Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://ageplay.org/
Indispensables
Donde ...
Guia
AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA11-05-2007
Eu leo os programas electorales tanto do bloque como do inmo e non salgo do meu asombro. Promenten instalacions deportivas, centros de saude, etc E ME PREGUNTO, QUE FIXERON ESTES CATRO ANOS DONDE ESTA O CAMPO DE FUTBOL DE HERVA, OS RAIOS X, O CENTRO DE SAUDE UN POUCO DECENTE, ETC. Agora no ultimo mes asfaltan carreteras e fan catro cousas para quedar ven, imasinarvos o que poderian facer en catro anos si pusesen algo de interes e ganas. VERGONZOSO
MURDOK


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA12-05-2007
Hombree!! por fin alguien que lo dice!! ya pense que era yo el unico que le recriminaba a un politico que no cumpla su programa electoral !!
Ahora prometen mucho, pero no creo q lo hagan tampoco en estos 4 años.
Dani
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA12-05-2007
Hai un traballo de xestión que hai que facer antes de construir as obras. Este traballo previo foi o que nunca fixera ningunha corporación anterior, nin siquera cando tiñan gobernos amigos. Decir que non fixeron nada ou que non cumpliron os programas é ser moi mal intencionado ou moi ignorante. Os campos de futbol, centros de saúde, auditorios, piscina, garderías, etc..non se fan con palabrería, sempre son o resultado de anos de xestión. A diferencia é que esta vez si que o fixeron. Para asfaltar camiños dun día para outro e vendelos como grandes obras xa está Louzán e a súa Deputación.
Silencio
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA12-05-2007
Evidentemente o goberno de MOaña cumple e cumplirá, non se limitan a facer preguntas estúpidas no parlamento sen ter nin idea de se pregunta algo factible ou queda coma un chepudo. Se ti sabes algo de burocracia, saberás que a licitación de obras publicas e un labirinto, pensa so no que tardan en dar un permiso de obras para un particular, ou unha licencia ou calquer cousa, pois na administracion pasa o mesmo pero por 10. Se queres estar ben informado telo facil, podelo consultar nos DOGs, e verás os presupostos aprobados e as obras aprobadas para moaña, entras e les un pouquiño, has quedar abraiado vendo que está case todo licitado, e o que falta, como ti dis, o do centro de saude, tense que aprobar o PXOM, para que o sergas teña os terreos para construilo, xa que xa está aprobado o centro de saude, so faltan os terreos. Iso é un goberno, o de encargar 500 m3 de asfalto para asfaltar e quedar ben? iso eran cousas de Louzan ou Barreiro, dentro de 4 anos veranse os fruto destes catro, porque as cousas son así para desgracia de todos, pero se fosen outros nin así serían, xa o estan demostrando.
Outro mais
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA12-05-2007
As cousas levan o seu tempo, e polo menos mírase algo, recordoche que a famosa piscina de marras era unha promesa electoral de fai xa anos e anos. Ay que mirar a palla no ollo alleo e tamen no propio



moañesa
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA12-05-2007
Non todo se ve nas obras, tamén nas formas, e nos servizos, asúntos sociais funciona moi ben, pode mellorar, pero nunca tantas cousas se fixeron en moaña para a xente, e moitas das cousas que prometen outros, deberían estar un pouco mais informados, porque xa están a funcionar, basta omear a famosa oficina de informacion xuvenil, non solo xa existe, senon que xa se puxera en funcionamento co mandato de barreiro, así que... xa vedes que ben informados estan os da oposicion.
epeno
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA12-05-2007
PARA A MOAÑESA E O CAMPO DE FUTBOL NON E TAMEN UNHA PROMESA DE FAI MOITOS ANOS
murdok
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA12-05-2007
E NA PARROQUIA DE DOMAIO QUE FIXO ESTE GOVERNO, NADA DE NADA PARECE QUE NON SOMOS DE MOAÑA (a verda e que os anteriores tampouco fixeron moito)PERO ISO NON SIRVE DE ESCUSA
MURDOK
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA13-05-2007
Silencio, eu non dixen que non fixeron nada, eu dixen
Dani
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA13-05-2007
que NON cumpriron o programa, e iso non é ser nin ben nin mal intencionado, nin hai que ser moi culto para sabelo, podeo saber un ignorante, so ten que ler o programa do bloque de fai 4 anos e comprobalo.
E digovos para todos, que por suposto todas esas obras non se fan con palabreria, que hai que xestionar moitas cousas e é complicado etc etc, ¿e quen dixo que non fose complicado? eu digo O QUE PUÑA O SEU PROGRAMA, programa que ELES ESCRIBIRON, que non llelo escribin eu, ELES comprometeronse a facer esas cousas, e NON as fixeron, non digo que non fixeran nada, nin que non fixeran xa parte das xestions, pero no programa poñia que esas instalacions ian estar CONSTRUIDAS, non que as ian a xestionar, e diciao moi clariño.
Dani
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA13-05-2007
Dani, non teño nin idea de que decía o programa do BNG. Solo aclaro que se fixo unha importante xestión, fora quen fora, que antes non fixera ninguén.
Silencio
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA13-05-2007
O do campo de fútbol está en marcha, como o do auditorio e recordoche tamén que está feito o proxecto para restaurar o colexio vello de domaio. As cousas van despacio, pero van, non se pode facer todo xunto. Tes razón que nas parroquias non se fan tanats cousas coma no centro, pero sempre foi así. Teredes que loitar por elo dende as asociacións de veciños, eu anímovos a que o fagades, pero non me digas que non se fixeron cousas nestes catro anos. Seguros de todas as prometidas non, pero tempo ó tempo. Saúdos murdok de domaio.
moañesa
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA13-05-2007
Silencio, fai uns dias dicias que "Decir que non fixeron nada ou que non cumpliron os programas é ser moi mal intencionado ou moi ignorante" e resulta que nin sequera sabias o que poñia en ditos programas, pero dabas por suposto que os cumpliran, e que dicir o contrario era ser moi mal intencionado ou moi ignorante... e eu NUNCA dixen que NON SE FIXERA NADA, podedes releelo si queredes e comprobadesno, dixen que non cumpriran moitas cousas que poñia no programa, e citei esas cousas en concreto.
Dani
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA13-05-2007
Dani: a estas alturas xa non nos le ninguén, pero sigo pensando que eres moi mal intencionado. O BNG non era o único partido presente no goberno, polo tanto, foi un goberno de coalición, no que o programa a cumplir é o acordo de dita coalición. Sigo pasando totalmente do programa do BNG.
Silencio
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA14-05-2007
Dani: eres mal intencionado e non leches o programa do BNG. Si o leras, verías que si se fixeron moitas das cousas que prometían e que en poucas ocasións se comprometían a facer tal ou cal cousa; casi sempre a xestionar, que foi o que fixeron, e moi ben por certo. No programa destas eleccións si din que van facer e incluso comprometen plazos. Ala, lee o de hai catro anos (si o encontras) e o desta vez, que o están repartindo. E de castigo por falar sin saber, copias tres veces cada un(que ademais son un ladrillo) e pásaslle as copias ó PSOE, ó PP e ó PG, que os seus candidatos non saben de que figueira cairon.
TEJOTA
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA14-05-2007
Si asfaltan malo, si non asfaltan peor... Por aquí hai algún pepero que solo lle sabe ben o chapapote que bota Louzán. Por certo, haber si o calique de Cangas empeza a asfaltar algo, porque ese nin siquera nas eleccións.
TEJOTA
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA14-05-2007
TEJOTA, en referencia o asfaltado, temoslle que dar un "aplauso" o Sr. Euloxio, pola chapuzada que nos fixo no camping de Tiran. Asi como goberna él tamen goberna o meu cativo de dous anos. Está claro que del non e a politica amigos el tiña que dedicarse a outros "menesteres"....
Tiran
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA14-05-2007
Calificar a calidade política de Euloxio por un asfaltado e dicir que como el goberna o teu fillo de dous anos... e ser moi mal intencionado e vivir de costas á realidade. Para facer obras hai que xestionalas e iso é un proceso longo e custoso e grazas en parte a Euloxio e ó grupo municipal esas obras levaranse a cabo (centro de saúde, campo de fútbol, piscina, auditorio...etc). Xestións que se levaron a cabo dun xeito calado e discreto, xestións das que se beneficiarán os novos inquilinos do concello despois do día 27. Sexan quen sexan. Para ir enriba da apisonadora a asfaltar camiños e vendelas como xestións eficaces e obras salvadoras xa están outros home... Ademáis recórdoche que un goberno non se mide só polas obras que che fagan senón que hai moito máis. pero sei que , entre o pobo , cambiar esa visión caciquil é moi dificil...
willbe
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA14-05-2007
Willbe, o que falo non e por falar. Foise falar co Sr. Euloxio acerca do asfaltado desa parte do barrio, e parece que falaba con un pouco de tirria. Mais ben parecia algo personal cos veciños que un problema de presuposto.
E como comprenderás como veciño afectado o que lle podo dizir e de todo, menos que é guapo. O que fixo non esta ben, e espero que os veciños llo demostren nas urnas.
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA14-05-2007
Pois eu ei votar a Euloxio, dos que concurren as eleccios é sen lugar a dúbidas o mais preparado dos candidatos e ademais con diferencia.
Sita
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA15-05-2007
Silencio, o bng efectivamente non era o unico presente no goberno, pero a ver, a construccion do campo de futbol aparecia en TODOS os programas electorais, dos 5 partidos que se presentaban (PP,PSOE,BNG,InMo e APOM), as outras cousas tamen se mencionaban nos programas de PSOE e InMo pero non recordo se poñia "construiremos", supoño que tes toda a razon en que a estas alturas ninguen os lee, porque ningun partido os cumpre, cumpren algunhas cousas, as mais faciles, pero moitas das cousas non as cumpren, a maioria normalmente, se realmente calqueira programa electoral é bo, ningun di "tiraremos unha bomba na tua casa, destrozaremos o paseo maritimo, quitaremos os aparcamentos para poñer parkings de pago, anularemos a depuradora para que a beira do mar arrecenda, construiremos na mesma beira do mar torres de 20 pisos que ver a ria produce mareos..." o que falta por parte de todos os partidos e cumprir as cousas que se din, e dicir cousas realistas.
Tejota, e si lin o programa do BNG, e o dos outros 4, sempre leo o de todos os partidos, e este ano tamen o farei, inda que todavia non me chegou ningun (os leo cando me chegan ao buzon), e o que digo non o digo nin con mala nin con boa intencion, dou a miña opinion, que neste caso era que se incumpriu a construccion de 4 grandes obras, o mais custoso e de mais dificil xestion, por suposto que outras cousas si que se fixeron.
En canto a cal é o mais preparado (se nos refiremos a formacion e intelectualmente) eu tamen creo que é Euloxio claramente, no debate comeunos a todos, de segundo millan, pero tampouco moi inferior a euloxio, manexase ben, poñoo claramente de 2º pero tampouco moi distanciado (mais que nada guiome polo debate de berducedo pa dicir isto) e os outros 3 parecenme que estan a bastante distancia de millan e mais de euloxio, outra cousa é que solucione/n ou non determinados problemas, que os veciños esten mais ou menos contentos e que cumpra/n ou non cumpra/n no que di/n.
Dani
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA15-05-2007
Querido "Dani", no hace falta que digas ni quien eres ni a que partido perteneces, ya lo sabemos todo, ni siquiera hace falta que te cambies el nombre.
Lo que me parece increible, es que el Sr. Euloxio con solo 2 concejales en el Ayuntamiento de Moaña tenga mayor poder que cualquiera de los socios de gobierno, esto es lo que no me coje en la cabeza.
Que vayas al ayuntamiento con cualquier problema, y que sea él el que corte el bacalao y que nadie le sople al oido. Si da toda la impresión de que manda más que el propio alcalde.
Esto es lo que no tenemos que permitir en Moaña, vender nuestros ideales, nuestros proyectos a cualquier precio y más cuando se trata de personas como esta.
Moañes
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA15-05-2007
Coño! Pois eu fun un montón d eveces ó concello a tratar diversos temas e nuca tiven que tratar con Euloxio. A ver se vai ser porque tales temas non eran da súa compenteza? Fun facer o Carné Máis, a entregar unhas solicitudes para a administración, falar sobre temas do medio ambiente (con Dani Rodas), sobre o parque infantil da paradela ( con Malvido), sobre a reposición da marquesiña que un camión levou na Paradela ( tamén con Malvido)...etc. Iso sí, de temas de urbanismo ou dúbidas co futuro PXOM falei, como todo o mundo con Euloxio por que é o responsable da área. Se ti fuches falar o mesmo ca min e quen cortaba o bacallao era Euloxio... pois sinceramente o dubido.
willbe
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA15-05-2007
Xa hai tempo diso porque disque ahora quen corta o bacalao e o tal Euloxio. Enterate ben.
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA15-05-2007
Querido Moañes, ni dije quien soy ni a que partido pertenezco, ni me he cambiado el nombre, estoy usando mi nombre real, creo que me estas confundiendo con otra persona.
Dani
RE: AS PROMESAS DO GOBERNO ACTUAL EN MOAÑA22-05-2007
Bueno, ya veo que lo decias por decir.
Dani
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados