Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
china partnersuche
Indispensables
Donde ...
Guia
Ó FERVENZA TEN POUCAS LUCES04-06-2007
Hoxe no Faro o ínclico Fervenza fai unha reflexión propia dos perdedores, ó decir que no PP de Moaña non hai crisis e que iso das voces discrepantes e un invento. Pareceme ben que convoque unha xuntanza coa militancia para o vindeiro día 8, pero xa veremos como se desenvolve a mesma. É un feito indiscutible que moita xente popular de Moaña non foi a votar o 27M , e ademáis cuestionase o facer de Fervenza. Neste foro xa se fixo algunha reflexión e agora o que resta é que poña a disposición do partido o seu cargo, previa explicación de todo-los feitos acontecidos e as negociacións cos APOM, incluindo os compromisos acadados.... todo con moita claridade. A miña postura e clara, RENOVACIÓN DE IDEAS E PERSOAS .... para preparar as proximas eleccións do 2001. Sobran os comentarios de que acadamos agora uns bos resultados, pois iso e unha mentira o supon unha negación da realidade. Ademais o autor intelectual de todo o desaguisado (Louzan) debe vir a Moaña e dar explicacións á militancia. Fervenza a nosa dignidade non se merca, simplemente ejercitase.
EURICO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: Ó FERVENZA TEN POUCAS LUCES04-06-2007
Falades de resultados moito, pero o tema é que gañastes un concelleiro, de 6 a 7 ¿iso é malo?, que xeito mais bo tedes de amosar desacordo os do PP, se a esquerda fixera igual tiña a maioría absoluta jeje. Hai 4 anos non estaba Fervenza, e sacastes menos votos, ¿non vo sdecatades que o de barreiro foi inevitable?, gañou por castigo da esquerda, non por proxecto nin meritos del. Vos ides sacar sempre eses votos, a non ser que pase algo moi grave estes 4 anos.O pp ten a sorte de contar cos simpatizantes mas irreflexivos de moaña, a xente que vota PP, dalle igual quen vaia na lista, non é Culpa de Fervenza, é culpa de MIllán e os demais, que tan mal non o fixeron coma para que os de esquerdas voten PP. O qu eestá claro, é que se non estivesen os de APOM nas listas do PP, non seríades a lista mais votada, pese a quen lle pese. E vos mesmos o sabedes ben.
Observer
RE: Ó FERVENZA TEN POUCAS LUCES04-06-2007
E isto último vese claramente tamen no sresultados, houbo trasbase de votos de inmo para Psoe e BNG, mais ou menos o voto da esquerda, e houbo trasbase de APOM para PP, os da dereita, os que se abstiveron foron mínimos no PP., o voto integro , ou case integro de APOM foi para o PP, porque se como se di, houbo abstencion do PP, o voto de APOM non so cubriu esa abstención, senon que serviu para aumentar o numero de votos e concellais. POlo tanto, o PP saiu gañando coa union, non como dicides vos que perdeu.
RE: Ó FERVENZA TEN POUCAS LUCES04-06-2007
Imos ver eurico ,estamos no 2007,e as proximas eleccions son no 2011,non no 2001.Eu non sei como te atreves a escribir aqui ,si non sabes nin no ano que vivimos.
un de aqui
RE: Ó FERVENZA TEN POUCAS LUCES04-06-2007
Algun payasete ou non sabe distinguir un erro ou a sua capacidade mental e plana. Penso que cando un entende o argumentario sobran tonterías.
EURICO
RE: Ó FERVENZA TEN POUCAS LUCES04-06-2007
O PP en Moaña, despois da famosa union viu perdendo mais de 1000 voos e un Concelleiro. E mais sin union o PP sacaria mais votos e mais Concelleiros, porque o que e claro e que a militancia do PP non queria a APOM.

Do outro lado, si APOM se presentara en solitario as eleccions, non sacaria nin un concelleiro.

Os inventos de Fervenza e Louzan facendo unions que non son necesarias, traen estes resultados.

Fervenza si tivise un pouco de dignidade nesa comparecencia que fala no Faro que fara o vindeiro venres, deberia presentar a sua dimision.
RE: Ó FERVENZA TEN POUCAS LUCES04-06-2007
Eu son da mesma opinion: O acordo con APOM fundiunos a campaña, e a quen beneficiou foi a duas persoas da candidatura que agora atopanse dentro como concelleiros. Fervenza enterate dunha vez.... moitos populares moañeses queriamos unha lista limpa e sen condicionantes e ti o que lograches foi a humillación dos que sempre estivemos no noso sitio, no PP de Moaña. Agora ten claro que te atopas ós pes dos cabalos e a un paso da porta de saida... porque que non ten convenzan coa valoración de que son bos resultados, foi un fracaso xa que nin por asomo te acercaches a maioria absoluta xa que estas mas cerca do 7º concelleiro que do 8º e en politica si queremos estar centrados hai que facer unha reflexión sencera e adoptar decisións responsables non escondendose da realidade.
EURICO
RE: Ó FERVENZA TEN POUCAS LUCES04-06-2007
Eurico, creao que erras nunha apreciacion. O PP non estivo mais preto do 7º que do 8ª, senon que estivo mais preto do 6º que do 7ª, porque pensa que lo PP quita o 7º concelleiro por 48 votos sobre INMO. E dicir, que caseque son 6 e non 7. Isto ainda xustifica mais que foi unha autentica debacle.
Militante
RE: Ó FERVENZA TEN POUCAS LUCES04-06-2007
POis si qu efacedes ben as contas vos, ou sexa, que o pp contaba con todos os votos de apom como mínimo e mais os do pp todiños?, dama risa. O mellor qu e fixeron foi a unión , senon non chegaríades nin a o s 6 que tiñades antes. 45 votos de apom deronvos o 7º, é así de claro, e os do PP "auténtico" tal como ocorreu nas últimas, so chagaríades a 6, e iso é así se nos atemos as vosas contas ¿ou so vedes a APOM para decir que perdestes votos coma se os de apom que votaron pp non contasen?
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados