Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
¿GUERRA SUBVERSIVA EN MOAñA?15-10-2007
Alucino polas orellas co que acabo de ler no CADRO, unha web de denuncia de Moaña, que aparece aquí no apartado de webs persoais. Resulta que as ratas (un eufemismo para referirse ao PP) se botaron ó monte e dedicáronse este fin de semana de encher todo Moaña de pintadas contra o alcalde.
mariano


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ¿GUERRA SUBVERSIVA EN MOAñA?15-10-2007
Pois por aljo sera dijo eu, ainda que iso de andar a faser pintadas por ahi é unha porcallada.
eiche de dar queridiña
RE: ¿GUERRA SUBVERSIVA EN MOAñA?15-10-2007
ë unha vergonza que se manche o moviliario público. Xa nas pasadas eleccións municicpais deron mostra o PP de como les gusta encher de merda as paredes do concello, despois de pactar empregar tan só os lugares adicados para tal uso. Preocúpame en boa medida a incapacidade da oposición, xa que para que un pobo abance, estes teñen que creer en facer as cousas e non ir ao monte á mínima. O melleor reflexo é o pleno Moañés no que o PP faltan ao respecto e falan sen ter a palabra, e non saben que lugar acupan, xa que son representantes dos cidadáns, e non tratantes de gando nunha feira. Espero que cesen os atentados contra o mobiliario público moañés, que é de todos.
PD algún debe fastidiarlle moito que deixaran moaña tan ben que teñen que andar estropeando todo. Saúde
Dani
RE: ¿GUERRA SUBVERSIVA EN MOAñA?15-10-2007
vergoñento
RE: ¿GUERRA SUBVERSIVA EN MOAñA?15-10-2007
Si o deles (PP) xa non lles bastaba últimamente pintá-la mona,que agora tamén as paredes, logo son os primeiros en criminalizar os grafittis dos chabales.Xa non saben que facer da desesperación que teñen,ollan como Moaña dia a dia emerxe socialmente,e a rabieta levaos a facer estas rapazadas.Son coma nenos.
lois
RE: ¿GUERRA SUBVERSIVA EN MOAñA?15-10-2007
Xa me parece incrible toda a historia esta;
-Enganan os veciños e axucannos nos plenos para ir facer follóns, acabarón co respecto que se lle debe ter a unha personalidade pública, sexa do partido que sexa, o alcalde é o alcalde, e non está nese posto porque sí, senón porque o pobo o fixo posible, faltanlle o respeto a todos, e logo piden respeto para eles, algunha qu emoito ladraba nos plenos, despois iba modosiña apedir favores coma s enada pasase.

-Van de conselleiros onda a xente e non se sabe moi ben por qué, todos acaban cunha pancarta diante do concello ¿non existen xulgados? ¿ou xa de paso fanlle un favorciño a estes da dereita?

-O seu Fürer berra e ornea coma os burros, non respeta o xuramento que fixo o inicio da lexislatura, faltalle o respeto a todos, non se cingue a ningunha norma nin moral , nin ética, nin sequera cívica (basta ver o seu comportamento nos plenos, fala sen pedir a palabra, corta as intervencións, a anima a que se einterrumpan as intervencións de calquera e rise do espectáculo mentras a outros lles cae a cara de vergonza).

Contanme algúns amigos que van polo concello que é patético, que o que fan non é oposición, o que fan e envenenar a xente uns contra outros, un veciños contra outros veciños segundo conveña o tema.

Patético, solo faltaban as pintadas, ainda andan os carteis pegados dende as eleccións por algúns muros, e agora pintadas. ¿Estes son a alternativa?
En que ano te vin
RE: ¿GUERRA SUBVERSIVA EN MOAñA?16-10-2007
a ver que esperades do PP .........
RE: ¿GUERRA SUBVERSIVA EN MOAñA?16-10-2007
Amigos, dades pena. Aquí soamente se ve "o lixo no ollo alleo". Nenguen fala dos follons que montaron os bloqueiros cando gobernaba o PP. Anda, pero a quen queredes enganar...
Morrazo
RE: ¿GUERRA SUBVERSIVA EN MOAñA?16-10-2007
Pero quen se vai crer todo iso que contades, seguro que non tiñan outra cousa que facer que dedicarse a facer pintadas, quen foi o que os mirou, porque o mellor levades unha sorpresa, porque eu sei de un porque o mirei e non era do pp, asi que haber si falamos menos sin ter nin idea
outro moañes
RE: ¿GUERRA SUBVERSIVA EN MOAñA?16-10-2007
Chámame a atención este último post. A ver "último moañés" da nomes dos que ti miraches que non costa nada. Pero si son amigos teus o comprendo, pero tamén confirma a sospeita de que os autores andan na órbita pepeira a mesma que ti, por certo.
duartiño
RE: ¿GUERRA SUBVERSIVA EN MOAñA?16-10-2007
Eu si teño informasao das pintadas e non directa, sinon de un veciño que comentaba que utilizaron un coche azul metalizado de apoio, marca peugeot 206 ou 306, para máis señas e levaban cazadoras de cuello levantado e gorros que lle tapaban toda a cara.
quevedo
RE: ¿GUERRA SUBVERSIVA EN MOAñA?16-10-2007
Esa noite botaron pa fora os bijotes as ratas. Habia ser que se aljariaron por culpa do do día da festa da rasa e puseron bunitos os muros de Moaña. Andan un pouco desesperadas coa toupeira que teñen a cabesa., pur iso colleron outro camiño, qui tamen en pulitica se chama tatica subersivaa. Unhas ratas pasaron a clandestinida, a faser estropisios nas paredes (o frente militar), outras encarjanse de escribir no Faro (o frente cultural) e outras son as que andan a rebentar os plenos do conxello (o frente pulitico). E un camiño a mar de pilijroso por que di momento a guardia sivil, seica anda a investijar a letra das pintadas e desde que miramos o CSi pola television, onde poñen u ollo poñen a bala. Sera pur iso que algun sa anda coa man escayolada con efetos retrotivos por se ascaso,...
chascarraschás
RE: ¿GUERRA SUBVERSIVA EN MOAñA?17-10-2007
O das pintadas é patético veña de quen veña e sobre todo para os propietarios das paredes que estes fill@ de p.. andan a emporcallar. Millán pode ser moitas cousas (sobre todo irónico, soberbio e seguro que máis) pero chamalo corrupto é una patochada, si o cren así que vaian a un xulgado eu llo agradecería moito e os donos das paredes tamén. Esta é a democracia que queren algúns, a de botar por fora no bar e nas paredes de moaña, non valen pa nada máis.
moañesa
RE: ¿GUERRA SUBVERSIVA EN MOAñA?19-10-2007
¿Pero algunos de vosotros los mirasteis para decir que eran del PP?
¿o lo suponeis porque pensais que cualquier cosa que haga alguien contra este gobierno tiene que ser obligatoriamente del PP?
Dani
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados