Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://nscentralcoast.com/bunny-doing-homework/
Indispensables
Donde ...
Guia
RAMóN CABANILLAS MOAñA20-07-2007
¿E que ninguén se da conta de que a estrada Ramón Cabanillas no está feita para seres de sentido único? Aquí en Moaña, certa asociación de veciños está disposta a facer que Ramón Cabanillas sexa de sentido único para intereses comerciais ( ampliación de aceiras e máis aparcadoiros ) e se isto se fixera as consecuencias sería bastante malas para a imaxe do centro, expoño aquí as desvantaxes que isto acarrearía:
A primeira sería que habería que re-humanizar toda a estrada para facer máis aceiras e aparcadoiros novos, isto suporía unha pérdida de fondos importante que poderían ser usados noutras obras de máis calado coma a humanización doutras estradas no Real.
A segunda sería converter o centro da vila nunha ronda xigante tendo que dar a volta completa para aparcar na rúa ou mesmo para ir cara Vigo, vivindo ao comezo ou á metade desta, pois por unha mala planificación no pasado non se fixeron máis estradas de baixada e subida a rúa Concepción Areal entre o vello concello e a zona do Real.
A terceira desvantaxe sería a perda de clientes (e digo isto polos comerciantes) que vendrían de Cangas ou Marín.

As solucións que o meu parecer son as máis adecuadas para solucionar a falta de prazas de aparcamento na rúa sería construír un aparcadoiro subterráneo o longo da estrada que serviría tanto para veciños sen praza e para visitantes.
Outra opción sería facer as estradas de baixada e subida mencioadas con anterioridade.
RúA MoAñA


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: RAMóN CABANILLAS MOAñA22-07-2007
Debería ser de sentido único, con grandes aceras y mucho mas humanizada que lo que está ahora. Hay que empezar a pensar en prescindir del coche y disfrutar de calles casi peatonales. La calle de arriba actualmente es solo una travesía de paso que no aporta nada al pueblo ni a nivel económico ni siquiera a nivel lúdico ..... ¡ Hagamos que Moaña sea tan bonita en la calle de arriba como en la de abajo !!!
lalilah
RE: RAMóN CABANILLAS MOAñA22-07-2007
Hola, son un veciño de R. Cabanillas e quero mostrar o meu apoio o SENTIDO UNICO desta rua. Hai uns anos, cando as obras, estivo asi unha temporada e, a pesar das "molestias" de ter que dar a volta polo Real, deuse vida o pobo, no sentido de que a xente dos arredores DESCUBRIU
veciño
RE: RAMóN CABANILLAS MOAñA22-07-2007
Perdon, dicia que a xente descubriu que Moaña era algo máis que un pobo "de paso". Moita xente de Cangas e Bueu que curra en vigo e pasaba a diario pola rua SEN PARAR a nada flipou co paseo de C.Arenal e iso notase agora o fin de semana coa xente que ven a pasear. Aparte de isto, anecdótico, quen teña presa por desprazarse que vaia polo corredor, que para iso se fixo a desfeita no monte. E para os veciños, TRANQUILIDADE, BEIRARRUAS ANCHAS, TERRAZAS e PASEOS, ademais de facerlle un guiño o comercio, que esta morto e a ver se resucita asi.
veciño
RE: RAMóN CABANILLAS MOAñA22-07-2007
Estou de acordo en que se humanicen a maioría de sitios posibeis, o que non estou de acordo é que sexa neste caso. A cuestión é moi simple, a desfeita que suporía para o tráfico por Concepción Areal sería descomunal, e xa sei que se debería de usar menos o vehículo particular estou moi de acordo niso, (pero a ver como facedes para convencer os miles de automovilistas que pasan a diario polas nosas rúas). O caso é que o atranco que se crearía por outras rúas do municipio sería bestial, e se non tempo o tempo, por que logo non serían un cuantos quen se queixarían, como sucede agora con Ramón Cabanillas, se non que serían centos, ou sexa , en definitiva, que o interés duns poucos non prevaleza sobre os de moitos. E o goberno municipal dicirlle que teña valor de enfrontarse a eses cantos que piden sentido único, ata agora o estiveron facendo moi ben en todolos temas de Moaña os que se tiveron que enfrontar, e que sigan así. E os veciños da rúa Ramón Cabanillas que empecen por respetar as zoas de aparcamento, por que xa casi están aparcando no medio da rúa a altura do follas novas e xa vai sendo hora que lle poñan unhas multiñas pa ver si respetan os que nos xogamos o tipo esquivando os seus coches mal aparcados. SAUDE E TERRA
O SINIOR AFRANIO
RE: RAMóN CABANILLAS MOAñA22-07-2007
Sego sen estar de acordo con iso de faceres Ramón Cabanillas de sentido único ¿e que non léstedes as desvantaxes que acarrearía? Ademais non só se teñen que facer beirarrúas na estrada se non que hai que facer moitos máis aparcamentos porque cada vez constrúense máis edificios sen aparcamentos. Se se fixera o aparcadoiro que propoño con anterioridade (un aparcadoiro como o de Urzáiz en Vigo) e as baixadas a Concepción Areal aparte do vial de circunvalación de Moaña xa sería outra cousa, pero antes diso é imposíbel que o sentido único saia ben nunha das rúas máis importantes e máis transitadas do municipio.
Rúa MoAñA
RE: RAMóN CABANILLAS MOAñA23-07-2007
Me parece un error que ramon cabanillas fuese de sentido único, porque se colapsarian mucho mas las demas calles y los coches tendrian que dar mucha mas vuelta, porque lo que lei en un comentario anterior, algo asi como q "ya va siendo hora de dejar el coche en casa" es algo que, desgraciadamente, no se va a hacer, no por eso el coche va a quedar en casa, vas a tener mucho mas trafico por las demas calles.
Dani
RE: RAMóN CABANILLAS MOAñA23-11-2007
a verdade e que e moi interesante todo o que se comenta . hai para todolos gustos .pero o primeiro que me gustaria recordarlle a xente que a gran volta que se teria que dar para aparcar o teu coche, xa a tes que daragora, pois para poder aparcar o coche en ramon cabanillas ou na praza tes que ir q a rotonda ou ou baixar pola baixada do canicho . o segundo informar que non só os comerciantes de ramon cabanillas queren o sentido unico pois eu non sou comerciante e o quero pois creo que teño o mesmo dereito ca ti a poder dercargar a miña compra diante da casa ou calquera outra cousa.e os intereses dos comerciantes son os mesmos que poden ter os comerciantes que forman parte de outras asociacions ou teñen calquera tipo de negocio.
vecina de ramon cabanillas
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados