Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
read this
Indispensables
Donde ...
Guia
QUERO UN PISO DE ALUGUER!! QUERO UNHA VIVENDA DIGNA!!07-05-2007
Haz click para ampliar Dende fai un par de meses estou a buscar un piso de aluguer para irme independizando. Por agora non queremos comprar, unha por que non temos moi claro se queremosun piso ou un casa casa, e outra por que esto da vivenda está carísimo.
Cal é a nosa sorpresa, cando nas inmobiliarias nos din, que os pisos de aluguer son de dous meses, para os de fora. Coma sempre unha economía sostida na xente que ven de fora, pensada para os turistas, facendo da política local un mero palabrerismo barato, en onde as palabras as leva o vento. Moito decir que teremos vivendas (os máis novos) pero eu non sei onde. O paradóxico desta historia é que inda encima existen máis pisos para comprar que para alugar, Políticos que somos o estrato social con menos poder adquisitivo!!! Non será mellor potenciar un aluguer máis económico, potenciando que a xente alugue máis, así a máis oferta mellores prezos.
ocioloxia.wordpress.com


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: QUERO UN PISO DE ALUGUER!! QUERO UNHA VIVENDA DIGNA!!07-05-2007
Eso pasa porque nuestros gobiernos permiten que la gente compre pisos para especular. ¿ Para que van a alquilar todo el año si con tres meses en verano le sacan más pasta que alquilando durante todo el año ? Deberían poner un impuesto especial para las viviendas deshabitadas durante más de un mes al año y ya verías como iban a cambiar las cosas.
Mar
RE: QUERO UN PISO DE ALUGUER!! QUERO UNHA VIVENDA DIGNA!!08-05-2007
Querida Mar,

Levando razón no que dis, creo non é tan simple levalo á práctica, choca o dereito a unha vivenda digna co dereito á propiedade privada e facer con ela o que che pareza mais oportuno.

Pero penso que se hai solucións, e hai experiencias noutros Concellos (non precisamente galegos).
Se a nosa sociedade é capitalista... xoguemos ao capitalismo, ¿seica un Concello non pode converterse en promotor? Experiencias de Empresas Municipais da Vivenda hai a doquier, os detractores dirán que iso é intervir no mercado pero... ¿que ten de malo intervir no mercado para baixar os prezos?

O concello ten chan co que non ten por que especular, o concello pode contratar empresas para facer vivendas, o concello pode vendelas a un custo menor pero suficiente para que lle permita facerse con mais chan e construír mais.

Resultado: a demanda de vivenda descende porque a xente espera ás promociones municipais que son de calidade e mais baratas, os promotores privados non lles queda mais remedio que facer vivendas de calidade e diminuír os seus enormes beneficios para poder competir. A xente que compra vivenda, ao pagar un prezo menor pode destinar mais diñeiro á compra de televisións, calzado, roupa, cafés, etc. etc. polo que a economía local crece e gañamos todos, non só os promotores privados.

Por unha Empresa Municipal da Vivenda.

Saúde e República
Xosiño
RE: QUERO UN PISO DE ALUGUER!! QUERO UNHA VIVENDA DIGNA!!08-05-2007
Tes moita razón xosiño, o malo que os interes dalgúns politiquillos están co sector privado, e por ahí e por onde deberiamos comezar
O CHE
RE: QUERO UN PISO DE ALUGUER!! QUERO UNHA VIVENDA DIGNA!!08-05-2007
alugoche eu un cortello que teño,pero tesme que pagar o que perdo en ovos,porque supoño que no querrás estar coas jaliñas
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados