Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
more
Indispensables
Donde ...
Guia
PO-313 EN QUINTELA17-09-2007
Hai xa algún tempo que nas miñas continuas idas e voltas pola PO-313 (estrada de Marín - O Con) vou decatándome do estado ruinoso da vía abandonada pola administración desde hai vinte anos. Pero por se iso non fose suficiente, existe un tramo a altura do Barrio de Quintela que me parece que conta cunha perigosidade maior debido a ineptitude ou falta de vontade dos traballadores de almacéns Canducho. Tanto para as súas cargas como descargas non toman nen as máis mínimas medidas de seguridade, non hai triángulos que avisen da presenza dos seus camións, dos seus chimpíns ( para o que non existen as liñas continuas),nen nada de nada. E aínda por riba os seus camións andan coma tolos por aí. Comprendo que o traballo lles fai ir ás veces, un pouco rápido pero o que non acepto é que lles vaia caíndo a carga pola estrada. O curioso é que para garda civil ("glorioso corpo" que non sei a que anda) semella non ser un problema grave de circulación. Así que xa sabedes. Coidadiño ó pasar por Quintela que a estrada nese punto pertence aos Almacéns Canducho. E non penso que custe moito ter poñer uns triángulos que anuncien da perigosidade ou incluso un par de obreiros dirixindo o tráfico como fai calquera empresa seria.
valery lobanovsky


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PO-313 EN QUINTELA17-09-2007
Estou dacordo contigo, parece que coma os negocios dan traballo á xente hailles que permitir todo;algúns exemplos máis diso: verteduras dunha fábrica que todos coñecemos e que ten patente de corso, coches dos talleres de moaña que ocupan aparcamentos na vía pública (ó mellor pagan impostos especiais non o sei, se é así que alguén o diga), talleres de coches ilegais e supostamente camuflados que amontonan coches escangallados en arcéns de vías públicas, en fin...
moañesa
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados