Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://makidaisuke.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
RENFE, A GRAN MENTIRA!!04-05-2007
Haz click para ampliar Eu sempre escoitei que a utilización do transporte público era a solución para acabar co tráfico, ca contaminación, etc. Agora eu penso que se non se nos ofrece un transporte público en condicións, difícilmente vou a seguir utilizando este tipo de transporte cando teña un coche propio, xa que hoxe saín as 14:30 de Coruña (na Ronda de Outeiro) e cheguei a Cangas as 18:00. Como podrán votar contas, son tres horas e media, cando normalemte en coche tardamos unhas duas horas escasas. O que non pode ser é que inda encima, teña que ir sentado no piso do vagón do tren, é decir, que estemos dentro do tren máis personas que cadeiras. O peor de todo que eu sentado no chan paguei sen rechistar, estiven a punto de negarme a pagar, pero pensei que non era bo momento para montar un espectáculo e que me deixaran tirado en Vilagarcia por exemplo
ocioloxia.wordpress.com


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: RENFE, A GRAN MENTIRA!!04-05-2007
se tes razón.. pillas o tren, vas a vigo, pillas o barco ou o bus cara cangas..pfff

que tren pillache, o rapido ou o rexional? porque co rexional é moitísimo peor
RE: RENFE, A GRAN MENTIRA!!05-05-2007
Eu xa teño tardado en facer A Coruña-Vigo unhas 4 horas fai uns dez anos, no rexional (daquela non habia o trd). Se pillabas o rexional express tardabas algo menos.
RE: RENFE, A GRAN MENTIRA!!05-05-2007
namentras non teñamos un goberno nacionalista darannos polo saco sempre
RE: RENFE, A GRAN MENTIRA!!05-05-2007
certo
RE: RENFE, A GRAN MENTIRA!!06-05-2007
E que carallo teñen que ver os gobernos nacionalistas nisto? Deixadesme parvo oes ....
O unico que queda claro eiquí e que as comunicacions que temos no Morrazo co resto da autonomia galega son unha merda. Se temos que depender do transporte público imos de cú, costa abaixo e sen frenos. ¿ E normal que de Moaña a Pontevedra non haxa unha línea de bus regular ó menos cada hora ? Despois quererán que non usemos os nosos vehiculos pra desprazarnos.
Manuel
RE: RENFE, A GRAN MENTIRA!!06-05-2007
neste foro, alguns en canto escoitan a palabra nacionalista, xa saltan como si lles ofendera.
RE: RENFE, A GRAN MENTIRA!!06-05-2007
voucho a explicar:

goberno nacionalista non implica ser unha "sucursal" da sede do goberno (psdeg do psoe pp de g do pp etc.) e poden polo tanto esixir directamente sen problemas de censura por parte de madrid, outra cousa é que a peticion se aprobe ou non
RE: RENFE, A GRAN MENTIRA!!06-05-2007
non che entendin nada
RE: RENFE, A GRAN MENTIRA!!07-05-2007
Mmmm eu tampouco entendo pouco. Haber se cho explico eu mellor (dende a humildade total). Un partido político que ten a sede en Madrid, que a maior parte dos seus dirixintes son de fóra de Galicia, crea unha SUCURSAL, chamada PSG-PSOE, volvo a repetir: PSG-PSOE. Cal é a intención? Pois mostrar un maior achegamento os galegos, co fin de conseguir máis votos, simplemente eso, é un nome, tan so iso. Son o mesmo partido, que acatará as directrices dun dirixente de Madrid. Sería moi bonito que o señor Touriño tivera independencia total con respeto a ZP, pero isto é unha utopia.
ocioloxia.wordpress.com
RE: RENFE, A GRAN MENTIRA!!07-05-2007
o deputado do bng francisco rodriguez dixo na radio galega,que considera inevitable e deseable a creacion dunha compañia galega do ferrocarril, porque entende que ningun goberno autonomico, pode estar satisfeito con entregar 3,6millons de euros o ano, para que renfe manteña uns servizos deficitarios e que non cumpla cos seus compromisos.
galiza nacion
RE: RENFE, A GRAN MENTIRA!!08-05-2007
Non oíra nada do de Paco Rodríguez, pero é unha boa idea, se non nos queren, polo menos teremos que querernos nós non?

Sería bo, empregaríamos a galegos e galegas no servizo, podríamos sacarlle un redemento as vias que renfe non explota.
Podríamos utilizalo como via de comunicación para transporte industrial, escapando a ultraxe que supón ter que utilizala AP9.
ocioloxia.wordpress.com
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados