Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
local find best sex hookup apps for iphone 7 plus matching
Indispensables
Donde ...
Guia
MANI EN COMPOSTELA O DOMINGO03-05-2007
Haz click para ampliar Isto é unha denuncia, estan a escarallar Galiza, podería ser unha noticia, mani en Compostela, pero non imos a botar a Suso Soak da cabeceira de novas.
Un furacán de devastadora cobiza se propaga ata o último recuncho de Galicia arrasando paisaxes, espazos protexidos, parques naturais e reservas ecolóxicas...
A artificialización do noso litoral con recheos, portos deportivos, urbanizacións, industrias nocivas e piscifactorías está poñendo en grave perigo o seu principal recurso natural, a pesca e o marisqueo...
Esas actuacións e outras están ao servizo só dos intereses duns poucos, de multinacionais e empresas privadas, e ameazan a forma de vida tradicional de milleiros de familias e a saúde e o benestar do conxunto da cidadanía...
Pero non queremos nin lamentarnos, nin acomodarnos, ACUDAMOS O DOMINGO 6 DE MAIO, AS DOCE, Á ALAMEDA DE COMPOSTELA, para expresar colectivamente, unha vez máis, o noso rexeitamento á degradación da nosa terra e para esixir, a aqueles que desde o poder teñen a capacidade de facelo, que dean os pasos necesarios para deter esta destrución planificada
>> Ampliar datos GALIZA NON SE VENDE!!!


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: MANI EN COMPOSTELA O DOMINGO03-05-2007
SUDAMA
RE: MANI EN COMPOSTELA O DOMINGO03-05-2007
A MIN TAMEN
RE: MANI EN COMPOSTELA O DOMINGO03-05-2007
a verdade que a min tamen ma suda
melapela
RE: MANI EN COMPOSTELA O DOMINGO03-05-2007
Pois a min si me preocupa. Aló estarei.
Ourizocacho
RE: MANI EN COMPOSTELA O DOMINGO03-05-2007
isto e un problema, pero:
Señores políticos, militantes de grupos de defensa verde, ecoloxitas do foro e demais personaxes concienciadores da sociedade.
Paréceme moi ben que estean polo labor de organizar eventos para a protección do litoral, das mariscadoras, dos mariñeiros e etc.
Pero desde que souben que entre as súas filas paséanse impunemente personaxes que especulan e viven da especulación. Sento noxo cando leo os seus escritos.

Noxo de que sexan tan falsos, tan mediocres, e escabrosamente políticos.
Limpen de ladrillo as súas consciencias, os seus petos e a os seus representantes, e logo pregoen o que faga falta e lles de a gana. ¿Non miran que están raiando ao persoal e que estamos todos indignados de velos facer o hipócrita?. ¿A gora a quen queren enganar?
Para axudar a Galicia fai falta xente integra, non pallasos de tres ao cuarto. Valan practicando señores que como non se poñan as pilas isto acábase para todos vos/nos.

Farto de pallasos pregoando ecoloxismo
PREOCUPADO
RE: MANI EN COMPOSTELA O DOMINGO03-05-2007
Nunca mirara tanto retrógrado xunto. Avante ese Foro Social!!!
forito
RE: MANI EN COMPOSTELA O DOMINGO03-05-2007
PREOCUPADO=MERCENARIO INTOXICADOR
RE: MANI EN COMPOSTELA O DOMINGO03-05-2007
NON SON UN MERCENARIO INTOXICADOR.
expreso o que sento e o que sente moita xente neste pobo.
quizás ti, que me catalogas de intoxica-dor por dicir o que sento es o fulanito que vai dicindo " Cangas non se vénde " despois de vender todo o que pudo e mais.
¿tanto che custa recoñecer que estou expresando unha verdade que ten a todo o pobo indignado?
PREOCUPADO
RE: MANI EN COMPOSTELA O DOMINGO03-05-2007
Preocupado, así falaban os do antigo rexime franquista pra defenderse das súas tropelías, e non sei por que a istoria se repite pero desta vez dicindo que viven en democracia. Ou sexa PREOCUPADO deixa de descalificar os ecoloxistas por que por cada un malo que sae , cantos malos hai que non o son? A verdade é que como xente coma ti que se dedica a criticar os que intentan que se preserve a nosa costa que podemos esperar? Ánimo o domigo en Santiago
O CHE
RE: MANI EN COMPOSTELA O DOMINGO03-05-2007
PERDOA CHE
pero defender a ecoloxistas deste pobo que berran " cangas non véndese" mentres véndense as terras para facerse edificios de pisos, non ten ningún sentido.
Por poñer un exemplo levanta a cabesa a próxima vez en Massó, e despois de contemplar os tres bloques que asoman, dime se teño razón ou non.
¿quen promove nesta paxina o lema " Cangas non se vénde"?, se non o mismisimo propietario duns cantos pisitos nestes bloques.
A quen defendes, ¿a Franco ou ao seu fillo?
falemos claro dunha vez, pois queda moi ben defender por defender ideóloxias teóricas que non se levan a practíca.
Non estou encontra do ecoloxismo, porque é o mellor que nos pode pasar. Pero estou en contra de farsantes que o único que nos traen é merda pintada de ecoloxismo e asuntos de vanidades persoais e familiares en busca dunha oportunidade para alcanzar notoriedade.
vemonos en Santiago
PREOCUPADO
RE: MANI EN COMPOSTELA O DOMINGO03-05-2007
PREOCUPADO: ti falas dunha persoa concreta do foro social, descoñezo si tes razón ou non, non me interesa, enmerdar tódolos compoñentes e simpatizantes do foro polo que penses dun deles descualifícate. A causa é xusta ó meu entender.
¡Todos a Santiago!
Peregrino
RE: MANI EN COMPOSTELA O DOMINGO04-05-2007
Preocupado, pois entón non xeralices cando falas de ecoloxistas, pois como dis ti é preocupante ter esas ideoloxías e non cumprilas, pero máis preocupante e non telas ou telas totalmente contrarias, iso sí que da medo
O CHE
RE: MANI EN COMPOSTELA O DOMINGO04-05-2007
che e Peregrino:
Entón, entendo que estamos totalmente de acordo.
Vémonos en Santiago
PREOCUPADO
RE: MANI EN COMPOSTELA O DOMINGO04-05-2007
Non entendo como un tema como este lla "sude" a tanta xente. Espero qeu non sexa socialmente representativo qeu tres persanas neste foro verteran cadansúas serpentadas.
Non a especualción co noso litoral. Un progreso responsable é a base do futuro
ocioloxia.wordpress.com
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados