Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://www.ghs-hessigheim.de/
Indispensables
Donde ...
Guia
LIXO DE SEMANAS..OU MáIS14-06-2007
¿Qué días recollen o lixo nos cubos do lixo en Domaio? Xa ten gracia que che digan que as praias non están limpas porque non empezou a temporada de baño pero o que si é noxento é que a merda estea semanas e semanas nas papeleiras dos parques e areais. Teñan vergonza!
o_rinrin


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: LIXO DE SEMANAS..OU MáIS14-06-2007
A verdade é que non sei que pasa co lixo en Moaña, porque o servicio nunca estivo tan mal. Na zona donde eu vivo, hai veces que pasan dous e tres dias sen recoller o lixo. Pagar, pagamos como campeons todos os impostos que o noso Axuntamento nos pon, pero o servicio de verdade que hai unha temporada para acá que é pésimo.
Será que se está xestionando mal este servicio. Señores políticos, atopen unha solución rápida, pois os que pagamos, exiximos.
Moaña
RE: LIXO DE SEMANAS..OU MáIS14-06-2007
POlo que teño entendido o lixo é competencia mancomunal, e o parecer é deficitario económicamente, é decir, que co que se cobra por ese concepto non se cubren os gastos, e coa de pasta que lles deben a empresa pois....
Oidas
RE: LIXO DE SEMANAS..OU MáIS15-06-2007
Se é deficitario ou non, iso non e problema dos veciños, si non de quen fai a xestión e as contas.

Nos pagamos, e por tanto queremos un servicio. De nada nos vale ter que pagar e que teñamos a basura dous ou tres dias nos contenedores, e os cans e gatos tirando a basura polo chan.
Moaña
RE: LIXO DE SEMANAS..OU MáIS15-06-2007
cando se vai a tirar a basura, hai que tapar o contenedor, e asi xa non van nin os gatos, nin os cans,. e sobre todo as gavotas.
RE: LIXO DE SEMANAS..OU MáIS15-06-2007
Non sei o que pasa noutros barrios, no meu en Palmás recollen a basura todos os días e ainda que as veces estan cheos os contedores sempre os vacian pola noite, non podo falar mal diso, si me jode moito a basura que a xente porca deixa o lado do contedor como mobles e chatarra, iso non o leva o camión pero hai un número de telefono para que o veñan recoller, pero nin dios chama, sempre nos toca ós mesmos chamar, ata o de agora smepre viñeron sen problemas, a xente ten medo a gastar nunha chamada e os do concello non che andan todos os días revisando contedores para ver se hay chatarra. é mais comodo vir de noite para emporcar e despois son os que mais protestan.
POr útimo decir que é obriga da empresa recoller o lixo todos os días, así que se iso pasa tedes que chamar ó concello ou a empresa directamente e denunciar o que pasa, non vale de nada que o escribades aquí, no meu barrio pasaba con un contedor, que sempre o deixaban dous o u tres días, chamamos a empresa e solucionouse, dende aquela todos os días o vacian sen problemas. Non sei como será co caso, pero haberá que comunicarllo o concelleiro de servizos ou a quen lle toque.
Limpo
RE: LIXO DE SEMANAS..OU MáIS15-06-2007
Non é problema dos veciños? dame a risa, entón ¿de quen é?, os que aguantamos a merda somos nos non os do concello, e os que temos que pagar o recibo somos nos tamén, iso de que non é problema noso pareceme un pouco atrevido, xa sabedes, se non chega o que se paga... hannos facer pagar mais, así de sinxelo, aquí pagamos 6 euros ó mes, pero moi preto estanse pagando 22€ cada dous meses, ou sexa, 11 eurazos ó mes, así que o problema e noso claro que é nosos.
Problema
RE: LIXO DE SEMANAS..OU MáIS15-06-2007
moito politiquillo de tres al cuarto hai aqui, intentando xustificar o inxustificable...
RE: LIXO DE SEMANAS..OU MáIS15-06-2007
E moito facha anónimo intentando desprestixiar a quen o intenta facer ben eeeeeh?????
O SINOR AFRANIO
RE: LIXO DE SEMANAS..OU MáIS18-06-2007
Non me parece ben o feito de facer sarcasmo e ironía política coa meirande parte das cuestións sociais que se plantexan nestas páxinas. Cada un ten dereito a defender os ideais políticos cos que se identifica e só por iso merece un respetiño. Por outra banda, a merda é merda e pagamos para que sea recollida.
o_rinrin
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados