Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://iosxachtay.com/will-writing-service-ashford-kent/
Indispensables
Donde ...
Guia
CONVENIOS URBANíSTICOS30-06-2005
LUITA VERDE denuncia a especulación urbanística que estase a desenrolar no concello de Moaña a traveso da elaboración do PXOM e as propostas de convenios urbanísticos que o Concello senón promociona si apoia e que vai a representar para os especuladores que o promoven substanciosos beneficios.

Da predisposición dos Concellos en xeral e o de Moaña en particular a incrementar de modo alarmante o crecemento urbanístico vía Convenios como fonte de financiación e o enriquecemento dos especuladores, é o resultado de aprobar actuacións urbanísticas aberrantes fora de toda lóxica ambiental e social, como o Convenio de Ramil pretendendo desafectar os 200 metros de protección no litoral que recolle o artigo 13 de Lei 9/2002 de 30 de Decembro (LOUGA) ou o Pazo do Real e as súas famosas torres, que supón o deterioro do entorno natural e da calidade de vida dos cidadáns.


Os Convenios mencionados son só parte do iceberg o resto e que se mantén ocultos como o da finca Arenal ( da que lembramos ao concelleiro de urbanismo Euloxio Leites que dita finca está afectada polo Asentamento denominado Castillo e catalogado co número GA-36029021 ) proposto por Juan Lago personaxe coñecido pola operación especulativa de Menduiña e Herbello de 5.000 vivendas ampriamente rexeitada polo pobo de Cangas e determinante da non aprobación inicial do PXOM de Cangas, ou o de Albariños onde un testaferro D. David Recondo Martínez da empresa Establecimientos Cermel SA de Coslada-Madrid dedicada á ( Venda de tabaco con recargo a través de máquinas automáticas, Comercio ó por maior e menor de artigos de agasallo, Comercio ao por menor de prensa, Compra, venda e explotación de inmobles para o estacionamento de vehículos automóbil ), fai unha proposta de Convenio ao Concello de Moaña para urbanizar o lugar de Albariños – Padrón na parroquia de Tirán, tendo en conta a zona e os promotores encontrámonos ante uns claros pelotazos urbanísticos.

Esperamos que o Concello de Moaña non practique o sectarismo con os que son críticos coa súa actuación e nos informe como ao resto de colectivos sociais, pois ata a data de hoxe nunca foimos chamados e informados sobre o PXOM, nembargantes si foron convocados outros colectivos.


Xuño 2005
luita verde


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CONVENIOS URBANíSTICOS01-07-2005
faría falla que traballase un pouco madame guillotina para que aprenderan aqueles que non poden conterse diante da passsta
robespierre
RE: CONVENIOS URBANíSTICOS02-07-2005
¿ e que denunciades o mais que claro pelotazo urbanistico que estase a cociñar en Moaña ou que non vos teñan en conta?E mais claro que a auga, donde vos os metedes todo son alegacions asi é domáis loxico que non vos teñan o tantodos seus manexos.
paco porras
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados