|
|
| COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA
|
| RE: ¿QUE PASA NO AXUNTAMENTO DE MOAÑA? | 22-05-2007 | | Podesllo preguntar a esa señora, pero en resumo, o que pasa é que quere facer unha casa onde non se pode, e botalle a culpa ó concello de que non se poida, cando todo o mundo sabe que se non tes acceso público rodado ó teu terreo non podes edificar nel. Quere facer unha casa nun terreo sen acceso a un camiño público, e seica incluso abriu ela mesma unha pista por riba das leiras dos veciños sen permiso ,dicindo que agora xa ten camiño. Un desastre. | | Escavadora |
| RE: ¿QUE PASA NO AXUNTAMENTO DE MOAÑA? | 22-05-2007 | Pois na rua creo que circula outra versión.
O parecer que se lle deu a licencia para fazer a obra por parte do Axuntamento. A Sra. seica fixo os planos e agora parece ser que non lle deixan iniciar as obras.
Dicen que agora o Axuntamento se desentende e lle di que lle devolve o diñeiro que xa tiña pagado... | | Un veciño |
| RE: ¿QUE PASA NO AXUNTAMENTO DE MOAÑA? | 22-05-2007 | Non son un experto da materia pero considero que o concello si esta persona tivera razon darianlle a licencia xa que estamos en campaña electoral e isto non lles beneficia.
Tamen penso que si esta persoa pagou uns planos, a obriga do arquitecto que llos fixo era a de informalles antes das normas urbanisticas, e si non o fixo que o arquitecto lles devolva os cartos | |
| RE: ¿QUE PASA NO AXUNTAMENTO DE MOAÑA? | 22-05-2007 | Me parece que aqui hai algo que non me cadra.
¿Non será que quen ten que asumir a responsabilidade de verdade está votando pelotas fora? ... e maís ahora que estamos en plenas eleccions.
Señores, que o que teña que dar a cara que a dea, que asuma a responsabilidade e que non se faga como as avestruces. A imaxe que se está a dar con este tema é "deplorable" | | Outro veciño |
| RE: ¿QUE PASA NO AXUNTAMENTO DE MOAÑA? | 22-05-2007 | | O concello cometeu o erro de darlle a licencia, neste caso o responsable, quen sexa de ir ver se os planos que se presnetan se correspodnen coa realidade, non sei quen é , se o aparellador ou arquitecto, ese foi un erro, pero que tentou subsanar devolvendo os cartos, que o parecer, a señora non acepta nin levandollos os munipas a casa, xa falaron con ela, e está empeñada en que non acepta nin os cartos do concello nin os cartod do seu arquitecto, ela quere seguir adiante, nada de rectificar. Ou se cree mais lista ca ninguen, ou non regula demasiado ou algunha man negra a está utilizando en contra do actual goberno, de calqueira xeito, non é normal. | | Escavadora |
| RE: ¿QUE PASA NO AXUNTAMENTO DE MOAÑA? | 22-05-2007 | | O que é increible é que xoguen así desa maneira coas persoas. Que os trataran coma si fosen uns trapos... | | Lita |
| RE: ¿QUE PASA NO AXUNTAMENTO DE MOAÑA? | 23-05-2007 | | parece que e o problema de sempre: o amiguismo do veciño desta xente que se opon terminantemente a que lle "tapen as vistas" e xa se sabe como funcionan as licencias neste pobo: hoxe pan, mañan fame. De todos modos, o mais sinxelo e preguntarlle a esta xente que xa debe levar cerca de un mes protestando polos seus dereitos, ou senon no estarian ahí..... Quizais se fora un constructor non terian tantos problemas para facer unha vivenda, pero, claro, dun veciño particular o axuntamento non saca tallada. E a historia de sempre, pero estes polo menos protestan publicamente. | | bio |
| RE: ¿QUE PASA NO AXUNTAMENTO DE MOAÑA? | 23-05-2007 | | a cuestión é que goberno lle deu esa primeira licencia ilegal????? o actual ou o de barreiro??? | |
| RE: ¿QUE PASA NO AXUNTAMENTO DE MOAÑA? | 23-05-2007 | | Non se botou ningunha pelota fora, tanto o alcalde coma o edil de urbanismo explicaron claramente o problema i esa señora adicase a acosalos e decir que hai amiguismo, cando pretende facer unha ora ilegal que a ver quen lla preaprobou | |
| RE: ¿QUE PASA NO AXUNTAMENTO DE MOAÑA? | 23-05-2007 | | O Sr. Euloxio, últimamamente lle crecen os enanos... | | Un veciño |
| RE: ¿QUE PASA NO AXUNTAMENTO DE MOAÑA? | 23-05-2007 | O que xa estivo mal dende un principio foi darlle ningún tipo de licencia por parte do Axuntamento.
De crear falsas esperanzas a ninguen. | |
| RE: ¿QUE PASA NO AXUNTAMENTO DE MOAÑA? | 23-05-2007 | | se ten licenza pode construir. O que pasa é que non a ten. E no xornal saiu o outro día que xa catro avogados lle dixeran que o concello tiña razón e ela disque ía contratar a un "avogado experto en urbanismo". | | Tiran...dose da moto |
| RE: ¿QUE PASA NO AXUNTAMENTO DE MOAÑA? | 23-05-2007 | O que está claro é que algunha irregularidade ten en todo este asunto, porque se non, non é normal tanta inxistencia por parte dos propietarios.
Aqui me temo que hai gato encerrado, e alguen non se quere mollar... | | Un veciño |
| RE: ¿QUE PASA NO AXUNTAMENTO DE MOAÑA? | 23-05-2007 | Deixar de especular co tema, a esa muller que está protestando non se lle da o permiso por que sería ilegal, e se o fai o concello lle caería un bo marrón, e sen máis, sería puro caciquismo, o que fixo e fai a dereita durante tantos anos en galiza. E manda carallo, esa muller de que carallo vive? Cada día un modelito e un peinadito!!!!! Se agora os que reclaman o dereito a construir ILEGALMENTE sonche moi MODOSITOS!!!! Cousas veriades
| | O CHE |
| RE: ¿QUE PASA NO AXUNTAMENTO DE MOAÑA? | 24-05-2007 | | A muller non ten licencia ningunha. O que está é como unha caldereta, e senón que llo pregunten ó seu siquiatra ou ós seus cinco abogados e ó seu aparellador. O problema é que inda hai algúns que lle rin a gracia porque, como está totalmente demostrado, o concello nunca ten razón eos concellales son uns corruptos. A lástima é que cando encerren á señora en Rebullón non levaran detrás a todos os que lle votan a man polo lombo. | | ABOGADO DAS SILVEIRAS |
|