Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://twinmining.com/mujeres-solteras-que-den-su-numero/
Indispensables
Donde ...
Guia
ÉU TAMéN SON BERNARDO BASTIDA09-06-2007
Pois sí, éu tamen son Bernardo Bastida, e intolerable que se meta na cadea a un patrón maior polo feito de estar a fronte de un colectivo,quié o que esta no seu conxunto encontra de Reganosa, ou meten a todos na cadea ou poñen en liberdade a Bastida. Doutro xéito sería unha inxustiza manifesta, e si esta situación permanece, teríamos que darlle a razón a "PACHECO" aquel andalucista que no seu día dixo que a xustiza neste pais e un " cachondeo". SAUDOS
EL ZORRO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ÉU TAMéN SON BERNARDO BASTIDA10-06-2007
http://perso.wanadoo.es/mpdcgz/Petici%F3n%20Ameijeiras.htm
asina a petición de dimisión do delegado do goberno
RE: ÉU TAMéN SON BERNARDO BASTIDA10-06-2007
Atención ! Atención !!
Artigo moi interesante
Contrario ao manifestado por REGANOSA nos medios de comunicación (ano 2001), o sistema para regasificar o gas natural licuado (GNL) na súa planta de gas será de tipo aberto (ORV) o cal necesitará inxentes cantidades de auga de mar (máis de 300 millóns de litros ao día). Con obxecto de eliminar as incrustaciones biolóxicas que danarían os sistemas e equipos da planta, a auga de mar impregnarase con hipoclorito sódico. Este biocida utilízase xa que logo para MATAR a todo organismo mariño que circule por este sistema de regasificación eliminando, deste xeito, as larvas e ovos das próximas xeracións do peixe e moluscos da zona así como tamén o diminuto plancto que forma a base da súa cadea alimentaria. A zona de verteduras converterase nun área con degradación permanente pois a auga retornará estéril, contaminada e ademais moi fría, engadindo así un factor máis de agresión á fauna e flora mariña da ría.

A estas conclusións chegaron a NOAA (National Oceanic and Atmospheric Administration), a CCA (COASTAL CONSERVATION ASSOCIATION) e a EPA (ENVIRONMENTAL PROTECTION AGENCY), así como científicos das universidades de Pisa e Bolonia en Italia e os de Lusiana en Lafayette (EE.UU.) nos estudos que realizaron sobre este sistema ORV de regasificación.. Por esta razón as plantas de GNL xa situadas na costa de EE.UU. e as novas en proceso de aprobación, non usan este sistema. Os organismos antes citados así como os científicos e asociacións medio ambientais tampouco están de acordo co seu uso en alta mar e actualmente están librando unha batalla política e legal para evitar que se autorice o uso deste sistema nas plantas Offshore. A doutora Susan Mopper, directora de Tecnoloxía do Medio Ambiente e Ecoloxía da Universidade de Louisiana en Lafayete, que escribiu un magnífico artigo sobre os efectos deste sistema, bautizou a área das verteduras da auga de mar de regasificación do GNL como "zona morta".

Consecuentemente, os gobernadores dos estados ribeiregos de EE.UU. como California, Lusiana, Alabama e Mississipi xa vetaron algunhas plantas regasificadoras solicitadas para operar en alta mar porque pretendían usar este sistema de regasificación con auga de mar. Ante estas decisións gobernamentais algúns promotores de regasificadoras de GNL xa notificaron que modificarán o sistema de regasificación polo de tipo combustión mergullada (SCV) que utiliza o propio gas para regasificar o GNL. O problema é que é moitísimo máis custoso xa que perderían de gañar millóns de euros ao ano ao utilizar o gas do seu negocio para a regasificación do GNL. Xa que logo a razón de utilizar a auga de mar é de tipo económico aínda que, loxicamente, non están de acordo os ecoloxistas e por suposto os mariscadores da ría pois ven ás súas empresas e traballo nun serio perigo.

Pola súa banda, Reganosa informa que "o funcionamento da instalación non afecta á calidade da auga nin da fauna mariña da ría, segundo os informes elaborados por un equipo de científicos das universidades de Santiago e de Vigo, coa participación da Estación de Bioloxía Mariña da Graña". Eu lin o informe e non di iso. O lector estará de acordo comigo se lese este informe. Nel pódese ler, entre outras cousas o seguinte: "o único efecto importante podería ser o achegue de contaminantes (antifouling ou biocida) ao sistema que tería unha influencia negativa sobre as comunidades biolóxicas e os bancos marisqueiros circundantes", "A auga de mar de saída do sistema será estéril sen fitoplacton, larvas e outros zooplánctontes", "A utilización do cloro do sistema antifouling durante o paso de auga das instalacións provocará unha esterilización da auga do mar e en consecuencia un lixeiro empobrecimiento do placton nas áreas circundantes, incluíndo as larvas presentes nel", etc.

Ao non cuantificarse no informe os danos, non debería, na miña opinión, ser aceptado como válido nin ser considerado como "favorable" por parte da Administración medio ambiental de Galicia. Non cabe dúbida de que os biólogos e expertos en ecoloxía de EE.UU. e Italia e os que elaboraron o informe (así como os que aprobaron a Avaliación de Impacto Ambiental destas verteduras) estudaron en libros diferentes. Espero que o noso probable e futuro alcalde de Ferrol, Sr. Irisarri, cumpra coa promesa de ir ata o fondo neste asunto das verteduras da auga de mar de Reganosa, xa que afectan á súa ría e aos seus mariscadores. Non é soamente un tema do municipio de Mugardos.

Manuel Afonso Domínguez, é profesor de Plataformas Offshore da UDC.
RE: ÉU TAMéN SON BERNARDO BASTIDA10-06-2007
É incrible que o "progreso dunha nación", o cal aludía fai poucos días o señor Touriño, esté totalmente en desconsonancia co desenrolo sostible e o respeto o medio ambiente. Realmente é a única maneira de facer país? A que prezo?

Quero que os meus netos vivan nunha Galicia que respete o medio ambiente, a natureza e que dito desenrolo sostible, o cal aludía liñas arriba, sexa a máxima dun goberno no que teñan cabida os sectores tradicionais.

Son dos que pensa que sí é posible outro país, no cal a tradición e a modernidade teñan cabida e o respeto entre ambos sexa eficaz e real. Non debe de ser admitido polos colectivos sociais calquer tipo de manipulación, veña de onde veña, e sexa do color que sexa.

Por outro lado, a miña postura é clara e inamobible, ningún axente social, e digo ningún, debe ser privado de dar a cobertura socio-política que os seus seguidores reclaman e apoian. Sego pensando que moitos erros que se están cometendo no seo da política estatal, imposta e dirixida dende Madrid, están a perxudicar os pequenos colectivos, as minorías políticas e máis en concreto a aqueles que pensamos que podemos crear un mundo non que o respeto e a empatía, a cal aluden demagóxicamente os partidos maioritarios, sexa un aval para todos, tanto para sociedade como para nosa natureza, que debe de ser a nosa razón de ser.

Walter Alonso
RE: ÉU TAMéN SON BERNARDO BASTIDA10-06-2007
Ao marxe de outras consideracións,e en nome da constitución, non pido, exiso a posta en liberdade de xéito inmediato, de BERNARDO BASTIDA, Tómese declaración, abranse dilixencias, aplíquese a presunción de inocencia,póñase en liberdade a BASTIDA, con todas as garantias que lle sexan aplicables para que non poida eludir a acción da xusticia,aplicando en todo momento a PRESUNCIÓN DE INOCENCIA. E si e encontrado culpable dalgún delito, aplíqueselle a lei .Pero mentras non se demostre quié culpable dalgún delito, penado pola lexislación vixente poñáse en liberdade. Podolles asegurar que non e posible reparar o dano que se lle cáusa a un inocente cando se lle mete na cadea.Si isto non se fái así, muitos nos consideraremos lexitimados para loitar contra as inxustícias do xéito que consideremos máis contundente. SAUDOS
EL ZORRO
RE: ÉU TAMéN SON BERNARDO BASTIDA10-06-2007
As confrarías de pescadores, estan tuteladas por lei pola consellería de pesca, por extensión, os cofrádes, e como non pode ser de outra maneira o primeiro deles, e dicir o PATRÓN MAIOR. Que diaños fái a consellería de pesca coa súa conselleira a cabeza, que ata agora non se manifestou respeto a situación de REGANOSA, e de BERNARDO BASTIDA. Ie esta a tutela que como profesional do mar podo esperar da conselleira de pesca.(ai poucos anos, compañeira MUCHA). SAUDOS
EL ZORRO
RE: ÉU TAMéN SON BERNARDO BASTIDA10-06-2007
boicot á Voz de Galicia e as súas páxinas de demagoxia pagada, a este paso nos enteraremos das novas eiquí en DelMorrazo, pero basta xa de manipulación da prensa escrita
RE: ÉU TAMéN SON BERNARDO BASTIDA11-06-2007
¿Que diaños pasa? ata agora non vexo que a Federación Galega de Confrarías de Pescadores e as Federacións Provinciais se pronuncien sobor do caso de BERNARDO BASTIDA. ¡TROSSSSSSKI ! ti eres compañeiro,¡ leña con eles ostia ! SAUDOS
EL ZORRO
RE: ÉU TAMéN SON BERNARDO BASTIDA11-06-2007
Para EL ZORRO:
E normal o que dis da detención do patrón maior porque os medios de incomunicación poñen o que lles din ou o que lles vai mellor.
O patrón maior está detido porque o do outro día foi a gota que colmou o vaso de tódalas causas que ten pendientes.
Enterate ben porque o que che digo é verdade,senón que llo pregunten a tipa que o denunciou un día que foi no coche con él.
Ou acaso non vos parece raro que por montar bulla nunha manifa che metan prisión incondicional sen fianza?
O que pasa que este tipo é un elemento de cuidado.
A CULPA E DOS MEDIOS
RE: ÉU TAMéN SON BERNARDO BASTIDA12-06-2007
Estimado Sº que firma como (a culpa son dos medios). Le puedo asegurar que no conozco personalmente al Sº BASTIDA,tan solo denúncio unos hechos que en mi humilde opinión me parecen injustos.De todas formas, si lo que usted insinua en su respuesta es verdad que pague por ello, y si no es así pida usted disculpas.Si lo que insunúa es verdad, teniendo en cuenta la gravedad de la acusación le ruego lo denúncie en un juzgado y si se consigue meter entre rejas a un individuo capaz de cometer este tipo de delitos,yó seré el primero que le aplaudirle por su valentía.SALUDOS
EL ZORRO
RE: ÉU TAMéN SON BERNARDO BASTIDA12-06-2007
Vamos a ver,eu non denuncio nada porque este tipo xa está denunciado,e eu entendo,como digo anteriormente,o que vostede denuncia,e ten toda a razón,se non fose polos medios de comunicación que din a verdade a medias con non sei que fin,un saudo
A CULPA E DOS MEDIOS
RE: ÉU TAMéN SON BERNARDO BASTIDA13-06-2007
Interesantes reflexiones sobre bastida en este enlace ( copia y pega )

http://www.xornal.com/article.php3?sid=20070601104554
umm
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados