Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://studiom77.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI08-05-2007
Noticia de hoxe dos xornais:
O autobús de Vicepresidencia da Xunta vai estar en Cangas e, "nel", Clara Millán e membros da súa candidatura vanlle explicar á xente cuestións relacionadas coa Lei de Dependencia.
¡Que sinvergoncería!
¿O autobús é do bloque ou da Xunta?
¿Clara Millán e os seus son funcionarios cualificados pra realizaren esa función?
¿O autobús percorre Galiza nunha campaña INSTITUCIONAL ou en "merendiñas" de partido?

Que eu saiba, Clara Millán non representa pra nada a Vicepresidencia. Si a súa parella, pero o Verea é un ente distinto, ¿ou non? ¿Haberá tal "comuñón" entre os dous?

A Vicepresidencia estase a converter nun inmenso "chiringo" para mangonearen @s amig@s de Quintana.

¿E pra iso loitamos e votamos tantos anos?
GALIZA CEIBE. PODER POPULAR.


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI08-05-2007
Si e o que eu digo, que confianza podemos ter nos politicos. Todos son iguais. Ahi os tedes, cando gobernaban os peperos na Xunta chamabanlles caciques, que utilizaban o poder para o seu beneficio, etc....
I estes que antes tanto criticaban, resulta que agora son os peores.
Xa o dixen varias veces neste foro, non nos queda mais remedio que non ir a votar, total gañe quen gañe vai a empregar o Concello como si da sua casa se tratase, senon tempo o tempo.

Amigos, o dia 27 millor ir para a praia, e a votar que vaian os politicos, pois deso viven.
madalena
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI08-05-2007
Sen ánimo de defender a políticos, penso que debemos de xogar as cartas que temos na man para intentar, despois de gañar, cambiar de xogo.

Gustaríame saber cal é o xornal no que liches iso. Eu teño entendido outra cousa, pero bueno ahi vos deixo. Por certo Clara Millán asiste o autobús, pero sabes en calidade de que? Penso que inda estamos a tempo de releer a noticia de novo.
ocioloxia.wordpress.com
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI08-05-2007
non sabedes que facer para atacar o bloque, faga o que faga, para vos todo esta mal.
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI08-05-2007
non sabedes que facer para atacar o pp,faga o que faga para vos todo está mal
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI08-05-2007
non sabedes que facer para atacar o psoe, faga o que faga, para vos todo esta mal.
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI08-05-2007
o que faltaba os españolitos do pp e do psoe tamen se queixan
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI08-05-2007
Aquí pode quixarse quen queira,ou acaso e teu o foro,por moito que che joda ti tamén eres ESPAÑOL
MOITA LERIA
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI08-05-2007
O de "españolitos" xorde sempre dalgún cabeza oca pra tapar as cacicadas do bloque. ¿Por que non sae ningún deles a rebatir a denuncia con argumentos? Porque non os teñen.
MONCHO
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI08-05-2007
A cabeza de lista do BNG en Cangas e compañeir@s estarán no autobus non para explicar a lei de Dependencia senon para informar os interesados onde dirixirse para coñecela xa que por desgracia neste concello vas o CIM e ninguen sabe nada e eses si son funcionarios, é lamentable que teñan que ser representantes do partido que promocionou esta lei no Parlamento galego quenes teñar que dirixir os cidadans xa que nin os concellos governados polo pp nin a prensa informa de todalas iniciativas que está facendo o BNG desde Vicepresidencia. Recordemos que estamos en precampaña e ante mentiras e proxectos ficticios do pp hai que amosar o traballo feito para garantir o dereito de tod@s
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI08-05-2007
Mais argumentos?
Beirarua
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI08-05-2007
enteracheste de algo? moncho
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI08-05-2007
o que vos jode e que xa non esta o dinosaurio de fraga na xunta iso e o que vos jode fascistas PP fora da galiza
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI08-05-2007
que carallo de denuncia e esta,ti seguro que sabes o que e unha cacicada?
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI09-05-2007
cacicada ir no bus da vicepresidencia explicando a lei de igualdade? ja ja ja
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI09-05-2007
Por suposto que é unha cacicada, porque se están usurpando funcións institucionais que non lles corresponden aos partidos como tales.
Para informar hai que enviar persoal cualificado, non candidat@s a Alcaldías.
Es@s a dar mitins, a presentar os seus programas e a faceren os actos partidarios que queiran. Pero a Xunta (a Institución) non é unha "leira" particular de ninguén, nin antes do PP (ao que nos enfrontamos) nin agora do pesoe ou do beneguai.
¿Queda claro?
GALIZA CEIBE. PODER POPULAR
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI09-05-2007
sigo decindo que non tes nin p... idea do que e unha cacicada
RE: OUTRA CACICADA MÁIS DO BNGUAI10-05-2007
A xente que sodes radicais do BNG sempre vos vai parecer que calqueira cousa que faga o PP vai estar mal, sexa o que sexa, é os que sodes radicais do PP sempre vos vai parecer que calqueira cousa que faga o BNG vai estar mal, sexa o que sexa.
Hai que intentar ser un poica mais obxetivo, e pensar que os politicos de calqueira partido sempre van facer O QUE SEXA con tal de gañar votos, sexan do partido que sexan.
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados