Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
read here
Indispensables
Donde ...
Guia
"O LEMA DO PP"07-05-2007
Haz click para ampliar José Enrique Sotelo Alcalde. Este é o lema do PP, non tiña pensado falar del, pero despois de que un compañeiro desta web publicase unha denuncia sobre o lema do BNG, pensei en facer contra-campaña da denuncia anterior.
Non creo que sexa o lema máis oportuno,x a que moi posiblemente o PP non revalide a alcaldía en moitos puntos de Galicia, e máis en concreto en Cangas.
ocioloxia.wordpress.com


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE:07-05-2007
non te enteras de nada. o lema do PP e "Cangas Si"
RE:07-05-2007
A verdade é que non me entero de nada. Pensei que ese ("Cangas Si") era o slogan, entón, o de Alcalde? Que carallo é? Si a verdade é que non me entero de nada.
ocioloxia.wordpress.com
RE:07-05-2007
Si os especuladores, Si a seguir enchendo os bolsillos outros 4 anos, Si a destrozar a nosa vila, Si a seguir caciqueando cos amigos e coas ofertas de traballo para tapar a boca, Si a que veñan de fora (coma o Gomez Millán) e marchen tan tranquilos despois de destroza-lo pobo e/ou encher o peto, Si a seguir co Plan Xeral que eles queren a costas dos veciñ@s, Si...
Beirarua
RE:07-05-2007
...si a ignorancia,si a incultura,si a prepotencia,si a mala educacion,si a guerra de iraq,si a carretaxe de votos,si a especulacion,si a xestos obscenos,si a gobernar pos ricos,si a ter o pobo feito un cristo,si as cacicadas,si a asfaltar a ria,si a....
galiza nacion
RE:07-05-2007
e as vallas que poñen "José Enrique Sotelo Alcalde" literalmente que?
RE:07-05-2007
De todos modos non pensara que inda estando equivocado (que pode ser, pero creo que non), o lema de "Cangas Si" tamén me parece igual de malo. Tan malo que vou publicar unha nova denuncia. JAJA!! (con risotada de malo malísimo)
ocioloxia.wordpress.com
RE:08-05-2007
Le teneis una mania exagerada al pp, hay cosas en las que teneis razon o parte de razon, pero tampoco los partidos de izquierda han demostrado hacerlo mejor cuando han gobernado.
1 - Os especuladores estan favorecidos por todos os partidos, aqui en moaña menos entre o 99 e o 2003 sempre mandou a esquerda e taparon o rio do puntillon pa construir encima, taparon toda a beira do mar con edificios, etc.
2 - ¿seguir enchendo o bolsillo? Home non sei, iso depende das persoas que esten, non do partido, pero hai casos de xente de calqueira partido que enchese os bolsillos.
3 - destrozar a nosa vila. ¿porque? a min cangas pareceme q esta bastante bonita, sobre todo a zona de beiramar antes do muelle, a zona do paseo. Dentro do que cabe claro esta, claro q poideria ser mellor, pero, ¿que crees que o BNG ou outro partido poderia facer mellor?
4 - Supos que caciquean cos amigos, home, non o sei, pero ¿crees que nos demais partidos todo é limpo e honrado?
5 - Non sei quen é Gomez Millan enton non digo nada.
6 - Tampouco sei como é o pxom de cangas.
7 - ¿ignorancia e incultura? non entendo en que te basas, xa cho rebatin noutro comentario, supoño que a xente dunhas listas locais é xente normal do pobo, esta claro que non van ser xenios, pero non sei en que desmerecen ao dos outros partidos.
8 - prepotencia e mala educacion é unha caracteristica das persoas, non dos partidos, eu coñecin a xavier barreiro (o q foi alcalde do pp en moaña) e si penso que se axusta a este punto e tamen ao anterior (ignorante, inculto, prepotente e maleducado), agora si, vos dicidelo por toda a xente do pp, e os demais todos uns anxiños maravillosos, e con iso non estou de acordo, as persoas son boas ou malas polos seus actos, non polas suas ideas.
9 - ¿a guerra de irak? bueno, españa non participou na guerra como tal, iso foi EEUU e inglaterra, españa non enviou os soldados a combatir, inda asi non estou de acordo en absoluto, pero aqui suponse que tratamos temas a nivel municipal.
10 - ¿carretaxe de votos??? Aqui quen vota o pp é porque quere, porque lle da a gana, igual que a calqueira outro partido.
11 - xa o pusen no 1
12 - O dos xestos obscenos claro que esta moi mal, pero fixoo 1 persoa, e só esa persoa é a culpable, e estou seguro que se llo fixera un do BNG a unha do PP non vos habia parecer mal, seguramente nin o comentariades ou o poñeriades como algo gracioso.
13 - ¿Gobernar pos ricos? a min pareceme que o psoe goberna moito mais pos ricos que o pp, non sei porque dis que o pp goberna pos ricos, o pp é un partido liberal,
Dani
RE:08-05-2007
o cal fomenta a libre competencia, non goberna pos ricos, o pp aplicou varias medidas sociais cando estivo no goberno, e non sei en que te basas pa decir que goberna pa os ricos.
14 - ¿ter o pobo feito un cristo porque? ¿cal seria a diferencia se gobernase o bng, de verdade crees q seria mellor?
15 - O das cacicadas non o comparto tampouco, pareceme que é dicir algo sen decir nada "son uns fascistas, caciques e antidemocratas" eu creo que a esquerda debe dar algo mais ca iso, que hai q aportar algo mais, algo como "pois vamos traer o ave a galiza, quitamos o peaxe de rande mentres q o pp privatizou as autopistas..." cousas asi, feitos reales, non "cacique, antidemocratico, fascista... ¿esa é a maneira de gañar? a min non mo parece.
16 - Por ultimo decirte que en canto a asfaltar a ria, os gobernos da esquerda moañesa sempre foron especialistas nesa materia, non sei en cangas, pero aqui a gran maioria dos recheos fixeronse coa esquerda no poder.
Dani
RE:08-05-2007
Estimado Dani,

Espero e desexo que tomes esta resposta como dialogo e debate e non como un reproche e coma ti, imos por puntos:

1.- Con respecto ao bonito da alameda e beiramar de Cangas, recordarche que xa estaban antes de que chegase ao poder o PP osea que non é merito seu, pero un Concello non é só alameda, en todos os anos de goberno do PP, as parroquias foron totalmente esquecidas, dáche un paseo por Coiro, Darbo... iso se podes e non che leva un coche por diante, viales estreitos, sen unha beirarrúa, sen sinalizar, sen servizos.

2.- Efectivamente a guerra de Irak non é un tema munucipal, polo que pola miña banda non o utilizaría como campaña, ¿ou si?
A foto das azores... dio todo, independientemente de que houbese soldados ou non, gústeche ou non a realidade é que Aznar meteunos nunha guerra, pero como che dixen para o único que utilizaría este asunto, como outros que se saen da vida municipal é porque o PP demostra que con tal de tocar poder, dálle igual mentir, difamar, etc. No PP seguen os mesmos que mentiron coas armas de destucción masiva, co 11-M, agora coa ilegalización de Batasuna. A min pódenme enganar unha vez, a segunda déixome enganar que é moi distinto.

3.- Os recheos. Fai anos eran a panacea para gañar espazos no litoral, pero se demostrou que solucionanado un problema creábanse outros moito mais graves. non se trata de dicir fixeron iso mal, é que se pensaba que estaba ben, o que é un erro é seguir haciendolo sabendo que estás metendo a pata, salvo excecións moi puntuais.

4.- O urbanismo, pufff miúdo tema, precisamente dos erros é do que hai que aprender, ¿onde está a diferenza entre os gobernos de esquerdas e de dereita?, pois desde o meu punto de vista que a esquerda comete erros, de súpeto aparecen mamotrecos que un pensa quen carayo deu licenza para iso, pero son erros puntuales, mais ou menos graves, a diferenza é que a dereita fai do anecdótico a súa razón de ser, só ven o lado económico e se por eles fosen alicatarían ata o mar, hata o punto de cambiar a idiosincrasia dun pobo que era o que pretendía o PXOM do PP.

Déixome moitas cousas no tinteiro pero... supoño só é cuestión de como dixo Jack o destripador... vaiamos por partes.

Saúde e República
Xosiño
RE:08-05-2007
Dani, eu non é que lle teña manía o pp, pero é que me poñen dos nervios aqueles persoeiros que lle queren seguir pondo rabos e cornos a quen non pensa como vós. Non se pode demonizar a un partido por que fora ilegal con Franco.

Toda esta denuncia viña a respostar a denuncia anterior, na que tildaban o lema do BNG de "malo".

1.-Dani sinto moito que o PP en Cangas non vaia a revalidar a súa alcaldía.
2.-Dani sinto moito que o BNG vaia a gañar votos en Bueu.
3.-Dani sinto moito que en Moaña o BNG sega a ser a forza máis votada.
4.-Dani sinto moito que o MOrrazo por fin sexa galeguista
ocioloxia.wordpress.com
RE:08-05-2007
falando de aberracións urbanisticas : ¿ Quen fixo a maior delas no barrio do Real en Moaña ? ¿ Acaso non foi cousa do bloque ? Non sei de que discutides si todos son iguais.
Suso
RE:08-05-2007
Suso, acaso fixo o PP algo por mellorar o barrio do Real en todos estes anos? na de na, e vivín máis de 25 anos ali, e sen embargo agora sí estase empezando a facer algo, so tes que dar un volta por Fragata Lealtad e veras que estase reformando a zoa, máis os seguintes proxectos que se ten en marcha para outras rúas.
O CHE
RE:08-05-2007
cacicadas e non arreglar un camiño en menduiña a duas persoas maiores, que estan en cadeiras de rodas,mala educacion e prepotencia, as ultimas declaracions de asnar sobor da campaña de trafico e o alcohol o conducir, mala educacion do dinosaurio(fraga),o referirse o escote dunha diputada hai un tempo etc...,incultos xa o dixen neste foro, o anterior conselleiro de cultura dixo que a soprano vasca ainhoa arteta referindose a ela dixo,las sopranos ainhoa y arteta tambien actuaran en el xacobeo,outros puntos xa chos contestaron mais enrriba...sotelo quedanche 19 dias e 500 noites na oposicion.
galiza nacion
RE:08-05-2007
a cacicada do camiño de menduiña, de non arreglalo para duas persoas de idade e impedidas, e si adecentar con pedra, a entrada do eroski ,dime ti si isto non e unha cacicada, olvidouseme de poñelo na contestacion anterior
galiza nacion
RE:09-05-2007
Vaia panda. Eu creo que todos temos un par de dediños de frente pero o ver esta páxina... Gustoume iso a idea das queixas pero miro que o se se fai e falar de política. Discutindo pola mesma merda sempre. Quen é millor, quen pior... quen fixo máis quen fixo menos... Olvidemos o pasado e volvamos o presente!!! Ten que haber un alcalde para o pobo. É o pobo quen elixe o alcalde. E a pesar ou a favor teu é oO TEU ALCALDE. E a el tes que pedirlle o que necesites. Sexa do partido que sexa. Ou porque non sexa do teu partido xa todo o fai mal e non se pode ir xunta del pedirlle algo? Vaia panda. Pois os de cangas muito se queixan pero que miren para os pobos do lado como andamos. CACICADAS!!!!!

Non lle interesa a ningén
RE:10-05-2007
Xosiño, claro que o tomo como un dialogo e debate, iso non o dudes.
1 - Non sei exactamente en que anos se fixo cada cousa, pero o pp xa leva moitos anos gobernando cangas, e cangas ten moitisimas cousas que non ten moaña, e seguro que non son todas anteriores a epoca do pp, en moaña non temos nada, nin o pp entre o 99-2003 e os outros gobernos nos deron nunca nada mais ca cemento, TANTO OS UNS COMA OS OUTROS.
2 - Home considerar que españa se meteu nunha guerra pareceme unha interpretacion moi sesgada, todo depende de como o mire cada un, pero para min nunha guerra meteronse EEUU e inglaterra, españa non enviou os soldados a combatir, inda asi NON estou deacordo con que apoiaramos esa guerra, iso queroo deixar claro.
En canto a Batasuna, eu respecto as ideas de calquera, por moi "radicais" que sexan, dame exactamente igual cales sexan esas ideas, pero sempre que se faga democraticamente, non matando aos que non pensan coma ti.
3 - Fai moito tempo que se sabe que iso esta mal, que iso altera as correntes mariñas, as zonas donde estan moitos seres vivos, cambia a paisaxe do litoral, etc.
4 - No urbanismo eu non vexo a diferencia entre os gobernos de esquerdas e de dereitas, e eu non creo que sexan erros, eu creo que son maletins.

Saúde e republica, e perdon por non contestar antes, tiven un problema con internet.

ocioloxia.worldpress, eses "persoeiros" existen en todolas partes, eu non quero que nadie pense coma min, eu quero que cada un pense como queira, pero que respeten o que penso eu, que eu tamen respetarei o que pensen os demais.
Non sei a que partido te refires que era ilegal con franco, creo que eran todos ilegais menos o del, eu non creo que se demonice a ningun partido actualmente.
Non creo que o BNG sexa malo, nin creo que ningun partido sexa bo ou malo, bos ou malos seran a persoas que esten nese momento no partido, e en todos os partidos hai de todo.

respecto a esas cousas que tanto sintes...
1 - A min pareceme que o pp en cangas fixoo bastante ben, pero xa leva moitos anos no poder e a misma persoa, si perde a alcaldia non pasa nada, e bo que haxa alternancia.
2 - Si e que gaña votos porque esta facendo as cousas ben pareceme xenial (non sei quen ten a alcaldia de bueu nin a de marin por certo)
3 - Isto e o que mais me interesa porque son de moaña, home, eu o que lle reprocho ao BNG en moaña é, simplemente, que NON CUMPRIU O PROGRAMA ELECTORAL, xa que no programa electoral do BNG de hai 4 anos (eu sempre leo o programa de todos os partidos, e a verdade que se o cumprisen, calqueira programa seria excelente), e cando digo que non o cumpriu, refirome as 4 cousas fundamentais do seu programa electoral (campo de futbol, piscina, hospital e auditorio).
4 - O morrazo non sei si é galeguista, iso depende da xente do morrazo, o que si é o morrazo é galego.

O CHE, o real fixose en epocas que non gobernaba o pp, e o pp solo gobernou entre 99 e 2003, asi q non me parece xusto que fales de "todos estes anos..."
respecto do ultimo comentario, por suposto, o que sexa hai que pedirllo ao alcalde, non importa de que partido sexa, o alcalde de moaña é millan e o de cangas é sotelo, e é o alcalde de tod@s a todolos efectos.
Dani
RE:10-05-2007
Dani estame a gustar este coloquio foro que creaches. De todas formas penso que existen algunhas diferencias entre dereita e esquerdas (non chamo esquerda o socialismo actual por suoposto)

1.-Penso que Cangas debe der o que os cangueses queremos, o que precisamos, as espectativas que nos mesmos creamos. Non cero que faga falta construir desmesuradamente, é curiosamente que os pisos non baixen de prezo (consúltense a lei da oferta e da demanda de Miller)
2.-Por outro lado non creo que o pobo esté reclamando unha pavimentación excesiva das nosas costas e do noso litoral.
3.-Por contra o pobo reclama un hospital comarcal (o cal o propio alcalda, que é médico, pensa que non é necesario, consúltense a médicos do Sergas en Cangas, a ver que che contan).
4.-Massó non pode dividir o pobo, é máis estou convencido que o que a maioria dos cangueses queren, en especial os veciños da Pedra Alta e de Balea, é que se leve adiante a proposta do foro: www.cangasnonsevende.org
5.-Penso que Cangas precisa xa dun novo plan xeral, no que non se permitan obras coma a de Charrua (recordemos que a calquer persona "normal" non lle permitirían facer o que fixo o condenado na praia dos Alemáns, aquí estarás dacordo comigo. Hai que intentar tirar abaixo o gran número de construccións ilegais, non serán os de agora os que se enfronten os constructores. Fai falta aire novo.
6.-Penso que un ciclo viuse cumplido, darémoslle as grazas a Sotelo por estes 8 anos de governo, pero toca un cambio.

PD:(7.-Gústame o dos números, parece que o tes moi controlado, jeje. Un saudo Dani.)
ocioloxia.wordpress.com
RE:12-05-2007
Hola q tal, gracias por tu comentario.
1 - Yo no es que crea que no hace falta construir desmesuradamente, es que estoy seguro.
Os pisos non baixan de prezo porque moitas veces os propios constructores os dan por vendidos (para diminuir teoricamente a oferta) sin que o esten, para que a xente de mais por eles, e nunca confundas en ningunha cousa material o q custa co que vale, como siempre dice mi padre "los politicos cuestan mucho pero valen poco".
Eu creo que estamos construindo (non fisicamente) un estilo de vida irreal, basado en levantar bloques de cemento e pagando por eles un diñeiro que non temos, estamos hipotecando as nosas vidas! ¿non te das conta de q os xovenes q compran un piso estan pagandoo non co seu actual traballo, se non co traballo q faran durante 40 anos? E diso ocioloxia.wordlpress, desgraciadamente non ten a culpa o pp, tena o pensamento actual da sociedade, ¡¡oxala tivera a culpa o pp!! tiña facil solucion a cousa enton, con non votalo xa estaba.
2 - Claro que a maioria do pobo non reclama iso, pero iso fanno para conseguir un terreo barato ao lado do mar, como o axuntamento para aotufinanciarse vendeu o terreo do lado do mar, enton consigue mais a baizo prezo, e non importa quen mande.
3 - Aqui millan lo prometio en su programa electoral de hace 4 años pero nada, incumplido.
4 - Esperemos que masso non se venda, o que vai pasar é que se enriqueceran os mesmos de sempre, pero claro, eles miran polos seus intereses, os que debemos tomar conciencia somos os cidadans, e manifestarnos para que os politicos nos escoiten, e para min, moita culpa a teñen os veraneantes que compran unha 2º residencia nese sitio, porque si nadie quixera comprar iso NON se facia.
5 - Non sei cal é dita obra da charrua, entón non podo opinar, sei onde é a praia dos alemans pero non sei que é o que me dis, fai anos que non vou por ahi. En canto o de tirar construccions ilegais, eu penso que o que hai é ver ben onde e como se dan as licencias, que logo tirar con todo é moito mais complicado, e hai xente que xa esta vivindo ahi. A min dame pena a familia esta de vigo a cal lle queren tirar a casa porque é ilegal, pero no seu dia deronlle a licencia, tamen declararon ilegais edificios de constructores, pero pa q tiren eses... sempre atacan os mais debiles, claro esta.
Eu no tema do urbanismo, nestes 4 anos do bng non teño queixa, eu o que lle recrimino é que non fixera nada do que prometeu, joder e que ningunha cousa, pareceme demasiado, si polo menos fixera o campo de futbol e a piscina, case seguro q o votaba, pero incumplindo todo e inda por enrriba dicir "q el non o considera incumprido" pareceme demasiado.
6 - pensei que levaba 12, xa deberian de eles aos 8 anos irse (deberia de ser legalmente pero bueno...) iso para min é un punto positivo para aznar, tamen hai que reconocerllo, dixo q como moito seria presidente 8 anos e cumpriuno, fraga xa dixera varias veces q se retiraba e ata que o retiramos nada...

Un saudo!
Dani
12-05-2007
Boas Dani!!

Boa reflexión, estou dacordo en varios dos teus puntos:
-Aznar fixo o correcto, dixo que se retiraba os oito anos e non mentiu, un aplauso para él. Tamén é certo que non foi todo malo o que fixo, pero dende a esquerda galega, non foron anos de avances, tes qeu entendelo. Por iso menos mal qeu so foron oito anos.
-Tes qeu ir a praia dos alemáns, e ver o muro e a casa que fixo alí o milloneti do pueblo.

Por outra abnda totalmetne dacordo contigo: "os políticos custan moito pero valen pouco"

De todas formas penso que non debemos deixarnos embaucar por unha política de marbellización, por iso non creo que o voto a dereita canguesa sexa a mellor opción. Eu non quero máis pisos, eu quero vivenda. Eu non quero portos deportivos en Cangas (que se fixeran falta...) eu o que quero é traballar en Cangas. ...
Penso qeu esta construcción desmesurada non resolve os problemas do pobo, penso que ditas construccións van traer gastos de alumeado público, limpeza, recollida de lixo, de residuos, alcantarillado, que teremos que soportar os cangueses. Non penses que un de Madrid se vai censar no pueblo. Seguiremos sendo cada ano máis pero a un ritmo moito máis inferior do que está crecendo a especulación inmobiliaria. Por iso é inda crendo nunha miniliberalización dos mercados, penso que hai que frenarllelos pes a catro caciques que queren enchelos petos para sair escopeteados para a súa casona.

Non penso ser eu o que fique mudo ante tales feitos.

PD:GRacias Dani polo debate
ocioloxia.wordpress.com
RE:13-05-2007
Boas!
A ver si este verano voy algun dia a la playa de los alemanes, yo estoy preocupado por la zona de costa que va entre moaña y cangas, lo que seria desde la playa de los alemanes a la del con, sobre todo por el ramil, que parece ser que ahi se van a construir nosecuantas viviendas, claro, pa gente que viene a veranear nos van a joder el ramil! (sabes donde te digo no? es el monte donde esta el lidl), desde el lidl hasta la parte de abajo, cuando llegas a la playa de niño do corvo es una zona de costa que se conserva intacta, voy mucho a esa playa en verano, y solo de pensar que se puede perder todo eso... (y mira, aqui manda el bng asiq...).
La politica de marbellizacion es la del dinero facil, la corrupcion, la destruccion del paisaje, y al fin y al cabo, la de la perdida de las cosas nuestras, porque es relegar nuestra vida a la de la gente que viene aqui a pasar un mes al año, y que ni paga impuestos ni le importa la gente de aqui, claro que es bueno que vengan turistas, pero a veranear joer, no a comprar casas, la 2º vivienda deberia estar grabada con unos impuestos que imposibilitaran practicamente su compra al 99,99% de la gente, a mi me gusta que en verano venga gente de madrid a disfrutar de nuestras costas, de nuestro paisaje, de nuestra gastronomia, de nuestras playas... pero joder, ¿porque no se pasan unos dias en un camping o en un hotel? ¿porque jodernos nuestras playas con casas y pisos pa ocuparlos unos dias al año? es que me parece hasta egoista joder, asi de claro lo pienso y asi de claro lo digo, el territorio de aqui tiene que ser para el uso y disfrute de la gente de aqui.
Pero esto no te lo va a solucionar nadie, porque ahi se mueve mucho dinero, la izquierda mientras esta en la oposicion lo denuncia muchisimo, lo malo es que cuando llega al poder es igual en el tema de urbanistico, pero aun por encima (en mi opinion) con mas corrupcion.
Dani
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados