Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
conocer mujeres de 30 a 40 años
Indispensables
Donde ...
Guia
COMENZOU O MARISQUEO04-06-2007
Comenzou a campaña de marisqueo na ría de vigo.Moi ben,nos bancos de arcade úle que os esforzos feitos pola confraria e a Asociación de confrarias da ria de vigo (que o mérito e de todos).Comenzan a dar os seus froitos.O que non pode ser e que comenzemos a tolear e algúns irresponsables leven ameixas agachadas,porque entón o traballo feito non servirá de nada,e o único que se consegue e que os compradores se enchan de mercancia e logo na lonxa non se pague o precio xusto,asi que xa sabedes,mais control por parte dos responsables,e mais responsabilidade por parte dos profesionais,xa que oxe mirei a mais de un "LISTILLO" ,e non me gustan os chivatos,pero por ahí non paso.SAUDOS
EL ZORRO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: COMENZOU O MARISQUEO04-06-2007
Exactamente hoxe comezou, inda que cada ano pares que comeza máis cedo, non sei se é bo ou malo, pero o que sí é que somos demasiados para tan pouco. E por certo o primeiro día moi ben, pero o da ameixa fina non sei non sei, hai quen lle custou demasiado collela, esperemos que dure
O SINIOR AFRANIO
RE: COMENZOU O MARISQUEO04-06-2007
Da igual, cando non haxa nada mami Xunta a amamantar a todo dios. Outros negocios pechan sen mais axudas nin nada, pero os fillos de Mami xunta sempre han facer o que lles pete aducindo que pagan un seguro (o mínimo) coma se os demais non pagasemos nada.
Fillo do veciño
RE: COMENZOU O MARISQUEO04-06-2007
Aznar es el mejor Presidente que ha tenido España,sus primeros cuatro años,sacando a España de una crisis tremenda heredada DE LA CORRUPCION TREMENDA DE LOS 12 AÑOS DEL PSOE CON FELIPE GONZALEZ,hicieron que la gente le votara con una diferencia de mas de dos millones de votos frente al tonto de zp,su legislatura tuvo mayoria absoluta.
El sr.Aznar se retiro de la politica, nadie le echo y jamas perdio unas elecciones .

Hoy mucha gente, que empieza a valorar mucho mas sus magnificas legislaturas,y se le empieza a echar mucho en falta.
Las tropas Españolas JAMAS COMBATIERON EN IRAK,cosa que si hace en AFGANISTAN donde si mueren los soldados españoles,entonces no murio ninguno porque no intervinimos directamente.
La izquierda siempre tergiversando,yo he vivido tambien el 11M y se acorralo a un Gobierno despues de un atentado brutal,CASO UNICO EN EL MUNDO ,por el simple echo de ganar unas elecciones en 24 se queria que se explicara todo,cuando era la primera vez que un grupo islamico atentaba en España y todo era confuso en las primeras horas,RECUERDO PERFECTAMENTE enseñando la cinta,y hablando de otra posibilidad.LO QUE HIZO LA IZQUIERDA LA NOCHE ELECTORAL,Y DESPUES HABLANDO DE UN GOLPE DE ESTADO ESO SI QUE ES ANTIDEMOCRATICO,SECTARIO Y MENTIROSO.
JUGARONCON LA CONMOCION DE UN PUEBLO,EN UN DIA DE REFLEXION PARA DECIR LA BARBARIDAD DE SI GANA EL PP HABRA ATENTADOS Y LES MATARAN Y SI GANAMOS NOSOTROS NO.

HOY EN DIA ESTAMOS,PEOR QUE NUNCA YA QUE ZAPATERO ES EL PEOR PRESSIDENTE DE LA HISTORIA DE ESPAÑA,IRRESPONSABLE INEPTO,SECTARIO,SIN PREPARACION,SIN TALANTE SIN TALENTO,VENDIDO A ETA,A LOS NACIONALISMOS......ESTAMOS EN ALERTA ROJA POR UN NUEVO ATENTADO TERRORISTA ISLAMICO,ESO QUE AHORA SE SUPONE SE TIENE ALGO MAS DE CONOCIMIENTO,QUE AQUEL DIA. ALERTA POR ESTAR EN AFGANISTAN,POR AL ALANDALUS ...........................
Y PEOR QUE NUNCA CON ETA ,TAMBIEN EN ALERTA ROJISIMA Y MAS FUERTES QUE NUNCA,RECUPERANDO LAS CALLES Y RIENDOSE DE LAS INSTITUCIONES.

SR.AZNAR SE LE ECHA MUCHISIMO DE MENOS
RE: COMENZOU O MARISQUEO04-06-2007
Serás ti o que o bota de menos. Aznar perdeu as primeiras eleccions as que s epresentou por certo, e as últimas tamen as perdeu, que puxera a un cabeza de turco non significa que non as perdese.
Botámolo
RE: COMENZOU O MARISQUEO04-06-2007
Joer, unha denuncia sobre o marisqueo remata por se conerter nunha oda a Aznar? Miña nai, só dicirche que ós seus primeiros catro anos como presidente llos debe os nacionalistas bascos e cataláns... Veña, agora falemos do que dí a denuncia.
willbe
RE: COMENZOU O MARISQUEO04-06-2007
¡ Ai mimadriña! eu non queria facer tanto barullo.Si lo se ,no vengo. Saudiños polo baisiño (Por si acaso)
EL ZORRO
RE: COMENZOU O MARISQUEO04-06-2007
PARA" FILLO DO VECIÑO"meu rei,asi de sinselo e claro,si dispos da documentación necesaria para enrolarte nunha embarcación, me comprometo a levarte un día a mariscar e pagarche o doble do que produzcas,e ademáis o seguro corre da miña conta. TU MISMO. (NOTA). O masaxista corre da tua conta. ¿OK?. Saudiños. (por si acaso)
EL ZORRO
RE: COMENZOU O MARISQUEO05-06-2007
Pois si que ganades pouco para invitar o seguro do que queres embarcar, estou seguro de que traballades moito menos que outra xente que gaña moitttttiiiiiisimo menos... se non tendes traballo diso, busca doutra cousa, pero e moi bonito traballar 6 meses no ano e gañar como 14.
RE: COMENZOU O MARISQUEO05-06-2007
e se veñen malos tempos os que curran mais van para a casa a comer pasta e vos cobrades, como dicia o outro da mami xunta... e todos pagamos igual
RE: COMENZOU O MARISQUEO05-06-2007
A min non me leves de mariñeiro a tirar polo angazo, a mi dademe unha licencia e xa me apaño eu, ti tranquilo. POrque has decir que estades esclavizados, e o tema é que en 3 horas ou 4 o chollo está feito, mentras eu traballo 8+2, pa ganar 70€, e ti sacas 200€ en 3. E se non pescas ou o que sexa, pois iso, mami xunta está ahí. A min pereceme cojonudo que gañedes os cartos, o que xa non me gusta é escoitarvos chorar sempre que pasa calqueira cousa; se chove, se se queima o monte, se vai calor, se hai marea vermella, se baixa o mar, se sube, se vaio temporal, se non o vai.... sempre escoito o mesmo "unha ruina", mentras os demais nunca nos arruinamos. Ata xa escoitei a barbaridade mais grande "que hai pouco marisco", iso xa é que me revolve o estómago, que os mais grandes esquilmadores se queixen da súa obra.... xa é moi triste meu. Quitades tres ou catro toneladas por día, que suman nunha semana entre 15 e 20, que son nun mes en 80 e 100 e que en dous meses son unhas 200 toneladas de marisco (200.000. kilos) que se di moi rápido, ¿e pretendedes que non se acaben? ou mellor, ainda dicides qu sementades e que todo é voso. NIn todo o que colledes ha ser do que sementades, nin todo é voso. POrque o mar é de todos, teñas licencia ou non, que xa estou ata o carallo de que me esten vixilando cando vou a praia, ou qu eme veña un veciño coma min a decirme que non podo coller un croque da area que son del. Sodes un privilexiados que lle queredes dar pena ós demais, pero o negocio non vai mal, porque deixar o tema nin o deixa nin cristo, e ano tras ano sempre saen os mesmos. Está moi ben gañar o pan, pero non me digades que é penoso.
O mesmo de antes
RE: COMENZOU O MARISQUEO05-06-2007
Estupendo,muitas grazas, acabo de aprender muito e quero continuar aprendendo.Por hoxe esta ven,voltarei outro día con outro tema, pero sempre relacionado coo mar (por suposto).Graciñas xa sei onde esta o inimigo.apropósito, o que queira unha licencia que a compre igual que a compramos os demáis, e arrisgue o séu diñeiro, e si lle vai mal.(gages del oficio). Saudiños.
EL ZORRO
RE: COMENZOU O MARISQUEO05-06-2007
Tes razón zorro, quedabame atrás esa, que ainda por riba, é couto exclusivo, e non é que sexa unha putada que non se concedan licencias,porque chega ben coas que hai, senon que inda por riba, se fai negocio con elas, o que ti dis, que hai que mercala. Onde se viu que se den en propiedade a explotacion de recursos públicos e de todo o mundo. A min pareceme ben que se controlen o numero de licencias, pero xa que se vendan é a hostia, porque se mal non recordo, antes deste sistema, as licencias eran gratuitas e para todoo mundo, e aquelas persoas, que daquela tiñan a súa licencia "gratuita" agora negocian con elas e gañan cartos alquilandoas incluso. E coidadiño que ninguen se quera adicar ó marisqueo. é imposible entrar ou "arriscarse" como ti dis. AS cousas estánche así, e como di a denuncia, inda por riba destes pribilexios, se saca marisco as agochadas.
RE: COMENZOU O MARISQUEO05-06-2007
Amigiño, arricasr arriscase todo cristo eh, ¿coñeces a alguén que monte un negocio e non arrisque nada? E mais, se botas contas meu, ¿canto arriscas? ¿30.000€ nunha planeadora e angazos?¿40.000? ¿50.000?, dame a risa, en terra meu, pa montar calquera chiringuitada partes de 120.000€ para un local, e 20.000 ou 30.000 para acondicionalo,maquinaria ou o que sexa. E se che vai ben pois en 10 ou 15 anos pagas , e senón.... asubias. Non me fales de arriscar. Arriscar arriscaba meu avó que era mariñeiro e gañaban ou non gañaban, pescaban ou non pescaban e non recibian nin un pataco do estado, e vivian so do mar, non coma agora, que a xente vai a ameixa de mañá e pola tarde está no metal ou noutra actividade levantandose un soldazo ¿ou vasme dicir que é mentira?, o carallo é que pintadelo malisimamente pero polo carallo abandonades, e as licencias vendedelas ben caras.
Arriscado.
RE: COMENZOU O MARISQUEO05-06-2007
Eu son un neno da aldea, coma quen dís un ninguen, nembargantes a o fillo do "señor" non hai quen lle túsa.Amiguiño, non te enteras,demostrasme un descoñocemento dó orixen dos dereitos para adicarse a pesca artesanal, que me deixan abrallado,pero asegúroche que non teñen nada que ver coa pesqueria industrial,que son as empresas que levan ó maior paquete das subvencions,e ademais engaden as piscifactorias coma a que se querían instalar en TOURIÑAN.De todolos ´xéitos nunca bou a acectar que un cidadan que traballa por exemplo na "CITROEN",nos fins de seman se adiquen a sacar un sobresoldo,adicandose ao marisqueo (haber si ma colles MÉU).Saudiños con cariño.
EL ZORRO
RE: COMENZOU O MARISQUEO05-06-2007
bueno, empesemos polo prinsipio. Primeiro, eu podo opinar de moi bo coñecemento que o marisqueo ten os seus pros e os seus contras. Ten a vantaxe de que traballas 2,3,4 ou 6 horas (depende do que traballes e do que haxa) de luns a xoves pola mañá, é verdade, xa o quiseran outros, e se ten bo precio o marisco pois sacarás máis que en terra traballando moitas máis horas. Tamén ten seus contras,sobre todo no inverno, por que estar enriba do mar con mal tempo, xa non digo con temporal, e unha cousa que pa sabelo hai que estar ahí. Eu sei o que é traballar en terra firme e no mar, e pódovos asegurar que a dureza do mar non ten comparación ( exceptuando 2 ou 3 casos), tamén ten unha contra que non vos paráchedes a pensar, e se hai pouco marisco que? pois a joderse e tirar pa diante como se poida, por que é moi fasil decir de buscar traballo noutro sitio, pero unha persoa que leva media vida no mar pensades que vai traballar en calquer outro sitio dignamente?? E outra cousa os cartos que se gana o final tamén ahai que descontarlle o dos seguros, mantemento da lancha e moitas máis cousas do que estou seguro de que non tes nin puta idea ( vai polo que escribiu o comentario anterior). E bueno, sobre o de que o mar é de todos estou de acordo, agora unha ameixa quewpusen meus cartos pra sementala e poder vivir dela non a vas coller tí por tus "cojones" , a Roma o que é de Roma. Por que se vamos con esas eu tamén podríavos coller material de obra ou calquera outra cousa que tiverades onde traballas posto que estas sobre a terra e a terra tamén é de todos. Ah!!! e outra cousa, se o das licencias están limitadas será por algo, non si? Posto que nunha fábrica onde soamente poden traballar 3000 persoas non pretenderás que traballen 6000, se non xa me dirás amijiño. Ou sexa, deixa de toca-los collóns coa túa ignorancia, e se queres traballar no mar "cúrratelo", que pa señoritos xa está a monarquía. Saude e terra
O SINIOR AFRANIO
RE: COMENZOU O MARISQUEO05-06-2007
E outra cousa máis, vos pensades que ir nunha lancha a ameixa é ser patrón dun mercante ou que carallo, son mariñeiros nin máis nin menos. Dende logo non tendes nin pajolera o que é tirar dun angazo, non é decir como en terra, fago miñas horitas e a final de mes cobro, curre o que curre, aquí non, aquí ou traballas rompendose o espiñazo e jodendose as mans ( e máis cousas) ou se non xa podes ir roubar un banco. saude e terra de novo
O SINIOR AFRANIO
RE: COMENZOU O MARISQUEO05-06-2007
non entendo como podedes comparar un traballo con outro, traballar e jodido e punto. Pero para o mariscador: cantas horas traballas??, canto ganas?? a xente que traballa nos frigorificos (por nombrares un chollo) pasa frio vran e inverno (e non sabes o jodido que e iso para os osos), collen moiiiitisimo peso, pasan 8 horas cando menos na mesma postura, todo o dia molladas (nesa humidade)... INTENTAO TI SE TES O QUE TES QUE TER... Bueno, agora dime: Canto gañas?? pois elas CASE 600 euros o mes, cando hay traballo, cando non quedan na casa ... non ven a Xunta a darlles cartos, ... e non estan porque queren, pero están... non veñades a dicir que é tan jodido o mar... Jodido esta o que vota 6/8 meses fora da sua casa traballando 12 horas cando menos... e dame a risa o soldo que teñen... Canto currabas ti? 6 horas cando mais o día de luns a jueves... Canto gañas?? 200 Euros o día... A parte claro, do que colledes e non declarades que despois vendes na casa ou a baretos... día a verdade.... Cando foi do Prestige... cantas licenzas se mercaron?? porque medio morrazo estaba enrolado (pasaron de pai e fillo a: pai, fillo, muller, sobriño, neto, ....) so pra chupar... que coche mercache ti con iso??
RE: COMENZOU O MARISQUEO05-06-2007
Sorpréndeme túa ignoracia. 200 euros día???? pa empesar, con iso xa mes dis todo o que sabes do marisqueo. Pois mira, para que saias da túa ignorancia, se acousa vai medianamente ben, ahora no verán, sacarás sobre 100 euros cada día, inda que é máis normal entre 80 e 90. Pero ollo!!! de luns a xoves. venres, sábado e domingo non se traballa. Pero é máis, desconta seguro e máis caralladas como a gasolina da embarcación e calcula. Sírveche para sacarte da ignorancia?. Segundo, eu sei que é jodido traballar no frío,posto que estuven cargando camións algúns anos, e pese a que estiven máis puteado, pódoche asegurar que a dureza de tirar polo angazo durante varios días non ten comparación. Pero xa vexo que´túa cabesa cadrada non quererá razoar máis alá do que che convén
O SINIOR AFRANIO
RE: COMENZOU O MARISQUEO05-06-2007
E por certo, iso de que os traballadores do frigorífico collen moitísimo peso non o cres nin borracho, salvo contadas ocasións. Dentro das cámaras frigoríficas entran cos carretillos, e por se non sabes eses carretillos encarganse de levantar os palets, co cal a man non van, o único esforzo que teñen que faser é se lles cae un palet. E ademais as caixas polo xeral non soen ter máis de 15 ou 20 kilos, soamente algunhas de certo tipo poden ter máis, pero cada vez máis se fan de menos peso, como as sacas de cemento, e cho di unha persoa que fixo moitos palets a man. Ou sexa non veñas tí explicar como se fai un palleiro sen saber o que é. SAUDE E TERRA
O SINIOR AFRANIO
RE: COMENZOU O MARISQUEO05-06-2007
non todo son carretillos, se hay 2 en toda a fabrica... e faloche do porto de Marin... eu sei ven do que falo... se e tan duro o mar e non gañades cartos, porque non seguiche nos camions, ou coas sacas de cemento que fan mais pequenas para que rasques un pouco o carallo de cando en cando... non me contestache.... que coche mercache?? a quen enrolache co prestige?? cantos quilos vendes por atras??? o que cala otorga... si ven do que falo........
RE: COMENZOU O MARISQUEO05-06-2007
Carallo es máis rápido que inmediatamente contestando!!!!!! Pois mira campión, mercar merquei un coche moito antes do Prestige, e sigo téndolo, ou pensas que son un chavalito que estando nun astaleiro xa vai e merca un Audi,Mercedes ou BMW, a ver cantos dos que andamos o mar teñen un deses. Segundo,enrolar non enrolei a ninguén,posto que a min enroláronme.....pero para traballar, non para cobrar o do prestige. Terceiro, na miña puta vida vendín nada por atrás, ademais quen iso fixera ´debería pagar por iso, ou acaso non hai xente noutros traballos que sacan material da empresa e logo o vende???? e igual de mal está. Cuarto, 2 carretillos en toda a fábrica???? non pretenderás que iso sexa o circuito de Le Mans, cantos carretillos se necesitan pa levar un certo número de palets? e súbenos os carretillos co elevador e non os carretilleros a man, por si non os sabías.....E quinto e último, por que non seguín nos camións??? E atí que carallo che importa, so che digo que non deixei os camións polo marisqueo, ti pensas que se me ofreceran un traballo en terra máis estable non deixaría o marisqueo????? É mais, ainda con menos sueldo. Sigo dicindo que te informes ben ,por que pola boca morre o peixe
O SINIOR AFRANIO
RE: COMENZOU O MARISQUEO05-06-2007
Zorro volveeeeee
RE: COMENZOU O MARISQUEO06-06-2007
Amigos, estades a tirarvos os trastos uns os outros e todos tendes razons "na maioria das cousas". E jodido traballar, ou ben nos frigorificos, ou no marisqueo, ou de albañil.
Todo ten seus pros e seus contras. E moi jodido traballar no frio, pois os osos se van resentindo, pero tamen traballas unha hora dentro do frigorifico e descansas outra. Cando rematas vaste para tua casiña e o final do mes o soldo cae na tua conta.
O mariñeiro traballa poucas horas como falades, pero podoche dizir que arrias o pelexo. No inverno co frio que vai, e moitos dias as ondas do mar pasando por riba da chalana, a verdade que é moi duro. E cantas veces non se pode sair o mar polos temporais, e os seguros que hai que pagar todos os meses gañes ou non gañes....
Fálovos pola propia experiencia, porque xa pasei por estes traballos, e a verdade que son moi sacrificados.
Moaña
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados