Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
creative writing workshops
Indispensables
Donde ...
Guia
"URXE CONTRATAR A 1.000 TRABALLADORES DO LESTE"15-06-2007
Haz click para ampliar Ola a tod@s!

Non sei se coma min lestes onte, 14 de xuño do 2007, unha nova que aparecía
na sección de Econo Mía do Faro de Vigo, na páxina 34. Nesta folla sae unha
entrevista ó recén elexido presidente da Asociación de Fabricantes de
Formigón de Galicia, Don José Manuel Pombo, que representa a, 61 empresas
asociadas distribuidas en 34 fabricantes de formigón e 27 de prefabricados.
Todas elas representan a 120 centros de producción.

O caso é que quedei alucinado ca frase da entrevista resaltada polo Faro de
Vigo, " Urxe contratar a 1.000 traballadores do Leste para conducir
camións". Menuda declaración de intencións a deste presidente do sector
formigoneiro. Menudo elemento, menudo pensamento. Eu pensei, podía decir:
"precisamos formar a 1.000 galegos para conducir 1.000 formigoneiras", pero
non, hai que ir os paises do Leste. Logo seguín lendo a nova e referente o
futuro laboral seguese explallando este brilante empresario.

Faro de Vigo, -¿Cal é o principal problema do sector?

Pombo, - A falta de persoal, sobre todo para distribuir o producto en
camións-formigoneiras ó cliente. Atopamos moitas dificultades para poder
conseguir persoal que lle atraiga a idea de conducir un camión deste tipo.
Temos o problema incluso de que hai empresas do sector que teñen maquinaria
parada por falta de persoal.

Faro de Vigo, - ¿Cal é o motivo?

Pombo, - Que a xente nova non lle atrae nada conducir un
camión-formigoneira, porque é un servizo que hai que cumprir puntualmente, á
hora que mande ó cliente. A falta de persoal repercute nun mellor servizo de
calidade. Ante esta situación imos a tratar de chegar a un acordo ca Xunta
para acadar unha solución mediante convenios con países do Leste ós que lles
podamos ofrecer a contratación de traballadores con formación feita, a ser
posible, no país de orixe. Nestes intres no sector fan falla uns mil
traballadores como mínimo.

"EU NON SEI QUE TEN A MORENA, EU NON SEI O QUE A MORENA TEN" Cada quen que
interprete o que queira. Eu coido sumante perigoso, empresarios desta
calaña. Ou sexa, fan falla 1.000 conductores. En Galicia non hai parados/as
dispostos a conducir camións-formigoneiras?. ¿quen o cree? Non se poden
formar galeg@s, hai que traelos da fora preferentemente xa formados, porque
a formación de conductores ¿suponse ou recoñecese mellor ou con máis
calidade ou garantías, nos paises do leste que na propia Galicia?(onde se
vai conducir)?

Eu penso que este tio o que non quere decir, é a verdade, a verdade é que
nos camións formigoneiras fanse moitas horas extra, que os empresarios do
sector non están dispostos a pagarlas, pagar mellor, contartar máis persoal
e repartir as horas (creando turno de traballo por exemplo). O mellor ata
queren aforrarse o plus nocturno. A xente nova se cadra non quere conducir
un camión formigoneira porque se fan moitas horas e se paga unha miseria.

Di o Pombo que a falta de persoal repercute na calidade. Non será que o que
repercute na calidade e a falta de formación do persoal. ¿Porque en vez de
chegar a un acordo ca Xunta para traer traballadores foráneos do leste,
preferentemente formados no extranxeiro (así xa poden poñerse mans a obra
dende xa) pero tan pouco necesariamente (outro convenio para formar
extranxeiros no noso territorio), porque non chega a un acordo para formar
galeg@s na conducción de vehículos-formigoneira, de calquera idade, sexo,
relixión, e ideoloxía sindical (Eles prefiren a xente nova porque é máis
barata (subvencionada) e máis moldeable), porqué non chegan a un acordo ca
xunta para empregar a 1000 mulleres, pagandolle coma homes, cunha xornada de
8 horas diarias e cun salario digno? Non, non, a idea é infravalorar @s
traballador@s galeg@s, @s parad@s, @s nov@s que buscan o seu primeiro
emprego, a ensinaza dos nosos centros formativos (autoescolas, etc.), etc.
etc. traer, desprazar persoas dende lonxe, cos traumas que esto lles poida
carrexar, cas consecuencias sociais que poida carrexar (máis pobres en terra
de pobres. Máis reparto dos fondos sociais). Mentres eles aforran cartos, a
axencia de viaxes da Xunta xa lles ofrece ese paraiso desexado a moi pouco
prezo incluso gratis, pagado por todos, e nos corremos cos gastos, (formar
extranxeiros, políticas de integración, axudas de vivenda e escola e
aprendizaxe da lingua extranxeira, etc.).

E mentres @s galeg@s , para Canarias, Cataluña, Euskadi, a traballar na
construcción (ou no sector servizos), facendo horas a esgalla, ... pero
¿quen se cree que non hai galeg@s dispostos a conducir un camión?. ¿quen se
cree, incluso, que non hai galegos dispostos a que os exploten un pouco?
(claro que a xente co tempo quere mellorar e reivindica os seus dereitos,
como tamén farán ou farían os extranxeiros, pasa que os extranxeiros despois
de facer miles de quilómetros e empezar unha nova vida noutro lugar
costaríalles un pouque chiños máis decir esta boca é miña)

Con empresarios así, así nos vai á clase traballadora galega. Estas
manifestacións hai que contestalas, e moi duramente, non dende CCOO, CIG ou
UGT, que estarán encantados de contar con extranxeiros que se afililien ós
seus sindicatos e recibir subvencións do Estado ou da Xunta para formalos.
alicia no pais das marabillas


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE:URXE CONTRATAR A 1000 TRABALLADORES DO LESTE16-06-2007
1AY Alicia...¿Porque estas a pedir traballo pos galegos?."España va bien"!É Galiza non é "o Pais das Maravillas",Galiza e o"País dos milagres.Os nosos gobernantes pensan que non necesitamos traballar porque sobrannos os cartos,pensan que cando imos o retrete en vez de caca defecamos billetes de quinientos euros.¿non é "o Milagro Español?!NON HAY que ser tan ambicioso,debemos compartir esa "Riqueza"cos do leste,norte,sur,oeste,ou sexa co todo mundo.
Aurelio
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados