Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://tummyrats.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
DENUNCIAS E FELICITACIONS02-07-2005
Haz click para ampliar O foro social pola defensa do pobo desexa felicitar ao pobo de Cangas pola que entendemos definitiva paralización do plan xeral do Sr. Sotelo.

O castigo aplicado nas urnas a candidatura do PP, que produciu en Cangas a baixada mais forte de toda Galicia (case un 12%) ven sendo analizada en medios galegos e estatais como decisiva, xunto a de outros concellos nos que o tema urbanístico está candente, no fin da era Fraga.

E queremos pedir dende xa unha clarificación do PSOE diante do tema. Lois Pena valoraba en nota de prensa a subida do PSOE no concello como premio a oposición da súa executiva ao PXOM, pero no seu grupo municipal seguen a ofrecer unha postura dubitativa, debido mais que probablemente a intereses persoais.

Ainda que serán o PSOE e o BNG, dende a futura Xunta de Galicia, os que poderán rexeitar unha proposta de Plan Xeral do grupo de goberno do Sr. Sotelo, dende o Foro Social queremos deixar ben claro que, se ben se agradecen os apoios públicos da executiva local do PSOE e do propio sr. Quintana contra o plan, o éxito da paralización debese, única e exclusivamente, ás movilizacións veciñais, ó voto maduro dos cangueses e ó traballo totalmente desinteresado dos membros do foro social que durante máis dun ano estiveron a traballar para que este éxito se producise.

Nos, esquecéndonos xa do famoso informe xurídico sobre a validez da moción aprobada o 7 de Abril, e da vergoñenta manipulación do grupo de goberno que agora manifesta que nunca se encargou, esiximos que se materialice o contido da moción: que se retrotraia o PXOM a súa fase de avance, o que quere decir que se presente un novo avance do Plan, e que se expoña ao público durante un mes, tal e como marca a Lei do Solo, mes no cal se poderán presentar suxerencias e propostas de convenios urbanísticos.

Consideramos que os convenios asinados son letra morta e pedimos unha clarificación xurídica do lugar onde se atopan os cartos avanzados polas empresas asinantes, así como das contas xerais do concello, por se houbera irregularidades detrás da evidente falta de transparencia que temos diante e do visible enriquecemento de algúns membros do goberno municipal, co Sr. Sotelo a cabeza.

Seguindo co capítulo das felicitacións, desexamos feliz andaina a nova directiva da Comunidade de Montes de Darbo, que sae democraticamente dunha fase escura felizmente rematada. Desexámoslles éxito nos seus obxectivos de acadar a maior participación veciñal, de repoboar con espacies nobres e erradicar progresivamente o arcolito, a esperanza é un ben en si mesma.

Tamén apoiar con rotundidade o movemento veciñal de Aldán na súa batalla legal pola recuperación dos montes como propiedade comunal. Recordamos a todos, incluídos posibles inversores en actuacións radicadas en estes terreos, da imprescritibilidade xurídica dos montes comunais: sempre, mesmo si esta acción concreta non prosperase, se podería reclamar e obter a titularidade comunal de montes que se demostre o foron un día, e evidentemente das obras realizadas sobre eles. Recomendación por tanto de que revisen ben a legalidade das manobras feitas polo antigo conde na época de Franco.

E nada máis, non esquecer o ton ledo desta nota e recordar coma sempre:
menos que nunca, CANGAS NON SE VENDE


>> Ampliar datos FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados