Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
nigerian american dating site
Indispensables
Donde ...
Guia
TRAS AS QUINIELAS, O DEMO XOGA ÁS CARTAS12-06-2007
Os políticos xa pasaron a época de exámenes e de poñer cara de bos, xa se miran os novos aires, a represión contra @s que se opoñen a Reganosa, a destrución do círculo lítico da Mourela e como hai suba de soldos para @s funcionari@s da xunta, imos a asistir a unha riada de medidas impopulares que estaban agardando a que pasaran as eleccións: Plan Director de Portos Deportivos, Plan de Acuicultura, diversos Plans Xerais masificadores, etecé, etecé..
Dentro das posibilidades do "xogo" (para algúns), democrático, están as do BlackJack das investiduras. Podemos lembrar, (aínda que pareza paleolítico está aí ó lado), a maneira en que Lois Pena foi elixido alcalde de Cangas: a lista mais votada era a do BNPG, con Mariano Abalo á fronte, e o PSOE só conseguiu 4 concellais (sóame de algo); as negociacións entre Bloque e PSOE non prosperaron e decidiron que cada un se votaría a si mesmo, mais na votación o PP, para que non gobernara Mariano, lle largou os seus votos a Lois Pena, que fixo a lexislatura con catro concellais, se marcou a Alameda Nova e nas seguintes eleccións chimpou a maioría absoluta...e Cangas entrou nun período nejro
Os ladinos fascistas do Faro están a botar por fora sobre as dificultades do pacto BNG-PSOE-ACE, saben ben que ACE quere meter limpeza nos asuntos do concello, unha limpeza que a Caixanova e ós que miran Cangas coa calculadora na man non lles convén nada.
Pode Sotelo vender seus votos a troco de "borrón e conta nova"?
A lei electoral é clara (Millán?): o alcalde ou alcaldesa precisará de maioría absoluta dos votos, se non, gobernará a lista mais votada (Sotelo)...Fagan xogo
carballos vs adosados


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: TRAS AS QUINIELAS, O DEMO XOGA ÁS CARTAS13-06-2007
¡Veña! Que deixen de xogar ás cartas ou que descubran dunha vez o xogo. ACE quere limpar dunha vez o Concello de Cangas: por iso Mariano vai facerse cargo de Urbanismo; Maruchi vai levar Persoal e Pazos Facenda. Con un par, e que vaian botándose a temblar todos eses especuladores e lambecús. ¿Por que me dá o corpo que van a nombrar a outros para que fagan de "limpadores" e estes tres "puretas" se pasarán catro anos rascando os collóns lavando os trapos sucios na taberna do "Jefe"? ¡Mira que os hai caraduras!.
TAHURES ZURDOS (OU COCHENOS)
RE: TRAS AS QUINIELAS, O DEMO XOGA ÁS CARTAS13-06-2007
Ao aprendiz de "falabarato" de arriba:

Hoxe, no faro, sae unha filtración, que supoño que será máis ou menos certa (a estes hai que poñelos en cuarentena) sobre o reparto das áreas. E mira por onde, "tahur zurdo" ( o de "cocheno" xa ten dono), déixate co cú ao aire. Tí que presupós que os da ACE non se ían mollar e íasn rañar a barriga os catro anos, e van eles e collen as áreas que precisamente lles pre-adxudicas ti, menos unha.
¿Que dis agora?
Anda, e vai ti facer política "de bar"... cantamañás!
COCHENO (O xenuíno)
RE: TRAS AS QUINIELAS, O DEMO XOGA ÁS CARTAS14-06-2007
Cocheno:
Por unha vez e sen que sirva de precedente, quito o sombreiro e pido desculpas. ¡Chapeau!
TAHUR AMBIDESTRO
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados