Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://littbabhow.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA14-05-2007
Dende aqui quero expresar a miña denuncia a ultima "chapuzada" feita polos politicos no barrio de Tiran.
Resulta que despois de moitas denuncias e insistencias durante anos en que nos asfaltaran a baixada do camping, e resulta que chegan abaixo e asfaltan a parte dereita que vai para a carballeira de Castroviejo, e o camiño que vai para o iglesario, un camiño dos mais centricos, e o deixan tal cual. Cheo de baches e terra, e os problemas de auga polo medio da estrada, peor do que estaba.
De todo isto temos que "felicitar" o SR.EULOXIO pola GRANDE CHAPUZA que ali mandou fazer. ¿Porque mandou asfaltar o camiño de Castroviejo, e non mandou asfaltar o do iglesario? ¿A quen lle debe algun favor politico? ou será que quere ter contenta os seus achegados?
Unha vez mais se demostra que hai politicos que é mellor que se dedicaran a outro oficio, porque para isto "non valen"...
Tiran


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA14-05-2007
Es que no le dio tiempo a asfaltar todo.
Como el Euloxio tenía mitin esa tarde en Tiran, quería que estuviera todo bonito, e hizo ir a los trabajadores de la empresa de asfaltado el sabado por la mañana.
Menudo pelotón de obreros que había el sabado a las 8:00 de la mañana. Parecían que nos arrasaban en barrio.
Todo, por querernos vender la moto el Sr. Euloxio.
¿Pero a quien quiere engañar a estas alturas de la pelicula?. Anda, anda...
Leo
RE: NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA14-05-2007
Conclusión: estades en contra do asfaltado. Hai que decirlle a Euloxio que non mande asfaltar o que falta, que hai uns cantos veciños que están en contra.
RE: NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA14-05-2007
Supoño que ó realizar esta denuncia estarás seguro que a parte que falta por asfaltar non se vai facer. Do que sí pareces estar seguro é de que se debe ó amiguismo ( conclusión á que chegas moi rapidamente, por certo, e sen probas). igual me equivoco e falaches co propio Euloxio, o coa cuadrilla de traballadores ou co propio alcalde e che dixeron tal cousa. O dubido. Na denuncia que fixeches deberías de preguntar a razón pola que non se fixo o asfaltado en vez de sacar as tuas propias conclusións. Hai a quen lle gusta confundir. Debe de ser que algúns peperos se está a poñer nerviosos...
willbe
RE: NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA14-05-2007
Este Euloxio anda parbo, vai asfaltar os camiños onde lle dan pedradas e nlugar de ir asfaltar onde lla van votar, non aprende nadiña eh, tedes razón en queixarvos, pa que vai asfaltarvos o camiño se xa é tradicional velo así? xa estibo con Barreiro e agora que xa era tradicional a queixa para cada campaña, ven este e asfalta, e o mais triste sabendo que non sirve de nada, que ahí non apaña un voto, que iso xa o vai asfaltar Fervenza cando gañe as eleccións, asfaltar non, empedrar con pedra do porriño en adoquíns, que xa os ten encargados a Deputación e todo, ¡¡e ven este a asfaltar¡¡, que sinvergüenza. Se total o mandato xa rematou hai un ano, porque para estes so dura o mandato 3 anos, no ultimo ano op que s efaga non conta.
Estes non aprenderon nada de quen estiberon tantos e tantos anos no poder, e nada, asfaltanlle os camiños incluso a os que non son amigos, ¿qu evan pensar os seus votantes?. POis nada, que non asfalten o outro lado xa, que lle deixen algo para o adoquín de fervenza, e ese asfalto que llo boten nos camiños de seus amigos, que fervenza seguro que non o ha facer.
Indignante asfaltado. Votante de INMO
RE: NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA14-05-2007
Amigo, eu non son dos que tiran foguetes o aire soamente para ver como estoupan...
Houbo veciños que falaron coa cuadrilla de obreiros cando estaban a traballar a semana pasada, e dixeron que non tiñan orden do Axuntamento de asfaltar o anaco que deixaron.
Antes de que comenzara a votar o asfaltado, se foi o Axuntamento, se falou co Sr. Euloxio, responsable de tal evento, ou polo menos así se presentou, e con palabras non moi amistosas, dixo que nos olvidaramos de tal cousa. E veciños, asi foi, non lle saiu das mesmas pelo.... ¿Que será que ten contra os veciños?
Dende aqui so desexamos unha cousa: QUE AS URNAS LLE DE O MESMO TRATO QUE DISPENSOU OS VECIÑOS. E sobre todo que non se crea Deus, que o mellor dentro de uns dias nin nos acoardamos del...
Tiran
RE: NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA14-05-2007
tranquilos, se salen os peperos imos a aburrirnos de ver asfalto x todos lados...
bio
RE: NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA14-05-2007
e se saen o resto cansaremonos de ver as carreteras coma se fosen carreiros de vacas cheos de buratos e comprades uns zoques e así xa podedes ir coa indumentaria do galegiño polos camiños adiante,o caso é queixarse
RE: NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA14-05-2007
Soamente había que ver o despliegue de maquinaria e obreiros que habia o sábado pola mañan no camping. Parecía un destacamento de artilleria, e por certo felicitar os obreiros que o que fixeron o fixeron ben.
O que me pregunto eu ¿por que tanto movemento nun sabado, cando normalmente isto se fai pola semana como calquer obra?. Non sería que o Sr. Euloxio queria ter rematada a obra antes de dar o mitin en Tiran o sabado pola tarde, e xa tiña pensado venderlle o favor os veciños? ¡¡¡Hai que se nos ve o plumeiro!!!
Lola
RE: NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA14-05-2007
Hai algún virus maligno que está empañando as mentes dalgunhas persoas de Tirán. Supoño que dun día para outra salirán en manifestación para protestar contra o arranxo que se fixo neste catro anos en Tirán de zonas que levaban sin tocar máis de vinte anos (camiño do Prado, camiño do Padrón, curva de Patachi, rúa do Lazareto, vial que une a casa da cultura co Camping, vial que une o camiño dos Remedios coa PO551. baixada a praia da Mona, arranxo da casa da cultura que tiña o porche apuntalado,metía agua na bilioteca e tiña tres bombillas por todo o alumbrado, paseo do Con, bandeira azul na praia do Con, saneamento da praia do canabal, conexión adsl da biblioteca e,por primeira vez na historia, dotación económica para a compra de mobiliario e libros...)podería seguir, pero penso que a comparación coa etapas anteriores é apabullante. Está claro que queda moito por facer, pero poñerse en contra dos que se puxeron a traballar en serio para que volvan os que tiñan todo abandonado é bastante alucinante. Non hai que confundir as simpatías cun partido co forofismo puro e duro.
Silencio
RE: NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA14-05-2007
pero que jopiños sodes cando queredes. A pena e que deixades as cousas a medio fazer e de seguro que algunhas as fazedes unicamente con intereses partidistas...
¡que pena, pena, penita pena!!!
veciño
RE: NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA14-05-2007
Eu agradezo a silencio..perdón euloxio, que nons ilumine co seu coñecemento do fucionamento das obras do concello. Graciñas
moaña
RE: NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA14-05-2007
Vaia, agora son Euloxio, hai un tempo alguns estaban empeñados en que era Dani. ¡cousas que pasan...!. Non é necesario ser conselleiro para ten un certo coñecemento da política municipal. Se queredes podemos falar doutros asuntos, incluso sin ser de política, que seguro que tamén terei algo que decir. De todolos xeitos, non votei a Euloxio, pero non vou a ocultar as miñas simpatías actuais vista a súa actuación. Non solo van a facer campaña os que se presentan...
Silencio
RE: NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA15-05-2007
Xa vai sendo hora de que individuos como o Sr. Euloxio deixen de manejar e mangonear o Axuntamento. E increible que un partido con apenas 2 concelleiros se lle de tanto poder e poida asfixiar o resto dos socios politicos. Esta claro que isto debe cambiar nestas eleccions. Soamente para que de verdade en Moaña se poida gobernar e non ter que ceder os caprichitos deste Sr.
Moañes
RE: NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA17-05-2007
A ver, O señor Euloxio é Tenente de Alcalde. Iso significa que cando non está o Alcalde Millán, el convértese en Alcalde en funcións ( ou o que "corta o bacallao" para algúns) por que así o dí a Lei. O que hai é moita envexa e nervos entre algúns do PP, máis cando neste mesmo foro moitos afiliados o PP descontentos con Fervenza, din recoñecer a valía de Euloxio e que van votar por el. Seguramente Euloxio nunca pensou que lle viñeran votos desde as filas peperas pero esa é a realidade. Como tamén o é que polo camiño do Igrexario as máquinas non caben e débese falar cos propietarios dos muros lindantes para poder anchear o camiño. E sabedes que é así.
Tiran...dose da moto
RE: NON OS MERCENARIOS EN MOAÑA18-05-2007
Sr. Euloxio, cóntenos outra pelicula, que esa xa a miramos hai moito tempo. De sobra sabe que o que fixo no barrio de Tiran foi unha verdadeira "cagada". O camiño xa foi asfaltado hai moitos anos, e para tal cousa xa se utilizaron máquinas. Non me veña a contar que ahora non entran por aquí, si o camiño esta igual que hai 100 anos. ´
O que está a faltar aquí e "vontade" de querer fazer as cousas, e diso penso que Vd. ten bastante falta. Deixe de querer vendernos a moto e asuma o seu erro...
Veciños de Tiran
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados