Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
backless dress teen
Indispensables
Donde ...
Guia
CONSERVACIóN13-01-2008
Decidinme a escribir as seguintes queixas para que a xente do foro opine, se una e poidamos facer algo a favor do noso Concello de Moaña. Son unha persoa de esquerdas e desencantada con eles, que son uns desvergonzados.Quero expoñer a miña queixa sobre os conxuntos artísticos, ou posibles monumentos históricos, que se deben protexer nos tempos que corren. Para comezar é unha vergoña os muíños da ruta de sendeirismo do rio da Fraga, non os dan restaurado malia ter donos.O pilon do río do Atranco é outra das vergoñas do Concello, non hai máis que ir miralo. Tamén quería saber por que tiraron o Cuartel da Garda Civil disque é debido á lei de Costas; dáme moita graza cando agora veñen de construír o edificio da farmacia e din que está afectado, non entendo eu a estes do Concello, nin que estivera tan agochado como para non poder parar as obras. Un desvergonzamento. Outra das vergoñas é que estean a tirar a mellor Cordelería de Moaña, a de Meira de Arriba, e que fundan cartos en montar unha reprodución dunha cordelería na Illa de Samertolameu. Ísto é morrer.CONCLUSIÓN: queren tirar o que hai feito e andan a buscar os petroglifos. O que tiran é a MEMORIA HISTÓRICA DUN POBO, o que temos que deixar en herdanza aos nosos fillos. Gustaríame que a xente opinase e que os xornalistas o tomaran en consideración. P.D.: Urbanismo=Cartos+Especulación. Bloque, PSOE, PP: Todos son iguais.
gente legal


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CONSERVACIóN13-01-2008
Que razón ten esta persoa!!! Neste noso concello andan a tirar coa nosa historia e despois non hai máis que ver a anchura das nosas vías. Nesta ocasión tiran a cordelería para facer unha vía máis ancha e construír, porque seguramente a alguén favorecerá. Pero, pregúntome eu, non hai lei para todos? Por que cando algunhas persoas restaura unha obra ou constrúen un muro novo estremando cunha vía, non se deixan os metros que marca a lei para a vía? Por favor que mo expliquen. A lei é igual para todos ou non é para ninguén. Por que hai tantos favoritismos? Por que hai obrigas só para algúns?
María
RE: CONSERVACIóN14-01-2008
Joer co dichoso cuartel, nin que fora unha obra de enxeñería ou arquitectura memorable, ¡¡¡ que estaba a cair¡¡¡, que era un perigo¡¡¡, non era do concello que era do Ministerio de Defensa e efectivamente, cando nin o ministerio de defensa o puido rehabilitar para a garda civil, por algo sería, e fora diso, dubido moito que a e memoria historica que se relacione con ese cuartel sexa algo a conservar.
O da cordeleria é outra, ¿non será que ten dono? e cada un fai co seu o que lle peta, ou se fose tua ibala doar ó pobo de Moaña?, o concello que se preocupe do que se ten que preocupar que é anchear os camiños, o campo de futbol, o auditorio e demais, e cada casa que a joberne o seu amo, e a ver se creamos "valores artísticos" reais, non pacotilla, que un pilón veciñal teña que ser o valor artístico dun pobo... anda anda, os valores de Moaña estanse creando ainda, un pilon terá valor sentimental ou o que queirades, pero artístico..., mirade solo a coña da balea de Tirán, moitas risas, pero a xente de fora valorana positivamente, ata a praza de abastos lle sacan fotos por orixinal,e averdade é que chama a atención dende lonxe, eses son valores artísticos mil veces mellores ca o pilón.
Artista
RE: CONSERVACIóN14-01-2008
La plaza de abastos ??? rediossssss que cosa más fea
Marife de Triana
RE: CONSERVACIóN14-01-2008
mira para o artista non tes idea de valores artisticos nin de arquitectura tipico veciño moañes que nos da igual o que fagan nese cortello que lle chaman concello asi nos vai neste pobo namentras os demais`pobos saben explotar o que teñen aqui calamos a boca e que os politiquitos eses encabezados por su excelencia señor MILLAN fagan o que queiran que e facer edificios pa diante con licencias vai saber ti si legales o ilegales e seguimos calando
nelo
RE: CONSERVACIóN15-01-2008
Eu pido que se lle devolva á CNT o seu local en Moaña, ese onde agora nos montaron un club de xubilados.
En canto o dos muiños e unha verdadeira vergoña ter esas cousas nese estado, pero xa non sei se e culpa dos donos ou do concello, xa que o dono non vai poñer cartos do seu bolsillo, e o concello non vai facer nada sen o permiso dos donos. E o da "balea" e a praza e certo que a xente de fora chama moito a atencion, pero na miña opinion a praza e fea de carallo.
Anti-Todo
RE: CONSERVACIóN16-01-2008
Creo que mezclades fabas con feisóns. A min que vos metades a opinar sobre o que é publico e podemos disfrutalo todos parezme ben. Pero algo tan de propiedade privada como é o muro da cordeleria de meira darriba. Xa é andar a meterse en camisa de doce varas. As normas urbaniscas para algunhas cousas son favorables pero para outras non. E si ti queres facer unha casa como quere facer o propietario do terreno e tes que retranquear porque estamos no 2007 e a escarigo no chega unha ambulancia nin o bonbonero, e mais como non deixen construir dentro da zona nuns anos morre. Dos vellos que había xa non queda ningúen, habia dos bares e un supermercado. Tan só queda a tenda de Chuco de Chamarrias E moi bonito ter añoranzas pero dixo no se vive o mundo avanza as veces perdendo ganase. Ou pensas que ó seu propietario lle faí algunha gracia ter que tiralo muro para retirar.Pero a ley urbanistica prevalece sobre o sentimental. Pais máis información decirche que esta cordeleria non consta en patrimonio. Podocho asegurar porque estou ven documentado como veciño da zona. informaros antes de falar por falar
pepe
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados