Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
mrbruff creative writing
Indispensables
Donde ...
Guia
NON MáIS ATASCOS27-07-2007
Penso que non se pode producir todos os días as retención que se producen nas estradas de Cangas e o resto de concellos do Morrazo. Falo de Cangas porque é o concello onde vivo e onde vexo a penosidade desta situación. Espero que se intente resolver dita situación.

ocioloxia


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: NON MáIS ATASCOS27-07-2007
POIS PROPON IDEAS, porque a situacion non e doada, cunha via rapida, que no seu 1º mes de existencia xa queddou anticuada¡¡
imaxina
RE: NON MáIS ATASCOS27-07-2007
Claro,propoñer ideas está moi ben,pero qué pasa cos cartos que se lle pagan a xente que ten que resolver estes problemas,e aínda sin resolvelos cobran igual
RE: NON MáIS ATASCOS28-07-2007
e as responsabilidades de quen son? por facer esta chapuza?.PREGUNTO
G
RE: NON MáIS ATASCOS28-07-2007
a resposta denriba corresponde a galiza nacion
galiza nacion
RE: NON MáIS ATASCOS29-07-2007
A solución empeza por rematar a via rápida e convertila en autovía. Quén non ten ido a Vigo ou viu de Vigo detrás dun mausoleo (camión frigorifico ou vehículo semellante); de vía rápida nada de nada, as veces circulas a menos velocidade que a recomendable, co risco que eso tamen entraña.
Despois o chegar os puntos de chegada, chamese por exemplo Cangas, as estradas que van dende Cangas a Aldán, por Herbello e Darbo, terían que amplialas para soportar o tráfico que en ocasións faise intenso, igualmente ocurre co vial que vai dende O Viso deica a Vilanova.
Para rematar, e non menos importante, terían que crearse mais zonas de aparcamento nos lugar máis utilizados, empezando por Cangas e rematando polas zonas de praias máis concurridas, que ademáis na maioria dos casos teñen concedidas bandeiras azuis.
Sei que non é nada sencillo, pero penso que é responsabilidade dos politicos que nos representan artellar as formas para conseguilo, chamando nas portas das administracións que poderían axudar a alcanzar melloras.
Ata o de agora o que se fixo coa via rápida foi intentar contentar a todos os que demandaban un vial alternativo a estrada utilizada dende toda a vida e que se levaba facendo dende muitos anos atrás, si ben a medida mirouse dende o seu nacemento que non arranxaría o problema actual do tráfico e menos o do futuro.
honra sin barco
RE: NON MáIS ATASCOS30-07-2007
Precisamente as solucións de "honra sin barco" son as que atendendo os datos empíricos ou do día a día que nos dan a experiencia son as solucións que amplían e esaxeran ate a súa maior exponencialidade o problema dos atascos o cal podemos deducir do simple feito de que xa agora que temos dúas vías de entrada ao concello de cangas se dan atascos por non ter aparcamentos, ¿que pasara cando haxa máis aparcamentos? pois evidentemente as falsas facilidades de estacionamento traerán máis coches e outra vez máis atascos.
Pero tendo esa máxima en conta, a costa de que se van a construir máis aparcamentos?, a costa das casas xa construidas nas praias, a costa dos poucos bosques que quedan o lado das praias, a costa dos sistemas dunares, ou aterrando o mar pra facer máis aparcamentos, outra cuestión e a de por exemplo ampliar estradas como as que se mencionan do viso a vilanova, tamén a costa de que? de tirar as casas dos veciños para facilitar a entrada de máis vehículos que non terán onde aparcar, non esas non son solucións.
Hai que comezar a pensar en deixar o coche na casa para ir a praia ou para distancias que non superen os dous kilometros por non mencionar os que collen o coche para ir da pedra alta ata a alameda, algúns recordarán tempos nos que a antiga Vapores de Pasaje vendía billetes combinados dende vigo co bus para ir a nerga ou o muelle de rodeira no que en verán desembarcaban bañistas co que xa temos dous exemplos alternativos de como eliminar facilmente o tráfico e os atascos utilizando o transporte público que poería comezar a facer frecuencias dende o muelle a nerga, atan ansiada tarxeta metropolitana de transporte que podería crear verdadeiros servizos públicos inclusive circulares no concello cun prezo rebaixado que custaría arredor dos 70 centimos ou o tamén necesario noitebus que podería eliminar das estradas moitos dos coches que saen da avenida de marín dando os tumbos as noites dos sábados, esas son as propostas que poden aliviar o tráfico, o que non pode aliviar o tráfico e darlle facilidades aos conductores.
Xoan
RE: NON MáIS ATASCOS30-07-2007
Pareceme razonable o plantexameno de "Xoan" no que atingue a que se debería potenciar o uso do transporte público, pero argumentar que coa mellora das infraestructuras viarias vai a sufrirse todavia maís o problema do trafico pareceme unha idea si a caso algo retrograda, é como o dito "poñer portas o mar ou o monte", neste caso portas as estradas, (mellor nos quedamos como estamos por si acaso, non vaia a ser).
Hai que ser realistar e pensar que os nosos pobos van a seguir crecendo e polo tanto hai que pensar no futuro de todos, veciños, traballadores, empresas que algún dia podan elexir a nosa comarca para instalarse, e por qué non no turismo, ou é que o turismo agora é algo negativo; a quén non lle gusta viaxar e atoparse boas estradas, ou e que acaso preferimos os camiños estreitos con insoportables curvas e máis curvas.
As estadisticas din que o parque de vehículos é cada vez máis numerosos e eso debe levar implicito unha mellora das estradas en todos os sentidos, non solo polo ben dos conductores sinon que tamén dos peóns, que desgraciadamente agora en moitos dos casos transitan polas beiras das estradas con, seguramente en moitisimas ocasións, perigo para a súa integridade fisica.
honra sin barco
RE: NON MáIS ATASCOS30-07-2007
Pois é precisamente o que como escribin anteriormente o que di a experiencia, que por mor de ter novas vías o problema non desaparece, e por anchealas tampouco, agora ben si que é certo que algunhas vías precisan ser ancheadas e reparadas pero atendendo ao desenrolo futuro do pobo primando políticas de asfaltado en zonas onde si que se necesitan entendese a futura circunvalación que leva tempo xa en obras e que pode permitir unha mellor diversificación do tráfico, outra cousa é o asfaltado indiscriminado de camiños que ou ben son utilizados por dúas casas e so durante o inverno, tamén falando de políticas retrogradas non sei que será mellor se xa non asfaltar senon ampliar e dotar de servizos estradas de interese xeral que darán mellor servizo do que dan sendo de interés xeral por quitar tráfico do centro como a estrada do espírito santo que forma parte da circunvalación ou seguir cunha política continuista de asfaltado indiscriminado e de apertura de novas estradas que esta demostrado xa non so en cangas senon en toda galicia que a pesares de non ser "retrogradas" pero si continuistas fan máis mal do ben que se esperaba que fixesen.
E inda máis podemos poñer un exemplo clásico de política que sería tachada de "retrograda" polos continuistas do asfaltado e cantas máis infraestructuras mellor inda que so sirvan para empeorar a nosa calidade de vida, esta política é a que se comezou a aplicar na cidade de Londres hai xa creo que un par de anos, na que se instalaron peaxes dentro da propia cidade co que se conseguiu aliviar o tráfico, mellorouse a calidade do aire, os servizos de transporte público fixeronse máis eficaces e a poboación en xeral mellorou a súa calidade de vida.
Outra cuestión aparte é a do turismo e a propia orografía do terreo que non se debe mezclar coa facilidade coa que se mezcla, posto que, os turistas que se acercan a contemplar as nosas paisaxes, isto é montes no mar coas súas estupendas vistas que ofrece un territorio peninsular con serras interiores, non lle apetecerá ver como se carga esa paisaxe unha política de eliminación de curvas que poden chegar a estropear tanto a paisaxe como a propia vía rápida e vexase o exemplo dapolítica de eliminación de curvas en no concello de Muros no que a extinta C-550 da o mesmo noxo que a nosa vía rápida pero so que esa é unha comarcal e esta a dez metros do mar, polo tanto aos que lles afecta verdadeiramente o estado e o trazado das estradas non é na maioría dos casos aos turistas que soen vir a admirar as nosas paisaxes porque estas dúas cuestións son incompatibles, xa non deberíamos estar na época de cortalo monte, deberíamos estar nunha época na que interés xeral estivese por riba dunha falsa comodidade que so xenera incordios e molestias sobre todo para veciños de zonas onde en máis de dez meses ao ano non teñen ningún problema de desprazamento e en parte dos outros dous precisan de horas para ir a onde pola comodidade dalgúns tardaban so uns poucos minutos, insisto en que as cousas teñen que cambiar, comezando pola mentalización e seguindo pola política territorial obsoleta que algúns seguen predicando sen observar que sigue pasando neste pobo tódolos anos a pesar de haber máis aparcamentos e máis vías de comunicación.
Xoan
RE: NON MáIS ATASCOS30-07-2007
Estou bastante de acordo co que dí "Xoan", ainda que as comparacións son odiosas, refirome a Londres, sería inviable levar esa idea para unha vila como Cangas, alomenos durante os proximos 20 ou 30 anos; en que vila ou cidade de Galicia existen espacios nos que se poida deixar o vehículo particular de ún, a equis quilometros da vila ou cidade de destino e ofrece uns transportes públicos áxiles, rápidos e limpios, que van a recoller a eses ocupantes dos vehículos particulares e os plantan no centro da vila ou cidade, en ningún lugar que eu coñeza, penso que non existe, ainda que me parecería acertadisimo que se trasladara esa idea á nosa comarca, si ben, como dixen, e si é que se chega a facer, pasaran muitas decadas.
O mundo sería mui bonito si non houbesen aglemeracións de vehículos e conseguintemente sin molestias de atascos, sin enfados dos usuarios das estradas, que si un se pon enfermo non corre o risco de morrer no traxecto que nos leva a un hospital fora da nosa comarca, con infinidade de espacio para estacionar correctamente os vehículos erradicando as dobles filas e os vehiculos sobre as beirarrúas, que poidamos pasear sin perigo de que nos atropellen, etc... pero non é así, a realidade é outra, é a que se vé nos noticieiros, nas estadisticas, nas enquisas, etc... , vender a ilusión que eu tamén comparto, de como nos gustaria que fosen as cousas sin ter que causar molestias as persoas ou danos as cousas para mellorar en todos os aspectos, tamen na calidade de vida, é unha quimera, penso que a maioria das veces é inevitable que suceda esto, pero de existir esa formula máxica, adiante que a fagan ou a copien os politicos que nos representan. Penso que nas miñas manifestacións tampouco deixo entreveer que defendo o clasicismo de bachear por bachear, eso queda para unha clase de políticos que desgraciadamente estamos acostumados a sobrelevar, e que o chegar épocas electorais intentan arañar os votos que perante o longo das diversas lexislaturas non souberon gañar. Un saudo.
honra sin barco
RE: NON MáIS ATASCOS31-07-2007
Saúdos "honra sin barco" parece que conseguimos poñernos alomenos bastante dacordo en como deberían facerse ben as cousas para chegar a un estado de benestar aceptable e sobre todo sabendo os dous que por sorte non imos chegar aos niveis dunha capital europea pero si de como as veces ideas que parecen estranas poden ser unha solución sobre todo a longo prazo, bueno non me extendo máis, recalcar que esta debe ser unha das denuncias mellor levadas dos últimos meses creo que é un exemplo de como se deberían tratar as denuncias no foro sen agresións verbais e sen estupideces polo medio, todo un placer, deica.
Xoan
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados