Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://waucglobalaccreditation.org/
Indispensables
Donde ...
Guia
MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS27-08-2007
Quero denunciar a megafonía das festas de Cangas. A tes que escoitar todo o día queras ou non, a ostia de alta de volumen, e poñen unha música terrible, rancheras e horteradas dese tipo, e sobre todo publicidade.
Quén lle tira o beneficio a esa publicidade? O concello?
As festas fanse con cartos públicos e non é normal que nos fagan tragar obligatoriamente toda esa merda
aturdido


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS27-08-2007
aproveito tamen eu pra denunciar o uso do coche que vai polas ruas informando sobre os horarios do alondras do cruceiro.Os que non nos gusta o futbol nin nos interesa a hora a que xogan temos que estar escoitando todo o dia xa bastante importancia se lle da neste pobo a catro persoaxes que so saben correr detras dun balon pra estar escoitando tamen o calendario A MOITOS NON NOS INTERESA A QUE HORA XOGAN .NON NOS INTERESA
PUBLICIDADE
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS27-08-2007
Onde queres que fagan a festa?, no medio da ría?
Chipirón
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS27-08-2007
Cando ghobernaba Sotelo non molestaban a megafonía ... non?
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS28-08-2007
A mesma denuncia tiña planteado eu facela. E si con Sotelo tamén molestaba a megafonía, pero bueno, agora facemos a denuncia.

Por outro lado, creo que é unha crítica constructiva, non podemos estar a defensiva constantemente, sexa como sexa, ninguén é inamovible.

A megafonía molesta!!!! E ademáis a música que poñen é ... como definila... non sei que cada un poña o seu calificativo
ocioloxia
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS28-08-2007
EL CASO ES QUEJARSE!!, q vas hacer si son fiestas? es como si te quejas del alumbrado de navidad, o si un arbol te quita las vistas al mar!!! dedicate a vivir amigo y dejate q tonterias que la vida esta pa disfrutar!! no te estreses
mimadriña
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS28-08-2007
Pues estoy de acuerdo, fuera las megafonías de las fiestas que no hay quien las aguante. Supongo que la cosa es de la comisión de fiestas que cobra a los comerciantes por bombardearnos con anuncios a todas horas del dia y para compensar nos dan la brasa con música de lo más hortera. Los que no se quejan será que no tienen el altavoz delante de la ventana de su casa, yo desde luego estoy más que harta. SOLUCION PERO YA !!!!!
MARi
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS28-08-2007
-9:45 érgome con Paulina Rubio (ela sona polos altofalantes, "...ni una sola palabra de gestos y miradas apasionadas, .."
-10:15: almorzo con tódolos membros da Roda.
-10:30: fumo o primeiro pitillo do día, dándolle as grazas a tódolos comerciantes que apoian estas festas do Cristo 2007
-11:00 empezo a estudiar (un pouco tarde) sempre ca compaña de Merche e despois con Marta Sanchez.
11:30 Volvo a fumar un pitillo coscomerciantes locais e a súa absoluta e desmesurada xenerosidade.
-11:45 Xa estou de novo estudiando con Ricky Martin e ca chavala de Chambao.

Gracias pola comprensión!!!!
ocioloxia
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS28-08-2007
A min non me molestan os karts que teño diante da casa, teño bastante paciencia porque sei que ós rapaces lles gusta e bla, bla, bla.... Pero a megafonía ten delito, tanto agora coma no nadal. E o coche ese que pasa a berros non hai quen o aguante... Xa vexo que somos uns cantos os que estamos raiados...
Auri
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS28-08-2007
Non soio cansa a megafonía tamen vay cansando os programas dos últimos anos.Esta moy ben a nosa banda de música (son un "Fervente admiracor é seguidor dos seus concertos ") que por certo nunca mirey os responsables dos programas das festas de estos últimos anos,a xente de Cangas sempre foi moi aficionada a música a nos últimos anos estamos vendo una "pobreza e unha rutina decepcionante.E moi rico ó rodaballo e o lenguado e cando o comemos sempre CANSA ,tamen queremos comer uns "chinchiños "fritos e unhas sardiñas asadas ¿non é verda?
Aureli
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS28-08-2007
Rídiculossssss.Que ganas de molestar con tonterías.
Que quieren que la fiestas se hagan bajo tierra par aque no escuchemos nada...!
ANA
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS28-08-2007
Tes razón,aquí so se pode protestar polo de massó e da política,se protestamos por outra cousa somos uns pesados
GALICIA CANIBAL
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS28-08-2007
o da megafonia xa e de vello,non hai quen aguante semellante taladro,praticamente todo o dia,o da publicidade e coma un disco raiado(que pena que o 99%sexa en galego),e o da musica e de xuzgado,isto demostra o nivel musical d@ responsabel da megafonia,etc...etc...etc...
galiza nacion
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS29-08-2007
Non entendo que ten que ver que estemos en festas co pouco gusto musical da megafonia. Son un ignorante non consigo dar ca relación.
ocioloxia
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS29-08-2007
O do 99% en galego supoño que é unha ironía.

RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS29-08-2007
supos ben
galiza nacion
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS30-08-2007
A verdade é que quen escolla a música quedarallea "cabesiña" descansada. Onte escoitei todo o cd de PAulina Rubio, buffff......!!!!!!
Haber qeu me espera mañá!!!! Non creo qeu sexa moito mellor!!!!
ocioloxia
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS30-08-2007
Eu tamén creo que a megafonía é unha tortura. Cando vou por Cangas e escoito a música e a publicidade pola megafonía paréceme que estou na cidade de Los Ángeles ideada por Ridley Scott para Blade Runner.
Archibaldo
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS30-08-2007
Tal cual a Blade Runner!!!!! jaja, boa comparación, non o podías describir mellor, jaja.

O que pasa é que Runner ten unha banda sonora que está que te cajas!!! e aquí,..., bufffff, Espera agora dígoche o que estou escoitando: "...hay corasón bonito, hay corasón salvaje,..." Esto é unha tortura para os meus ben queridos oidos!!!!
ocioloxia
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS30-08-2007
Agora estou escoitando Dover!!! E parece que sona máis alto do habitual. Agrrrrrr
ocioloxia
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS31-08-2007
Hoxe, 31 de aghosto, no farol de Vigho: "Mensajes con megáfono" por Juan Calvo. "....Pero no sé hasta qué punto se conculca el derecho que tenemos a no recibir publicidad de forma agresiva. Imagínense que a otra empresa se le ocurriera lo mismo. SERÍA LA CIUDAD DE BLADE RUNNER, pero con jodechinchos."
Mimadriña, mimadriña ides ter que poñer copyright ós comentarios... a iso chámaselle periodismo de investighasión.
J.C
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS01-09-2007
Que bo JC!!! o juan calvo estanos a ler. Saudos juan!!! Espero que teñas un pouco máis de coidado para non cunfundir lua nova con lua chea, ay ay ay
Ocioloxia
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS09-09-2007
É certo que quizáis este ano a música estivese un pouco alta ou que o repertorio é malísimo (totalmente de acordo, sobre todo q os mesmos CD se repiten unha e outra vez) pero tamén é certo que é unha semana, que estamos en festas, e que se estivera ben deseñada e organizada esta megafonía anima as rúas e da vida. O problema é que quizáis habería que ver o tema do horario e sobre todo, o tipo de altavoces, xa que agora os hai que se poñen polas rúas comerciais e que só se escoitan ahí, sen apenas molestar ós veciños, claro que esta megafonía é moito máis cara. Sinceiramente, apoio a megafonía, as charangas e as bandas. Non quero vivir nun pobo morto, alomenos en festas. Eu tamén teño que madrugar e claro que molesta, pero estamos en festas, e hai que entender que unha semana ó ano calquera aguanta, outra cousa é aguantar o botellón ou o ruído da avenida de Marín e outras zonas todo o ano!!!!! Iso sí que é molesto!!!
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS09-09-2007
Prefiro a megafonía de Cangas e non ajuantar o cura de calquer parroquia dando a misa en directo nas festas mentras estás tranquilamente comendo na casa. Dacordo que a música é mala, pero para animar a tódolos públicos terán que poñer pachangada, non ós do directo xove nin a bethoveen, e filliños, a publicidade tamén financia as festas, ou acaso vos queixades cando a escoitades na radio ou vedes na rúa e TV?
RE: MEGAFONíA DAS FESTAS EN CANGAS09-09-2007
Ah! e que hubo festas en Cangas? eu creo que dende o 2000 que ás festas de Cangas non se lle poden chamar festas, máis ben feira... aínda que ata nin iso, porque dende que o noso amigo Sotelo se enfrentou cos feirantes nin atraccións viñan a Cangas (aínda recordo cando as novidades da Peregrina viñan despois por Cangas) menos mal que este ano, aínda que as festas foron igual de patéticas, si hubo algunha atracción que tal, que senón... pero... onde está a animación con máis charangas, gaiteiros, bandas de música, animación na rúa, festas infantiles (e non só teatro), concursos, competicións deportivas, tiradas de fogos, alumbrado espectacular, atraccións de feira estrela, a noria, as orquestas, os concertos de grupos de renome... ou o pano azul e a camiseta branca para ir detrás dos cabezudos... onde estás as nosas Festas do Cristo????
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados