Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://jimmyandthevivids.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
SOLIDARIEDADE CO POBO DE CANGAS, NON AO PORTO DEPORTIVO11-01-2008
Paremos a destrución da costa, non máis portos deportivos

Dende o Colectivo Nacionalista de Marín queremos amosar o noso apoio ao pobo de Cangas, ao traballo que están facendo o Foro Social e a Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), no seu rexeitamento á construción do porto deportivo en Massó. Estamos ante unha desfeita ambiental que non ten ningún tipo de xustificación e que se pretende facer dende a máis absoluta ilegalidade en todos os procedementos que fixo a empresa até o momento.

A Promotora Residencial Marina Atlántica, que ten como principal accionista a Caixanova, está anunciando estes días mediante unha gran campaña publicitaria, que vai comezar unhas obras que son ilegais. O novo proxecto que vén anunciando na prensa pretende ser unha versión suave dunha obra que vai destrozar o entorno, e vén sendo a coartada para xustificar cambios de opinión. Non entendemos como unha entidade de caracter "social" como Caixanova se pode adicar a actividades especulativas e que representan atentados graves ao medio ambiente.

Todo isto estase facendo co silencio cómplice da Autoridade Portuaria de Vigo e de parte dos partidos gobernantes en Cangas, BNG e PSOE, que manteñen unha atitude ambígua cando non favorábel a un proxecto rexeitado polos veciños e veciñas de Cangas, incumprindo deste xeito o pacto asinado entre as tres forzas políticas que gobernan neste concello.

Dende Marín queremos manifestar o noso rexeitamento á construción de máis portos deportivos, pois o único que se consegue e deteriorar a costa, non crean os postos de traballo que nos pretenden vender os promotores destas instalacións, e van ligados á especulación urbanística que tanto mal está facendo.

Temos que lembrar que o proxecto de Massó é un máis dos que están previstos no Morrazo xunto con Pescadoira en Bueu ou a ampliación do Porto de Aguete. E como xa se veu neste último ou en Beluso están provocando desastres ecolóxicos, alteración de correntes e desprazamento de area nas praias.

Hai alternativas á destrución da costa que pasan polo seu coidado e por impedir a especulación urbanística tal e como están facendo noutras zonas do estado que se caracterízan polo respecto ao entorno. Para iso as administracións teñen que deixar de ser as principais impulsoras da destrución do litoral, xa que consinten e promoven obras que só benefician a uns determinados intereses económicos.

Marín, 11 de xaneiro de 2008.

Colectivo Nacionalista de Marín


* hoxe sae na prensa que a praia de Silgar, un ano máis, volver perder area, como pasa en Aguete e en Beluso.
>> Ampliar datos Colectivo Nacionalista de Marín


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: SOLIDARIEDADE CO POBO DE CANGAS, NON AO PORTO DEPORTIVO11-01-2008
só fai falta que a vós en Marín ou a ACE en Cangas vos apóien tanta xente como ao PP para que algún día podais dicir que "representais un sentir maioritario" dos vosos respectivos pobos.

de momento só sodes unha representación testemuñal, cun mínimo apoio
bluf bluf
RE: SOLIDARIEDADE CO POBO DE CANGAS, NON AO PORTO DEPORTIVO11-01-2008
Acaso houbo un referendum ó respecto para que fales de apoios maioritarios? Penso que hai moitos votantes, como os do Bloque, que non sabían que ían ser traizoados. E que pasa coas leis españolas e as de aquí de protección do litoral? Papel mollado non? Como o acordo de goberno que volo pasades polo forro dos collóns. Despois non vain dicir que tódolos políticos son iguais. E en Cangas, aínda menos mal...

Zutabe
RE: SOLIDARIEDADE CO POBO DE CANGAS, NON AO PORTO DEPORTIVO11-01-2008
os recomiendo que leais hoy el Diario de Pontevedra sale hector, mariano y oliver hablado de Masso, y tambien comenta que las vayas que cubrian las obras fueron arrancadas por desconocidos
atun del norte
RE: SOLIDARIEDADE CO POBO DE CANGAS, NON AO PORTO DEPORTIVO11-01-2008
claro que non houbo referendum, ni para iso ni para que outra xente se arroge a representación dos cangueses que ha quedado moi clariña nas eleccions municipais: PP 5.500 votos mais 3.500 do BNG mais 3.000 do PSOE frente a 2.000 de ACE (en contra de todo o que se mova o respire, sempre e cando non sexan os seus amiguiños os que chupen os cartos municipais)
os radicales tamen enchen seus petos
RE: SOLIDARIEDADE CO POBO DE CANGAS, NON AO PORTO DEPORTIVO11-01-2008
Vaia, vaia, o que hai que oir. Aínda que sexan os que sexan os que cuestionan esta obra faraónica, ¿é que non teñen dereito a que os escoiten?. ¿Acaso se lle olvidou os do Bloque cando ían ás manifestacións contra o porto deportivo? antes das eleccións autonómicas.
Pachi
RE: SOLIDARIEDADE CO POBO DE CANGAS, NON AO PORTO DEPORTIVO11-01-2008
O que hai que aturar..., eles poden chamarte "radicales", pero ti non lles chames fascistas, que xa cha montan. A Democracia esa famosa debe ser só para algúns non?
Zutabe
RE: SOLIDARIEDADE CO POBO DE CANGAS, NON AO PORTO DEPORTIVO11-01-2008
Moitas grazas ó Colectivo Nacionalista de Marín, isto é o que fai falla, xente comprometida co medio e co patrimonio, e non eses que pensan que Benidorm é unha xoia e que o que se miraba nos filmes de Alfredo Landa era progreso.
E grazas, porsuposto a esas persoas que levan máis de dous anos a resistir e a representar o sentimento de moitos.
Graciñas
RE: SOLIDARIEDADE CO POBO DE CANGAS, NON AO PORTO DEPORTIVO11-01-2008
Todos atentos ós acontecementos. Se se atreven a comezar as obras todos a Massó.
Marisa
RE: SOLIDARIEDADE CO POBO DE CANGAS, NON AO PORTO DEPORTIVO11-01-2008
Que pasa se comezan as obras, vas rebentar Cangas ou que? Eu penxo que a xente non ten medo e menos as túas amenazas...........
Xa verás como comezan as obras e vida segue igual. Pa eso está a Policia facendo o seu traballo. Ou vaslle queimar as maquinas,ou vas facer queimar contenedores,neumáticos,etc,etc. Estamos nun mudo civilizado e non nunha tribu sin lei amigo.
Autoridad
RE: SOLIDARIEDADE CO POBO DE CANGAS, NON AO PORTO DEPORTIVO11-01-2008
ya veo ke civilizado esta el mundo cuando se consienten este tipo de obras pero para pararlas siempre estaran las piedras y la gasolina a ver si tienen huevos a empezarlas a ver valientes
a por ellos
RE: SOLIDARIEDADE CO POBO DE CANGAS, NON AO PORTO DEPORTIVO12-01-2008
Eu só podo falar no meu nome, non podo falar en nome do pobo de Cangas, pero a miña opinión é tan válida coma calquera outra. Moita xente neste foro parece que ten interese en que o porto saía adiante antes de que un futuro PXOM clarifique a clasificación dos terreos no Salgueirón (recordarvos que na actualidade son maioritariamente terreos destinados a usos industriais), porque pode darse a paradoxa de que dentro de dous anos teñamos un porto deportivo e os terreos anexos sigan tendo unha clasificación de solo industrial. O interesante sería agardar á aprobación do PXOM.

Segundo, existen procesos xudiciais abertos contra a obra do Salgueirón. ¿ Tanto nós custaría agardar á resolución do tribunal superior de xustiza? Despois da sentenza, se todo está legal, e o PXOM clarifica a clasificación dos terreos como de uso residencial, mal que me pese teremos que afrontar a construción do porto (sempre respectando o estudio de impacto ambiental da zona).

Terceiro, Existen, desgraciadamente para algúns, uns acordos de goberno que claramente especifican o compromiso das tres forzas (BNG, PSOE e ACE) de posicionarse en contra da construción do porto deportivo no Salgueirón. ¿ Sería moi traumático para a sociedade canguesa agardar á resolución do tribunal superior de xustiza, agardar á elaboración do novo PXOM, e agardar á nova situación política no concello de Cangas (goberno en minoría de BNG e PSOE, ou PP, se ACE presenta unha moción de censura)?

O progreso mal entendido, deixa exemplos palpables na orografía da nosa comarca:

1) Vía de Alta Capacidade do Morrazo, todos poderemos estar de acordo na necesidade ou non desta infraestrutura, pero a súa execución polo método de enxeñería francés de desfacer montes para aterrar vales, deixa moito que desexar.

2) O aterramento de ríos e regatos e a súa ocupación ilegal por vivendas e outras infraestruturas xa nos demostrou a súa capacidade de destrución, só temos que remontarnos un ano e dous meses no tempo.

3) As bioinvasións do Eucalipto e o Piñeiro (especies foráneas da nosa comarca) nos nosos montes para uso industrial, tamén nos demostrou no verán do 2006 (incendios forestais) a capacidade de destrución que unha actuación humana pode producir no resto da sociedade.

Existen máis exemplos. En definitiva o que quero aportar neste foro e que unha acción - actuación no medio ambiente moitas veces trae consigo unha reacción non esperada e que moitas veces tradúcese nunha situación traumática, bo exemplo son os anteriores.

Por último penso que deberíamos tomar un posicionamento de precaución e non precipitarse á lixeira defendendo unha infraestrutura como o porto deportivo do Salgueirón só porque un particular promete 150 empregos, 3 millóns de € e que vai respectar o medio natural.

Un saúdo.
aquila
12-01-2008
Autoridad??? onde??? eu lembro que quedou bastante claro que era unha obra ilegal, ¿onde está ese autoridad?
tamén choven pedras
RE: SOLIDARIEDADE CO POBO DE CANGAS, NON AO PORTO DEPORTIVO13-01-2008
Grazas
ocioloxia
RE: SOLIDARIEDADE CO POBO DE CANGAS, NON AO PORTO DEPORTIVO14-01-2008
non estou dacordo con "aquila" pero ao menos pódese leer unha exposición donde non existen os insultos e as ameazas contra os que sí estamos a favor do proxecto, con certas limitacións

grazas aquila
berto
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados