Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
23 year old woman dating 18 year old
Indispensables
Donde ...
Guia
DEBATE? MITIN DA ESQUERDA10-05-2007
Onte tivemos o debade da historía, que o final, para vergonza dos militantes do PP, non houbo mais historia ca a que contaron MIllán e Leites. Eu non votei por fervenza como candidato, pero onte demostramos que no sequivocamos. Demos unha imaxe patética, sen contestar a ningunha das propostas da oposición e limitandose a ler o programa punto por punto mentras os outros se rían de nos, porque, hai que recoñecer que se riron de nos canto quixeron e mais. Non demos nin unha soa alternativa ou proposta, e ainda por riba, non nos asesoramos coma euloxio, e metemos a pata nalgunhas propostas ¿cara onde imos? ¿hospital comarcal; "eu preguntei no parlamento que pasaba", ¿a iso limitase a tua funcion de deputado? ¿A preguntar e non exisir?, carretera de berducedo, outra patada, temos un deputado, un amigo intimo de Louzan, e en lugar de ter iso xa atado como algo inminente, pois vai e di que se gaña ha xestionalo, a xente non é parba, ¿que fixeches estes anos de deputado?. Estou orrorizado co que vin alí, so queda o consuelo de que o soe outro que tal vaila, pero ou pechamos os ollo e imos votar a cegas, ou se gañamos podese armar a de dios dentro de catro anos. Cando Abal escaqueou... xa cheiraba o que viña enriba. E o das famosas multas, e o do punto limpo, ¡¡todo¡¡ e nada, deixamos todo en bandexa de plata. Eu non vou a comida, e non votarei. Que mal trago pasamos. Dimite e deixa a politica.
Arrepiado


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA10-05-2007
¡Éche o que hai!
Á hora de votar nunhas municipais, á parte da ideoloxís, que é importante, tamén hai que mirar candidat@s (preparación, seriedade, honradez, etc.) e programas.
AMEIXOADA IND.
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA10-05-2007
Eu non estiven na representación do esperpento pero o imaxino. Quero facer unha reflexión sobre o tema: neste pobo entre os populares moañeses non hai memoria. Fai quince anos no que o partido intentou rachar co caciquismo (lembrades a loita entre Juncal e Lago), despois Carlos Trigo acompañou a Juncal nunha candidatura e GOBERNOU co PSOE é EG nun tripartito entre 1991 e 1995. De donde ven Xavier Abal??? Do PSOE no que formou parte daquel tripartito. Despois Barreiro no quiso saber nada do tema, e non levou a C. Trigo, logo surdiu APOM. E agora os traidores todavía campan as suas anchas co Fervenza e o capellan Louzan que ten a cara de vir a Moaña a facerlles unha recepción.
Eu sempre fun do PP pero agora non penso nin por asomo ir a votar a Fervenza que tivo unha oportunidade para rachar e non a aproveitou.
O sinto moito, pero no levamos boa liña e nas eleccions que traballen os da comparsa etilica.
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA10-05-2007
Efectivamente déstedes pena. Eu, que son de esquerdas, quedei abraiado da patética actuación de Fervenza no debate. Esperaba maior calidade política. E de Chiné? Que tampouco sabía que a estrada de Verducedo é titularidade de Deputación do amigo Louzán? Manda carallo! Vades a un debate sen ter nada preparado e descoñecendo a realidade como quen arranxa o mundo nunha taberna. Se eu fose votante do PP acochábame e non saía ata o dia 28.
willbe
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA10-05-2007
e a explicación de euloxio tremenda, deixou a máis dunha que está en contra do Punto Limpo sen argumentos, creo que xa sei quen vai gobernar Moaña outros 4 anos, non hai cor
PUNTO LIMPO XA!!!
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA10-05-2007
Fervenza onte non demostrou moito, pero vale moito mais, tampouco tivo moita oportunidade e o que tivo non o aproveitou, euloxio é moi habil falando, "o programa electoral é un contrato..." pois me parece que incumpriu o contrato de 2003...
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA10-05-2007
Son do PP. Onte estiven ali. E desde logo a candidatura do PP da lastima. Sintome avergonzado. De Euloxio, podo dicir que agora entendo porque moita xente do PP desencantada con Fervenza, di que vai a votar por Euloxio.
Sabaceda
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA10-05-2007
A diferencia de nivel, de coñecemento dos temas e de profundidade e calidade das propostas foi vergonzosa. Para min o máis sangrante é a insistencia do PP e PSOE en presentarnos de candidatos en Moaña a políticos de quinta categoría. Di máis ben pouco dos dous partidos principais de España.
Silencio
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA10-05-2007
ai dios mio, pero vos non vos dades conta de que o noso señor alcade de quen se rí e dos veciños, este non era mestre menos mal que non esta exercendo porque senon pobre dos noso nenos, E a nova candidata que o unico que se lle ocurre e chamarlle PORCOS os veciños e iso iba por ¡¡¡TODOS!!!! eu o unico que penso e que, quen nos ten que gobernar ten traballar polo noso pobo porque de palabreria xa estamos fartos, sede consecuentes porque agora son tres a gobernar e eu non vin cambio ningun en Moaña. o meu voto vai para Fervenza polo seu traballo ben ben feito
señor x
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA11-05-2007
E tanto que ben feito, chegar a deputado, cobrar 4000 eurazos, sendo tan tan burriño....vaia por deus, habíalle ir ben os seus amigos claro, pos demais... ¿a ver onde carallo vai poñer o punto limpo?, que o final non respondeu o que se lle preguntou. Está claro que o alcalde do 28 de maio vai ser o mesmo que de agora, e non hai outra, polo ben de todos, se sodes do PP, non votedes por ninguén, así de sinxelo, non condenedes a todo o concello a cargar con semejante personaxe.
Arrepentido.
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA11-05-2007
Señor X, vostede debe pertencer a esa clase de militantes fanáticos do PP ós que lle amosan unha parede branca e din que é negra. Que vai votar a Fervenza polo traballo ben feito? Pero de qué traballo está a falar, home. De cobrar por preguntar? De ir a un debate sen propoñer solucións ós problemas da xente? De ningunear ós seus traballadores da empresa de pedra? De falar para o público como quen soluciona a vida nunha taberna? O señor Fervenza non ten preparación para ser candidato do PP e menos Alcalde. E máis, se por algunha razón gaña a alcaldía van ser catro anos moi doados para a oposición porque nin el nen a xente que o acompaña están preparados.
willbe
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA11-05-2007
mirasevos con medo,tanto o candidato do BNG como INMO son uns sinvergonzas porque da rirse da xente, dos veciñosdos, votantes rinse porque seben que eles nunca gogernaran en Moaña con una maioria sempre teran que contar co resto para que moaña sega morrendo porque e o que esta a pasar con este tripartito eu non son condicional do pp solo son consecuente coas necesidades de moaña e polo que entendo ten feito mais Fervenza ca os tres partidos gobernantes solo espero que vos den cun canto nos dentes e asi aprendades a respetar aos veciños ¡¡¡¡TRIPARTIDO MENTIREIROS E LANGRANS!!!!!
señor x
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA11-05-2007
Que Moaña morre co tripartito? Ti definitivamente desvarías. Que os candidatos do bng e de inmo andan con medo? de quen? de Fervenza? Non me fagas rir. Se non fuches quen de ver o que mellorou o pobo estás cego.E se non te decatas do patético da candidatura do PP estás peor do que pensaba.Quita a venda dos ollos que vas pegar contra unha farola. Por suposto que se fixeron cousas mal pero de aí a insinuar o que ti dis...
willbe
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA11-05-2007
fixeron cousas mal?? pero se nin iso fixon dime o que fixon porque eu sonche sinceiro non vin nada,quitame ti a benda dos ollos anda,sododes uns mal educados o pp non se ri de ninguen mentrs que ti o vos non deixades de facelo.
señor x
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA11-05-2007
Para señor X:
Mira home, eu son militante do PP, ti non sei si o eres, ou formas parte do comando etilico ou da corte de aproveitados que andan o caron de Fervenza. Compañeiro, por Dios, non digas barbaridades, Fervenza non vale nin pa gobernar a sua casa. E teñen razon os de esquerdas e claro que se poden rir e rinse pero de nos, porque esta e a pior lista do PP en toda a sua historia. Hai outro PP, pero claro a ti ese non che vale, porque nese non colle Fervenza. Se sincero e dime, que fixo Fervenza? Nada, bueno si algo fixo e ben cobrar mauis de 4000 euros cada mes por levantar a man. Nunca si viu en tal. Agora, outro que esta facendo e rompendo o PP.

Mira ven o que che digo, despois do ostiazo que imos levar 0 27 de Maio, ou pasa algo neste partido, e volven a dirixir o Partido, xente intelixente, preparada, con 2 dedos de sentido comun. ou definitivamente o Comando Etilico, acab por facer desaparecer o PP de Moaña.

Señor X, si foras do PP e o sentiras como eu o sinto, nunca darias apoio a un candidato e un lista que leva consigo a "Carlos Trigo" Palitos, que ten entre outras fazañas roubarlle un goberno o PP, para darllo o Bloque. Diso se ri a esquerda.
Sabaceda
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA11-05-2007
Menos mal que ainda hai xente un pouco cabal no PP, se que o que aquí se fala non é de partidos, senon de candidatos, e podedes criticar a alianza da esquerda ou o que queirades, o que é indefendible é o candidato Fervenza, que por moi do PP que sexas non veñas a dicir que é unha persona válida, que Moaña non é un pobo de 100 habitantes, somos 20.000, e hai que ser algo mais para ser alcalde, o problema do PP de toda a vida é que votades sen ver, e o estades demostrando con este homiño, calquera que sexa candidato do PP, sexa como sexa ten serias opcións a alcaldía, por iso está fervenza ahí, da igual o que valga, moitos nen o coñecedes e mais votaredes por el sen mais, sempre sacan mais ou menos os mesmos votos, mentras que os de esquerdas variamos entre os candidatos que se presentan, incluso deixamos de votar se cremos que non nos convence ningún deles, pero vos non, davos igual, o PP xa ten os seus votos, so está a esperar a ver se os demais sacan menos para que non gobernen, e isto é o que hai. Decir que Fervenza fixo algo... en lugar de dicilo, podías enumerar as cousas que fixo por Moaña este Deputado, eu non coñezo ningunha, ahora, este é un bo lugar para expoñer todas as súas obras conseguidas fronte a XUnta ou a Diputación, e non me vale iso de que preguntara se se vai facer un hospital na comarca, porque se como alcalde o unico que vai facer é preguntar e non exisir... pois imos bos. Non sexades irresponsables, equivocastesvos no candidato, e tedes a oportunidade de arreglalo retirandolle o apoio e preparando as seguintes eleccións, non nos condenedes a todos a sufrir 4 anos os problemas internos que se lle aveciñan o PP con esta lista, non votedes a esquerda, pero a este individuo botadeo fora.
Un da esquerda.
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA11-05-2007
Moaña merece un alcalde como Fervenza con carisma y ganas de trabaja pues en cuatro años no se hizo nada hasta hace dos semanas que estaban limpiando las calles y poniendo flores colgadas de las farolas donde habia que colgar a ellos por inutiles chupa tintas. Fervenza tiene derecho hacer algo por su gente y hacer una politica clara y sin tapujos.
DOCE MAS UNO
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA11-05-2007
o do pesoe deu tanta pena no debate a 5 bandas coma o do PP.
En canto a fervenza non ten nin a dignidade politica de dimitir do cargo de deputado para poder presentarse con seguridade as eleccions municipais,isto xa o dí todo.....
polo ben de moaña,espero que tanto o B.N.G. coma INMO obteñan un bo resultado, o mais amplo posible....
un saudo
moañes
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA11-05-2007
E NON TE OLVIDES DO CAMPO DE FUTBOL DE HERVA
MURDOK
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA12-05-2007
Millan y euloxio estuvieron muy habiles hablando, pero su propio programa electoral, q lo escribieron ellos, no se lo escribi yo, NO LO CUMPLIERON, y ya se pueden poner como quieran Q NO LO CUMPLIERON.
Dani
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA12-05-2007
eu non coñozo a pepe fervenza nin a millan nin tmpouco o resto de candidatos pero estounos oindo a tosdos nos seus respetivos mitines e sinceiramento a esquerda esta dixando que dexesar e vouvos explicar por que mirade son 3 pardidos a gobernar neste momento, e dicir tres a chupar do bote cousa que parece que a moaña non importa como sigan gobernando van ser 4 porque a rapaza esta nova mirase ñola su forma de falar que non ten nin pajolera idea de nada ela de dicase a darlle a razon a esqueda,non ten moitos argumentos pero bueno iso e aparte,o que vin en moaña novo foi:o paseo do con XEstionado polo pp o AXuntamento xestionado polo pp a fonte do meixoeiro xestionada polo pp..... e pr pepe fervenza si mal non teño ententido un camiño da meixoada que agora mesmo non me recodo o nome outro pouco mais pa baixo do tanatorio, outro prto de broullon, e polo que levo oido esta indo onda todos os veciños preocupandose dos seus problemas tanto politicos coma veciñais e isto xa ai moito que o escoitei eu non sei se e verdade ou non pero se e asi paga a pena darlle una oprtunidade cada un e libre de pensar o que queira a min gustabame moito Euloxio pero estes sa chuparon de mais non?isto e algo doque polo que oio e pola prensa vou sabendo de todos eles.

creo que votarei por....
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA12-05-2007
chupar chuparon algúns 16 anos na Xunta
willbe
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA12-05-2007
Algúns están tan afeitos a que os políticos que apoian se presenten as eleccións para beneficiarse persoalmente que pensan que todo o mundo é igual. Pois non, nin moitísimo menos, hai persoas que están en política porque intentan facer o mellor para o pobo no que viven, nada máis. Exactamente igual que moitas das persoas que dedican moitas horas e sacrificios a unha Asociación de Veciños, unha ANPA, unha Asociación cultural, deportiva, ou unha ONG.
Habería que preguntarlle a Fervenza si a súa xestión para poñer en marcha un polígono industrial, que xa foi rechazado pola Xunta do PP, está libre de intereses especulativos.
Silencio
RE: DEBATE? MITIN DA ESQUERDA13-05-2007
Para o que fala das xestions do pp, penso que estas bastante mal informado, solo por mencionar unha das mais gordas é o concello, que comezou xa Abalo, e que poucos días paladeou o PP, e as demais "xestións" das que falas, son bastante dibidosas, cando non estaban nin con orzamentos comprometidos, e decir, unha xestion non é preguntar, é que s epublique a aprobacion, o pp tamen "xestionou " a piscina, os pabillons, o campo de futbol, o centro de saude, concepcion areal, ramon cabanillas, o con... o BNG ten aprobados os cartos e executa todo pouco a pouco, e vese o que é unha "xestion", podes reprochar que tardan demasiado, tamen decir, que este goberno lle tocou ir encontra du n goberno do PP, cousa que o PP tiña qu eter a favor e tampouco s enotou, incluso agora o concello sufre a deixadez da diputación que incumple os seus deberes no concello. Bueno, parece que falta bastante informacion sobre as "xestions" do PP, e os resultados que son =0
Xestión
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados