.
Pero non.

A Promotora Residencial Marina Atlántica, que ten como principal accionista a Caixanova, está anunciando estes días mediante unha gran campaña publicitaria, que vai intentar comezar esas obras ilegais. O novo proxecto que ven anunciando na prensa pretende ser unha versión suave dunha obra que vai destrozar o entorno, e ven sendo a coartada para xustificar cambios de opinión. Non entendemos como unha entidade de caracter pretendidamente "social" como Caixanova se pode adicar a actividades especulativas, a pelotazos que representan graves atentados ao medio ambiente.

Todo isto estase facendo co silencio cómplice da Autoridade Portuaria de Vigo e de parte dos partidos gobernantes nese concello, BNG e PSOE, que manteñen agora unha atitude ambígua, cando non favorábel, a un proxecto rexeitado polos veciños e veciñas de Cangas, incumprindo deste xeito o pacto asinado entre as tres forzas políticas que gobernan neste concello.
Dende A RÍA NON SE VENDE queremos manifestar o noso rexeitamento á construción de máis portos deportivos, que deterioran e privatizan a costa, non crean os postos de traballo que nos pretenden vender e van ligados á especulación urbanística que tanto mal está facendo.

Temos que lembrar que o proxecto de Massó é un máis dos que están previstos no Morrazo xunto con Pescadoira en Bueu ou a ampliación do Porto de Aguete. E como xa se veu neste último ou en Beluso están provocando desastres ecolóxicos, alteración de correntes e desprazamento de area nas praias.

Hai alternativas á destrución da costa que pasan polo seu coidado e por impedir a especulación urbanística, tal e como están facendo noutras zonas do estado que se caracterízan polo respecto ao entorno. Para iso as administracións teñen que deixar de ser as principais impulsoras da destrución do litoral, xa que consinten e promoven obras que só benefician a uns determinados intereses económicos.

Por todo isto, foille remitido á Autoridade Portuaria de Vigo o escrito que máis abaixo adxuntamos.
Os grupos asinantes rexeitamos o anunciado reinicio de obras no Salgueirón e expresamos a nosa intención de opoñermos dun xeito pacífico pero firme ao pretendido reinicio das obras, advertindo das responsabilidades en que poden incurrir os funcionarios ou representantes políticos que conculquen o seu deber de cumprir e facer cumprir a lexislación vixente.
Lembramos (e lembrámoslles a eles) que este proxecto inclúe actuacións ilegais sobre dominio público marítimo terrestre, ilegalidades que poden ser castigadas con penas de inhabilitación e cadea e que ademais non prescriben.
Estas ilegalidades e os seus responsables serán denunciadas/os ante a fiscalía no mesmo momento en que as máquinas comecen a executalas.


AO PRESIDENTE DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

En nome e representación da rede “A Ría Non Se Vende” veño a manifestar:

A traveso dos medios de comunicación tivemos coñecemento de que é intención da entidade “Marina Atlántica S.A.” iniciar as obras dun porto deportivo en “O Salgueirón”, Cangas, para o que di contar con todos os permisos e autorizacións pertinentes.

A citada entidade manifesta que modificou substancialmente o proxecto inicial para así, (sic), “satisfacer la demanda social detectada”.

No referente ás modificacións e demais aspectos do “novo proxecto” non cabe outra solución que remitirlle ao publicado.
Acompáñanse copias do publicado respecto diso nos últimos días.

Por razóns obvias, e a tenor do disposto nas vixentes Leis 27/1992, de 24 de noviembre, de Puertos del Estado y de la Marina Mercante (en diante LPEMM), e 48/2003, de 26 de noviembre, de régimen económico y de prestación de servicios de los puertos de interes general (en diante LREPSPIG), a Autoridade Portuaria de Vigo, administración xestora dos terreos de dominio público portuario que aquí nos ocupan, debería ter coñecemento da situación en cuestión, e autorizar os cambios do proxecto citado.

Cabe recordarlle que, aínda ao seu pesar, mantemos, e así o denunciamos ante quen corresponde, que a concesión outorgada no seu día pola APV conculcou o disposto nas vixentes LPEMM e LREPSPIG por canto no momento de resolver o atrabiliario concurso público que deu pé á adxudicación da concesión do porto deportivo que aquí nos ocupa, non dispuña dos terreos -en terra- e da zona marítima adxacente tendo en conta que ambas contaban con concesión e autorización de explotación, respectivamente, vixentes, o cal inhabilitaba e invalidaba calquera actuación respecto diso.

Dito o anterior, pomos no seu coñecemento, e no dos demais membros do Consello de Administración da APV, que é intención da entidade citada dispor do resto dos terreos (non outorgados na suposta concesión) baixo xurisdición da APV a fin de completar o seu proxecto.

Non é constatable, por non terse producido nunca, que se executaran os preceptivos e imprescindibles trámites, que permitan á entidade “Marina Atlántica S.A.” dispor da totalidade dos terreos de dominio público portuario onde pretende levar a cabo as súas actuacións.
Remítolle ao publicado así como ás copias das denuncias que se achegan no Cd que se acompaña.

Polo exposto,
SOLICITO:

Que a tenor do disposto na lexislación vixente, cúmpraa e fágaa cumprir por mor do cargo que ostenta e ocupa.

Que adopte cantas medidas cautelares estime necesarias e oportunas en evitación de situacións “alegais”, ilegais e irreversibles.

Que inicie cantos trámites sexan necesarios a fin de restablecer a legalidade.

En Cangas, a 11 de xaneiro de 2008

PD : Copia deste escrito, así como dos anexos que o acompañan, serán remitidos a cantas institucións, administracións e entidades estimemos necesario, aos efectos oportunos.
De non actuar Vd. de acordo ás obrigacións inherentes ao cargo que ocupa será denunciado ante os pertinentes tribunais conforme establécese na vixente Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do Código Penal. Lle lembramos que este proxecto inclúe actuacións ilegais sobre DPMT, ilegalidades que poden ser castigadas con penas de inhabilitación e cadea, non prescribindo os delitos. Estas ilegalidades e os seus responsables serán denunciadas/os ante a fiscalía no mesmo momento en que as máquinas comecen a executalas.

REDE A RÍA NON SE VENDE
Salvemos Monteferro
Centro Social A Revolta
Plataforma pola defensa da enseada San Simón
Voces polo Litoral de Teis
Luita Verde
Bouzas Móvete
Asociación Cultural Caleidoskopio
Verdegaia
Foro Social de Cangas
Colectivo Nacionalista de Marín
G.A.S.
Plataforma para a Conservación do Litoral de Bueu Anduxía

>> Ampliar datos arianonsevende.org


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: WWW.ARIANONSEVENDE.ORG14-01-2008
goberne quen goberne a ría non se vende!
40sfnflt
RE: WWW.ARIANONSEVENDE.ORG14-01-2008
O de que presentan unha versión "suave" tampouco é certo:
En vez de 420 amarres pretenden facer 450. Iso, reducindo a lámina de mar, implica o dragado salvaxe de toda a zona, dinamitando todo fondo rochoso e facendo desaparecer a praia da cheminea.
Cal podería ser o impacto de esa voadura de máis de 180.000 m3 de pedra? (no anterior proxecto figuraban 5.896 m3)
Por non falar da salvaxada urbanística que pretenden facer en terra:
Punta Balea convertida en zona verde urbana con cesped, estanque e pistas de tenis.
Botar aos ex-traballadores das súas casas e construír enriba.
Arrasar o xardín de Don Paco...
Cómo poden tocarnos a nós todos estes montunos e que aínda alguén do pobo os defenda?
máxima voracidade
AS COUSAS COMO Só SE SABEN FACER EN CANGHAS15-01-2008
Non me digades que non esperabades isto? Por desgracia na política as cousas funcionan así, todos van facer o que lles encha mellor o peto, ou pensabades que alguén por moita liorta que fixera durante a anterior lexislatura non ía facer algo parecido se lle deran oportunidade? O que máis noxo da é que realmente existen formas de facer un complexo marítimo sobresaínte sen facer tanto mal no litoral, ó que pasa é que somos tan gañáns que non investigamos e collemos o primeiro proxecto que nos venden e que nos vai dar cartos. E despois aínda nos queixamos cando poñen no diccionario 'gallego' como sinónimo de parbo... Ás veces dame vergoña allea das gualtrapadas que fan en Cangas, pero é o que hai: VIVA A VULGARIDADE!!!
Diego
RE: WWW.ARIANONSEVENDE.ORG15-01-2008
non poden ter a cara de tirar padiante sen permisos e sendo ilegal coma é, a ver si se dan atrevido o concello ten que decir algo.
funcionarias
RE: WWW.ARIANONSEVENDE.ORG15-01-2008
“Máxima voracidade” poderías dicirme onde atopaches o dato do dragado de 180.000 m3 interesaríame moi atopar algo onde faga referencia deste tema, porque me parece unha aberración.

Un saúdo.
aquila
RE: WWW.ARIANONSEVENDE.ORG15-01-2008
Dos 63.000 que declara no “novo” proxecto Marina Atlántica, case 10.000 descubren coa marea baixa, e outros 20.000 teñen menos de 1 metro de calado coa baixamar escorada. Dificilmente se pode atopar un sitio peor para facer un porto. Se supón que un porto deportivo “referente” debera ter alomenos 3 metros de calado. 180.000 m3 de dragado probablemente é muito, o dato debera estar nun proxecto deses que tanto se esta esforzando a empresa en dar a coñecer aos “axentes de opinión”, pero é fácil pensar en unha superficie a dragar de uns 40.000 m con unha media de dragado de entre dous e tres metros, ao redor dos 100.000 m3.
o tésnico
RE: WWW.ARIANONSEVENDE.ORG15-01-2008
Graciñas "Tésnico", quería saber o dato, e preguntarche se o miraches directamente do novo proxecto. Porque segundo a porcentaxe dos cambios realizados con respecto ó antigo proxecto, deberían ou non facer un novo Estudio de Impacto Ambiental e volvelo a trasladar a unha exposición pública, pero creo, que se asesoraron ben para evitalo.

Grazas, un saúdo.
aquila
RE: WWW.ARIANONSEVENDE.ORG16-01-2008
Non hai un novo proxecto, hai uns deseños de neno pequeno que copian o que xa estaba feito e imitan a Foster, que debía cobrar muito.
Segundo o artigo 113 da Lei 48/2003 a modificación tería que estar aprobada pola autoridade portuaria de Vigo, pero non creo que nin sequera o soliciten, o do recorte é simplemente unha concesión á galería para intentar comezar as obras e se o conseguiran farían o que estaba antes ou aínda máis, non hai máis que mirar a prepotencia coa que se moven.
Mira o flipante que é dicir que o contencioso da confraría é para decidir as indemnizacións. Para cobrar a esmola da fianza aínda tes que gastar decenas de miles de euros e agardar máis de catro anos! simplemente para cobrar!. Manipuladores compulsivos, peor aínda que Ubaldino.
Así pasa cos percebeiros do porto exterior, os mariscadores de Ferrol etc, etc. Que os mariñeiros o teñan claro, ou se moven ou que se vaian apuntando a unha ett para cobrar 600 euros ao mes por lamberlle o cu ao xefe e dar codazos aos compañeiros. A baixura molesta aos poderosos.
+
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados