Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
free photos of gardens
Indispensables
Donde ...
Guia
PACTO E IMPACTO15-05-2007
Como exemplo de como se deben afrontar as eleccións, o Alcalde de Moaña, reuniuse coas diferentes forzas políticas que se presentan a estas eleccións para propor un pacto de respecto da localidade e do seu espazo público. As cinco forzas acordaron pegar tan só nos plafóns destinados ao longo do concello, que de forma exemplificante para o resto de concellos, colocando cinco en cada zona de pegada, un para cada unha as forzas políticas. Ademais acordaron non pegar en muros nin en paredes, nin en marquesinas para non emporcar o concello nin o mobiliario público. Tamén falaron de non someter ás veciñas e veciños a unha contínua persecución sonora pedindo o voto dende as megafonías, polo que se acordou tan só anunciar os actos nun horario de once a unha da mañá e dende ás seis ás nove da noite.
O gran problema foi cando na noite do xoves para o venres no inicio de campaña, púidose comprobar como os que estaban pegando cartaces do Partido Popular non respectaron pacto algún e inundaron paredes de veciños, paredes municipais, muros da alameda de Moaña, e portas e fiestras de particulares que nada teñen que ver con dita formación. Este é exemplo do que lle importa Moaña e o seu espazo a Fervenza, esta é a forma que teñen de dar a súa palabra con Moaña, non sendo capaces de dicir ás cousas diante dos diferentes representantes municipais. O gran problema é que a eles trátaselles como se foran persoas e distan moito de selo.
O SINIOR AFRANIO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: PACTO E IMPACTO15-05-2007
Xa me parecía amin que algo raro estaba a pasar, que so se mira a este individuo por todos lados, ó final tiña que dar a nota, non chejaba coas súas declaracións intelectuais. Pa unha vez que facedes algo ben, salta un pa jodela. POis deberíase poder denunciar, porque teñen a alameda chea de papeis os muros, e en Ramon cabanllas tamén, e xa andan a rastro polo chan enchendo todo de merda. ¿así vai manter lipo Moaña? ¿ou é para que Moaña non se vexa ton limpa antes da eleccións?
Estranado
RE: PACTO E IMPACTO15-05-2007
O de Fervenza pareceme moi mal, pois os acordos son para respetalos, e o xogo debe ser limpo.
Asi mesmo quero que quede constancia xa que falades de imcumplir os pactos, que o sábado as 2 da tarde, tiñamos en Tiran un coche anunciando o mitin do Sr. Euloxio para ese mesmo día. Por tanto sa van dous que non cumplen cos demais...
Tiran
RE: PACTO E IMPACTO15-05-2007
¡Perdón!, rectifico o do altavoz anunciando o mitin do Sr. Euloxio deberían ser a 13:30 hrs.... mais ou menos.
Tiran
RE: PACTO E IMPACTO15-05-2007
Tampouco non eran as 13.30, de tódalos xeitos temos que pedir perdon por non estar a altura do teu cronómetro. Tamén retiramos despois tódolos carteis do mitin, pero...!ai¡...quedounos un. Non te preocupes, mañán a primeira hora será retirado. Estamos dispostos a ser castigados publicamente por tales feitos e nunca deixaremos de agradecerche profundamente o estimulo que supón o seguimento que nos fas. Gracias.
InMo
RE: PACTO E IMPACTO16-05-2007
sorpresa, me parece perfecto que por parte dos grupos politicos exista un consenso en canto se refire a pegada de carteis, etc., pero a miña sorpresa e que os de pepiño (os do pp) xa estan a colocar carteis masivamente en propiedades privadas y en zonas publicas.
(visto polos meus ollos)
rockero
RE: PACTO E IMPACTO18-05-2007
Me pregunto si la bajada a la iglesia de Tiran está habilitada para colocar allí los carteles de los politicos. Como hablan de respetar los espacios públicos y solo pegar en los sitios habilitados para ello.
Ya que hablais del Sr. Euloxio, tenía allí colocado el cartel suyo.
Outro veciño de Tiran
RE: PACTO E IMPACTO18-05-2007
pois si, está permitido
willbe
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados