Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://cum.bar/
Indispensables
Donde ...
Guia
BNGÉ E PP, A MESMA..... É?02-05-2007
O pasado luns houbo unha reunión -con boa cobertura de prensa- pra presentar o programa de deportes do Bloque. Nela estaban o Moldes, periodista deportivo da "TeleTouriTana" (hai que asegurar o caldo) e a Delegada provincial de Cultura e futura Directora Xeral para o Deporte, que eu saiba, cargo institucional.
Pois ben, esta elementa, que ao mesmo tempo é "candidata pechacancelas" da lista do bloque en Cangas (totalmente lexítimo), foi apresentada e falou, nun acto de partido, como cargo institucional, comprometendo políticas deportivas, apoios e subvencións.
¿Isto hai uns anos non era caciquismo? ¿Mesturar actividade Institucional e política partidaria non era denunciable, Sr. Euloxio, Sr. Beiras...? ¿Agora que estamos no machito xa non o é e vale todo?
¡Por dios, que pouca vergonza!
¿E estes, con estas prácticas vellas e resesas queren encabezar a esquerda en Cangas?
A esquerda ten que ser outra cousa, senón non é.
¿Que estarán pensando destas cousas @s verdadeir@s loitador@s da esquerda nacionalista do bloque cangués?
A verdade é que me gustaría sabelo.
BLOQUEIRO PREXUBILADO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?02-05-2007
en primeiro lugar respeta e bng,xa hai que ter estomago para comparar o bng co pp alguns estades desexando que o bng non acade uns bos resultados nas municipais, quen goberna en cangas e o pp, non entendo os ataques que alguns fan dende este foro o bloque e por outra parte non desvirtues a verdade a quen ti te refires concretamente vai na candidatura do bloque e o da tvg sera el o que tera que dar esplicacions,outros tamen teran que dar esplicacions os seus miltantes porque van xuntos e revoltos cos españolistas fpg e coaligados a mesma merda e.
un da frente prexubilado
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?02-05-2007
Bueno,polo menos empeza a xente a darse conta de que tódolos partidos son iguais,uns ladran mais e outros traban menos,mal que lles pese a algúns
A MISMA MERDA E
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?02-05-2007
pois machiño,eu non sabía que este era un foro para atacar ssoamente o pp,hai que joderse,a min os do bng parécenme igual de fascistas que moitos dos que nombrades por aquí,se non,que llo pregunten os veciños de pontevedra,cando lores se empeña en facer unha obra fai igual que cuiña,"POR COLLONS",e ainda cos veciños protesten súdalla totalmente porque esta peñiña do rolliño guay pensa que ten a razón absoluta
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?02-05-2007
pois machiño ti tamen para min eres un fascista.
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?02-05-2007
o da frente prexubilado non é outro que certo cantamañáns que se adicaba a ir polas portas dicindo nas municipais do 2003 que non votasen FPG que eran etarras, nin máis nin menos, e ese tipo ía na lista do bloque daquela e vai na deste ano tamén.
Bolxevique
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?02-05-2007
Para o que alude a que a FPG pacta con españolistas. Acaso o BNG na xunta non pactou co PSOE que ben se sabe que en Galicia son máis españolistas cós do PP?
Ademáis que pasa? Trátase dunha cuestión táctica porque vós non sodes esquerda nin sodes nada. E acaso, por cuestións tácticas o Frente Popular do 36 na República non ían coaligados nacionalistas, comunistas, socialistas,...? Deixade xa de enmerdar e superade dunha vez o da FPG que aínda que coaligados cada quen non perde pra nada a súa esencia e nestas eleccións hanvos come-los collóns.
galleguitos non
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?02-05-2007
quen empezou toda esta polemica fostes vos que vos trabucades de enemigo e non aceptades unha critica sempre estades a defensiva unha cousa e gobernar en coalicion e outra ben distinta e ir xuntos nunha mesma lista
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?03-05-2007
coma cando vos coaligastes coa Frente?
Lamberto
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?03-05-2007
que eu sepa o bloque e unha coalicion de varios partidos?non.pois enton,que problema tedes.o voso problema e que quredes capturar o centro,e a xente de esquerda segue sendo de esqurdas por iso vos esparrades eleccion tras eleccions.
R2d2
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?03-05-2007
sempre o mismo candidato, na fpge non hai mais xente ou que?
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?03-05-2007
Por si non estades ben enterados a charla non foi para presentar o programa do bloque, foi para presentar o traballo que está a facer a Secretaría Xeral para o Deporte nestes momentos na Xunta e o que ten previsto, o programa presentarase durante a campaña, e o que ten que ser un orgullo e levar nunha lista de Cangas a Secretaria Xeral para o Deporte, as cacicadas son de outras siglas, antes tiñas que ser do pp para conseguir algúns cartos e como se fora un favor, agora repartense para todos sen mirar color, ler ben antes de falar.
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?03-05-2007
Como queiras bloqueirito, pero ides baixar igual có PP e sabédelo.
Conan
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?03-05-2007
cada 4 anos o mesmo tendes pesadelos co bloque, conansito.
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?04-05-2007
Os pesadelos tédelos vós, que nas do 2003 xa tivestes portasos na sede e nestas alghún a de bota-lo edifisio abaixo.
Pepe
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?04-05-2007
Xa se empeza a desviar a atención cunha liorta entre simpatizantes do Bloque e da FPG.
Os primeiros, en vez de rebatir a denuncia, (¿non hai argumentos?) acusan aos segundos de ser os instigadores e de paso seguen coa súa obsesión cos "españolistas" (¿Mellor pactar con CIU que con EU?).
O certo é que eu creo realmente que a denuncia parte dun bloqueiro -ou ex-, polos datos que manexa e polas referencias que fai ou a xente á que invoca.
Se a xuntanza foi para presentar o traballo que está a facer a Dir. Xeral para o Deporte, como dí algún "enteradiño" por aí arriba, ¿que raio pintaba a que vai ser pero aínda non é Dtora. Xeral? ¿Por que se presenta entón na reunión a Sra. Millán dicindo que vai ser Alcaldesa?
¿É un acto institucional ou ou acto pre-electoral?
¿Ou é un "revoltallo" mesturado dos que facía o PP e que antes vos poñían malos?

Penso que os do PP non, -ata aí aínda non chegan as cousas-, pero os de CIU si que vos deberon dar un curso acelerado de como se caciquea desde o poder...

¡Que vos aproveite mentres vos dure, pero o país segue sen cambiar nada convosco no machito!
COCHENO (E non españolista)
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?04-05-2007
seguides indo os ¿independentistas? cos españolistas e punto.
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?04-05-2007
Quen fala de españolistas? Os que teñen medo de pronuncia-la palabra independencia no parlamentiño.
Nando
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?05-05-2007
nando, cando vades a negociar a independencia co goberno central?
RE: BNGÉ E PP, A MESMA..... É?06-05-2007
Ainda que non directamente co PSOE da comarca o Mitin do señor Zapatero en Vigo foi do mellor, este di que o AVE chegara a Vigo no 2012, cun goberno do PSOE en Vigo, vamos que o señor zapatero pon como condicion que mande o PSOE para traer o AVE.
Despois di que foi o PSOE o que suprimiu a Peaxe (mais ben os que detras de eles BNG, obligounos a eliminala. Ata agora o señor ZP so fixo alongar os plazos do AVE (campaña politica) En Cangas o do PSOE di que cando gobernen van renegociar o PXOM de Masso e Aldan, vamos que van negociar a parde do pastel que se levan. Aqui os unicos que claramente pediron un PXOM dende cero e sen influencia dos convenios foron o BNG e a FPG (Que aparte das diferencias que poidan terentre eles son os unicos que realmente lles interesa algo a opinion do pobo. Quitando a estas duas formacions, cada unha coas suas peculiaridades. O resto so estan a encher o buche.
E facil so hay que ver a xente que conforma as listas dos partidos PP e PSOE (Abogados, Medicos, Empresarios, a fidalguia vamos) e os que conforman a FPG e o BNG (Profesores, empleados, estudantes, parados, o proletariado, vamos o 80% da poboacion. Esta claro que os primerios representan as clases privilesiadas e os segundos os que temos que loitar para chegar a fin de mes.

Para acto electoral o que montan os do PSOE
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados