Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
dating a man who just got separated
Indispensables
Donde ...
Guia
DEREITO DE RÉPLICA03-11-2007
Haz click para ampliar COMENTARIOS SOBRE A VISITA DO PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA

Con respecto á información aparecida na prensa sobre as declaracións efectuadas na visita de Xesús Paz, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, queremos expresar o noso máis claro rexeitamento:

A.- A concesión para porto deportivo outorgada na zona do Salgueirón non é legal en absoluto, están en curso os seguintes procedementos:

1. contencioso presentado pola Confraría de Cangas, posúen autorización marisqueira na zona, que debera ser expropiada (para o cal deberíase demostrar o interese público do porto deportivo, o cal é imposible).
2. denuncia penal contra a Autoridade Portuaria por enaxenación dun ben público (unha finca de dominio público marítimo terrestre aparece inscrita "en pleno dominio" no Rexistro da Propiedade).
3. denuncia penal por prevaricación contra o ex-alcalde José Enrique Sotelo, en relación co convenio urbanístico por él asinado con Frigoríficos do Morrazo S.A.
4. denuncia penal ante a Fiscalía de Medio Ambiente de Pontevedra por delitos contra a ordenación do territorio, falsidade documental e outros.
5. denuncia penal contra o Secretario General para la Prevención de la Contaminación por non atender informes negativos na formulación de impacto ambiental do proxecto.

B.- Non existe un Plan de Usos aprobado nin un Plan Especial acordado coa autoridade urbanística local. Lembremos que en marzo deste ano o goberno de Moaña denegou á empresa AISTER o permiso de instalación dun asteleiro na Guía pola non existencia destes Plans, e argumentando que os permisos son actos reglados cuns procedementos e condicións que se deben cumprir.

Parece existir certa confusión ante as declaracións de desafectación de Punta Balea. Si se refire a Cabo Balea (punta do molle roto), cualificada como solo rústico de protección de espazos naturais, esa desafectación tiraría ó porto deportivo da xurisdición da Autoridade Portuaria, a aplaudimos; e si se refire á Punta Borneira (entre a praia do medio e Areamilla) iso xa non é da Autoridade Portuaria, a súa xurisdición chega ate a praia da Congorza, sen incluíla.

Ante calquera intento de retomar as obras, o Foro Social seguiría opoñéndose de xeito frontal e pacificamente como ate este momento e reclamando o posicionamento do goberno municipal de Cangas contra o urbanismo favorecedor de intereses particulares.

Cangas a 2 de novembro de 2007

FORO SOCIAL DE CANGAS
>> Ampliar datos www.cangasnonsevende.org


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: DEREITO DE RÉPLICA03-11-2007
Non cangas non se vende pero de sempre cheira que apesta, por iso eu fai moito tempo que non gasto un puto duro nesa localidade, e ademais animo a todos os que non son de cangas a que non solten os cartiños nesa localidade que apesta, pois son sobradamente moi capaces de existir por eles mesmos, animobos a que gastedes en Bueu, Moaña e Marin, que po lo menos agradecenno bastante mais ca estes soberbios.
RE: DEREITO DE RÉPLICA03-11-2007
Todo esto me parece muy bien, pero:
1.- La nave de las rederas se construyó y no había Plan de Usos.

2.- El puerto deportivo existente se autorizó sin Plan de Usos.

3.- Las instalaciones de las casetas para marineros también se autorizaron sin Plan de Usos.

4.- La nueva Lonja también se está tramitando sin la existencia de un Plan de Usos.

5.- La propia instalación de Frigoríficos es una concesión no sujeta a Plan de Usos.

5.- El contencioso interpuesto hay que resolverlo, primero deben hablar los tribunales, lo cual se interpreta que las obras pueden seguir su camino, ahora bien una vez exista fallo cada palo que aguante su vela.

6.- Ante todo este camino de rosas todo parece que se resolverá sin Plan de Usos, o no os habeis dado cuenta que los políticos de Cangas pasan del tema.
soy de cangas
RE: DEREITO DE RÉPLICA03-11-2007
E despois de feito tíralo ti abaixo??? Avante co foro!!
E as casetas, etc. a reclamarllas a Sotelo
RE: DEREITO DE RÉPLICA04-11-2007
avante foro :)
RE: DEREITO DE RÉPLICA05-11-2007
¿pacíficamente...? ja
RE: DEREITO DE RÉPLICA05-11-2007
Da gusto mirar o ordenados que sodes:
1. A nave de redeiras está en xurisdición de Portos de Galicia, o Plan de Usos é unha esixencia de Puertos del Estado
2. O mesmo para o porto deportivo
3. O mesmo para as casetas
4. O mesmo para ese proxecto de lonxa
5. Frigoríficos sí está en concesión da Autoridade Portuaria de Vigo. Segundo as leis de Portos e Costas, as actividades permitidas en dominio público deberan ser só as que non se podan realizar en outra parte. O almacenamento de peixe pódese facer nun polígono industrial fora da primeira liña de costa. O plan de Usos aínda non está aprobado porque ten que resolver estas contradicións.
6. Desgraciadamente algún tribunal falou: denegou a paralización cautelar decindo que aínda que houbera dano ambiental, había unha fianza para pagar aos produtores afectados directamente; iso é como decir que podes facer un hotel enriba de Cabo Home poñendo cartos enriba da mesa para pagar os percebes que algúns deixarán de coller. A confraría ten unha autorización e debera ser expropiada, pero iso non é posible porque un porto deportivo non pode ser declarado de utilidade pública. O xeito normal de actuar en estes casos é facer a obra, despois darlle a razón aos mariñeiros e pagarlles unha indemnización, pero a obra nunca se tira abaixo. A algúns iso non nos parece moi ben.
7. Os políticos non sabemos, pero algúns pensamos que aos políticos hai que lembrarlles que existen unhas leis e que non están aí para facer o que lles pete.
forosocialpoladefensadopobo@yahoo.es
RE: DEREITO DE RÉPLICA05-11-2007
joer, que ti..o tan aburrio. Relejate hombre que te van a salir cuernos.
de-mOS
RE: DEREITO DE RÉPLICA05-11-2007
cornos, a este mais que cornos van lle sair ananos. Sodes mais pesados que o carallo, deixar de dar a nota e anótate a algún cursiño de ioga para relaxarte. ¡QUEREMOS UN POBO TRANQUILO!
RE: DEREITO DE RÉPLICA05-11-2007
Tranquilidade: Rúa de San Xosé s/n, ao final
RE: DEREITO DE RÉPLICA05-11-2007
Como se retorcen @s meketrefes sen raíces, é interesante mirar como reaccionan ante as accións do Foro Social. Nunca estarán a altura dos que verdadeiramente loitan por construir unha Galiza colectiva e digna. Parabéns ó Foro Social.
RE: DEREITO DE RÉPLICA05-11-2007
Pero que dis rapaz, O Foro Social cheira a morto.
Agora só dedícanse a beatificarse a eles mesmos, tres sobreviventes , e para ser máis preciso: o sobrevivente, colgado na sua arbore, imaxinando inmimnetes ataques en Massó e algunhas bobadas dignas de alguén que perdeu o norte.
Hai que mirar a pagina do Foro para ver que o único que fan desde fai meses é festas, excursións e acudir a manifestacións varias, so pra manterse minimamente visibles.
Esta semana unha manifestación en Corrubedo contra a acuicultura. Pero se esquecen de que eles mesmos na sua pagina defenden e propóñen gaiolas en Massó. ¡!Alucina!!
O foro e ben morto, agora so son espectros suspirando por a gloria pasada.
Que dor, que dor, que pena.
4gatos
RE: DEREITO DE RÉPLICA06-11-2007
si mighiño si, pois xa podedes pisar con tento porque eses espectros que ti lles chamas están poñendo "cascabeles a todos os gatos". Ademáis de apoiar a defensa da riqueza natural en toda Galiza, os outros "cascabeles" van en forma de DEMANDAS POR PREVERICACIÓN, por exemplo. Si da igual que enmerdedes, o Foro segue funcionando. Anímate e se tes suficiente peito, vai a algunha reunión VALIENTE.
KIEN LE PONE EL CASCABEL AL GATO?
RE: DEREITO DE RÉPLICA06-11-2007
Cando se acaban os argumentos hai que iniciar os ataques persoais, canto máis directos mellor, e calumniando se fai falla, xa o temos mirado de sobra. O Plan de Usos é obrigatorio dende o ano 1992, pero ter que poñer sobre papel as múltiples cacicadas que se fixeron, e dificultar as que se están a facer é moi incómodo. Entre outras cousas agora, ademais, hai que facer unha avaliación ambiental estratéxica, que estude o impacto do conxunto do Plan e as concesións nel incluídas na nosa fermosa e produtiva ría.
É feo decir que hai metais pesados nos fondos, ou que os baratos recheos cobrando por camión de terra botado e producindo metros cadrados en primeira liña afectan as máis de 7.000 persoas que viven directamente da xenerosa natureza.
Pero o que queira molestarse só unha vez cada catro anos e vivir "tranquilo" o resto, que o faga.
RE: DEREITO DE RÉPLICA06-11-2007
xa me dirás, que pode facer por Galicia, unha persoa que ten denuncias no xulgado por malos tratos e abuso coa súa familia.
¿pero de que imos? paréceche que somos bobos.
Mellor iría se estes “ salvadores” puxésense a solucionar os seus problemas persoais antes que os da Ría, aínda que só fose por un tema de solvencia ética persoal e publica.
eu+eu
RE: DEREITO DE RÉPLICA06-11-2007
Meu deus.......vostede continue sementando merda que ha ser o que recolla.
RE: DEREITO DE RÉPLICA06-11-2007
solvencia ética? e ti parásito/a, qué ética ghastas? a ver si hai que publicar o teu historial pegado nas farolas
RE: DEREITO DE RÉPLICA06-11-2007
QUE NON SE DESPISTE O TEMA QUE SE FALABA DE ROLLOS MUI CONCRETOS COA AUTORIDADE PORTUARIA E A DOCUMENTACION QUE OS DO FORO TEÑEN DO CASO MASSO.
REPUBLICANGUEIRA
RE: DEREITO DE RÉPLICA06-11-2007
Siii? Denuncias por malos tratos? Iso son denuncias penais. E non o meteron na cadea inmediatamente?. Lle deberon ditar unha orde de alonxamento, conte, conte, que se mira que vostede é unha persoa ben informada e con solvencia ética
RE: DEREITO DE RÉPLICA06-11-2007
O foro social pola defensa do pobo tivo seu motivo na defensa do pobo ante gobernantes depredadores, se esta causa desaparecera, (xa se deu algún bo paso), e os gobernantes non agrediran ó pobo e se preocuparan eles da súa defensa, esta plataforma debera desaparecer e que cada quén se dedicara a súa vida, seus intereses, súas manías ou o que lle petara a cada quén, incluída a participación na vida colectiva, o que seguro influiría para ben en todos e todas nós. Está a pasar isto?, cando o Sr. Xesús Paz, ou o Faro de Vigo poñéndoo na súa boca, di que Puentes y Calzadas pode empezar as obras do porto deportivo cando queira?. Ou...
Para calquera que lle interesen as decisións sobre o seu pobo, as reunións do Foro son os xoves as 19:30 na Kasa da Kultura, esta semana é hoxe porque mañá hai reunión do consello de urbanismo as 19:30 no salón de plenos do Koncello
RE: DEREITO DE RÉPLICA06-11-2007


Como ciudadano de Cangas, me disgusta que desde el Foro Social de Cangas se este constante alimentando el “ estado de sitio”. Vuestros escritos me recuerdan a los de la guerrilla armada. Mas que ciudadanos preocupados por el buen funcionamiento social del pueblo de Cangas, parecéis preocupados por que reine o se produzca una línea de dialogo coherente y no podáis continuar con vuestra participación de “ guerrilla local.
Alimentar el descuerdo y la amenaza no me parece la mejor manera de reconducir un tema tan complejo como el de Massó. Creo, en mi modesto parecer que si se contuviera a los miembros exaltados del Foro, este conseguiría el respeto perdido de la población, y por supuesto me parece mucho más productivo crear dialogo entre las partes que amenazar con rabietas inmaduras y/o con la violencia verbal que estáis utilizando entre líneas en vuestros escritos.
Afirmaciones como la anterioir que dice textualmente:
Para calquera que lle interesen as decisións sobre o seu pobo, as reunións do Foro son os xoves as 19:30 na Kasa da Cultura.
Anunciar que desde el Foro se decide algo que repercuta al pueblo, ya dice mucho del perfil psicológico de la gente que va a ir. Todos sabemos que la publicidad engañosa, solo es eso: un engaño.
¿ cuantas personas asisten a sus reuniones?, y de ellas, cuantas están haciendo un trabajo serio y cuantos están por folclore o por terapia de grupo, cosa que no tiene porque estar mal, siempre que no se engañe al personal.
Otra opción para alguno puede estar en apuntarse a los GEO, al ejercito, hacerse Etarra, espía, policía secreta y ser feliz, porque realmente por lo que se desprende de los escritos bíblicos del Foro estos chicos no son nada felices.

X. Álvarez
RE: DEREITO DE RÉPLICA06-11-2007
Rabietas inmaduras??? só por algúns simpatizantes do foro. Ecuánime, ecuánime... E van de dignos!!!. Os improperios dos demais deben ter xustificación...
EDUCACIÓN PARA TODOS.
RE: DEREITO DE RÉPLICA06-11-2007
En la explicación que dais desde el Foro en el escrito anterior se entiende que no tenéis o que habéis renunciado a tener vida propia a causa de Ubaldino y los gobernantes corruptos.
Vuestra descripción me confunde y me produce la siguiente reflexión:

Si uno no tiene vida propia es porque no quiere, o no sabe, o porque se considera a si mismo un elegido al destino divino y renuncia a su vida como si se tratase de un boto al supremo. Cosa que me pone los pelos de punta, ya que denota cierto grado de patología, y eso degenera siempre hacia una personalidad descompensada.

La gente normal tiene valores y prioridades irrenunciables como familia, hijos, trabajo, amores, amigos, aficiones, vocaciones, intereses, etc. y todo en una justa medida de equilibrio y compensación.
Mi pregunta: ¿Cuales son las condiciones para entrar en el equipo del Foro?
¿Un boto o sacrificio al más puro estilo religioso-monástico? (que cada cual interprete).
¿tengo que dejarlo todo?
¿ podré no estar de acuerdo en algún tema?
¿ puedo ser de derechas?
¿ puedo ser homosexual y tener rasgos femeninos?
¿ puedo ser negro, pero de Cangas?

PREGUNTA AL FORO O CANGAS NON SE VENDE
RE: DEREITO DE RÉPLICA07-11-2007
Baixo unha capa dialogante, lees o que queres ler, unha persoa interesada nas decisións sobre o seu pobo non ten porque querer ser el/ela quen as tome
RE: DEREITO DE RÉPLICA07-11-2007
jaaaaaajaja que rollo máis cutre-aburrido-casposo-resentido jeje pareces o papa colega. moito sintasol moito sintasoooool. Aúpa ese Foro!! e apoio o de aí arriba. Botádelle collóns e íde ás reunións a decirlles todo isto á cara, VALIENTES.
MAMMA MIA!!CUANTA ILUMINACIONE!!
RE: DEREITO DE RÉPLICA07-11-2007
Parece que andades escasos de recrutas
RE: DEREITO DE RÉPLICA07-11-2007
andades escasos de recrutas
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados