Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://www.orcinypress.com/wann-flirten/
Indispensables
Donde ...
Guia
RUÍNA DELIBERADA25-08-2007
Haz click para ampliar Dende o Foro Social de Cangas queremos facer unha chamada de atención ao estado lamentable no que se segue a atopar O Salgueirón.
Unha factoría nomeada para formar parte do patrimonio industrial do estado, cunha nave industrial de 16.000 m2 que se pode cualificar como xoia arquitectónica, estase a deixar cair. Os teitos presentan grandes buracos, muitos dos seus desaugues están tapados e a auga e o tempo van rebentando os prefabricados de formigón.
As calzadas presentan grandes buracos tapados improvisadamente e en estado precario.
Os peiraos e as ramplas, en uso por pequenas e non tan pequenas embarcacións, se atopan nun estado que fai moi perigoso o seu uso.
A masa forestal se atopa en estado de total abandono, e xa se produciron en diferentes ocasións incendios, o mais grave fai dous anos. A nave principal e materiais almacenados perto da chimenea tamén sufriron incendios, e os restos aínda non foron retirados. A semana pasada aínda aconteceu outro.
O estado xeral da zona e lamentábel, hai unha zona perto da baleeira, en zona de servidume de Costas, que se utiliza para entullos, hai aberto expediente da CPTOPT polo tema, por resultar solo rústico de protección de espazos naturais. Toda a zona utilízase normalmente para verquer incontroladamente lixo e entullos.
Unha grande masa de terra e pedra continúa almacenada entre a nave da anchoa e a baleeira. A policía local tamén abriu expediente no seu día.
O xardín de Don Paco, con especies vexetais de grande valor e outras zonas que no seu momento foron xardíns de uso público atópanse completamente a monte.

Non hai que ser moi mal pensado para buscar unha intencionalidade en esta situación: a de que a zona presente un estado de abandono tal que a poboación acepte como "recuperación dunha zona degradada" a urbanización especulativa dela.

O propietario nominal dos terreos antes pertencentes á factoría Massó Hermanos S.A. é a compañía mercantil Atlántico Construcciones y Promociones S.L , que antes a mercou a Conservas y Frigoríficos del Morrazo S.A.
O socio maioritario de Atlántico Construcciones y Promociones S.L é a entidade financieira Caixanova.
Os terreos constitúen unha unidade de actuación cuia cualificación actual é de espazo natural nun 35%, industrial nun 58,5 % e residencial nun 7.
No 2004 se asinou un convenio urbanístico, de dubidosa legalidade e caracter claramente especulativo, entre José Enríque Sotelo, entón alcalde do PP de Cangas, e Frigoríficos do Morrazo. A validez do convenio estaba supeditada á aprobación do PXOM de Cangas.
O PXOM que incluía ese convenio e outros de tamén grande magnitude especulativa, como o que afectaba aos montes veciñais de Aldán, tivo un forte rexeitamento popular, tivo que ser retirado e foi unha das causas da posterior saída de Sotelo da alcaldía.

En estes momentos comézase a redación dun novo Plan Xeral que terá que decidir o futuro da zona.
Caixanova, entidade que aumentou nun 176 % os seus beneficios no último trimestre, e con unha pretendida "obra social" da que en Cangas só podemos ollar as diferentes actuacións programadas no auditorio público, cobradas a prezos que poden oscilan entre os dez e os vinte euros e que mais ben semellan ser unha actividade lucrativa máis; ou os gastos de publicidade habituais en calquera grande empresa, que en casos é publicidade encuberta e non permitida pola lei de Costas como pode ser nas instalacións náutico-deportivas do porto; esta entidade, parece aínda proclive á unha recualificación e actuación especulativa (eso sí, coa careta da recuperación dunha zona degradada) nuns terreos que deberan ser o pulmón natural de Cangas, tanto no seu aspecto de xa existente aínda que abandonada zona verde, como patrimonial ou de iniciativa de emprego local, despois de estar castigada Cangas durante mais de quince anos sen un só metro cadrado para calquera tipo de actividade industrial.
As posibilidades destes terreos, que inclúen grande cantidade de viais públicos e terreos pertencentes a dominio público marítimo terrestre teñen que estar en consonancia coas leis vixentes, como por exemplo a obrigación de ter un plan de usos portuario aprobado e un posterior plan especial acordado entre autoridade portuaria e a autoridade urbanística local; ou o necesario cumprimento do ratio de espazos libres no conxunto do municipio de Cangas, agora mesmo deficitario en mais de 250.000 m2.
Creemos que o futuro desta zona afecta a toda a poboación de Cangas e debe ser aberto un debate, dentro do inicio dun novo Plan Xeral, e expresamente recomendado polas leis urbanísticas que pretenden incentivar a participación social no planeamento, no que se discuta e se intente chegar a un consenso sobre estes terreos de vital importancia para Cangas. Mentras chega ese momento creemos que o Concello ten a obriga de esixirlle ao propietario nominal, como a calquer outro cidadán, o cumprimento das normas de ornato e limpeza, e tomar as medidas adecuadas para evitar a ruina do valor patrimonial, evitar situacións de insalubridade e perigo e facer mais agradable unha zona moi aprezada e utilizada para o esparcemento e lecer da poboación.

foro social de Cangas


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: RUÍNA DELIBERADA26-08-2007
ir a falar co cacique de Abel caballero
A DéBEDA DE CAIXANOVA CON CANGAS26-08-2007
Caixanova ten unha débed histórica con Cangas. Cando era Caixavigo Cangas era o segundo cliente por detrás de Vigo en volume de negocio, agora seguimos a estar entre os 10 primeiros, e como ben apuntan dende o foro, a obra social en Cangas desta entidade limítase a catro espectáculos e subvencionar exposicións e carteis. Xa que indirectamente os terreos lle pertencen, é unha oportunidade única para converter a nave principal de Massó nun xigantesco centro social e recinto ferial, no que tivese cabida un gran auditorio, salas de exposicións, museos interactivos, recinto ferial con diversos pavillóns, salóns de usos múltiples e obradoiros, etc. Sen apenas modificar a estructura por fóra poderiase converter o edificio nun referente cultural da provincia, e por que non, de Galicia.
Paralelo a esta dotación, pódese construir o ansiado museo da balea e o centro de recuperación de mamíferos-aquarium nas naves da punta balea, e a aula da natureza a carón da lagoa. Así, todo o espazo do borde litoral sería público, incluido o campo de Massó, e na zona alta, na baixada a Areamilla e na zona do arredor do hotel, podería ubicarse unha zona residencial para que a promotora poida rentabilizar a operación a cambio de ceder o resto dos terreos. Tamén quedarían públicos os xardíns de don Paco e poderiase ubicar o centro comarcal nas naves ó seu carón. Asimesmo, recuperar as praias e as infraestructuras portuarias, sen novos recheos, agás no espazo entre o peirao de Massó e o dique de abrigo, onde podería ubicarse un pequeno dique para barcos de altura, e mesmo habería espazo para unha terminal de carga/descarga e porto deportivo, gañando o porto de Cangas unha nova dársena sen necesidade de apenas recheos. Iso si, é necesario que Frigoríficos do Morrazo se vaia para o novo Parque Empresarial, e só quede na zona unha zona de carga e descarga, podendo prolongar a avenida e o paseo do porto ata Massó, e gañando unha tremenda praza pública no lugar onde actualmente está frigorificos para aparcamento, zonas verdes e deportivas, e mesmo para ubicar grandes eventos de ocio como circos, feiras, festas do cristo, arribada de barcos significativos ou divulgativos,...
Caixanova, a Xunta, o Ministerio, a Promotora e sobre todo o Concello, teñen moito que dicir. Salvemos Massó!!!
Por certo, igual que nos obrigan a ter as nosas fincas limpas e as casas arranxadas, que a promotora se faga cargo de darlle un lavado de cara á zona (limpar e desbrozar tódolos xardíns, explanar os camiños, e por que non darlle unha man de pintura á fábrica... e q o concello poña alumeado público xa, e fóra o muro ese de ferro q puseron os de construcciones Dios!!!!)
Penko
CAIXANOVA, PENSA EN CANGAS26-08-2007
Totalmente dacordo contigo penko, iso si, q se salve tamén o hotel e a gardería e se gañe un gran paseo dende a estación marítima e Areamilla con carril bici, e fóra o aborto de Frigoríficos, isto si sería abrir Cangas ó mar!!! e depaso, fóra as casetas de ferro dos mariñeiros, non máis abortos de lura, por favor!!!! SALVEMOS MASSÓ, CAIXANOVA, PENSA EN CANGAS!!!
PK
CAIXANOVA, NON XOGUES COS NOSOS CARTOS!!!26-08-2007
Caixanova, fai algo bo por Cangas por unha vez na historia, xa que nos jodeches a Capela do Hospital pa poñer a túa torre do reloxo e a túa sede, polo menos agora que podes salva Massó e invirte en Cangas, somos moitos os que temos os cartos ahi, e os beneficios só os vemos en Vigo, Ourense, Pontevedra... e mesmo en sitios co menos volume de negocio que Cangas!!! Non xogues cos nosos cartos, e axúdanos a recuperar Massó!!!
tarty
RE: RUÍNA DELIBERADA27-08-2007
E tamén pódeselle pedir o Señorito do foro, que limpe os cascallos e o lixo procedente dos tres edificios que se construíu encima do xardín botánico de Massó, porque están morrendo ás árbores e ás plantas.

¡Canta hipocrisía!
TRN
RE: RUÍNA DELIBERADA27-08-2007
Eu non estou de acordo co o que di Penko de que se lle deixe a Caixanova construír unha zona residencial para rentabilizar a cesión do resto dos terreos. Caixanova sabía cando mercou que a cualificación dos terreos de uso lucrativo era industrial nun 90% e residencial nun 10% e que ese 10 corresponde ás casas que mercaron os antigos traballadores, que ademais foran expropiadas no seu día por Massó para a construción de vivendas sociais, e se troca o seu uso, os antigos propietarios terían dereito a recuperar os terreos expropiados.
A mellor solución sería que unha administración pública se fixera cargo dos terreos e os destinara a parque, servizos públicos e iniciativas de emprego. A idea de Penko da nave central como multiusos e espazo feiral parece moi boa. E pedir que as administracións invirtan aínda que sexa un peso en Cangas, que o único que miramos son proxectos pensados para que as empresas dos amigos teñan traballo e cartos fáciles como o exemplo das casetas.
palangre
RE: RUÍNA DELIBERADA27-08-2007
O que está claro é que Masso debe ser o púlmón cangués, debemso de facer algo pro futuro. Comezar a pensar dunha vez no noso futuro, e no futuro do noso futuro, deixando dunha vez de pensar no voto inmediato.

Outro Cangas e posible, e entre todos conseguiremos facer de Masso o que Cangas precisa
ocioloxia
RE: RUÍNA DELIBERADA28-08-2007
me din os colegas do Foro que esta mesma nota se lle mandou ao Caixanova Times e non lle dedicaron nin unha soa liña. Pode ter que ver con que Juan Calvo, este que fala hoxe de lúa nova en ves de lúa chea, voltara das vacacións? E pode ter tamén algo que ver coa reaparisión de Paco de España?
casea
RE: RUÍNA DELIBERADA28-08-2007
Grazas ao Foro e a xente do Morrazo que segue pendente do tema. Iso tamén é un ben común non apreciado coma merece.
E que teñan claro eses meketrefes fabricadores de angustia, que nesa comarca e nese pobo hai máis bos e xenerosos que en toda a Area metropolitana xunta. Si non fora por eles o Salgueirón xa non existiría hai tempo.

Apertas e coraxe a es@s loitador@s, Cangas non se vende!
Dende a outra banda da Ría.
RE: RUÍNA DELIBERADA29-08-2007
todo queda en familia... enfin! mais do mesmo!
que guapo soy, que listo soy, soy,soy...blablabla
que falta de imaginación
alucinando con tanta repetición
RE: RUÍNA DELIBERADA29-08-2007
Que bo o de Xoan Calvo de lúa nova en lugar de lua chea, tamén me din conta e lendo estaba a escarallar eu so.

O foro fixo e fai unha laboura incrible!!!m Gracias a todos!
ocioloxia
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados