Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
http://www.creativeagent.ch/
Indispensables
Donde ...
Guia
3 DE MAIO 2007 FOLGA DO METAL VIGO01-05-2007
3 de Maio de 2007 Folga do Metal en Vigo, polo cumplimento do Convenio Colectivo.
Un ano despois os empresarios seguen sen cumplilo convenio, e fomentando a precariedade laboral.
Non permitamos que xoguen co pan das nosas familias.
>> Ampliar datos Naval


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

02-05-2007
Recoméndovos que miréde-lo video que hai colgado en http://www.youtube.com/watch?v=DWNf2LXXMwI sobre as mobilizacións do metal do pasado ano.
"Policia ten que haber", "fan o seu traballo", "hai policias bos como de todo en todos lados"
Bolxevique
RE: 3 DE MAIO 2007 FOLGA DO METAL VIGO02-05-2007
Os antidisturbios, son uns animais o servizo de politicos rastreiros que os utilizan para golpear os homes e mulleres que non comulgan coa sua doctrina, como a señora porro en vigo ou o señor Pena en Cangas.
Non defenden o ciudadano defenden os politicos corruptos
RE: 3 DE MAIO 2007 FOLGA DO METAL VIGO02-05-2007
Todo o meu apoio os traballadores do metal. Ogallá consigades algo, pero con este governo xordo que temos... soio aproban leis sociais que non lle custan un pataco e lle dan popularidade, pero cos problemas de verdade (vivenda, traballo, etc...) fan coma se non fora con eles.
Socalismo malentendido e obreiro esquecido. Se Pablo Iglesias levantase a cabeza.
Auria
RE: 3 DE MAIO 2007 FOLGA DO METAL VIGO02-05-2007
A min pareceme moi ben que s emanifesten e tomen as rúas para rehibindicar o seu cando teñen razón, o qu enon me gusta nadiña e que teñan que tomar as rúas arrasndo con todo e todos, queimando contenedores ,arrincando farolas, rompendo coches e escaparates de comercios, ¿pero que pasa? iso e de todo o mundo e non custa nada escagallalo ¿non?, que lle queimen os asteleiros os seu xefes, que lle volquen os barcos ou o que queiran, pero que non veñan a joder a todo cristo que non ten nada que ver co metal, ¿que lle parecería a eles se os do sector dos repartidores de butano lle fosen rebentar os asteleiros e os barcos que están a facer porque non se respetan o seu convenio? ou calquer sector, parece que en vigo so existe o metal, e teñen via libre para facer de todo sen perxuizo moral nin cívico. SE queredes protestar facedeeo, pero controlar os energumenos que levades no medio.
Non do metal.
RE: 3 DE MAIO 2007 FOLGA DO METAL VIGO02-05-2007
ti que carallo eres, un picoleto ou que ostia!
Berto
RE: 3 DE MAIO 2007 FOLGA DO METAL VIGO02-05-2007
non do metal, encántame que fales en segunda persoa, ben se ve que non es clase obreira, pero es democrático claro.
cocktel molotov
RE: 3 DE MAIO 2007 FOLGA DO METAL VIGO02-05-2007
Pois eu estou de acordo con Non do metal, que sempre hai catro parvos que queren da-la nota e sair en portada jodendo o mobiliario urbano, que non é por nada pero iso pagámolo todos... No que si discrepo é nunha das suas afirmacións: "pero que non veñan a joder a todo cristo que non ten nada que ver co metal", xa que aqui se cae un imos todos detras e é precisoa a solidariedade do proletariado. Por outra banda dicirlle a Bolxevique que si, que hai de todo en todos lados, do mesmo modo que hai moito Jarraisito que fai a revolusión tomando cañas.
Radikal fruit
RE: 3 DE MAIO 2007 FOLGA DO METAL VIGO02-05-2007
Os que montan jaleo son sempre os mesmos, da igual a manifa, o momento e o lugar. Alí están os encarapuchados de sempre, que ademáis son uns cobardes porque non dan a cara. Logo pagan xustos por pecadores.
Os outros que deberían conterse son os salvaxes dos antidisturbios que se cegan e dan paus ata ós que veñen de mercar o pan. As veces penso se non irán drogados...
Auri
RE: 3 DE MAIO 2007 FOLGA DO METAL VIGO02-05-2007
Non , eu non son da clase obreira, eu son o Marqués Debatelamoscanaperna, se non fose da clase obreira daríame igual, porque non perdería cartos por chegar tarde a traballar ou por non poder ir, pero amigo, na do ano pasado a min descontaronme 185 euros, e cobraba 845, e aseguroche que non che me gustou nadiña, e por moito que lle protestei a xefa é o que hai, e non veñen os do metal a me salvar, sen contar que me rompestes un espello retrovisor, e que tiven que madrugar hora emedia antes para que non me pillara algunha manifa no camiño ou na autopista como aconteceu duas veces. Así que non me veñas con contos revolucionarios, facede as cousas como se teñen que facer e deixade de soltar coyotes rabiosos polas rúas da cidade.
Non do metal
RE: 3 DE MAIO 2007 FOLGA DO METAL VIGO02-05-2007
Non do metal non sei cal é a empresa ou o sector no que traballas pero supoño que se este estivese en crise gustaríache contar co apoio da xente, que entendese os teus motivos e que se fodese un pouquiño tendo que levantarse antes para ir o traballo. No caso do retrovisor tes toda a razón pero é o que falabamos, hai moito parvo solto que non se decata de que hai que respetar a propiedade allea que ben que custa traballiño e cartiños paga-la. O que si che digo e que no caso do diñeiro que che retiveron a única culpable é a filla de puta da túa xefa, ainda que xa sabemos que esta xente non emprega o raziocinio namais que polo seu propio interese...
Radikal fruit
RE: 3 DE MAIO 2007 FOLGA DO METAL VIGO02-05-2007
Non do metal, paréceme que o outro ten razón, debes ser medio esquirolsiño. Un día están os de metal na rúa e mañán estás ti. Así que procura ser máis solidario. Un traballador do metal non vai romper un retrovisor porque si, sería un accidente. Pero porque non falas dos pelotazos dos antidisturbios contra as lunas dos coches que houbo a esgalla?
mateo
RE: 3 DE MAIO 2007 FOLGA DO METAL VIGO02-05-2007
Radikal fruit hai de todo en todos lados pero cando un entra na policia nacional ou na garda civil xa te condiciona pra defender uns determinados intereses aínda que se vulnere a liberdade dos cidadáns, que o espíen, que o machaquen e esas cousas cando se vai contra o sistema. Creo que ti sabes algo diso non? Grazas polo de jarraisito toma-cañas, nin que aljunha fose Rosa Luxemburgo, este finde só vas cheirar a ajua mineral.
Bolxevique
RE: 3 DE MAIO 2007 FOLGA DO METAL VIGO03-05-2007
Non do metal, hoxe por min, mañá por ti. Eu tamén cheguei tarde o traballo e tamén me fodeu bastante ter que estar parada na caravana. Pero a culpa de todo a ten a patronal, non os traballadores que podo asegurarte que non están así por gusto. Hai que ser valente e loitar e non ser tan egoísta.
Auria
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados